Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
05/12/2003

-. Convenio Colectivo de Empresa de CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE E IESP DE OURENSE (32000992012004) de Ourense

Tiempo de lectura: 18 min

Tiempo de lectura: 18 min

Convenio Colectivo
Tipo:
-
F. Publicación:
2003-12-01
Boletín:
Boletín Oficial de Ourense
F. Vigor:
Convenio afectado por
Tipo:
F. Publicación:
2003-12-01
Boletín:
Boletín Oficial de Ourense
F. Vigor:

Convenios Colectivo del Centro Residencial Docente e o IESP de Ourense. (Boletín Oficial de Ourense num. 276 de 01/12/2003)

Asunto: Convenios Colectivos Unha vez visto o texto do Convenio colectivo do persoal de mantemento da empresa contratista deste servicio no Centro Residencial Docente e o IESP de Ourense, ( código de convenio 3200992) , que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, en data 30 de outubro, suscrito pola empresa Samyl, adxudica taria do Servicio, en representación da parte económica, e, polo delegado de persoal, en representación da parte social, en data 21 de outubro de 2003, de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatu to dos traballadores, Real decreto 1040/1981 do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de fun cións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial, acor da:

Primeiro.  Ordena la súa inscrición no libro de rexistro de con venios colectivos de traballo, que consta nesta delegación pro vincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.  Ordena lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación ( UMAC) .

Terceiro.  Dispoñe la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 4 de novembro de 2003. O delegado provincial. Asdo. : José Lage Lage.

Convenio colectivo do persoal de mantemento da empresa contratista deste servicio no Centro Residencial Docente

e o I. E. S. P. de Ourense. Artigo 1. Ámbito persoal e territorial O presente convenio colectivo afectará por igual a tódolas empresas que poidan resultar adxudicatarias do servicio de mantemento do Centro Residencial Docente e IESP de Ourense e a tódolos traballadores do dito servicio adscritos á empresa contratista do dito servicio.

Artigo 2. Vixencia e denuncia O período de vixencia será do 1 de xuño de 2003 ó 31 de maio de 2005. Entrará en vigor ós 10 días da súa sinatura, se ben os seus efectos económicos, segundo a táboa anexa pactada, terán efecto retroactivo ó 1 de xuño de 2003 .

Quedará automaticamente denunciado con tres meses de antelación ó seu vencemento, prorrogándose o actual convenio ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 3. Descansos 1. O persoal gozará de 30 minutos de descanso, computado como tempo efectivo de traballo.

2. Descanso semanal: Os traballadores terán dereito a un des canso mínimo semanal de dous días ininterrumpidos que, como regra xeral, abranguerá sabado e domingo.

O goce do descanso semanal é obligatorio e non acumulable, agás naqueles casos nos que, a pedimento do traballador e por causa xustificada, se autorice a súa acumulación.

O persoal afectado por este convenio e logo de autorización poderá goza los días de asuntos persoais e os de exceso de xor nada cando o desexen, podendo acumulalos para os días de pontes do centro ( entroido, semana santa, nadal, etc. )

Os días que queden sen gozar por causas imputables á empre sa poderanse gozar dentro do mes de xaneiro do ano seguinte. A valoración destas situacións farase conxuntamente entre Dirección e o Comité da Empresa ou delegados de persoal, sendo tamén informadas s seccións sindicais.

Artigo 4. Xornada de traballo a) Como regra xeral, a xornada de presencia e traballo efec tivo será de 37 horas e 30 minutos semanais, de forma conti nuada en termos xerais en quendas de mañá e tarde. A xorna da máxima anual será de 1.665 horas.

b) Todo exceso de xornada anual será con tempo en días libres de descanso.

Artigo 5. Domingos e festivos Todo o persoal vinculado a este convenio gozará como descan so os días 24 e 31 de decembro. Se por necesidades do servicio non se puidesen gozar eses días, facilitarase un descanso equi valente no mes de xaneiro seguinte.

Para os servicios que haxa que prestar necesariamente en domingos e festivos establécese un descanso adicional de 1 día.

Artigo 6. Antigüidade. Segundo táboas salariales anexas Artigo 7. Horas extras As horas extras son aquelas horas ou fracción que excedan da xornada normal de traballo e teñan un carácer excepcional.

Tenderanse a reducir ó mínimo imprescindible as horas extraordinarias que non se deban a imprevistos e teñan un carácer excepcional.

Sempre que a organización do centro o permita, as horas extraordinarias compensaranse por tempo de descanso.

Para efectos económicos o valor da hora extraordinaria será de 15 para a categoría de Encargado e 12 para a categoría de oficial de 1 ª  

Artigo 8. IT O persoal afectado por este convenio que se encontre en situación de IT derivada de accidente laboral percibirá o 100% do salario dende o primeiro día de baixa.

Igualmente o persoal que cause baixa con hospitalización cal quera que sexa o motivo dela percibirá o 100% do salario dende o primeiro día de baixa.

No caso de baixa de IT derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, percibira así mesmo o 100% dende o pri meiro día de baixa.

Artigo. 9. Pagas extraordinarias O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de

xullo e decembro na contía, cada unha delas de 30 días de sala rio base máis antigüidade

Estas gratificacións serán concedidas en proporción ó tempo traballado rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano no que se outorguen.

A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os días 10 e 25 de xullo, polo que respecta á do segundo semestre será aboada entre o 10 e o 20 de decembro.

Artigo 10.  Pagamento de nominas Farase efectivo este pagamento o derradeiro día de cada mes, dando un prazo por motivos burocráticos ou de forza maior ata o día 3 do seguinte mes.

Artigo 11. Subrogación de persoal Ó remate da concesión da contrata de mantemento, os traba lladores da empresa contratista saínte pasarán a estar adscri tos á nova titular da contrata, que se subrogarán en tódolos dereitos e obrigas da anterior adxudicataría con respecto tódolos traballadores calquera que sexa a situación na que se encontren e a modalidade do seu contrato de traballo, coa única excepción daqueles traballadores que foran incorporados dentro dos oito últimos meses da dita incorporación non se debe a ampliación da contrata ou unha esixencia expresa do cliente.

Nun prazo de 3 días hábiles, a empresa saínte deberá facilitar á entrante a seguinte documentación:

 Certificado do organismo competente de estar ó corrente no pagamento da Seguridade Social.

 Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballa dores afectados.

 Fotocopias dos Tc1 e Tc2 de cotizacións á Seguridade Social dos últimos catro meses.

 Relación de persoal na que se especifique:  Nome, apelidos, enderezo, n º de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da sua con tratación e data de goce das vacacións.

O contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballa dores só se extingue no momento no que se produza a subroga ción deste por parte da nova adxudicataria.

A aplicación deste artigo seralle de obrigado cumprimento ás partes ás que se vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador. Sen que desapareza o seu carácter vinculante por efecto de que a empresa adxudicataría do servicio suspenda este por un período inferior a oito meses.

O empresario saínte estará así mesmo obrigado a liquidar ó traballador as partes proporcionais dos conceptos retributivos das vacacións, co obxeto de que estes poidan gozalas integra mente, aboando a empresa entrante a parte proporcional que corresponda.

Artigo 12.  Seguridade e hixiene A empresa obrigarase ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, ves tiarios, dotacións sanitarias, duchas, etc. . . , de conformidade coa Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 13.  Excedencias Os traballadores cunha antigüidade na empresa de alomenos un ano, terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un período non inferior a dous anos nin superior a cinco. Dos dous anos de excedencia ata os cinco poderanse solicitar ano a ano a prórroga da exceden cia con un mes de antelación ó vencemento de cada prazo. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traba llador cando haxan transcurrido catro anos dende o remate da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un periodo de excedencia, non superior a tres anos, para atendelo coidado de cada fillo, contado dende a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia, que, de se lo caso, porá fin ó que viña gozando. Cando o pai e a nai traba llen só un deles poderá exercitar este dereito.

Poderán, así mesmo, solicita lo seu paso a situación de exce dencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindi cais de ámbito provincial ou superior, mentras dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador que solicite unha excedencia voluntaria terá dereito á reserva do seu posto de traballo. No non disposto neste artigo, estarase o disposto na normativa citada no artigo de lexislación subsidiaria.

Artigo 14.  Recoñecemento médico A empresa practicará os seguintes recoñecementos médicos: a) Periódicos e específicos, ó persoal que pola súa actividade se considere necesario.

b) A todo o persoal de novo ingreso, antes de incorporarse ó posto de traballo.

Co fin de atende lo cumprimento dos distintos apartados, empresa porá os medios ou correrá co gasto necesario en trans porte público, excluído taxis, para facilitarlle ó traballador/a súa asistencia ós centros de recoñecemento cando estean en localidade distinta a aquela onde o traballador preste os seus servicios.

Artigo 15. Licencias retribuidas Todo o persoal vinculado a este convenio, logo de aviso e pos terior xustificación ( agás os suntos propios) poderá gozar das seguintes licencias :

a) Por casamento, licencia retribuída de quince días naturais ininterrompidos.

b) Polo nacemento ou adopción dun/ha fillo/a e pola morte, enfermidade grave ou intervención cirúrxica do cónxuxe ou persoa que se atope ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade co/a beneficiario/a ou dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, dous días cando o suceso se produza na mesma localidade e catro días cando sexa en localidade distinta.

c) Poderá dispoñerse de nove días ó ano como máximo de per miso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sem pre a necesidades do servicio, que deberá ser expresamente xustificada.

d) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día; en caso de ter cambio de residencia dous días.

e) Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais, durante os días d súa celebración.

f) Poderá concederse permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de caracter público ou persoal.

g) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente estableci dos.

h) Por asistencia a consultorios médicos, con xustificación, o tempo necesario.

Terán dereito a un día para asistencia ó especialista fóra da localidade, así mesmo terán dereito a 3 horas retribuídas como máximo para asistir a consultorio médico con fillos menores de 12 anos ou minusvalidos calquera que sexa a sua idade nun máximo de 3 veces o mes.

y) Por asistencia a cursos de formación continua, terán derei to a que se lle reduza a súa xornada no número de horas preci

sas ( se coincide a súa xornada laboral co horario do curso) , sen mingua da súa remuneración.

Artigo 16.  Capacidade diminuida Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común, con redución das súas facultades físicas ou intelectuais sufran unha capacidade dimi nuída, terán preferencia para ocupa los postos máis aptos en relación coas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 17.  Vacacións Todo o persoal acollido a este convenio cun ano mínimo de servicio terá dereito a unhas vacacións retribuídas de duración igual ó mes natural en que se gocen. De non levar un ano de servicio gozaranse as vacacións en proporción ós días traballa dos, a razón de 2 días e medio por mes ou fración de mes tra ballado. As vacacións gozaranse ininterrompidamente entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. O calendario de vacacións fixa rase con dous meses de antelación ó comezo do seu goce, para o seu coñecemento polos traballadores, e insertarase no tabo leiro do centro de traballo coa sinatura da empresa e do repre sentante dos traballadores.

Cando por necesidades do servicio o persoal teña que gozar obrigatoriamente as súas vacación fóra do período establecido, as vacacións serán de 25 días laborais.

Artigo 18. Pluriemprego As partes sinantes do presente convenio estiman convenien te contribuír á erradicación do pluriemprego, como regra xeral. Para estes efectos estímase necesario que se aplique co máxi mo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridad Social por estalo xa noutra empresa.

Ámbalas dúas partes consideran como falta laboral de carác ter moi grave o feito de que traballadores incluídos no ámbito funcional deste convenio, con xornada completa, presten os seus servicios por conta de terceiras empresas, colocándose en situacion de pluriemprego tanto se a nova empresa os dá de alta na Seguridad Social como no caso contrario. Tales feitos serán sancionados con despedimento disciplinario.

Artigo 19.  Roupa de traballo A empresa dotará ó personal das pezas de roupa axeitadas de traballo coa frecuencia necesaria para que se encontren en todo momento en perfecto estado. Entregarase así mesmo, anualmente, un par de zapatos, e se algunha das actividades que se van realizar así o requirira entregaranse un par de botas de seguridade.

O traballador que realizase o seu labor con lentes graduados, terá dereito a que se lle proporcionen outros, sempre que en razón do traballado, os seus, sufran algun deterioro e sempre que se adoptaran ás medidas de seguridade e de protección. O importe máximo será de 150 .

Artigo 20 ª .  Seguro colectivo Dende a data de entrada en vigor deste convenio, a empresa concertará un seguro colectivo de accidentes, aboando o, importe integro das primas, debendo cubri la póliza a seguinte contía mínina de indemnizacións:

a) accidente laboral con resultado de morte: 15.025.31 . b) accidente laboral con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez: 21.035,13 .

Artigo 21.  . Xubilación a) Xubilación forzosa. Co fin de contribuír á realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación para o persoal laboral fixo do centro terá carácter de forzosa o cumpri lo traballador/a a idade de 65 anos.

Aqueles/as traballadores/as que, ó chegar a esta idade non teñan cumprido o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causar dereito á referida prestación, poderán con tinuar prestando servicios ata cumpriren o citado período de cotización, momento no que causará baixa de xeito inmediato.

Artigo 22.  Comisión paritaria No momento da sinatura do presente convenio constituirase Comisión Paritaria deste, que quedará composta polos sinan tes tanto en representación da empresa como en representa ción dos traballadores.

As funcións desta comisión paritaria consistirán en vixiar e interpreta lo cumprimento de cada un dos pactos que interve ñen e constitúen a normativa do vixente pacto colectivo.

Artigo 23.  Acción sindical Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballado res gozarán das seguintes garantías sindicais.

A empresa dará conta das novas contratacións que haxa ós representantes dos traballadores.

A empresa disporá dun taboleiro de anuncios no que poderá insertarse propaganda sindical, a cal deberá axustarse ó dispos to no Estatuto dos traballadores.

As seccións sindicais constituídas ó abeiro deste convenio terán dereito a un delegado sindical cos mesmos dereitos e garantías que os delegados de persoal, sempre e cando no cen tro de traballo onde desenvolven a súa actividade non haxa representación sindical.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, a empresa facilitará o exercicio de reunións informativas dentro da xornada laboral, empregan do un máximo de dúas horas ó mes.

Cada representante sindical poderá dispor dun crédito de 20 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación. Que poderán acumularse ata períodos de dous meses para reunións congresuais ou federais.

Non se computarán dentro deste crédito horario as reunións mantidas coa empresa.

Artigo 24.  Delegado de prevención Nomearase un delegado de prevención de entre os compoñen tes do cadro de persoal, conforme marca a Lei de prevención de riscos laborais. Nomearase un delegado de prefvención de entre os compoñentes do cadro de persoal conforme mara a Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 25.  Non discriminación Homes e mulleres gozarán de igualdade de oportunidades en canto ó emprego, formación, promoción e desenvolvemento do traballo.

Artigo 26 .  Táboa salarial " Período comprendido entre o 1 de xuño de 2003 ata o 30 de maio de 2004.

No período comprendido entre o un de xuño de 2003 e o trin ta de maio de 2004 as retribuccións correspondentes os traba lladores actuais afectados por este convenio serán as seguintes:

Nome Categoría Grupo Conceptos Retribucións mes Retribucións ano

Francisco Encargado III, Categor. 59 Salario base 1.167.40 16.343,60

Francisco Encargado III, Categor. 59 Cto. Funcións 25.36 304.32

Francisco Encargado III, Categor. 59 Antigüidade 189,38 2.651,32

Total 19.299,24 Nome Categoría Grupo Conceptos Retribucións mes Retribucións ano

Fidel Oficial de 1 ª III, Categor. + 60 Salario base 950,00 13.300,00

Fidel Oficial de 1 ª III, Categor. + 60 Cto. Funcións 25.36 304.32 Fidel Oficial de 1 ª III, Categor. + 60 Antigüidade 174,73 2.446,22

Total 16.050,54 Nome Categoría Grupo Conceptos Retribucións mes Retribucións ano

Miguel Oficial de 1 ª III, Categor. + 60 Salario base 950,00 13.300,00

Miguel Oficial de 1 ª III, Categor. + 60 Cto. Funcións 25.36 304.32

Miguel Oficial de 1 ª III, Categor. + 60 Antigüidade Total 13.604,32 Artigo 27 .  Táboa salarial " Dende o un de xuño do 2004 " Dende o un de xuño do dous mil catro os traballadores afec tados por este convenio percibirán os conceptos de salario base e complemento de funcións correspondente a sua categoría profesional conforme coas contías establecidas no convenio colectivo do persoal da Xunta de Galicia.

En canto a antigüidade conservarán a cantidade citada no artigo precedente " artigo 26" en concepto de " antigüidade con solidada" e obrarán novos trienios con efectos dende a entrada en vigor do presente convenio, esto e " un de xuño de dous mil catro" na contía fixada para o persoal laboral da Xunta de Galicia. .

Artigo 28.  Lexislación subsidiaria En todo o non previsto ou regulado no presente convenio será de aplicación sobre as respectiva materias as normas e disposi cións de carácter xeral establecidas pola lexislación vixente.

Con efecto do un de xuño de dous mil catro serán aplicables as normas pactadas no convenio colectivo vixente en cada momento correspondente o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Non serán de aplicación ós traballadores afectados por este convenio os capítulos relativos á previsión de vacantes " capítu lo IV" , licencias e excedencias " capítulo VII" , beneficios sociais " capítulo IX" , mobilidade xeográfica" capitulo XI" e dereitos sin dicais do citado convenio para o persoal laboral da Xunta de Galicia.