R.P. 2021/4794. Aprobació...17-02-2021

Última revisión
17/02/2021

R.P. 2021/4794. Aprobación das Bases do programa FO301/2021 - Boletín Oficial de A Coruña de 17-02-2021

Tiempo de lectura: 53 min

Tiempo de lectura: 53 min

Relacionados:

R.P. 2021/4794. Aprobacion das Bases do programa FO301/2021 - Boletín Oficial de A Coruña de 17/02/2021

Plazo de la solicitud:Ver Detalles, 17/02/2021 hasta ----

Beneficiarios: Empresas y autónomos, Particulares

Tipo: Bases

Boletín: Boletín Oficial de A Coruña

Categorías: Cultura e idiomas, Empresa, Comercio y marketing, Comunicación pública, Empleo y contratación, Transporte y vehículos, Educación y ciencia, Deporte, Investigación, desarrollo e innovación (I+D+i), Ferias y congresos, Sector Financiero/Bancario, Servicios Sociales, Infancia y juventud

(Páginas 53-68)


Por resolución do Presidente da Deputación núm. 4794 do 12 de febreiro de 2021, aprobáronse as Bases reguladoras do programa de subvencións a empresas audiovisuais para apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia da Coruña - ano 2021 que se transcriben de seguido:

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A EMPRESAS AUDIOVISUAIS PARA APOIAR A DISTRIBUCIÓN, COMERCIALIZACIÓN E EXHIBICIÓN AUDIOVISUAL EN LINGUA GALEGA NA PROVINCIA DA CORUÑA- ANO 2021

Denominación

Programa de subvencións a empresas audiovisuais para apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia da Coruña - ano 2021.

Referencia

FO301/2021

Aplicación orzamentaria

0612/3343/479-Importe 125.000 €

Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria

Importe do orzamento de gastos (por solicitude)

Mínimo 10.000€

Importe da subvención que se ha conceder (por solicitude)

Máximo 30.000 €

Importe total da subvención que se ha conceder (por todas as solicitudes presentadas por unha empresa)

Máximo 45.000 €

Importe solicitado

Ata o 75% dos gastos subvencionables

Coeficiente de financiamento

0,75 máximo

Base 1.- Liñas xerais

1.1.- Con esta convocatoria anual a Deputación da Coruña quere apoiar a distribución de contidos audiovisuais en lingua galega na provincia da Coruña, para axudar a garantir á cidadanía da nosa provincia a posibilidade de acceso a filmes, documentais e películas na lingua propia do noso país.

O campo audiovisual é hoxe en día un ámbito estratéxico na creación de contidos culturais para calquera sociedade. A produción de filmes, documentais, contidos dixitais e demais formatos audiovisuais para a súa emisión nas diferentes canles existentes (TV, cinemas, internet, cineclubs, redes e programacións públicas...) é unha mostra principal da vitalidade dunha lingua e dunha cultura, en tanto permite xerar discurso propio cara si e cara os outros e articular un espazo de referencias propio e recoñecible, cunha dinámica autónoma e beneficiosa no sociocultural e no económico e ao tempo interconectada e aberta ao resto de espazos culturais do planeta.

Ao tempo, para o ámbito específico da normalización lingüística resulta obvia a importancia estratéxica que ten a existencia dun espazo de comunicación e cultura propio, vivo e que se desenvolva no idioma do país. O proceso a través do cal a lingua galega foi gañando ámbitos de uso e rexistros expresivos ao longo da época contemporánea ten no audiovisual un factor decisivo, en tanto espazo privilexiado para a construción de identidade, reforzamento da estima lingüística e intervención na percepción social sobre a modernidade, utilidade e dinamismo da lingua.

O galego é o principal instrumento conformador e o signo distintivo da nosa cultura. E a produción cultural en lingua galega enfróntase, obxectivamente, a unha situación de desvantaxe comparativa con respecto á produción cultural noutras linguas, por diferentes motivos históricos e socioculturais que fan que, aínda que se avanzou notablemente nos aspectos normativos, o desenvolvemento de políticas de apoio específico á lingua galega continúe a ser absolutamente necesario para axudar a corrixir, desde o público, a situación de desigualdade que segue a darse - e mesmo a incrementarse- nos usos sociais.

En Galicia hoxe segue a ser practicamente imposible acceder a unha oferta habitual de cinema en galego se non é na canle pública de televisión, e iso a pesar de que neste momento o audiovisual galego está a vivir unha etapa de recoñecemento creativo internacional. Actuar na fase da distribución e exhibición é unha das claves para corrixir esta situación e conseguir normalizar a presenza do galego neste campo.

A Xunta de Galicia, a través da AGADIC, apoia a produción audiovisual galega, mais carece de liñas específicas de apoio á exhibición e distribución de cinema en lingua galega.

Por todo o anterior, a Deputación da Coruña, no desenvolvemento das súas competencias en materia cultural, pretende destinar recursos á actividade de fomento do audiovisual, mediante a concesión de axudas económicas destinadas á promoción e comercialización de produtos audiovisuais considerados de interese público, co obxectivo de contribuír a garantir o fomento e acceso universal da cidadanía da provincia da Coruña á produción cultural en soporte audiovisual en lingua galega.

No ano 2021, nunha realidade social, económica e cultural claramente condicionada pola crise socio-sanitaria da COVID19, a área de Cultura da Deputación da Coruña renova a súa aposta polo apoio ao sector cultural en todas as súas dimensións, e moi especialmente naquelas máis directamente vinculadas á creación de emprego e mantemento de estruturas profesionais e creativas. Igualmente, parece necesario que as entidades solicitantes teñan en conta o contexto COVID no deseño do seu plan de actividades, e nas datas, formatos e posibilidades reais de desenvolvemento deste.

De forma extraordinaria en 2021, e pola situación excepcional creada pola COVID19, as actividades obxecto deste programa poderán realizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de marzo de 2022. De igual maneira, para aqueles proxectos que reciban subvencións superiores aos 15.000 euros, contémplase o pagamento en dous prazos (ver base 9).

Do mesmo xeito, permitirase a realización das estreas dos filmes de xeito telemático a través da súa difusión en plataformas de distribución online mediante descarga ou streaming no caso en que por mor da emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19 non poidan realizarse presencialmente, cos requisitos establecidos na base 3.

1.2.- Uso da lingua galega

O Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en 1981, puxo fin no plano legal á prohibición e discriminación padecida pola lingua galega durante a Ditadura franquista, dispoñendo no seu artigo 5º que:

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

Pola súa banda, a Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983, sinala no seu artigo 4.1 que o galego, como lingua propia de Galicia, é a lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade autónoma; no seu artigo 6.1, que os cidadáns teñen dereito ao uso do galego, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración pública no ámbito territorial da comunidade autónoma; no seu artigo 6.2, que as actuacións administrativas en Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada; no seu artigo 6.3, que os poderes públicos de Galicia promoverán o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns; e no artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega e que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos topónimos de Galicia.

Finalmente, o artigo 7.1 da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia especifica que o galego, como lingua propia de Galicia, tamén o é da súa Administración local. Ademais, detalla que as convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, resolucións nas comisións informativas, actas, notificacións, recursos, escrituras públicas, comparecencias xudiciais e todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais se redactarán en lingua galega. Pola súa parte, desde o ano 2017 esta Deputación conta cunha Ordenanza de Usos da Lingua Galega que define o marco lingüístico de funcionamento interno e os criterios que rexen neste aspecto.

A pesar do recollido no devandito marco legal, a evolución do contexto cultural e a carencia de políticas de apoio á lingua galega no plano social e educativo nas últimas décadas fai que, como sinalan todos os datos dos estudos científicos realizados ao respecto, a lingua galega continúe hoxe a vivir unha situación de evidente desigualdade social, e que a produción cultural, científica e comercial realizada en lingua galega atope grandes dificultades para se poder desenvolver en normalidade no noso propio país.

A Área de Cultura da Deputación da Coruña, consciente desta realidade e convocante desta liña de subvencións, considera que as administracións públicas galegas temos a obriga legal e o deber político de garantir que non se produzan discriminacións nin desigualdades, sexan estas da natureza que sexan, e dentro delas tampouco as que se dan nos usos lingüísticos. O ámbito público debe ser exemplar no seu esforzo e compromiso para facer posible en Galicia o que hoxe non o é: vivir con normalidade en galego, en todos os campos da vida social, cultural e económica. Para logralo, son fundamentais as políticas públicas que apoien claramente a diversidade cultural e garantan o dereito á produción e ao acceso cultural no noso idioma. Non desenvolver políticas de apoio á lingua galega supón contribuír, por deixación de responsabilidade pública, á súa minoración social e á continuidade e agravamento da desigualdade hoxe existente.

1.3.- Tramitación: as subvencións desta convocatoria tramitaranse de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL). A tramitación telemática aplicaráselle a todas as fases do procedemento (solicitude, concesión e xustificación) e incluiranse en cada unha delas as notificacións e as comunicacións, os requirimentos de información e documentación e máis os envíos de documentación que fosen necesarios para tramitar os expedientes.

A resolución da solicitude de subvención, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, notificarase mediante a publicación no Boletín Oficial da Provincia, e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Deputación, á cal se remitirá o texto publicado no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo do cumprimento da normativa vixente en materia de notificacións administrativas.

Base 2.- Réxime xurídico

Para todo o non previsto nestas bases será de aplicación a normativa seguinte:

· Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

· Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

· Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013,relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

· Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

· Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

· Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

· Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica.

· Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

· Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

· Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

· RD-Lei 17/2021 do 5 de maio, polo que se aproban medidas de apoio ao sector cultural e de carácter tributario para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-2019.

· Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación da Coruña do 1 de febreiro de 2019, BOP 72, do 15 de abril de 2019.

· Regulamento orgánico e Bases de execución do orzamento de 2021 da Deputación da Coruña.

· Ordenanza xeral de administración electrónica da Deputación da Coruña do 6 de novembro do 2015, BOP 56 do 23 de marzo de 2016.

· Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña do 15 de setembro de 2017 , BOP núm.186 do 29 de setembro de 2017.

Base 3.- Obxecto e gastos subvencionables

3.1.- Obxecto do programa:

Contémplanse dúas modalidades no obxecto deste programa.

a. O apoio aos contidos audiovisuais galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc. feitas en Galicia) para a súa distribución e exhibición en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego).

b. O apoio á distribución en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego) de contidos audiovisuais non galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc. feitas fóra de Galicia).

A efectos de xustificación, para a distribución, comercialización e exhibición da peza audiovisual en calquera das dúas modalidades anteriores unicamente serán subvencionables os gastos necesarios que se detallan no apartado 3.2- gastos subvencionables- e considerarase cumprida a esixencia de vínculo territorial coa provincia cando se realicen proxeccións públicas en cando menos tres concellos diferentes da provincia da Coruña.

Nas dúas modalidades previstas, unicamente serán subvencionables os gastos necesarios para a distribución, comercialización e exhibición no territorio da provincia da Coruña, que se detallan no apartado 3.2- gastos subvencionables.

Para os efectos deste programa, entenderase por distribución, exhibición e comercialización da produción audiovisual todas aquelas actividades que teñan por obxecto a promoción e difusión de producións cinematográficas e audiovisuais (ficción, documental e animación), de calquera duración e en calquera dos formatos e medios de difusión.

As actividades obxecto deste programa deben realizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de marzo de 2022.

Para poderen optar á subvención, os produtos audiovisuais terán que cumprir, como mínimo, os requisitos seguintes:

· Seren actividades de distribución/estrea/comercialización de producións audiovisuais en VO Galega, VOSG (subtitulado ao galego) ou versión con dobraxe ao galego.

· Faceren toda a publicidade e promoción das actividades para as que se solicita a axuda en lingua galega, sempre que estas actividades se desenvolvan no marco do territorio galego.

A axuda da Deputación non pode superar o 75% do orzamento subvencionable, cun importe máximo de 30.000 € por proxecto.

No caso de que unha empresa presente varias solicitudes, o importe total das subvencións concedidas non poderá superar os 45.000 € .

O importe total das axudas públicas concedidas para o mesmo obxecto non pode superar o 80% do orzamento de gastos. Caso contrario, reducirase a subvención da Deputación ata acadar este límite.

O importe total das axudas de mínimis concedidas por un estado membro á empresa beneficiaria non poderán exceder de 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais, de conformidade co previsto no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamiento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Estrea en liña

De maneira extraordinaria, e só se non tivese sido posible facer a estrea en salas por razóns sociosanitarias, poderá valorarse a opción de estrear o filme no formato en liña. Para poder acceder a esta posibilidade deberá acreditarse que as restricións derivadas das regulacións estatais e/ou autonómicas para a contención do coronavirus non permitiron o desenvolvemento da estrea na data prevista e na sala cinematográfica indicada na memoria da solicitude da subvención. No caso de que por razóns extraordinarias opten por realizar a estrea dos filmes en liña, deberán comunicar á Deputación, a través dun escrito, as razóns motivadas que empuxan a tomar esta decisión. Terán que achegar un plan de distribución e marketing online indicando a data de estrea xunto co contrato coa plataforma escollida para levar adiante a mesma.

Requirimentos para modalidade de estrea en liña

· A estrea en liña terá que facerse entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo de 2022 e deberá estar motivada por causas sanitarias que impidan facela en salas.

· A estrea terá que facerse nunha plataforma de TVOD.

* Os sistemas TVOD ( Transactional Vídeo on Demand) son a maneira de que o usuario pague mediante unha transferencia só polo contido que quere ver.

A estrea non poderá facerse en plataformas de SVOD* nin AVOD*.

* Os sistemas SVOD (Subscription Vídeo on Demand) son a forma de ofrecer contido ao usuario mediante unha subscrición. Desta forma o espectador paga unha cota mensual ou anual e pode gozar dos vídeos sen publicidade.

* Os sistemas AVOD ( Advertising Vídeo on Demand) son un modelo de entrega de contido onde o usuario ten acceso gratuíto aos vídeos pero estes vídeos conteñen insercións de publicidade.

· Haberá que notificar á Deputación as razóns motivadas que levan a tomar esta decisión, xunto con un plan de distribución e marketing online no que conste a data de estrea e a plataforma escollida para levala adiante. Será necesario aportar o contrato coa plataforma.

· Haberá que promocionar a estrea en liña a través das redes sociais e facer constar o apoio da Deputación na súa distribución.

· O filme deberá estar dispoñible na plataforma un mínimo de 15 días.

· Coa xustificación da Subvención, deberase entregar un informe co número de visualizacións e impacto alcanzado.

3.2.- Gastos subvencionables

CONTA

Descrición da conta segundo o Plan xeral de contabilidade

623

Servizos de profesionais independentes (contratacións externas)

' Dobraxe.

' Subtitulado estándar da película e/ou avance.

' Tiraxe de copias utilizadas na distribución: máster dixital da película e/ou avance, duplicado dixital da película e/ou avance, claves de protección (KGM), internegativo óptico da película e/ou avance, copias en 35 mm da película e/ou avance e gastos en concepto de VPF (Virtual Print Fee).

' Duplicado ou almacenamento de arquivos dixitais do filme, avances ou clips de promoción.

' Medios técnicos e recursos investidos para o achegamento da película a persoas con discapacidade: inclusión de sistemas de audiodescripción que cumpran a norma UNE 153020; inclusión de sistemas de subtitulado especial que cumpran a norma UNE 153010; inclusión de lingua de signos española que cumpra a norma UNE 139804.

' Medidas contra a piratería, tales como seguimento e observación en redes sociais da efectividade de ditas medidas, sistemas de prevención e protección contra accesos non autorizados e descargas ilegais da película e outras medidas análogas.

624

Transportes (unicamente gastos en transporte público ou privado directamente relacionados co desenvolvemento da actividade, nas datas vinculadas á actividade e acreditados mediante presentación de factura a nome da entidade).

627

Publicidade e propaganda

Deseño e adaptación do cartaz da película para publicidade exterior, de folletos, dípticos e similares, deseño do cartaz para publicidade en salas cinematográficas, deseño de anuncios para prensa e para Internet, produción de anuncios para televisión e cuñas para radio e outro material publicitario non incluído nas categorías anteriores.

Gastos de impresión para diversos soportes publicitarios (cartelería, folletos, flyers, etc.)

Compra de espazos publicitarios nos diferentes medios: televisión, radio, prensa escrita, exterior, internet, salas cinematográficas etc.

Gastos de promoción: dossieres, envíos dos mesmos e proxeccións de prensa, contratación específica de axentes de prensa e publicistas para promoción da película, recepcións, festas e eventos promocionais sobre a estrea da película, investigación de mercado sobre a distribución da película, accións de seguimento da estrea, comisións de subdistribución xeradas polo booking, páxina web específica da película.

629

Comunicacións e outros servizos

640

Soldos e salarios

Gastos do persoal adscrito directamente á realización do proxecto solicitado.

642

Seguridade social

Gastos do persoal adscrito directamente á realización do proxecto solicitado.

626

Servizos bancarios

Gastos derivados da xestión do aval para o pagamento da subvención en dous prazos

Gastos de difícil xustificación (ate un 5% do importe total do orzamento subvencionable)

Gastos imprevistos (ate un 5% do importe total do orzamento subvencionable)

Unicamente serán obxecto de axuda os gastos de carácter corrente, en ningún caso bens inventariables.

Todos os gastos subvencionables deberán estar directamente relacionados co desenvolvemento do proxecto subvencionado. Non se subvencionan en ningún caso gastos indirectos ou propios do funcionamento ordinario da empresa solicitante (persoal non adicado ao proxecto e gastos correntes).

O concepto de gasto de soldos e salarios, utilizarase para traballadores dependentes e suxeitos ao réxime xeral da Seguridade Social e dos socios e administradores suxeitos ao réxime xeral da Seguridade Social ou asimilado, pero non daqueles integrados no réxime especial de traballadores autónomos. Neste último caso (socios e administradores suxeitos ao réxime xeral da Seguridade Social ou asimilado) admitirase o gasto co límite do 60% do orzamento subvencionable. Deberá achegarse unha declaración responsable da valoración de horas que motiven a totalidade do gasto de persoal do proxecto.

Servizos profesionais prestados polos socios baixo unha relación laboral non dependente: No caso de que xustifiquen estes gastos mediante unha factura para a retribución dos seus servizos, considerarase que concorre o suposto recollido no artigo 27 da Lei de Subvencións (operacións vinculadas) e no artigo 68.2 do Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o Regulamento da Ley xeral de subvencións, e non poderá superar o 40% do importe da actividade subvencionada.

Respecto dos gastos no concepto de transportes, admitirase o gasto en quilometraxe (co límite de 0,19€ /km), peaxe e gastos de transporte regular, baixo as seguintes condicións:

a. Presentación de factura a nome da entidade solicitante

b. Coincidencia ou evidencia de vinculación directa das datas dos desprazamentos coas datas das actividades consignadas na memoria

c. Xustificación da vinculación dos desprazamentos co proxecto presentado

Consideraranse gastos imprevistos aqueles necesarios para o desenvolvemento da actividade que non foran incluídos no orzamento inicial.

No caso dos gastos de difícil xustificación, os ditos gastos admitiranse previo informe positivo da unidade xestora.

Finalmente, no caso de que algunha das actuacións previstas na memoria do proxecto non poida realizarse por mor da COVID-19, serán aboados aos beneficiarios das subvencións aqueles gastos incluídos na convocatoria e sempre que se cumpra o previsto no artigo 14 do citado Real Decreto 17/2021, que estean debidamente acreditados e non recuperables nos que incurrise para a realización do proxecto ou actividade subvencionados, cando non puideran levarse a cabo tal e como estaba previsto na memoria inicial, como consecuencia das medidas que se aproben polas autoridades competentes para hacer fronte á crise socio-sanitaria do COVID-19. Estes gastos non recuperables deberán estar pagados polo beneficiario da subvención e acreditados conforme ás normas de xustificación recollidas na base 9.

3.3.- Subcontratación

De acordo coa establecido no artigo 27 da lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade subvencionada. Queda fóra deste concepto a contratación de aqueles gastos en que teña que incurrir o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Para determinar a existencia de subcontratación atenderase ao obxecto social da entidade solicitante concretado nos epígrafes do IAE, prevalecendo este último en caso de discrepancia.

Admitirase a subcontratación para as prestacións de bens e servizos que non poida proveer por si mesma a entidade solicitante, ao estaren fóra do seu obxecto social. Non se poderán contratar as ditas prestacións con terceiros intermediarios que se limiten a xestionar a compra ou o servizo sen engadir valor adicional, aumentando así o prezo final facturado.

Así mesmo, admitirase a subcontratación co límite máximo do 40 por cen do importe da actividade subvencionada, sumando os importes de todos os subcontratos.

En ningún caso poderá concertarse polo beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con:

· Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.

· Persoas ou entidades que perciban outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

· Intermediarios ou asesores nos que os pagos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, a menos que este pago estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou os servizos prestados.

· Persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, salvo que concorran as circunstancias previstas no apartado 3.4.

· Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa, que non obteñan subvención por non reunir os requisitos ou non acadar a valoración suficiente.

3.4.- Operacións vinculadas

No caso de que o solicitante concerte a execución total ou parcial da actividade obxecto da subvención con persoas físicas ou xurídicas vinculadas á entidade, segundo o disposto no artigo 29.7.d) da Ley xeral de subvencións, no momento da solicitude deberá presentar solicitude de autorización e o concepto de gasto será o de Servizos profesionais independentes.

A solicitude de autorización tamén poderá presentarse na fase de alegacións á concesión provisional da subvención.

Considérase que existe vinculación coas persoas físicas e xurídicas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 68.2 do RD 887/2006 polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

Para contratar a persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, deben cumprirse os seguintes requisitos:

· Que se obteña a previa autorización expresa da Deputación

· Que o importe subvencionable non exceda do custo incorrido pola entidade vinculada. A acreditación do custo realizarase na xustificación nos mesmos termos establecidos para a acreditación dos gastos do beneficiario.

· Que a contratación de actividades e servizos con persoas vinculadas non supere o límite máximo do 40 por cen do importe da actividade subvencionada, sumando os importes de todos os contratos con persoas vinculadas.

Base 4.- Compatibilidades e exclusións

As subvencións deste programa son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

As subvencións deste programa son incompatibles con calquera outra liña de subvención do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes.

Non serán obxecto de subvención neste programa:

· Os proxectos que xa foran estreados ou exhibidos na provincia da Coruña antes do 1 de xaneiro de 2021.

· As actividades xa subvencionadas pola Deputación da Coruña no presente exercicio. Non se poderá financiar o mesmo obxecto cunha subvención de concorrencia e outra nominativa, por seren incompatibles, así que a/o beneficiaria/o tería, necesariamente, que renunciar a unha delas.

· As actividades promovidas por persoas ou entidades que foran sancionadas ou condenadas por resolución administrativa ou sentenza firme pola comisión de condutas discriminatorias nos termos dispostos na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, así como no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aprobou o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

· As actividades promovidas por persoas ou entidades que utilicen na súa actividade linguaxe sexista ou empreguen a imaxe da muller como reclamo ou connotacións de tipo sexual ou denigrante segundo o disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

· As actividades xa incluídas na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

· Os gastos de carácter xeral da empresa solicitante (persoal non adicado ao proxecto e gastos correntes).

· Os gastos de desprazamento, manutención e aloxamento, agás que estean vinculados directamente á realización das actividades obxecto da subvención. Estes gastos deberán especificarse motivadamente no orzamento.

· Os gastos financeiros, agás dos que resulten da formalización dun aval bancario para garantir o pago anticipado da metade da subvención concedida e xustificada.

· Os gastos protocolarios, salvo que estean vinculados directamente ao obxecto da subvención (servizos de restauración, almorzos cos medios pola estrea do filme, etc) e que nunca poderían exceder o 5% da axuda. Estes gastos deberán especificarse motivadamente no orzamento.

· O IVE ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, non terán a consideración de gastos subvencionables.

Base 5.- Solicitantes

Poderán acceder a esta liña de axudas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras ou distribuidoras audiovisuais independentes, establecidas nun estado membro da Unión Europea, que acrediten que realizan as actividades obxecto deste programa.

Por empresa produtora entenderanse as persoas físicas ou xurídicas que estean legalmente constituídas. A empresa produtora debe posuír a titularidade de, como mínimo, o 20% da propiedade do negativo e dos dereitos de explotación da obra audiovisual, o que se deberá acreditar coa certificación do Instituto da Cinematografía e das Artes Visuais ( en adiante ICAA ) ou mediante unha auditoría de custes.

Por empresa distribuidora entenderase a persoa física ou xurídica inscrita no rexistro do ICAA como empresa distribuidora e titular dos dereitos de exhibición theatrical .

Base 6.- Requisitos e obrigas dos solicitantes

Os solicitantes terán que cumprir os seguintes requisitos e obrigas:

1- Para as persoas físicas, teren iniciado unha actividade económica coa súa correspondente alta no Réxime especial de traballadores autónomos ou naquel que legalmente ou estatutariamente lle corresponda, con data de alta anterior á data de presentación da solicitude de subvención.

Para as persoas xurídicas, estaren legalmente constituídas antes de presentaren a solicitude.

2- Estaren inscritas no rexistro do ICAA como empresa produtora ou distribuidora e ser titular dos dereitos de exhibición theatrical .

3- Dado que a tramitación será telemática:

O solicitante ou o representante legal da entidade cando se trate de persoas xurídicas, deberán ter sinatura electrónica e dispoñer dun único enderezo de correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente, ao que se dirixirán as comunicacións. Excepcionalmente, e de xeito xustificado, poderá modificar este enderezo inicial, sempre e cando lle notifique a circunstancia pertinente á Deputación.

4- Estaren ao corrente das súas obrigas coa facenda pública, coa Deputación e coa Tesourería da Seguridade Social e non estaren incursas en expedientes de regulación de emprego, regulación ou despido improcedente.

5- Non estaren incursas nas causas de incompatibilidade ou de incapacidade para seren beneficiarias ou percibiren as subvencións da administración pública dispostas no art. 13 da Lei xeral de subvencións 38/2003, do 17 de novembro.

6- Faceren constar expresamente a colaboración da Deputación da Coruña nas pezas audiovisuais subvencionadas, coa presenza do logotipo desta na relación de apoios recibidos, usando a fórmula: Apoio á distribución da Deputación da Coruña. Igualmente en toda a información (impresa, informática ou audiovisual) que fixeren das actividades ou investimentos subvencionados, así como na súa páxina web. Esta esixencia aplicarase a todos os materiais informativos e divulgativos elaborados despois da data de resolución desta convocatoria.

7- Utilizaren, con carácter xeral, formas de pagamento a terceiros/as que poidan acreditar mediante documento expedido por unha entidade financeira (transferencia bancaria, tarxeta de crédito, tarxeta de débito, cheque ou talón nominativo etc.) no que quede identificada a persoa ou entidade beneficiaria, o importe e a data de pagamento. Só excepcionalmente poderán utilizar o pagamento en metálico cando non sexa posible outra forma alternativa (peaxe de autoestrada, tícket de aparcadoiro etc).

O incumprimento desta disposición, para algún gasto, implicará que este gasto se considere non subvencionable , de conformidade cos art. 72.2, 75.2 e 89 do Regulamento de subvencións e en relación cos art. 31.2 e 37 da Lei xeral de subvencións, sempre que o dito gasto supere o importe de 150 € .

8- Someterse aos procedementos de control ou de auditoría que realice a Intervención provincial, polos seus propios medios ou a través de empresas colaboradoras e, tamén na condición de quen subscribe a conta, aos procedementos de control que poidan realizar o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo, nacional ou europeo.

Como resultado dos ditos procedementos poderase esixir responsabilidade administrativa, consonte co disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións e, no seu caso, responsabilidade penal, de conformidade co Código penal.

Así mesmo, as entidades beneficiarias das subvencións teñen a obriga de conservaren os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de catro anos, que se han contar dende a data da percepción ou cobramento da subvención, en tanto que poderán ser obxecto das correspondentes actividades de control.

9- As entidades beneficiarias da subvención provincial deberá pagar os seus gastos xustificativos antes de que transcorra un mes contado a partir da percepción da subvención. No caso contrario, o dito gasto considerarase como non válido para efectos de xustificación da subvención.

10- Solicitaren, polo menos, tres ofertas de distintas empresas provedoras no caso de que o gasto sexa superior a 15.000 € ( IVE excluído) para prestaren servizos, nos termos do artigo 31.3. da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, conforme co disposto na Lei galega 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

11- Utilizaren, con carácter xeral, unha linguaxe non sexista e inclusiva, elaborar materiais que fomenten a igualdade, tratar as imaxes con valores de igualdade, presenza equilibrada, diversidade, pluralidade de roles e identidades de xénero.

12- No caso de que algunha das actividades que execute a entidade solicitante implique o contacto habitual con menores, deberá comprobar que o persoal ao seu cargo non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. (De acordo coa Lei orgánica 1/1996, de protección xurídica do menor, de modificación do Código civil e da Lei de axuizamento civil).

13 - Esta convocatoria creouse e mantense para o apoio á distribución de contidos audiovisuais en lingua galega (en VO, dobrada ou subtitulada) dentro do marco da provincia da Coruña. Para alén da propia peza audiovisual, todos os contidos e materiais de comunicación e marketing deberán estar en lingua galega, sen prexuízo de que poidan estar tamén noutras linguas.

14- As entidades beneficiarias deberán ter sempre a súa páxina web oficial en lingua galega e o conxunto de soportes informativos e de difusión das súas actividades (folletos, carteis, cuñas de audio, programas de man, etc) deberán de estar sempre en lingua galega, sen que iso exclúa a posibilidade de utilizaren tamén outras linguas.

O incumprimento destas obrigas levará parella a perda da subvención.

Base 7.- Solicitude

7.1 Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa na Base Nacional de Subvencións, que se publicará no BOP.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).

A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros.

As entidades solicitantes poderán presentar unha ou varias solicitudes, ata un máximo de tres. Nese caso deberán presentar unha solicitude diferente para cada filme ou peza audiovisual para a que solicitan apoio.

No caso de obter varias subvencións nesta convocatoria, o importe total das subvencións concedidas a unha empresa non poderá exceder de 45.000 € .

A documentación da solicitude deberá vir asinada, tanto certificacións como declaracións, pola/o propia/o profesional en caso de estar inscrita/o no Réxime especial de traballadora/es autónoma/os, ou ben polo/a administrador/a ou representante legal designado/a por este/a no caso das persoas xurídicas.

No caso de que a documentación fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de 10 días para a súa emenda. Pasado o dito prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que desiste do seu pedimento.

Serán rexeitadas automaticamente as solicitudes que conteñan documentos electrónicos que incorporen código malicioso ou dispositivo susceptible de afectar á integridade ou seguridade do sistema, omitan documentos esixidos, non cubran nos cuestionarios telemáticos os campos requiridos como obrigatorios ou cando conteñan incongruencias ou omisións que impidan o seu tratamento.

7.2 Contido da solicitude

Os solicitantes teñen que achegar:

- Declaracións e compromisos xerais

- Declaracións sobre os datos de valoración automática

- Memoria do proxecto

- Datos económicos da solicitude: importe, orzamento e declaración das fontes de financiamento

- Documentación complementaria

7.2.1.- Declaracións e compromisos xerais

· Declaración de que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial da provincia da Coruña.

· Declaración de emprego da lingua galega na presentación, desenvolvemento e difusión social do proxecto.

· Autorización para que a Deputación poida obter as certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de recoñecer as obrigas e ordenar os pagamentos das subvencións.

· Declaración de non estaren incursas a persoa representante e a entidade nas causas de incompatibilidade ou incapacidade para seren beneficiarias ou percibiren subvencións da Administración pública, dispostas no art. 13 da Lei xeral de subvencións 38/2003, do 17 novembro.

· No caso de que algunha das actividades que execute a entidade solicitante implique o contacto habitual con menores de idade, certificación de que comprobou que o persoal ao seu cargo non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como trata de seres humanos. Igualmente, para o persoal que se incorpore con posterioridade ás actividades subvencionadas, compromiso de facer a comprobación a que se refire este apartado.

· Declaración responsable sobre a veracidade da información que consta na documentación achegada, que a Deputación da Coruña poderá comprobar en calquera momento.

· Declaración de que a entidade cumpre todos os requisitos esixidos ás entidades solicitantes na Ordenanza Xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña e nas Bases reguladoras da presente convocatoria e, no caso de resultar beneficiaria da subvención, comprométese a cumprir fielmente todas as obrigas e compromisos recollidos nas mesmas e a acreditar de forma fehacente o seu cumprimento no caso de ser requirido pola Deputación.

· Declaración sobre o coñecemento da información relativa á protección de datos (base 12).

7.2.2. Declaracións sobre os datos de valoración automática

· A estrea do contido audiovisual, dentro do Estado Español, realízase na provincia da Coruña

· Proxección da estrea versión orixinal en galego

· Proxección da estrea versión orixinal subtitulada ou dobrada ao galego

· Incorpóranse sistemas de accesibilidade para persoas con discapacidade visual e/ou auditiva

· Distribución e comercialización da produción audiovisual en salas de exhibición públicas ou privadas da provincia da Coruña. Nº de concellos:

· Criterio de xénero. Se a porcentaxe de mulleres no equipo técnico supera o 40% (indicar o %). Para a súa consideración entenderase por equipa técnica as persoas xefes e primeiras axudantes das equipas de dirección, produción, fotografía, iluminación, dirección de arte, son, montaxe e posprodución.

· Solidez financiera da campaña de promoción. Porcentaxe da achega de fondos propios da entidade organizadora (incluíndo axudas doutras administracións públicas), así como patrocinios de entidades privadas con respecto ao orzamento subvencionable

7.2.3. Memoria do proxecto

Memoria completa e detallada do proxecto de promoción e comercialización en galego da película ou peza audiovisual, con apartado específico para o deseñado para a provincia da Coruña para o cal se solicita a subvención, que conterá todos os aspectos que se valorarán segundo o establecido na base 8.

Deberá conter o plano e calendario de distribución, onde se indique o calendario, copias e salas nas que está previsto estrear ou comercializar a produción audiovisual, así como o plano de promoción e publicidade na provincia da Coruña con indicación dos medios onde se contrate publicidade.

7.2.4. Importe da subvención, outros ingresos e orzamento

A entidades solicitantes presentarán neste apartado:

· Importe da subvención solicitada, que poderá acadar como máximo o 75% do orzamento de gastos.

· Orzamento desagregado con e sen IVE. Diversificación do orzamento e plan de difusión do proxecto no que figuren todos os gastos subvencionabeis, indicarase expresamente as fontes de ingresos previstos (monetarios ou en especie).

· Declaración das fontes de financiamento do proxecto (achega da entidade solicitante, outros recursos externos para o autofinanciamento), así como declaración doutras subvencións concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto. Só se valorarán as achegas nominativa e cuantitativamente consignadas neste documento.

7.2.5. Documentación

No caso de persoas físicas:

· Poder suficiente da persoa representante e firmante da solicitude para actuar en nome da persoa solicitante.

· Alta no IAE ou ,si é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ( modelo 036).

· Documentos de solicitude e resolución de recoñecemento de alta no réxime especial de traballadores autónomos da Seguridade Social.

No caso de persoas xurídicas:

· Poder suficiente da persoa representante e firmante da solicitude para actuar en nome da persoa xurídica solicitante.

· Alta no IAE ou ,si é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ( modelo 036).

· Estatutos ou calquera outro documento análogo que acredite a condición de empresario.

· Escritura de constitución.

· Certificado de inscrición no rexistro público correspondente.

Todos os solicitantes deben presentar

· Certificación de estar inscrita no rexistro do ICAA como empresa produtora ou distribuidora e ser titular dos dereitos de exhibición theatrical .

· Curriculum e traxectoria no campo audiovisual da persoa ou persoas directora ou guionista do filme, para os efectos da valoración da vinculación profesional coa provincia da Coruña ( traballos realizados na provincia, sobre temáticas ou autores da provincia ...)

· Ficha do historial da empresa solicitante no campo audiovisual.

· Ficha de produción do filme para o que se solicita a axuda.

· Copia provisoria do proxecto en formato DVD, para ser correctamente avaliado.

· Acreditación da propiedade dos dereitos de explotación da produción audiovisual.

· No caso de tratarse dunha produción orientada especificamente á infancia, o certificado de cualificación por idades e de rexistro no ICAA (Instituto da Cinematografía e das Artes Visuais).

· Contrato de distribución no caso de que entidade solicitante sexa unha empresa distribuidora.

· Declaración responsable da valoración de horas que motiven a previsión de nóminas e gastos de seguridade social do persoal adscrito directamente á realización deste proxecto.

· Solicitude de autorización, se procede, en caso de que a persoa solicitante concerte a execución total ou parcial da actividade ou proxecto subvencionado con persoas físicas ou xurídicas vinculadas á entidade, (segundo o disposto no artigo 29.7, d, da Lei Xeral de subvencións e artigo 68 do Regulamento desta Lei aprobado por RD 887/20016, do 21 de xullo).

· No caso de que no orzamento se prevexa a contratación dun servizo que exceda o importe de 15.000€ , (IVE excluído), nos termos do artigo 31.3. da Lei 38/2003 deberá achegar os tres orzamentos solicitados, e a motivación da contratación da empresa seleccionada.

· Calquera outra documentación que as entidades solicitantes consideren de interese para o proxecto.

Base 8.- Resolución

8.1 Valoración das solicitudes:

A entidade solicitante deberá completar todos os apartados das plantillas para posibilitar a adecuada valoración das solicitudes. Non se terán en conta para o baremo aqueles aspectos non acreditados ou informados debidamente pola entidade solicitante.

As solicitudes valoraranse conforme os seguintes apartados:

A) Valoración directa

A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase despois da consideración das actividades que se van realizar, de acordo cos baremos establecidos nesta convocatoria.

1.Carácter de estrea-premiere na provincia da Coruña (ata 25 puntos)

A estrea do contido audiovisual, dentro do Estado español, realízase na provincia da Coruña: 10 puntos.

Proxección da estrea (ata 10 puntos):

Versión orixinal en galego: 10 puntos.

Versión orixinal subtitulada ou dobrada ao galego: 5 puntos

Incorporación de sistemas de accesibilidade para persoas con discapacidade visual e/ou auditiva: 5 puntos.

2. Distribución e comercialización da produción audiovisual en salas de exhibición públicas ou privadas da provincia da Coruña (ata 15 puntos).

Máis de 6 concellos, 15 puntos.

Seis concellos, 12 puntos.

Cinco concellos, 9 puntos.

Catro concellos, 6 puntos.

Tres concellos, 3 puntos.

3. Apoio á produción feminina e criterio de xénero. Se a porcentaxe de mulleres no equipo técnico supera o 40%. Para a súa consideración entenderase por equipa técnica as persoas xefes e primeiras axudantes das equipas de dirección, produción, fotografía, iluminación, dirección de arte, son, montaxe e posprodución. Ata 3 puntos.

4. Solidez financeira da campaña de promoción (ata 7 puntos). Valoraranse as achegas de fondos propios da entidade organizadora, así como patrocinios de entidades privadas con respecto ao orzamento subvencionable, admitindo como fondos propios as achegas de financiamento doutras administracións públicas das cales se obtivese algún tipo de axuda:

Entre o 15 e o 30% do orzamento: 3 puntos.

Entre o 30,01 e o 40% do orzamento: 4 puntos.

Entre o 40,01% e o 50% do orzamento: 5 puntos.

Máis do 50% do orzamento: 7 puntos.

A) Valoración Comisión Técnica

5. Características e calidade da produción audiovisual (ata 20 puntos).

· Calidade contrastada e interese cultural da produción audiovisual -avaliada pola selección en festivais, mostras de prestixio ou apoios oficiais á produción nalgunha fase de produción-. Ata 10 puntos.

· Produción orientada especificamente á infancia e xuventude. Ata 3 puntos.

· Produción de marcada vocación creativa e/ou experimental de difícil comercialización ou estrea en salas comerciais. Ata 4 puntos.

· Vinculación profesional coa provincia da Coruña da persoa ou persoas directora ou guionista do filme. Ata 3 puntos.

6. Comunicación online e offline (ata 15 puntos)

Produción de web e perfís específicos da campaña de promoción en redes sociais e utilización de novas tecnoloxías e innovación na distribución e comercialización do produto audiovisual. Deben presentarse os enlaces directos a webs e redes en funcionamento. Ata 5 puntos.

Plan de comunicación do evento. Ata 10 puntos:

- a estratexia de promoción e distribución (ata 5 puntos)

- a amplitude de medios ao que vai dirixido e o período de tempo dedicado á execución do plan (ata 5 puntos).

7. Valoración solvencia e traxectoria da empresa solicitante (ata 15 puntos). Valórao a comisión técnica.

· Traxectoria profesional e experiencia na distribución da empresa solicitante: ata 10 puntos. Valorarase en base á información que figure na ficha do historial da empresa.

· Sinerxía co audiovisual galego: Equipo técnico-artístico galego, localizacións en Galicia, empresas de servizos galegas, etc: ata 5 puntos. Valorarase en base á información que figure na ficha de produción do filme.

8.2. Concesión:

A concesión das subvencións realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva e será aprobada por resolución da presidencia.

Para a revisión das solicitudes, o baremo e puntuación destas crearase unha comisión técnica, que estará composta por tres persoas expertas e de recoñecida traxectoria no sector audiovisual galego, que non teñan relación con ningún dos solicitantes nin relación directa cos proxectos que se poidan presentar. Esta comisión poderá propoñer a exclusión de solicitudes por inadecuación argumentada destas ou falta de calidade mínima dos proxectos para os que se solicita a axuda.

A unidade que tramita o expediente, á vista da documentación que consta neste, formulará un informe proposta de resolución de concesión provisional, debidamente motivado, que deberá expresar o solicitante ou a relación de solicitantes para os que propón a concesión da subvención e a súa contía, así como as solicitudes desestimadas, as desistidas e as non admitidas a trámite. Na súa proposta de resolución, e por motivos argumentados baseados na insuficiencia orzamentaria, a unidade poderá deixar fóra da concesión a aquelas entidades que figuren no tramo de puntuación máis baixa. Este informe proposta será fiscalizado.

A Presidencia da Deputación ditará resolución de concesión provisional, que deberá notificárselles a interesadas/os na forma prevista na convocatoria. Concederáselles un prazo de 10 días hábiles para presentaren, se é o caso, a desistencia da solicitude, a reformulación ou as alegacións que consideren oportunas.

No caso de non formular desistencia expresa, a subvención considerarase aceptada tacitamente.

Poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas distintas ás aducidas polos interesados. Neste caso, a resolución de concesión provisional adoptada terá o carácter de definitiva.

No caso de que existisen alegacións por parte das/os interesadas/os, deberanse resolver expresamente na resolución de concesión definitiva das subvencións.

A resolución de concesión provisional non crea dereito ningún a favor do beneficiario proposto fronte á Deputación mentres non se notifique a resolución definitiva de concesión.

8.3.- Reformulación de solicitudes:

Cando o importe da subvención concedida sexa inferior ao importe solicitado, entenderase automaticamente reformulada a solicitude de subvención.

8.4.- Cambios de obxecto:

Neste programa de subvencións non se admitirán cambios de obxecto.

Base 9.- Xustificación e pagamento

9.1 Prazo de xustificación

O prazo para a xustificación das subvencións rematará o día 31 de maio de 2022 ás 14.00 horas.

9.2 Consideracións xerais

Con carácter xeral as subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos, que deberán axustarse aos conceptos aprobados na concesión definitiva e que figurarán en cada expediente de solicitude.

Non obstante, naquelas subvencións cun importe concedido superior a 15.000 € , poderase aboar o 50% do importe da subvención cando se xustifique o 50% do orzamento total a xustificar, sempre que se teña aportado a correspondente garantía mediante achega dun aval bancario pola cantidade do pago a conta incrementada nun 20%. En todo caso, o custo da garantía considerarase gasto subvencionable.

Para a tramitación dos pagos anticipados se procederá do xeito previsto no artigo 88.3 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da lei xeral de subvencións e pola Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación, publicada no BOP nº 72 de 15 de abril de 2019.

Neste caso, o 50% restante aboarase ao finalizar a tramitación do expediente de xustificación e, no caso de resultar procedente a declaración da perda do dereito ao cobro, a entidade deberá devolver a cantidade percibida como pago a conta cos correspondentes xuros de demora.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade.

O coeficiente de financiamento defínese como o cociente entre o importe da subvención solicitada e o importe do orzamento de gastos presentados pola entidade.

O orzamento subvencionado para xustificar será o que se teña que xustificar para poder cobrar a subvención e calcularase como resultado de dividir o importe da subvención concedida polo coeficiente de financiamento.

O gasto xustificado documentalmente deberá acadar, polo menos, o importe do orzamento subvencionado para xustificar.

No caso de ter outras subvencións ou ingresos propios para o mesmo obxecto que, en concorrencia coa subvención da Deputación da Coruña, teñan un importe superior á cantidade resultante do cálculo anterior, o orzamento subvencionado para xustificar será a suma das subvencións e ingresos.

O ingresos procedentes da distribución en liña dos filmes a través da súa difusión en plataformas de distribución online mediante descarga ou streaming, serán considerados en todo caso como ingresos concorrentes e deberán aparecer debidamente reflectidos na declaración de outros ingresos achegada coa xustificación.

O importe das subvencións concedidas, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas máis os ingresos derivados das actividades de exhibición e distribución, supere o custo da actividade ou investimento desenvolvido pola entidade beneficiaria.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

9.3. Documentación xustificativa

A documentación xustificativa deberá vir asinada pola/o profesional autónomo, administrador/a da entidade ou persoa representante.

No caso das certificacións de gastos e ingresos, deberá vir asinada por quen exerza as funcións financeiras ou de tesourería

Para o cobramento da subvención, deberán achegar a seguinte documentación:

Memoria das actividades desenvolvidas na anualidade, que conterá como mínimo os seguintes aspectos: as actividades realizadas, con indicación do cumprimento dos requisitos da base 3.1 e todos os aspectos valorados segundo o establecido na base 8, temporalización, ámbito territorial, cuantificación e perfil das persoas beneficiarias, repercusión en medios de comunicación e redes sociais, indicación dos resultados obtidos e as desviacións acaecidas.

Certificación acreditativa dos gastos realizados, con identificación das persoas acredoras (nome da empresa e NIF ou, no seu caso, nome, apelidos completos e sen abreviaturas e NIF), dos conceptos de gasto e dos tipos de documentos (nº de factura ou documento equivalente, importe, data completa de emisión e detalle da retención do IRPF, nos casos que proceda) e das desviacións acontecidas en relación ao orzamento.

Para os gastos de persoal indicarase para cada traballador/a o mes, a data, o importe bruto da nómina e o importe da Seguridade Social con cargo á entidade, así como a porcentaxe da xornada laboral que en cada caso se lle impute á actividade que se está a xustificar. Se a entidade ten algunha bonificación nas cotas da Seguridade Social ao seu cargo, terá que facer referencia ao seu fundamento legal na documentación achegada, achegando copia dos boletíns de cotización dos traballadores.

Con respecto ao xeito de presentación na relación clasificada de gastos, o importe bruto do salario reflectido na nómina deberá incluírse no capítulo relativo aos gastos de persoal, mentres que as cotizacións á Seguridade Social deberán constar no capítulo correspondente. Os documentos xustificativos serán as nóminas e os xustificantes de pagamento dos soldos, mentres que no caso das cotizacións á Seguridade Social, deberán achegar a RNT (Relación Nominal de Traballadores).

Contratos de traballo do persoal, nóminas dos meses correspondentes, boletíns de cotización á Seguridade Social e declaración-liquidación das retencións practicadas; se é o caso, finiquitos de liquidación.

Neste caso, a entidade deberá achegar a correspondente autorización individual asinada por cada traballador/a con salario subvencionado, para a cesión á Deputación da Coruña dos datos persoais relacionados co seu contrato de traballo.

De conformidade co art. 29.7.d da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no caso de que na certificación de gastos figuren persoas acredoras, tanto físicas como xurídicas vinculadas coa entidade beneficiaria, estes deberán corresponderse cos indicados na solicitude de subvención e para as que se outorgase a autorización expresa da Deputación.

Unicamente se admitirán xustificantes de gastos correspondentes a actividades realizadas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de marzo de 2022. Os xustificantes de gasto terán que estar expedidos no período sinalado.

Facturas ou documentos equivalentes incluídos na certificación da relación de gastos.

Declaración de si está ou non exenta de IVE e se está suxeita á regra de rateo a porcentaxe deducible, xa que só poderá terse en conta o cargo con dito imposto cando sexa soportado pola entidade e na porcentaxe que non sexa deducible.

Declaración da entidade na que se faga constar que o gasto foi reflectido, na forma preceptiva, no libro de contabilidade da entidade, segundo o disposto no art. 14.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

No caso de ter contratado un servizo que exceda o importe de 15.000€ , (IVE excluído), nos termos do artigo 31.3. da Lei 38/2003 deberá achegar os tres orzamentos solicitados, e a motivación da contratación da empresa seleccionada.

Relación detallada de todos os ingresos de natureza pública ou privada obtidos das subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto, con indicación do seu importe e procedencia, así como dos ingresos que xere a propia actividade subvencionada (especificar os ingresos obtidos da distribución, exhibición e comercialización da produción audiovisual subvencionada) ou, pola contra, declaración de non ter outros ingresos públicos ou privados para o mesmo obxecto.

No caso de concorrencia de subvencións públicas que estean xustificadas, poderá achegarse certificación da administración que lla concedeu, na que se detallen os conceptos subvencionados e os importes xustificados, así como o período ao que se refiren os gastos.

Declaración das subvencións obtidas nos tres últimos exercicios fiscais, para os efectos de comprobar que non exceden de 200.000 € , de conformidade co previsto no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Acreditación do cumprimento da obriga de facer constar a colaboración da Deputación da Coruña en toda a información (impresa, informática ou audiovisual) que se faga da actividade subvencionada, así como do emprego da lingua galega nos soportes de difusión realizados con posterioridade á resolución da convocatoria.

Cando a xustificación se presente fóra de prazo, a entidade aceptará a sanción que lle corresponde segundo se recolle nas bases da convocatoria, así como a compensación do importe da sanción no pagamento da subvención.

Cando se trate de subvencións por importe concedido superior a 15.000 € que optasen por solicitar o pago en dous prazos, coa presentación da documentación xustificativa do primeiro prazo, deberán achegar un aval bancario pola cantidade do pago a conta incrementada nun 20%.

9.4. Tramitación da xustificación

Á vista da documentación xustificativa presentada o procedemento de tramitación da xustificación, realizarase:

· Con carácter xeral tras a presentación da documentación xustificativa e logo dos informes previos da unidade xestora despois da súa fiscalización, o órgano competente valorará o cumprimento das actividades subvencionadas e, se a documentación é correcta, procederase ao pagamento da subvención.

· No caso de que o importe concedido sexa superior a 15.000 € e se optase por solicitar o pago da subvención en dous prazos, aboarase un primeiro prazo polo importe do 50% da axuda concedida coa presentación da documentación xustificativa do 50% do orzamento subvencionado para xustificar. O segundo prazo polo 50% restante aboarase ao finalizar o procedemento de xustificación.

Para a valoración do cumprimento da finalidade básica da subvención terase en conta o seguinte:

· No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado para xustificar, aboarase a totalidade da subvención.

· No caso de que se xustifique gasto inferior ao 100% e, polo menos, do 50% do orzamento subvencionado para xustificar, aboarase a parte proporcional da subvención.

· No caso de que se xustifique gasto inferior ao 50% do orzamento subvencionado para xustificar, non se considerará cumprida a finalidade básica da subvención, polo que non se aboará cantidade ningunha.

No caso de que a documentación fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de 10 días para a súa emenda. Pasado o dito prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que desiste do seu pedimento, ditándose a resolución que lle deberá ser notificada á entidade beneficiaria.

A Deputación da Coruña poderá requirirlle á entidade beneficiaria a documentación que estime pertinente para os efectos de comprobar o cumprimento da finalidade da subvención.

No caso de non atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que teña xustificado o cumprimento das condicións da subvención, advertirase a entidade beneficiaria de que non se procederá ao pagamento se no prazo dun mes non xustifica ter regularizada a súa situación tributaria ou social, e declararase a perda do dereito á subvención outorgada.

9.5.- Prazo de pagamento.-

O pagamento terá que realizarse no prazo máximo de catro meses desde que a entidade beneficiaria presentara completamente a documentación xustificativa. No caso de que non se cumpla este prazo, a Deputación aboará de oficio os xuros de mora que correspondan.

Base 10. Incumprimentos e sancións

O procedemento sancionador está regulado no Capítulo VI da Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación da Coruña.

Base 11. Publicidade das subvencións concedidas

A Deputación Provincial da Coruña publicará as subvencións concedidas na Base de Datos Nacional de Subvenciones.

A Deputación contará co Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios a que se refire a disposición adicional sexta da Lei de subvencións de Galicia e facilitará á comunidade autónoma a información a que se refire o apartado 3 do artigo 16 da devandita norma.

Base 12. Protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Deputación da Coruña coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou por obriga legal.

As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para facilitar o exercicio dos dereitos, a Deputación pon ao seu dispor un modelo de solicitude (https://www.dacoruna.gal/documentacion/impresos-oficiais)

Disposición adicional primeira

En ningún caso a presente convocatoria xerará dereito a favor das entidades solicitantes mentres non se dean as condicións orzamentarias, procedementais e xurídicas de aplicación.

Disposición adicional segunda.

A participación na convocatoria supón a aceptación destas bases reguladoras.

CRITERIOS INTERPRETATIVOS PARA A TRAMITACIÓN DAS SUBVENCIÓNS

Aos efectos de facilitar a xustificación das subvencións concedidas, achéganse os seguintes criterios de interpretación para a tramitación das mesmas:

1. No que respecta aos gastos, deberán de estar en todo caso vinculados ao proxecto (non se admiten gastos de carácter xeral) e por tanto consideraranse validamente xustificados os gastos que indubidablemente sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto presentado. Son gastos necesarios segundo a xurisprudencia aqueles que sexan necesarios para a viabilidade do proxecto ou conculquen nun maior beneficio económico do mesmo.

2. No que atinxe aos gastos do persoal das entidades, admitirase como gasto validamente xustificado o documentado mediante as nóminas dos traballadores dependentes e suxeitos ao réxime xeral da Seguridade Social e dos socios e administradores suxeitos ao réxime xeral da Seguridade Social ou asimilado pero non daqueles integrados no réxime especial de traballadores autónomos. Neste último caso (socios e administradores suxeitos ao réxime xeral da Seguridade Social ou asimilado) admitirase o gasto co límite do 60% do orzamento subvencionable.

3. Servizos profesionais prestados polos socios baixo unha relación laboral non dependente: No caso de que xustifiquen estes gastos mediante unha factura para a retribución dos seus servizos, considerarase que concorre o suposto recollido no artigo 27 da Lei de Subvencións (operacións vinculadas) e no artigo 68.2 do Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o Regulamento da Ley xeral de subvencións, e non poderá superar o 40% do importe da actividade subvencionada.

4. Sobre as operacións vinculadas, pode consultar os supostos de vinculación recollidos no artigo 27 da Lei de Subvencións (operacións vinculadas), no artigo 68.2 do Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións e no artigo 22 da Ordenanza xeral de subvencións (BOP nº 72 do 15 de abril de 2019).

5. En materia de subcontratación:

· Enténdese subcontratación a contratación de prestacións que podería realizar a entidade solicitante por si mesma por estar comprendidas dentro do seu ámbito de actividade.

· Para valorar a concorrencia de subcontratación comprobarase o obxecto social da entidade solicitante recollido nos seus estatutos, así como os epígrafes do IAE nos que se atope dada de alta. No caso de discrepancia, prevalecerá este último.

· Non se considera subcontratación os gastos nos que incorran as entidades solicitantes para a realización por si mesmas da actividade subvencionada (art. 29 da Lei xeral de subvencións).

· Finalmente non se considera subcontratación a prestación de servizos de intermediación en materia de publicidade (axencias de publicidade) sempre que se poda acreditar que non incrementa o custe dos servizos prestados e cumpren o previsto no artigo 22.1 da Ordenanza xeral de subvencións.

A Coruña, 12 de febrero de 2021

O presidente, O secretario,

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

2021/1221

R.P. 2021/4794. Aprobación das Bases do programa FO301/2021 - Boletín Oficial de A Coruña de 17-02-2021

Ver el documento "R.P. 2021/4794. Aprobación das Bases do programa FO301/2021 - Boletín Oficial de A Coruña de 17-02-2021"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas