Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
14/05/2007

-. Convenio Colectivo de Empresa de PERSONAL RESIDENTE EN FORMACION de Galicia

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolucion do 4 de maio de 2007, da Division de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se publica a acta da mesa sectorial do 19 de decembro de 2006 pola que se da fin a negociacion do acordo de mellora das condicions de traballo e retributivas do persoal residente en formacion. (Diario Oficial de Galicia num. 92 de 14/05/2007)

RESOLVE:

Publicar a acta de negociación de mesa sectorial do persoal das institucións sanitarias do Sergas con respecto ás condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación que se reproduce no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2007.

Antonio Fernández Paniagua

Director xeral da División de Recursos Humanos

e Desenvolvemento Profesional

ANEXO

Acta de mesa sectorial do 19 de decembro

En Santiago de Compostela ás 11.30 horas do día 19 de decembro de 2006, no edificio administrativo do Sergas, logo da convocatoria realizada para os efectos, reuníronse os membros da mesa sectorial, coa seguinte orde do día:

-Punto único: negociación do acordo de mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación.

Logo da negociación mantida coas organizacións sindicais e co voto favorable das partes representadas, recóllense os seguintes compromisos:

Determinarase unha data para asinar o acordo formal unha vez superados os trámites, autorizacións e informes preceptivos para a citada sinatura. Xa que logo, a vontade manifestada nesta acta queda suxeita aos requisitos formais para a súa legalidade.

1. Manifestar o consenso sobre a proposta do acordo: todas as organizacións sindicais por orde de intervención: CEMSATSE, CC.OO, CSI-CSIF, UXT e CIG amosan o seu acordo.

2. Xornada: o límite de xornada complementaria en termos de número de gardas anuais eliminouse do debate por ter un ámbito de discusión e incidencia superior ao dos residentes en formación. O debate sobre esta materia retomarase no ámbito negociador de mesa sectorial no momento que se negocie a xornada complementaria dentro do calendario de negociación da mesa sectorial do primeiro semestre de 2007.

3. Retribución da atención continuada: no suposto do data 30 de setembro de 2007, as contías acordadas para a retribución da atención continuada resulten inferiores á media nese momento vixente no Sistema Nacional de Saúde (referencia: valor hora) iniciarase na comisión de seguimento do acordo o procedemento para a súa revisión e adecuación.

4. Compromiso de negociación: no último trimestre de 2008 procederase ao inicio dunha nova negociación das condicións de traballo e retributivas do persoal residente, con tratamento na mesa de negociación.

5. Resolución previa de conflitos: co obxecto de reconducir ao ámbito negociador do acordo os conflitos e incidencias que poidan suscitarse en materias recollidas nel, trataranse no seo da comisión de seguimento.

6. O texto presentado nesta mesa sectorial engádese como anexo a esta acta coa consideración de preacordo.

Pola Administración:

Antonio José Fernández Paniagua

Director xeral da División de RR.HH.

e Desenvolvemento Profesional

Santiago Ares Martínez

Subdirector xeral de Procesos Asistenciais

Ana Comesaña Álvarez

Subdirectora xeral de Políticas de Persoal

Javier García Caeiro

Xefe do Servizo de Desenvolvemento Profesional

María Ponte García

Xefe do Servizo de Relacións Laborais

Paula Oliete Trillo

Xefe da Sección de Relacións Laborais

Alberto López Suárez

Subdirección xeral de Réxime Xurídico,

Recursos e Reclamacións

Polas organizacións sindicais:

Javier Martínez Fente (UGT)

Juan Miguel Antelo (CC.OO)

Cándido Andión Núñez (CEMSATSE)

José Manuel Blanco Docanto (CEMSATSE)

Xoán Cons Pintos (CIG)

Begoña Peiteado Garrido (CIG)

José Berdullas Barreiro (CIG)

Marta Ocampo Fontangordo (CIG)

Pilar Oviedo González (CEMSATSE)

Leocadio Castells Conejero (CEMSATSE)

Juan Evaristo Rodríguez Vázquez (CSI-CSIF)