BASES DE SUBVENCIÓNS Á RE...18-01-2021

Última revisión
18/01/2021

BASES DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DE VIGO. - Boletín Oficial de Pontevedra de 18-01-2021

Tiempo de lectura: 46 min

Tiempo de lectura: 46 min

Relacionados:

BASES DE SUBVENCIONS A REHABILITACION DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DE VIGO. - Boletín Oficial de Pontevedra de 18/01/2021

Plazo de la solicitud:Ver Detalles, 18/01/2021 hasta ----

Beneficiarios: Particulares

Tipo: Bases

Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra

Categorías: Vivienda e hipotecas, Transporte y vehículos, Construcción y obras, Desarrollo Local y Rural, Servicios Sociales, Comercio y marketing, Cultura e idiomas, Industria, Empresa, Medio Ambiente

(Páginas 32-55)


ANUNCIO

Bases reguladoras aplicables á concesión de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas nas ARIs de Vigo, con financiamento da anualidade 2020 do Programa de Rexeneración e Renovación Urbana e Rural do Plan Estatal de Vivenda, 2018-2021 (expediente núm. 3577/431).

O Consello de Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión do día 5 de xaneiro de 2021, acordou aprobar as bases reguladoras e a convocatoria aplicables á concesión de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas nas ARIs de Vigo con financiamento da anualidade 2020 do Programa de Rexeneración e Renovación Urbana e Rural do Plan Estatal de Vivenda, 2018-2021, dispoñendo a posterior convocatoria mediante novo anuncio publicado neste Boletín Oficial da Provincia a través de la Base de Datos Nacional de Subvencións e no xornal de maior difusión da provincia.

Contra este acordo poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación no BOP, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa publicación no BOP.

Base 1ª. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN.

1.1. Obxecto das bases reguladoras e réxime das subvencións.

1. O obxecto destas bases, de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 9/2007 do 13 de xuño de Subvencións de Galicia (LSG), é fixar os criterios para a concesión das subvencións previstas no RD 106/2018 do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (en diante PEV), publicado no BOE 61 de 10/03/2018 e a Resolución do 19 de xuño de 2020, en adiante R.19.06.2020, pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa e se abre o prazo de participación para a anualidade 2020, publicado no DOG nº128 do 30 de xuño de 2020 para desenvolver o programa de rexeneración e renovación urbana e rural recollidos nos convenios asinados en data 29/10/2020 entre o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo e/ou addendas que se puideren asinar posteriormente dentro dos seus ámbitos de aplicación.

2. Estas subvencións están destinadas a cubrir parte dos gastos da execución das obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente. Así como as actuacións previstas nos artigos 36 e 43 do RD 106/2018.

3. As subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia competitiva a través de convocatoria pública, seguindo a orde de prelación que resulte da valoración prevista nestas bases, ata esgotar o número de actuacións e/ou o crédito dispoñible previsto nos respectivos convenios asinados.

En caso de non esgotar o número de actuacións e o crédito dispoñible previsto nesta convocatoria, poderá volver a abrirse un novo prazo de presentación de solicitudes, previa proposta motivada da oficina de rehabilitación e acordo da comisión avaliadora, contando coa necesaria publicidade establecida na Base 5.1 das presentes bases reguladoras.

4. A concesión destas axudas estará, en todo caso condicionada, á existencia de crédito orzamentario, ás resolucións ditadas polos responsables do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e/ou da Xunta de Galicia para a aplicación do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural en Galicia e á aceptación da documentación xustificativa por parte do Concello de Vigo.

1.2. Ámbitos de aplicación.

Poderanse solicitar axudas á rehabilitación para os edificios de uso residencial e as vivendas incluídos nas ARIs declaradas no Concello de Vigo, tales como o Conxunto Histórico do Casco Vello, o Casco Histórico de Bouzas, Rúas Bueu e Moaña (Polígono de Coia) coa súa ampliación, e o Grupo de Casas de Santa Clara. E poderanse pedir axudas á edificación de novas vivendas en substitución de outras previamente demolidas na ARI de Bouzas. As súas delimitacións aparecen reflectidas no Anexo I destas bases.

1.3. Beneficiarios/as.

Poderán ser beneficiarios das axudas os solicitantes que asuman a responsabilidade da execución integral da área delimitada pola actuación. Cando a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada un. As persoas e as entidades beneficiarias das axudas deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 7.2 do RD 106/2018, do 9 de marzo, do 16 da Resolución do 3 de agosto 2018, en adiante R.03.08.2018, do 6 da Resolución do 31 de maio 2019, en adiante R.31.05.2019 e no apartado vixésimo da R.19.06.2020. E poderán ser beneficiarios das axudas do programa de rexeneración e renovación urbana e rural, aqueles que se atopen incluídos nalgún dos supostos establecidos nos apartados 1 e 2 de artigo 50 do RD 106/2018.

As persoas interesadas, ao formalizaren unha solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións destas bases de convocatoria así como aos demais requisitos que se establezan na normativa reguladora.

1.4. Requisitos.

4. Para ser beneficiarios/as da subvención, o inmoble ou inmobles para o cal se solicita axuda estarán dentro dos ámbitos acordados nas presentes bases e deberán estar incluídos dentro dalgunha destas definicións establecidas na R.19.06.2020:

' Edificio de tipoloxía residencial colectiva: edificio composto por máis dunha vivenda cuxo uso predominante sexa o residencial e onde cada vivenda e local conte coa correspondente referencia catastral.

' Vivenda unifamiliar: vivenda situada en edificio independente, cuxo uso predominante sexa o residencial e no cal non existe ningunha outra vivenda, e que conte coa correspondente referencia catastral. As vivendas unifamiliares poden ser illadas ou agrupadas en ringleira.

' Infravivenda: edificación ou parte dela destinada a vivenda, a cal non reúne as condicións mínimas esixidas pola lexislación aplicable. En todo caso, entenderase que non reúnen as ditas condicións as vivendas que incumpran os requisitos de superficie, número, dimensión e características das pezas habitables, as que presenten deficiencias graves nas súas dotacións e instalacións básicas e as que non cumpran as estipulacións mínimas de seguridade, accesibilidade universal e habitabilidade esixibles á edificación.

5. As obras non poderán estar comezadas antes do 30 de xullo de 2018, data da sinatura do Convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento coa Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

6. No caso de comunidades, estas estarán legalmente constituídas de acordo cos artigos 2 e 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, todo isto sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nas presentes bases, así como os que fundamenten a concesión e os fixados na normativa aplicable.

7. Os edificios e vivendas deberán ser visitados polos técnicos da Oficina de Rehabilitación e non se poderán subvencionar partidas de obra iniciadas con anterioridade á realización da visita ou sen datos fidedignos do estado previo ás obras.

8. Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións reguladas nestas bases, as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da LSG.

9. Os inmobles deberán cumprir coas obrigas e determinacións reguladas na Ordenanza municipal reguladora da inspección técnica de edificacións (ITE) deste Concello (AD: 27.09.10 BOP nº 221: 17.11.10) e contar, se for preciso, co Informe de Avaliación do Edificio regulado no Capítulo II del Título preliminar da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (DOG núm. 83, do 2 de maio de 2019).

10. No caso de que a edificación conte cun informe de avaliación do edificio ou orde de execución con valoración desfavorable do estado de conservación do mesmo, será preciso incorporar as obras necesarias para emendar estas deficiencias.

11. Non poderán ser beneficiarias destas axudas para actuacións sobre o mesmo obxecto, as persoas perceptoras de axudas estatais correspondentes aos programas de mellora da eficiencia enerxética e sostibilidade en vivendas, de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, de fomento do parque de vivenda en alugueiro e de fomento de vivendas para persoas maiores ou con discapacidade, todas elas adscritas ao PEV.

1.5. Obrigas dos beneficiarios.

a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente a observación dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. Deberase comunicar calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento da subvención que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda; esta comunicación realizarase ao Concello de Vigo previamente ao pagamento da Subvención; con posterioridade a esta data as comunicacións realizaranse ao IGVS.

c) Estar en disposición dos títulos habilitantes esixibles para o desenvolvemento dos traballos obxecto da axuda (comunicación previa, licenza...), así como cumprir cos requisitos establecidos nas normativas de aplicación.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas pola entidade xestora, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamenten a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Dispor dos documentos nos termos esixidos pola lexislación sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

g) Os beneficiarios deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, coa Consellería de Economía e Facenda e coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), no momento de seren seleccionados e no momento do pagamento das axudas.

h) Non teren débedas tributarias co Concello de Vigo no momento de ser seleccionados e no momento do pagamento das axudas.

i) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

j) Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento nas actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3º da LSG.

k) No caso de que o beneficiario sexa unha comunidade de propietarios, non disolver a dita comunidade mentres non teña transcorrido o prazo de prescrición establecido nos artigos 35 e 63 da LSG.

l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da LSG.

1.6. Actuacións subvencionables

As actuacións subvencionables por este programa inclúen a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente. Así como as actuacións previstas nos artigos 36 e 43 do RD 106/2018.

Con carácter xeral, serán subvencionables:

7. As actuacións para a mellora da eficiencia enerxética e a sostibilidade das vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en ringleira, nos edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva e no interior das vivendas, segundo o artigo 36 do RD 106/2018.

O conxunto das actuacións realizadas e incluídas nos parágrafos anteriores do apartado a), deben conseguir unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración do edificio referida á certificación enerxética sobre a situación previa ás ditas actuacións de polo menos un 25% ao estar situado na Zona climática C.

b) As actuacións de conservación que se acometan para emendar deficiencias na cimentación, estrutura, instalacións, cubertas, azoteas, fachadas, medianeiras incluíndo procesos de desamiantado. Obras e/ou traballos de mantemento relativos á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en ringleira ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente esixidas, segundo artigo 43.1 do RD 106/2018.

c) As actuacións destinadas á mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade, en particular, á instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas u outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente.

A instalación ou dotación de produtos que permitan o acceso e uso por parte de persoas con discapacidade, de aviso tales como sinais luminosos ou sonoros para a orientación en escaleiras, ascensores ou no interior das vivendas. A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior como videoporteiros, ou a instalación domótica e outros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía de persoas maiores ou con discapacidade.

Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas ou comúns, a ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do CTE no referido á vivenda accesible así como mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas, segundo artigo 43.2 do RD 106/2018.

Ademais, na ARI de Bouzas serán igualmente subvencionables actuacións de edificación ou de renovación. As ditas actuacións comprenderán as obras de demolición de edificios e vivendas e as de edificación en substitución do previamente demolido. A edificación nova terá que contar con cualificación enerxética mínima de B, e deberá cumprir coas esixencias do Código Técnico da Edificación. Poderanse incluír os honorarios dos profesionais, o custo de redacción de proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, así como os gastos derivados da tramitación administrativa, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.

A axuda de Renovación será para edificacións que conten con vivendas que non reúnan as condicións mínimas esixidas pola lexislación aplicable e que precisen da súa demolición para edificar unha nova vivenda que cumpra cos estándares actuais. En todo caso, entenderase que non reúnen as ditas condicións as vivendas que incumpran os requisitos de superficie, número, dimensión e características das pezas habitables, as que presenten deficiencias graves nas súas dotacións e instalacións básicas e as que non cumpran as condicións mínimas de seguridade, accesibilidade universal e habitabilidade esixibles á edificación.

Non poderán obter novo financiamento as obras que se realicen sobre elementos que xa conseguiran unha cualificación definitiva do IGVS ao amparo de convenios para as ARIs de Vigo, xestionados pola OMRV nos dez anos anteriores ao inicio do prazo da/s convocatoria/s pública/s dos convenios con cargo á anualidade 2020.

1.7. Orzamento protexible:

O orzamento protexible da actuación, unha vez revisado polos técnicos da Oficina de Rehabilitación, constitúe o custo total de todas as actuacións que se subvencionan segundo o previsto no artigo 51 do R.D. 106/2018, e non poderá superar os custos medios de mercado que a tales actuacións correspondan.

Este orzamento protexible estará limitado en función do tipo da actuación necesaria:

' Rehabilitación completa en edificios e/ou vivendas, máximo 52.500 euros por vivenda.

' Colocación de ascensor, máximo de 20.000 euros por vivenda.

' Rehabilitacións puntuais no interior de vivenda e/ou elementos comúns, máximo 20.000 euros por vivenda.

' Nova vivenda xerada en substitución de outra previamente demolida, máximo de 75.000 euros por vivenda.

O orzamento presentado incluirá os custos desagregados segundo os tipos de actuacións subvencionables establecidas no punto anterior destas bases.

Establecerase un orzamento mínimo de 500 euros por actuación. En obras de elementos comúns, cada vivenda partícipe das obras que cumpra cos requisitos destas bases contabiliza coma unha actuación.

Á proposta motivada da Oficina de Rehabilitación, a comisión avaliadora poderá acordar incrementar os límites do orzamento protexible de existir crédito dispoñible na aplicación orzamentaria correspondente.

1.7.1. Custos subvencionables:

Son os definidos no art 51 do R.D. 166/2018 e inclúen:

- Custos de materiais e execución das obras, beneficio industrial e gastos xerais.

- Custos de honorarios dos proxectos; na parte correspondente ás actuacións subvencionables poderanse incluír honorarios correspondentes a informes técnicos necesarios. Os custos dos honorarios técnicos desagregaranse porcentualmente en función dos tipos de actuacións subvencionables.

1.7.2. Custos non subvencionables:

- Impostos, taxas e tributos.

- Os gastos e custos financeiros como consecuencia do investimento.

- Non se consideran subvencionables aqueles conceptos das facturas que non se poidan facer corresponder, dun xeito inequívoco, cos considerados subvencionables.

1.8. Tipo e contía das axudas.

A contía máxima das axudas determinarase atendendo ao orzamento protexible da actuación e non poderá exceder, de maneira individualizada, do 40% do custo subvencionable da actuación a cargo do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, e do 10% ata un máximo de 4.000 euros a cargo da Xunta de Galicia segundo o artigo vixésimo segundo da R.19.06.2020.

As contías máximas das axudas do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana determinaranse atendendo ao custo total da intervención e calcularase multiplicando o número de vivendas polas axudas unitarias establecidas a seguir:

a) Ata 12.000 euros por cada vivenda que se rehabilite, sexa unifamiliar ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e sustentación en vivendas, con redución da demanda enerxética, nos termos establecidos no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo. A redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración do edificio ou vivenda referida á certificación enerxética sobre a situación previa a ditas actuacións debe ser de a lo menos un 25%.

b) Ata 8.000 euros por cada vivenda que se rehabilite, sexa unifamiliar ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, para actuacións de conservación, da mellora na seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, nos termos establecidos no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, e para as actuacións de mantemento e intervención sinaladas no artigo 51.1.c) citado no Real decreto e no ordinal décimo terceiro.

No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, incrementaranse estas contías con 120 euros por cada metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos. Ademais, poderá incrementarse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos, nos edificios e vivendas declaradas ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

Para poder computar a contía establecida por cada metro cadrado de uso comercial ou outros usos, será necesario que os predios correspondentes participen nos custos de execución da actuación.

Estas axudas solicitaranse, xestionaranse e resolveranse para a vivenda ou, de ser o caso, conxuntamente para todo o edificio, sen prexuízo da súa posterior repartición e repercusión proporcional, e destinaranse integramente ao pagamento das cotas correspondentes ás actuacións subvencionables, unha vez repercutidas proporcionalmente.

Nas vivendas nos que os ingresos da unidade de convivencia residente sexan inferiores a 3 veces o IPREM, a porcentaxe máxima da axuda sobre a inversión, poderá acadar o 75%, para cada tipo de actuación, segundo o artigo 52 do RD 106/2018.

Tamén se poderá chegar ata o 75% do custo da actuación nas vivendas con residentes con discapacidades ou maiores de 65 anos para obras de mellora nas condicións de accesibilidade.

Nos casos de nova vivenda xerada en substitución de outra previamente demolida, a contía máxima das axudas non poderá exceder do 40% do custo subvencionable da actuación, ata un máximo de 30.000 euros a cargo do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, segundo o artigo 52 2.2. do RD 106/2018.

1.9. Criterios de avaliación.

A concesión das axudas graduarase tendo en conta os seguintes criterios xerais, tanto para as obras de rehabilitación como para as de nova vivenda en substitución de outra demolida:

1.- Estar en disposición dos títulos habilitantes esixibles para o desenvolvemento dos traballos obxecto da axuda (comunicación previa, licenza...) con data previa á data dos informes para a xuntanza da comisión avaliadora, 70 puntos. As actuacións que teñan solicitada licencia ou consulta previa anterior á data dos informes para a xuntanza da comisión avaliadora, 20 puntos.

2.- Nivel de protección do edificio segundo o Plan Especial; ata un máximo de 30 puntos:

1. edificación catalogación ambiental, 10 puntos.

2. edificación catalogación estrutural, 20 puntos.

3. edificación catalogación integral, 30 puntos.

3.- Tipo de actuación que se vai realizar; ata un máximo de 50 puntos:

1. obras de mellora da seguridade estrutural ou construtiva, 10 puntos.

2. obras de accesibilidade, 20 puntos.

3. obras de mellora da eficiencia enerxética, 20 puntos; sempre que se xustifiquen unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración do edificio ou vivenda referida á certificación enerxética sobre a situación previa a ditas actuacións de a lo menos un 25% (segundo o art. 36 do RD 106/2018). No caso de obras de edificación só poderán obter 20 puntos as edificacións que xustifiquen a obtención dunha letra A na cualificación enerxética final.

4.- Características do inmoble; ata un máximo de 50 puntos:

' edificación que conte con oito ou menos vivendas, 20 puntos.

' Vivenda unifamiliar en obras de rehabilitación, 30 puntos.

' Vivenda unifamiliar en obras de edificación, 50 puntos.

5.- Características dos solicitantes; ata un máximo de 40 puntos:

' Residentes con discapacidade ou maiores de 65 anos para obras de mellora nas condicións de accesibilidade, 20 puntos en obras de rehabilitación de vivenda.

' Unidades de convivencia con ingresos inferiores a 3 veces o IPREM, 20 puntos en obras de rehabilitación de vivenda.

' Para obras nos elementos comúns dun edificio residencial, no caso de que o número de vivendas partícipes na convocatoria cuxos residentes se achen incluídos nalgún dos apartados anteriores, sexa igual ou maior ao 50%, contabilizaranse 40 puntos.

As actuacións que se poidan englobar en obras de edificación de nova vivenda en substitución de outra demolida, e estean dentro do ámbito de Bouzas, entrarán a formar parte dunha listaxe independente á de rehabilitación edificatoria. Para poder ser seleccionada coma obra de edificación as actuacións deberán obter unha cualificación enerxética mínima de B e cumprir en todo o caso cos requisitos do CTE.

No caso de solicitudes coa mesma puntuación, terá preferencia aquela que estea en disposición dos titulos habilitantes necesarios para obra, de seguir tendo solicitudes coa mesma puntuación terá preferencia aquela que conte cunha entrada anterior no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Base 2ª. COMPETENCIA E PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN.

2.1. Entidade xestora.

Posto que o Concello de Vigo ten o recoñecemento como entidade xestora do Programa de Fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 a través da súa Oficina Municipal de Rehabilitación, ten a competencia para a formulación das presentes bases de convocatoria, tramitación e a proposta ao organismo autonómico IGVS para as cualificacións correspondentes.

A instrución do procedemento corresponderá á Oficina de Rehabilitación que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se deberá formular a proposta de resolución.

Presentada a documentación que se solicita na base 3ª, os técnicos da Oficina de Rehabilitación realizarán unha visita de inspección ao edificio ou vivenda para comprobar o estado da edificación, elaborando un informe sobre a adaptación da solicitude aos requisitos técnicos previstos no Plan Estatal e previamente á proposta de resolución da comisión de valoración.

En todo o caso, os integrantes da Oficina asesorarán os solicitantes sobre cuestións técnicas e administrativas relacionadas con esta convocatoria.

2.2. Comisión de valoración.

A Comisión de valoración será a encargada de propoñer a resolución do expediente, contendo a proposta dos beneficiarios ao órgano da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo que sexa competente para autorizar o correspondente gasto.

Esta Comisión de valoración estará integrada polo responsable da Concelleira Delegada da Área de Urbanismo ou persoa que o substitúa nesa competencia -a quen corresponderá a presidencia da mesma-, polo/a interventor/a, o/a secretario/a, o/a xerente, o/a director/a dos Servizos Centrais (todos eles da Xerencia Municipal de Urbanismo) e o/a director/a da Oficina de Rehabilitación do Concello de Vigo, que actuará como relator/a da Comisión. Os titulares poderán delegar noutra persoa ou persoas a condición de membro da Comisión.

2.3. Procedemento.

Despois de examinar as solicitudes presentadas dentro da convocatoria, os técnicos da Oficina de Rehabilitación emitirán informe do cumprimento das esixencias impostas para adquirir a condición de beneficiario/s da subvención, e a dirección da Oficina de Rehabilitación realizará unha proposta que se elevará á Comisión de valoración co fin de que emita a proposta ao órgano competente para a súa aprobación.

Logo desta aprobación elaborarase unha proposta de cualificación provisional que se remitirá á Área Provincial do IGVS de Pontevedra.

No caso de que houbese máis solicitudes que número de actuacións previstas para unha Área de Rehabilitación e sempre que cumpran con todas as condicións incluídas nestas bases, procederase a realizar unha relación das ditas solicitudes seguindo os criterios de avaliación da base 1.9).

Os solicitantes que quedaren fóra da convocatoria entrarán a formar parte dunha lista de espera para poderen ser incluídos no caso de renuncia ou anulación dos provisionalmente aceptados.

2.3.1 Cualificación provisional.

A proposta de cualificación provisional conterá: a identificación da persoa beneficiaria, o tipo de actuación, o orzamento protexible e o prazo de execución, e irá acompañada dunha certificación municipal do cumprimento dos requisitos do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, referida tanto ás actuacións, aos edificios e vivendas como ás persoas beneficiarias.

As xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (en adiante CMTV), logo das comprobacións que consideren oportunas, poderán cualificar provisionalmente as actuacións, e remitirán aos servizos centrais do IGVS un resumo das cualificacións provisionais outorgadas, tendo en conta os acordos específicos asinados no seo da Comisión Bilateral de Seguimento do PEV 2018-2021.

A cualificación provisional é requisito necesario para acadar o financiamento previsto no acordo específico.

Será causa de denegación das cualificacións provisionais, o non axuste ás determinacións do R.D. 106/2018, a R.03.08.2018, R.31.05.2019 e a R.19.06.2020.

A Dirección Xeral do IGVS procederá a comunicar ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana a relación de cualificacións provisionais que resulten con financiamento para cada acordo específico.

A competencia para resolver as cualificacións provisionais e definitivas corresponde á persoa titular da Xefatura Territorial da CMTV de Pontevedra.

O IGVS remitirá ao Concello de Vigo as cualificacións outorgadas, e o Concello de Vigo, pola súa parte, enviará aos solicitantes as ditas cualificacións.

As solicitudes que non cumpran os requisitos serán incluídas nunha proposta denegatoria das axudas e serán tamén comunicadas aos solicitantes.

2.3.2 Cualificación definitiva.

Ao remate das obras, e para poder continuar co procedemento, será necesario obter a cualificación definitiva das actuacións.

1. Os promotores das actuacións comunicarán o seu remate de acordo co previsto na cualificación provisional, e presentarán no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a documentación prevista na Base 3.2.3

2. Recibida a documentación xustificativa, a Oficina de Rehabilitación realizará unha visita ao inmoble e as comprobacións que estime oportunas, e tramitará o expediente para a obtención da cualificación definitiva no departamento territorial como órgano competente da Consellería.

O persoal da Oficina de Rehabilitación do Concello de Vigo procederá a realizar as seguintes comprobacións:

' Que as actuacións foron executadas dentro dos prazos e de acordo coa cualificación provisional.

' Que para a súa execución contou con todas as autorizacións necesarias.

' Que as actuacións de edificación obtiveron certificado de eficiencia enerxética con letra A ou B.

' Que as facturas e documentos bancarios de pagamento presentados, correspondentes às sobreditas actuacións e están pagadas pola persoa beneficiaria que figure na cualificación provisional.

3. Procederase á minoración do importe da subvención concedida, cando o orzamento xustificado teña unha contía inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre e cando se acredite que a actuación concreta está totalmente executada segundo o punto 6 do apartado vixésimo sexto da R.19.06.2020.

4. Aprobada a axuda polo órgano competente municipal, a Oficina de Rehabilitación elaborará unha proposta de cualificación definitiva que se remitirá á Área provincial do IGVS que cualificará definitivamente a actuación. A cualificación definitiva supón a xustificación da execución de todas as actuacións cualificadas.

5. Será causa da denegación da cualificación definitiva, a non execución das actuacións ou a súa execución fóra de prazo, así como o incumprimento por parte do/a promotor/a de calquera requisito para obter a condición de persoa beneficiaria dos previstos no R.D. 106/2018 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda, na R.03.08.2018 publicada no DOG do 17/08/2018, na R.31.05.2019 publicada no DOG do 10/06/2019 e na R.19.06.2020 publicada no DOG do 30/06/2020.

6 As Áreas provinciais do IGVS remitirán á Dirección Xeral do IGVS unha relación das cualificacións definitivas outorgadas para cada ARI, logo das verificacións que consideren oportunas.

7. A Dirección Xeral do IGVS procederá á comunicación ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana das xustificacións das actuacións referidas.

8. As cualificacións definitivas outorgadas serán remitidas polo IGVS ao Concello de Vigo que, como órgano xestor, notificará aos solicitantes o dito outorgamento.

2.3.3 Tramitación do pagamento.

1. Antes de proceder ao pagamento da subvención, os solicitantes entregarán no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a documentación prevista na base 3.2.4.

De acordo previo entre as partes, o beneficiario das axudas poderá autorizar o endoso mediante a correspondente tramitación.

2. Tanto o Concello de Vigo como o IGVS ou o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

3. As achegas estarán supeditadas ao efectivo financiamento por parte do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e da Xunta de Galicia, de acordo co estipulado no convenio de colaboración entre o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o Concello de Vigo.

Base 3ª SOLICITUDE, DOCUMENTACIÓN E PRAZO DE PRESENTACIÓN.

3.1. Solicitude oficial.

1. A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora no anexo II, que estará dispoñible na páxina web do Concello de Vigo:

(http://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo2.php?lang=cas#/).

2. As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de presentaren as súas solicitudes presencialmente, requiriranse para que as emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos polo Concello de Vigo.

3.2. Documentación

1.- Toda a documentación deberá presentarse debidamente cuberta, con data, número de identificación DNI do solicitante ou representante, número de expediente se é o caso, e debidamente asinada.

2.- Cando a documentación achegada sexa incompleta ou defectuosa, requirirase ao solicitante para que nun prazo improrrogable de dez días hábiles emende o erro ou achegue a documentación preceptiva, con indicación de que, se así non o fixese, terase por desistido da súa solicitude, previa resolución ditada nos termos previstos no art. 68 da LPACAP.

3.- En todo o caso o Concello de Vigo, como entidade xestora das subvencións, poderá requirirlle ao solicitante -en calquera momento do procedemento- documentación complementaria se a considerar necesaria para a xustificación do cumprimento dos requisitos do PEV 2018-2021.

4.- Os solicitantes seleccionados terán a obriga de informar á Oficina de Rehabilitación de calquera circunstancia que puidese supoñer unha modificación das condicións tidas en conta para a selección e a posterior cualificación da actuación, as cales puidesen dar lugar á modificación da resolución.

3.2.1 Documentación Inicial.

1.-Xunto coa solicitude oficial, deberá acompañar a seguinte documentación:

Relativa ao solicitante:

1. Fotocopia do DNI do solicitante e representante -de ser o caso- formalmente nomeado.

2. Acreditación da titularidade do edificio ou vivenda mediante unha nota simple rexistral, escritura pública de compravenda ou calquera outro título público da titularidade.

3. Certificación bancaria con número de conta bancaria a nome do/s beneficiario/s da subvención.

4. Certificacións de cada un dos propietarios de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de opoñerse á súa consulta por parte das administracións públicas. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderá solicitarse ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. Documentación relativa dos ingresos da unidade familiar de convivencia residentes con renta inferior a 3 veces o IPREM e/ou xustificante da discapacidade ou idade superior a 65 anos, para o caso de que se quera optar á porcentaxe adicional do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

6. No caso de que o solicitante sexa unha comunidade de propietarios, achegarase, ademais:

7. NIF da comunidade de propietarios en vigor.

8. Documentación acreditativa da súa constitución.

9. Documento acreditativo da representación con que se actúa.

10. Acordo da comunidade de propietarios que autorice a execución das obras, a solicitude da subvención, os orzamentos, ou certificado da persoa titular da secretaría da comunidade referente aos ditos aspectos.

11. Relación de persoas propietarias do edificio que inclúa a situación e a referencia catastral de cada vivenda ou local, coa súa cota de participación no custo das obras, e ademais, nas vivendas indicar se é uso propio ou alugueiro, o número de persoas residentes e se reside algunha persoa maior de 65 anos ou con discapacidade, segundo o modelo R1 do ANEXO III.

12. Unha Solicitude de información e visita en rexistro independente por cada vivenda incluída na actuación, segundo modelo incluído no ANEXO III, xunto coa seguinte documentación:

13. Fotocopia do DNI do solicitante e representante -de ser o caso- formalmente nomeado.

14. Acreditación da titularidade da vivenda mediante unha nota simple rexistral, escritura pública de compravenda ou calquera outro título público da titularidade.

15. Certificacións da persoa propietaria de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de opoñerse á súa consulta por parte das administracións públicas, e de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e da LSG.

16. Documentación relativa aos ingresos da unidade familiar de convivencia residentes con renda inferior a 3 veces o IPREM e/ou xustificante da discapacidade ou idade superior a 65 anos, para o caso de que se queira optar á axuda adicional do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

17. A que resulte necesaria de acordo previsto no artigo 7 do RD 106/2018 e os demais datos informativos que esixe o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana ou o IGVS no protocolo de información normalizado.

Relativa ao inmoble e as obras:

18. Se a obra a realizar é de mellora da eficiencia enerxética: certificado de eficiencia enerxética, que acredite unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración do edificio ou vivenda referida á certificación enerxética sobre a situación previa a ditas actuacións de a lo menos un 25% no caso de se realizaren a/s obra/s.

19. Se a obra a realizar é de Edificación: certificado de eficiencia enerxética de vivenda, que acredite que a cualificación enerxética resultante no caso de se realizaren a/s obra/s e A ou B.

20. Proxecto ou memoria técnica na cal se expresen as obras que se van executar e a súa valoración, clasificándoas en capítulos segundo o disposto no artigo 36 e 43 do RD 106/2018. O proxecto ou memoria técnica deberá conter os datos fundamentais do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre rasante, superficie sobre rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se van realizar.

21. Orzamento das obras clasificando en capítulos segundo o disposto no artigo 36 e 43 do RD 106/2018. Cando o importe do gasto da obra subvencionable supere a contía de 40.000 euros será necesario achegar 3 orzamentos, e en caso de non se optar pola oferta máis vantaxosa, memoria xustificativa da diferente elección, coma establece o artigo 29 da LSG e o 42 do D11/2009 do regulamento da lei de subvencións. Achegarase conxuntamente unha relación de orzamentos desagregados por partidas segundo o modelo C1 do ANEXO III.

22. Títulos habilitantes para a execución das obras: comunicación previa, licenza ou outras autorizacións.

23. A que resulte necesaria de acordo previsto no artigo 7 do RD 106/2018 e os demais datos informativos que esixe o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana ou o IGVS no protocolo de información normalizado.

3.2.2 Documentación durante a execución da Obra.

Tras a obtención da cualificación provisional para a actuación, o solicitante deberá presentar no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a seguinte documentación precisa para o seguimento da obra:

1. Comunicación de inicio das obras segundo o modelo I1 do ANEXO III.

2. O solicitante deberá comunicar á oficina de rehabilitación calquera eventualidade que poida supor unha modificación das condicións tidas en conta para a cualificación da actuación, así como as eventualidades que puidesen afectar ao prazo de execución da obra.

3.2.3 Documentación final de Obra.

Unha vez se rematen as obras, e previo á obtención da cualificación definitiva para a actuación, o solicitante deberá presentar no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a documentación sinalada nos seguintes epígrafes, en orixinal ou copia compulsada, non sendo necesario esgotar o período límite; tendo para isto o prazo máximo do día 31 do mes de outubro de 2021.

a) Comunicación final das obras.

Declaración expresa por parte do beneficiario de que o proxecto foi executado conforme o indicado na solicitude ou polo técnico director das obras (en caso de obras maiores) a través da certificación final das obras. De existir modificacións no proxecto, achegarase un informe técnico ou documento cos datos e incidencias máis significativas ocorridas durante a execución. Neste caso, previo ao momento da realización de modificacións sobre o contido no proxecto, deberanse comunicar á Oficina de Rehabilitación os cambios desexados e dispor dos títulos habilitantes necesarios.

b) Facturas orixinais pola totalidade das obras realizadas subvencionables e xustificantes de pagamento.

O solicitante achegará a seguinte documentación xustificativa do gasto:

' Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade (actuación), con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento, indicando, se é o caso, as desviacións acaecidas sobre o orzamento subvencionado. Segundo o modelo C2 do ANEXO III.

' As facturas, ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior, emitidas polos provedores en relación coa actuación subvencionada.

' As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no regulamento que rexe as obrigas de facturación, aprobado polo Real Decreto 1496/2003, do 28 de novembro (BOE do 29 de novembro), modificado polo regulamento aprobado polo Real Decreto 87/2005, do 31 de xaneiro (BOE do 1 de febreiro).

O solicitante achegará a seguinte documentación xustificativa do pagamento:

' Para cada un dos documentos xustificativos de gasto: transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, nos cales deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento.

' Non se admitirán como xustificantes os documentos acreditativos de pagamentos en metálico nin os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade.

' Con carácter excepcional, poderá aceptarse a xustificación do pagamento mediante recibín do provedor, para gastos de escasa contía, por importes inferiores a 1.000 euros. Do mesmo xeito aceptarase excepcionalmente a cesión do dereito de cobramento da subvención a favor dos acredores por razón do gasto realizado ou con entrega a estes dun efecto mercantil, garantido por unha entidade financeira ou compañía de seguros. En todo o caso estes supostos deberán contar coa aceptación previa do órgano xestor.

' No caso de endoso: 'Considérase efectivamente pagado o gasto, para os efectos da súa consideración coma subvencionable, coa cesión do dereito de cobro da subvención a favor dos acredores por razón dos gastos realizados…' (artigo 83.1 de Lei 38/2003 de 17 de novembro, General de Subvenciones).

c) Podería ser necesario achegar outra documentación administrativa e técnica final, como: licenza de primeira ocupación, boletíns de instalacións, certificado técnico de modificación das condicións do Informe de Avaliación de Edificios, etc.

d) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para as mesmas actuacións subvencionadas, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. Segundo o modelo D1 do ANEXO III.

e) Certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa administración pública da Comunidade Autónoma, no caso de opoñerse á súa consulta por parte das administracións públicas.

f) No caso de solicitude de endoso deberá achegarse a maiores:

' Documento de aceptación de endoso, asinado polo representante da empresa construtora.

' No caso de Comunidades de Propietarios, acordo da comunidade de propietarios desta solicitude, no que figuren os datos da persoa ou empresa a favor da cal se solicita o endoso.

2.- Os órganos competentes do Concello de Vigo, do IGVS e do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. No caso de non seren remitidos polo beneficiario dentro do prazo sinalado, poderá entenderse que renuncia á subvención.

3.2.4 Documentación para o aboamento da subvención

1. Para proceder ao aboamento da subvención, tras a obtención da cualificación definitiva da actuación, o beneficiario deberá presentar no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a documentación sinalada nos seguintes epígrafes, en orixinal ou copia compulsada; tendo para isto -co prazo máximo indicado- a data do día 31 do mes de outubro de 2021, mais non sendo preciso esgotar este límite máximo.

a) Documentación acreditativa da ocupación da vivenda para uso propio ou para alugamento, no caso de que o solicitante opte a algunha das axudas adicionais do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. O solicitante achegará a seguinte documentación xustificativa:

' Se é para uso propio, deberá presentar o xustificante de empadroamento na vivenda para a que se solicitou a subvención.

' Se é para alugamento deberá presentar copia do contrato de alugamento da vivenda e o xustificante do depósito da fianza no número de conta da Xunta de Galicia.

b) Certificado de número de conta da empresa construtora no caso de solicitude de endoso excepcional.

2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación, sen que o beneficiario presente a documentación solicitada no rexistro municipal da Xerencia de Urbanismo, a Oficina de Municipal de Rehabilitación da Vivenda do Concello de Vigo, requirirá o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de Subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste punto, non eximirá o beneficiario das sancións que conforme á lei correspondan ou da perda das axudas de non existir tempo suficiente para realizar as tramitacións administrativas correspondentes polo ente xestor, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

3.3. Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será como mínimo de un mes e, en todo caso, virá establecido na/s convocatoria/s correspondente/s a estas bases, que será/n publicada/s no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

3.4. Información aos interesados.

Sobre o procedemento de tramitación das axudas de acordo coas presentes bases, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Oficina de Municipal de Rehabilitación da Vivenda, sita na Praza da Princesa nº 7-1º 36202 e dependente do Concello de Vigo, ou a través dos seguintes medios:

1. Na páxina web do Concello de Vigo, no enlace http://sede.vigo.org/expedientes/avisos/

2. Atención persoal con cita previa de luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas

3. Atención no teléfono 986 442560, de luns a venres de 9:00 a 13:30 h.

4. Consultas por email: urb.rehabilitacion@vigo.org

Base 4ª. EXCLUSIÓNS E INCOMPATIBILIDADES.

Sen prexuízo do establecido no artigo 52.3 do R.D. 106/2018, as subvencións deste programa serán compatibles con outras axudas públicas, sempre e cando o seu importe non supere o custo total da actuación concreta.

Base 5ª. PUBLICIDADE.

5.1. Publicidade da convocatoria e das bases reguladoras da concesión das axudas.

As bases reguladoras da concesión das axudas para a anualidade 2020, segundo os convenios asinados entre o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana para o desenvolvemento do programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Logo desta publicación, a convocatoria enviarase á Base de Datos Nacional de Subvenciones, que a remitirá ao boletín correspondente, e publicándose tamén no xornal de maior difusión na provincia.

As bases reguladoras, a convocatoria e os seus modelos normalizados para a presentación de solicitudes, facilitaranse na Oficina Municipal de Rehabilitación da Vivenda do Concello de Vigo (Praza da Princesa nº 7-1ª andar), na páxina web www.vigo.org, e no rexistro da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo.

5.2. Consentimento e autorizacións.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras, o consentimento e autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que pode emitir o Concello de Vigo, así como as autorizacións para que o IGVS poida solicitar as certificacións que deban emitir os organismos competentes da Xunta de Galicia ou do Ministerio correspondente.

5.3. Publicidade das subvencións concedidas.

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, o Concello de Vigo publicará na súa páxina web oficial (www.vigo.org) a relación dos beneficiarios e o importe das subvencións concedidas, polo que a presentación da solicitude de axudas leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis. Por razón da súa contía, os mesmos datos serán publicados no BOP segundo correspondan. Por outra banda, notificaranse de xeito individual os principais trámites de aprobacións.

Base 6ª. TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL.

Os datos dos solicitantes ou dos seus representantes serán incorporados aos ficheiros municipais. A finalidade da súa recolla é a instrución do procedemento para a concesión das subvencións obxecto das presentes bases reguladoras. A práctica das publicacións, comunicacións e notificacións de obrigado cumprimento, o seguimento e comprobación da actividade subvencionada e demais actuacións previstas na normativa reguladora das subvencións, en orde á conclusión do proceso de subvencións, converte a súa achega en obrigatoria.

Os referidos datos serán tratados e protexidos de acordo co previsto na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía de Dereitos Dixitais, e o Reglamento Xeral Europeo de Protección de Datos 2016/679, de 27 de abril, sendo responsable do seu tratamento a Oficina de Rehabilitación e a Concellería da Área de Urbanismo do Concello de Vigo.

O/A beneficiario/a poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, supresión, portabilidade, limitación do tratamento de información e a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas ante a Oficina de Municipal de Rehabilitación do Concello de Vigo.

Base 7ª. PERDA DO DEREITO AO COBRO, RENUNCIA, NULIDADE E REINTEGRO. RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

7.1. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. En todo o caso, a modificación da resolución de concesión realizarase nos termos da LSG, e do artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

3. A resolución polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

7.2. Perda do dereito ao cobro:

O incumprimento por parte do/a beneficiario/a da subvención, de calquera das obrigas, requisitos, condicións e demais circunstancias que produciron o seu outorgamento, a insuficiente xustificación do proxecto, así como a obtención concorrente doutras axudas incompatibles, dará lugar, en cada caso, á perda do dereito ao cobro da subvención, á redución da contía da mesma ou ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas máis os correspondentes xuros de demora dende o momento do seu pagamento, sen menoscabo das sancións, que eventualmente, resulten esixibles.

7.3. Renuncia:

O/a beneficiario/a poderá renunciar voluntariamente á subvención nas condicións que establece a normativa legal de aplicación.

7.4. Nulidade, reintegro, infraccións e sancións:

1. O incumprimento ou falsidade nas condicións requiridas para o outorgamento da subvención, comportará, ademais das sancións que poidan corresponder, o reintegro da subvención percibida incrementada co xuro legal correspondente desde o seu pagamento, máis un 25 %, segundo establece o artigo 34 da LSG, agás que a Lei de orzamentos do Estado determine outro diferente.

2. En particular será causa de reintegro, a non comunicación ao órgano correspondente de calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento da subvención que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda. A comunicación terá que se facer ao Concello de Vigo como entidade xestora, se a modificación se produce antes de recibir o aboamento da subvención e, posteriormente a ese momento, á Área Provincial do IGVS.

3. Tamén serán motivo de reintegro os supostos previstos no artigo 33 da LSG.

4. O procedemento para o reintegro será o establecido no artigo 38 da LSG.

7.5. Recursos administrativos:

Contra as resolucións que diten as xefaturas territoriais da CMTV, poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Base 8ª. NORMATIVA DE APLICACIÓN.

A concesión destas axudas rexerase: pola Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións; o RD 887/2006, do 21 de xuño, polo que se aprobou o seu regulamento, nos seus preceptos básicos; a lexislación básica do Estado en materia de réxime local; a Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia; e o D11/2009 polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Ademais da lexislación anterior, e en todo o que non for descrito nas presentes bases, seranlle de aplicación as seguintes disposicións:

1) O Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, por el que se regula el Plan Estatal Vivienda, 2018-2021.

2) O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan as directrices para o desenvolvemento do Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia publicado no DOG o 25 de febreiro de 2014.

3) A Resolución do 31 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade ao convenio de colaboración asinado entre Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 publicado no BOE o 16 de agosto de 2018.

4) A Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 20.18-2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa.

5) A Resolución do 31 de maio de 2019 pola que se modifica a Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 20.18-2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa, e pola que se convoca a participación neste programa para a anualidade 2019.

6) A Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa e se abre o prazo de participación para a anualidade 2020 publicado no DOG nº128 do 30 de xuño de 2020.

7) A Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

8) A Lei 9/2017, de 8 de novembro de contratos do sector público.

Esta normativa será de aplicación de non existir unha disposición posterior que a anule ou a modifique.

Base 9ª. DISPOSICIÓN ADICIONAL.

As subvencións incluídas nesta convocatoria financiaranse, de conformidade cos acordos da comisión bilateral relativos ás Áreas de rexeneración e renovación urbana do Concello de data 29/10/2020, con cargo ás asignacións orzamentarias do presuposto da anualidade 2020 do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e da Xunta de Galicia, e da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (partidas 1510.780), coa seguinte desagregación por áreas:

- ARI do Casco Vello de Vigo (30 actuacións): 114.750 euros.

- ARI do Casco Histórico de Bouzas (10 actuacións): 84.400 euros.

- ARIX das rúas Bueu-Moaña, Coia (35 actuacións): 113.728 euros.

- ARIX do Grupo Casas de Santa Clara (6 actuacións): 9.072 euros.

Base 10ª. DISPOSICIÓN FINAL.

Estas Bases entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e terán vixencia ata o 31 de decembro de 2021, data límite a partir da cal non se poderán conceder ningunha axuda das recollidas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, de non existir disposición que modifique ou amplíe esta data de vixencia para a aplicación do programa que se desenvolve nas presentes Bases.

ANEXOS PUBLICADOS NA WEB DO CONCELLO DE VIGO (www.vigo.org):

Anexo I. DELIMITACIÓNS DOS ÁMBITOS.

Anexo II. IMPRESO SOLICITUDE OFICIAL.

Anexo III. OUTROS IMPRESOS:

Modelo de Solicitude de información e visita.

Modelo Mv. Nomeamento de representante.

Modelo R1. Relación de propietarios do edificio.

Modelo C1. Relación de orzamentos desagregados por partidas.

Modelo C2. Relación clasificada dos gastos e investimentos, con identificación do acredor e do documento.

Modelo D1. Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para as mesmas actuacións.

Modelo D2. Declaración responsable de integrantes e ingresos da unidade de convivencia.

Modelo I1. Comunicación de inicio das obras.

Vigo, 11 de xaneiro de 2021.- A Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, María José Caride Estévez (Delegación do Presidente de 11.07.2019).

BASES DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DE VIGO. - Boletín Oficial de Pontevedra de 18-01-2021

Ver el documento "BASES DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DE VIGO. - Boletín Oficial de Pontevedra de 18-01-2021"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas