Bases reguladoras das axu...18-02-2021

Última revisión
18/02/2021

Bases reguladoras das axudas do Plan municipal de reactivación económica e laboral do Concello das Pontes de García Rodríguez (APREL III -2021) - Boletín Oficial de A Coruña de 18-02-2021

Tiempo de lectura: 40 min

Tiempo de lectura: 40 min

Relacionados:

Bases reguladoras das axudas do Plan municipal de reactivacion economica e laboral do Concello das Pontes de Garcia Rodriguez (APREL III -2021) - Boletín Oficial de A Coruña de 18/02/2021

Plazo de la solicitud:Ver Detalles, 18/02/2021 hasta ----

Beneficiarios: Empresas y autónomos

Tipo: Bases

Boletín: Boletín Oficial de A Coruña

Categorías: Empleo y contratación, Empresa, Hostelería y hoteles, Caza y pesca, Industria, Agricultura, Vivienda e hipotecas, Comercio y marketing, Transporte y vehículos

(Páginas 63-78)


ANUNCIO

Mediante decreto nº 411/2021, do 12 de febreiro, a concelleira-delegada da Área de Recursos Humanos, Industria e Emprego efectuou a convocatoria das subvencións que se indica, con suxeición ás seguintes:

BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DO PLAN MUNICIPAL DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E LABORAL CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRIGUEZ (APREL III -2021) DESTINADAS A PALIAR O IMPACTO ECONÓMICO, SOCIAL E LABORAL, DERIVADO DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID- 19 SOBRE O SECTOR DA HOSTALARÍA DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRIGUEZ.

A situación de alerta sanitaria provocada pola insólita intrusión do coronavirus COVID-19, determinou a aprobación do Decreto 202/2020, de 03 de decembro, a través do cal a Xunta de Galicia adoptou medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-Cov-2.

Inevitablemente, as ditas medidas adoptadas en canto ó peche perimetral do Concello das Pontes e a limitación de actividade no sector da hostelería segundo a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, inciden directamente e de xeito moi prexudicial na socioeconomía e no emprego do dito sector.

Unha situación que dificulta e impide en moitos casos, a supervivencia de moitas empresas do sector que debido á limitación horaria e de aforos da súa actividade, se ven privadas de ingresos ou da disposición da liquidez necesaria que lles permita facer fronte ó custos de mantemento da actividade e do persoal, condeándose así ao cesamento temporal ou definitivo da súa actividade e asumindo o impacto directo desta situación que recae sobre o emprego dun xeito ineludible.

Dende o Concello das Pontes de García Rodriguez considérase imprescindible a posta en marcha de accións que dende o ámbito público, poidan contribuir a paliar as dificultades que derivadas desta situación, está atravesando o tecido hostaleriro, e as inevitables consecuencias que isto supón sobre o emprego directo e indirecto.

Por este motivo, o Concello das Pontes de García Rodriguez, a través do seu Plan Municipal para a Reactivación Económica e Laboral (APREL-2020) pon en marcha unha nova convocatoria de axudas directas para o sector da hostalaría, como medida urxente (APREL III-2021), puntual e extraordinaria para paliar, na medida do posible, as afeccións económicas que con motivo da pandemia do COVID-19 soporta o sector da hostalaría no municipio.

1. OBXECTO E FINALIDADE

O obxecto destas Bases consiste en regular as normas polas que rexerá a convocatoria pública de axudas a conceder polo Concello das Pontes de Garcia Rodriguez, coa finalidade de paliar o impacto socioeconómico no municipio, derivado da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e atendendo ás restricións e aos condicionantes que o Decreto 202/2020, de 03 de decembro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas plo SARS-COV-2, no que queda restrinxida a entrada e a saída de persoas no ámbito territorial do Concello das Pontes de García Rodríguez. Así mesmo, na Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, na que se regula que o interior dos establecementos das actividades de restaurantes, cafetería e bares permanecerán pechados ao público e só poderán abrir as terrazas ata un máximo do 50% ata as 17:00 horas.

A finalidade destas axudas é contribuír o sostemento da actividade económica e o emprego no sector da hostalaría no termo municipal das Pontes de García Rodriguez, a través da achega de liquidez ás empresas e autónomos do dito sector, para contribuír a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, mantemento da actividade e emprego, amortecer a redución drástica de ingresos que axude a paliar as consecuencias laborais e económicas sobre a veciñanza, ocasionadas polo COVID-19.

2. RÉXIME XURÍDICO.

O marco normativo está constituído polas seguintes leis e disposicións legais que se nomean a continuación e polas súas normas de desenvolvemento, así como cantas outras normas legais ou regulamentarias, conteñan prescricións relativas ás subvencións ou sexan susceptibles de produciren efectos no devandito ámbito:

- Lei 7/1985, do 2 e abril, reguladora das bases de réxime local e RD 2568/1986, do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento orgánico de funcionamento e réxime xurídico das entidades locais

- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

- Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local.

- Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións xunto co RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento

- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

- Bases de execución do orzamento municipal do 2020 prorrogado para o exercicio 2021.

- Así mesmo, están sometidas ao réxime de minimis, regulado polo Regulamento (UE) 1407/2013, do 18 de decembro, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352 de 24 de decembro de 2013).

A xestión destas subvencións suxeitarase aos principios de publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como á eficacia no cumprimento de obxectivos e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos

A súa tramitación realizarase por medios electrónicos en aplicación do disposto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas

3. FINANCIAMENTO.

A contía destinada a atender estas subvencións ascende a un importe total de 50.000 € .

O financiamento destas axudas efectuarase con cargo aos orzamentos municipais do exercicio 2021 nas aplicacións orzamentarias: 2021.241.47000 por importe de 50.000 € .

No caso de que finalizado o prazo de solicitude se tiveran presentado un número de solicitudes para o que non foran dabondo as contías inicialmente consignadas, poderanse ampliar os créditos ata a cobertura do maior número delas posible.

4. CONTÍA DAS AXUDAS E GASTOS SUBVENCIONABLES.

4.1.- CONTÍAS

Con base no artigo 30.7 da LXS:

1.-Concederase unha contía de ata 600 € para persoas físicas ou xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo con actividade no secor da hostalaría, que se tivesen visto afectados polas restricións do Decreto 202/2020 do 3 de decembro e pola Orde do 3 de decembro de 2020, pola que quedou restrinxida a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial do Concello de As Pontes, e polas limitacións da súa actividade ( o interior dos establecementos quedaron pechados ao público e só se puideron abrir as terrazas ata un máximo de 50% ata as 17:00 horas).

Terase en conta o ambito temporal das ditas restrincións, segundo a Orde do 4 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a través da cal quedan supendidas as ditas limitacións, para o Concello das Pontes.

4.2.- GASTOS E PERÍODO SUBVENCIONABLE

Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles gastos correntes:

Conta

Descrición da conta

642

Seguridade social a cargo da entidade

Seguridade social a cargo do solicitante. Gasto directo

621

Arrendamentos e canons

Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións. Gasto directo

622

Reparacións e conservacións

623

Servizos profesinais independentes

625

Primas seguros

Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo

628

Subministracións.

Auga, luz, gas, teléfono

629

Outros servizos

Mantemento comunicacións: teléfono, internet, correos, mensaxería

171

Cotas de préstamos amortización de locais comerciais

O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable.

O períodos subvencionable abranguerá: os gastos incorridos no mes de decembro de 2020 e xaneiro de 2021.

5. SOLICITANTES , REQUISITOS E OBRIGAS PARA SOLICITAR AS AXUDAS.

Poderán solicitar esta subvención aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que leven a cabo as actividades hostaleiras que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a súa actividade estea incluida nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspndentes á clasificación do imposto de actividades económica relacionadas a continuación:

671 Servizos en restaurantes.

672 Cafeterías.

673 Cafés e bares, con e sen comida.

674 Servizos que se presten en sociedades, círculos, casinos, clubs e establecementos análogos.

676 Servizos en chocolaterías, xeadarías e horchatarías.

681 Servizo de hospedaxe en hoteis e moteis.

682 Servizo de hospedaxe en hoteis o pensións.

683 Servizo de hospedaxe en fondas e casas de hóspedes.

969.1 Salas de baile e discotecas

b) Que a actividade hostaleira sexa desenvolvida por unha persoa autónoma, unha microempresa. A microempresa e as pequenas empresas son aquelas definidas conforme ao Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.

c) Que a actividade que desenvolven se tivera visto afectada polas limitacións horarias e de aforos reguladas no Decreto 202/2020, do 3 de decembro da Presidencia da Xunta de Galicia, e pola Orde do 4 de xaneiro do 202 da Consellería de Sanidade.

d) Que teña unha redución igual ou superior ao 20% da facturación realizada entre os meses de decembro de 2020 e xaneiro de 2021, respecto ao mesmo período do ano anterior (decembro de 2019 e xaneiro de 2020). No caso de non poder realizar a comparativa anterior terase en conta o período da actividade e xustificarase a través dunha declaración responsable.

e) Estar dado de alta no réxime da Seguridade Social correspondente e en Facenda no momento da presentación da instancia.

f) Que o local de desenvolvemento da actividade hostaleira se atope no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (o cumprimento do dito requisito será verificado pola administración municipal mediante o domicilio de actividade que figura na alta no censo de obrigados tributarios ou de ser o caso poderá ser requirido pola propia administración).

g) Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e non contravir o regulado no art. 14 da nomeada lei,e en particular, estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Facenda estatal (AEAT) e coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS). Este requisito debe cumprirse con anterioridade á data da resolución de concesión da subvención. (O dito requisito será declarado responsablemente polo solicitante no modelo normalizado de solicitude de subvención no Anexo I).

h) Non ter débeda ningunha pendente co Concello das Pontes de García Rodríguez. Este requisito verificarase de oficio pola Administración e debe cumprirse con anterioridade a data da resolución de concesión da subvención.(O dito requisito será comprobado de oficio pola administración municipal).

i) Ter xustificado calquera subvención que lle fose concedida con anterioridade polo Concello das Pontes de García Rodríguez, sempre que tivese finalizado o correspondente prazo de xustificación.

j) En caso de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica debe nomearse un representante apoderado, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación ou comunidade de bens.Así mesmo, e nos termos previstos no artigo 11.3 LXS, a agrupación ou comunidade de bens non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición á que fan referencia os artigos 39 e 65 LXS. Así mesmo, en caso de concesión da subvención, a resolución conterá as porcentaxes de participación das persoas integrantes na entidade beneficiaria, en función dos cales participarán nos dereitos e obrigas derivados do outorgamento da subvención, e de ser o caso, do seu reintegro.

Quedan excluídos empresas ou autónomos doutros sectores de actividade, as administracións públicas, os seus organismos autónomos, as empresas públicas e outros entes públicos, así como as asociacións, fundacións e, en xeral, entidades sen ánimo de lucro así como o persoal autónomo colaborador.

6. CONCORRENCIA CON OUTRAS SUBVENCIÓNS

As presentes subvencións son totalmente compatibles coas axudas do APREL I ou APREL II do Concello das Pontes, así como coas axudas doutras administración públicas para a mesma finalidade.

En ningún caso, as axudas poderán superar o importe máximo total de axuda de mínimis, actualmente establecido en 200.000 euros durante un período de tres exercicios fiscais para unha mesma empresa, nin individualmente, nin como resultado da acumulación con outras axudas de mínimis concedidas á mesma empresa, conforme establece o Regulamento (UE) Nº 1407/2013 da Comisión, ou con outro tipo de axudas suxeitas ás regras comunitarias de axudas de Estado.

Para os efectos do disposto no parágrafo anterior enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e do seu modo de financiamento.

En caso de resultar beneficiaria dunha subvención ao abeiro da presente convocatoria e con posterioridade resultar beneficiaria doutra subvención incompatible coa mesma, poderase renunciar á subvención concedida polo Concello das Pontes de García Rodríguez, reintegrando o importe percibido e aboando ademais os correspondentes xuros de mora xerados, tal e como se establece na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e demais normativa aplicable.

Por tratarse de subvencións sometidas ao réxime de mínimis, establecido no Regulamento (UE) 1407/2013, do 18 de decembro, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis (DOUE L352 de 24.12.2013), non poderán concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura, segundo se contempla no Regulamento (UE) 1379/2013 que establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

b) Produción primaria de produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.

c) Empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

5.c.1) Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.

5.c.2) Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma se repercuta aos produtores primarios.

d) Actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou estados membros cando a axuda estea vinculada ao establecemento e a explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.

e) Axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

7. PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

As solicitudes deberán formularse no MODELO DE SOLICITUDE NORMALIZADO para a obtención das subvencións que constarán na convocatoria que se poderán descargar na web do Concello das Pontes de García Rodríguez (www.aspontes.org) e deberán acompañarse da documentación complementaria.

As solicitudes, que deberán dirixirse ao IPPEC, presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello das Pontes de García Rodríg https://sede.aspontes.org/es/uez .

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP de conformidade co procedemento establecido no art. 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

A presentación da solicitude de subvención fora do prazo establecido e a non utilización, no seu caso, dos formularios normalizados de uso obrigatorio, serán causas de inadmisión da solicitude.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación incondicionada das presentes bases reguladoras.

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na norma de convocatoria, o órgano competente requirirá ao interesado para que a emende no prazo de 5 días, indicándolle que de non realizarse terase por desistido da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previsto no art. 21 da Lei 39/2015 de PAC.

Documentación:

1) Solicitude (segundo modelo normalizado) que deberá estar asinada pola persoa interesada ou o seu representante legal que inclúe:

Declaración responsable do cumprimento dos requisitos para obter a condición de beneficiario, segundo o art. 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións

Declaración responsable onde se sinale que cumpre co establecido no art. 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Declaración doutros ingresos ou subvencións que tamén financien a actividade subvencionada (indicando, de ser o caso, importe e procedencia).

Presentar a xustificación dos gastos financiados e o resto da documentación esixida nestas bases no momento da solicitude.

2) Documentación complementaria (acompañando á solicitude):

2.1 En caso de persoa física:

a) DNI polas dúas caras ou NIE acompañado do pasaporte.

b) Certificado actualizado de Situación Censual que indique a actividade económica coa súa data de alta e o domicilio do local de desenvolvemento da actividade. (o cumprimento do dito requisito será verificado pola administración municipal mediante o domicilio de actividade que figura na alta no censo de obrigados tributarios ou de ser o caso poderá ser requirido pola propia administración).

c) Resolución/certificación da alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou a Mutua profesional correspondente.

d) Informe de Vida Laboral da Empresa expedido pola Tesouraría xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores a data de 1 de decembro de 2020. En caso de non ter informe de Vida Laboral da Empresa, o xustificante acreditativo de non posuílo.

e) Designación da conta bancaria na que se efectuarán os ingresos, segundo modelo facilitado polo Concello.

f) Facturas que acrediten os gastos correntes obxecto da subvención correspondentes ao período subvencionado.

g) Xustificante bancario do pagamento das ditas facturas.

h) Se o gasto subvencionada corresponde a alugueiro, terase que presentar o contrato de alugueiro do local ou contrato do préstamo hipotecario, ademais das facturas correspondentes ao período subvencionable e xustificante bancareo do seu pagamento.

i) Xustificante da redución da facturación de igual ou superior ao 20% a través de:

- Copia do libro de rexistro de facturas emitidas de (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

- Ou libro diario de ingresos (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

- Ou libro rexistro de vendas e ingresos (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

2.2 En caso de persoas xurídicas, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica:

a) CIF da persoa xurídica, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica.

b) Certificado actualizado de Situación Censual que indique a actividade económica coa súa data de alta e o domicilio do local de desenvolvemento da actividade. (o cumprimento do dito requisito será verificado pola administración municipal mediante o domicilio de actividade que figura na alta no censo de obrigados tributarios ou de ser o caso poderá ser reuirido pola propia administración).

c) Contrato de constitución da sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica.

d) Escritura de constitución e os estatutos da persoa xurídica actualizados, inscritos no correspondente Rexistro.

e) Acreditación dos poderes da persoa administradora e da que presenta a solicitude en caso de non ser a mesma persoa.

f) DNI polas dúas caras ou NIE da persoa administradora e da persoa que presenta a solicitude en caso de non ser a mesma.

g) Alta no réxime da Seguridade social correspondente da persoa administradora.

h) Informe de Vida Laboral da Empresa expedido pola Tesouraría xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores a data de 1 de decembro de 2020. En caso de non ter informe de Vida Laboral da Empresa, o xustificante acreditativo de non posuílo.

i) Designación da conta bancaria na que se efectuarán os ingresos, segundo modelo facilitado polo Concello.

j) Facturas que acrediten os gastos correntes obxecto da subvención correspondentes ao período subvencionado.

k) Xustificante bancareo do pago das ditas facturas.

l) Se o gasto subvencionado corresponde ao alugueiro, terase que presentar o contrato de alugueiro do local ou contrato do préstamo hipotecario, ademais das facturas correspondentes ao período subvencionable e xustificante bancario do seu pagamento.

i) Xustificante da redución da facturación de igual ou superior ao 20% a través de:

- Copia do libro de rexistro de facturas emitidas de (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

- Ou libro diario de ingresos (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

- Ou libro rexistro de vendas e ingresos (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

No caso que a persoa física, xurídica, comunidade de bens, sociedade civil ou outra entidade sen personalidade xurídica, que realice a solicitude de subvención tivese concedido un adiamento/fraccionamento de débedas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria ou coa Tesouraría Municipal, deberá presentar coa solicitude, a resolución de concesión do mesmo xunto ao último certificado de carecer de débedas posterior á concesión do adiamento.

3.-Declaración responsable asinada pola persoa interesada ou representante legal ou apoderado da persoa ou entidade solicitante que conterá o pronunciamento expreso sobre as seguintes cuestións:

-Que a actividade desenvolvida viuse afectada pola Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade autónoma de Galicia O interior dos establecementos de restauración permanecerá pechado ao público e só poderán abrir as terrazas ata un máximo do 50% ata as 17:00 horas

- Que a súa actividade estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspndentes á clasificación do imposto de actividades económicas mencionadas no apartado 5.a) das bases reguladoras.

- Que o local do desenvolvemento da actividade hostaleira se atopa no termo municipal das Pontes.

-Que a actividade afectada polas limitacións da Orde do 3 de decembro de 2020, ten unha redución igual ou superior ao 20% da facturación realizada entre os meses de decembro de 2020 e xaneiro de 2021, respecto ao mesmo período do ano anterior (decembro de 2019 e xaneiro de 2020).

-Que a persoa solicitante reúne os requisitos para ser microempresa ou pequena empresa de conformidade co Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

-Que a persoa solicitante comprométese a declarar as axudas de mínimis que lle foron concedidas por calquera proxecto durante os tres últimos exercicios fiscais, con indicación de importe, organismo, data de concesión e réxime de axudas en que se ampara, ou, de ser o caso, declaración de non recibir ningunha; así como compromiso de comunicar o máis axiña posible as obtidas con posterioridade á presentación da solicitude.

-Que a persoa solicitante comprométese á comunicación de subvencións concedidas con anterioridade á presentación da subvención coa mesma finalidade e o compromiso de comunicar o máis axiña posible as axudas obtidas con posterioridade á presentación da solicitude e antes da resolución da mesma.

-Que en caso de tratarse dunha comunidade de bens, sociedade civil ou outra entidade económica sen personalidade xurídica non se disolverá ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, de acordo co establecido no artigo 11 da devandita lei.

- Que está ao corrente nas súas obrigas tributarias estatais e coa Seguridade social (por tratarse de contías a outorgar a cada beneficiario que non superan os 3.000 € )

8. PROCEDEMENTO E INSTRUCIÓN DO PROCEDEMENTO.

1.-A concesión da subvención regulada nesta convocatoria, realizarase de acordo co establecido nos artigos 22.1 e 23 a 27 da LXS.

Instrución:

O Negociado de Promoción Emprego, órgano instrutor do procedemento, encargarase de revisar os expedientes de solicitude e verificará que conteñan toda a documentación esixida.

Nomearase unha Comisión de valoración, encargada da avaliación das solicitudes e emitirá un informe no que se concretará o resultado da mesma.

Para estes efectos a Comisión de valoración estará composta polos seguintes membros:

- Presidencia: un/unha técnico municipal.

- Vogais: dous/dúas técnicos municipais.

- Secretaría da comisión avaliadora (con voz e voto): un/unha técnico da área de Emprego

Procedemento de concesión:

Realizarase a través de convocatoria pública, seguindo o procedemento de concorrencia non competitiva, en réxime de avaliación individualizada, comprobando que os solicitantes cumpren coa totalidade dos requisitos establecidos e tamén coa documentación recollida nas bases reguladoras e na súa convocatoria, tramitándose a súa concesión por estrito orde de rexistro de entrada (data e hora) das solicitudes.

No caso de non presentar unha solicitude a documentación completa, considerarase como data de Rexistro de Entrada a data e hora da última presentación relativa á devandita solicitude.

Aquelas solicitudes que cumpran cos requisitos esixidos, até esgotar o crédito inicial dispoñible da convocatoria, serán propostas para ser resoltas favorablemente:

- O órgano instrutor comprobará pola súa orde cronolóxica de presentación as solicitudes recibidas.

- A comisión de valoración emitirá informe concretando o resultado da mesma que, por conduto do órgano instrutor, someterase a aprobación do órgano concedente.

Publicación

Previamente a elaborar a proposta de concesión, publicaranse para os efectos de notificación na páxina Web municipal, a través do taboleiro de anuncios electrónico do Concello, as seguintes listaxes:

a) Persoas solicitantes propostas como beneficiarias por presentar a súa solicitude, reunindo a totalidade de requisitos e documentación requirida na convocatoria antes de esgotarse o crédito inicialmente dispoñible destinado a atender estas axudas.

b) Persoas solicitantes que non cumpren os requisitos establecidos na convocatoria quedando a súa solicitude desestimada.

c) Persoas solicitantes que non achegaron a totalidade da documentación requirida na Base 7 con indicación da documentación requirida.

As persoas solicitantes referidas no punto a) e c)outorgaráselles o prazo de 5 días hábiles para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno, ou de ser o caso, emenden a súa solicitude e presenten a documentación requirida.

Transcorrido o prazo establecido para alegar e emendar as solicitudes requiridas e adoptadas as medidas precisas, o órgano Instrutor elevará a proposta de acordo para que a someta a aprobación do órgano competente e se proceda á súa posterior publicación.

9.-RESOLUCIÓN, NOTIFICACIÓN E RECURSOS.

A concesión das subvencións será aprobada por resolución da concelleira delegada da Área de RRHH, Industria e Emprego trala formulación da proposta de concesión realizada pola unidade administrativa encargada da instrución á vista do informe da comisión avaliadora.

As subvencións concedidas de conformidade co disposto no art. 45 da Lei 39/2015 publicaranse para os efectos de notificación na páxina Web municipal, a través do taboleiro anuncios electrónico do Concello así como na BDNS.

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo será de seis meses a contar do seguinte á finalización do prazo de presentación das solicitudes. A resolución de concesión poñerá fin á vía administrativa, para os efectos da interposición dos recursos administrativos que procedan relizarase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

10. OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS DAS AXUDAS.

a) Manter a actividade empresarial durante 3 meses, como mínimo, a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da subvención.

b) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas pola vixente normativa en materia de subvencións a exercer pola Intervención xeral municipal.

c) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos contemplados no artigo 37 da Lei xeral de subvencións, e en particular, por obter a subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impediron, ou mostrar resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro prevista no artigo 14 da Lei xeral de subvencións.

e) Cumprir as restantes obrigas que detalla o artigo 14 da Lei xeral de subvencións e as bases de execución do orzamento do Concello das Pontes de García Rodríguez.

f) No caso de que a persoa ou empresa beneficiaria se atope comprendida nos supostos do artigo 3.b)da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, deberá adaptarse ás obrigas de publicidade activa que lle resulten aplicables.

11.-XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS.

A persoa beneficiaria das axudas deberá presentar no cuarto mes a contar a partir do día seguinte ao da publicación da concesión da resolución:

- Certificado da situación censal actualizado á data da xustificación.

12. PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN

O aboamento da subvención levarase a cabo mediante un pago único, previa comprobación de que a documentación xustificativa presentada é a correcta de conformidade co obxecto da subvención, e tendo en conta que esta xa deberá formar parte da documentación que acompaña á solicitude.

O pagamento destas subvencións realizarase nun pago único pola totalidade do importe concedido, mediante transferencia bancaria, a partir da data da resolución de concesión, sen que sexa necesaria a constitución de garantías.

No caso de incumprimento das obrigas, detalladas nesta convocatoria, o órgano xestor iniciará de oficio expediente administrativo que, previa audiencia á persoa interesada, proporá a iniciación de procedemento de reintegro dos fondos, xunto coa liquidación dos xuros de mora correspondentes.

13.-REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS.

O reintegro do importe percibido, cando cumpra, rexerase polo disposto no título II da LXS e polo título III do RLXS.

Xunto ás causas de invalidez da resolución de concesión, recollidas no artigo 36 da LXS, darán lugar á obriga de reintegrar, total ou parcialmente, as cantidades percibidas, así como a esixencia dos xuros de mora correspondentes desde a data do pagamento da subvención ata que se acorde a procedencia do reintegro, os supostos previstos con carácter xeral no artigo 37 da Lei xeral de subvencións.

Se a persoa beneficiaria incumpre a obriga de manter a actividade empresarial durante os 3 meses establecidos nas Bases reguladoras procederá o reintegro do importe da subvención por este concepto.

Sen prexuízo de iniciar o procedemento de reintegro, en caso de incumprimento das obrigas establecidas con motivo da concesión da subvención, a persoa ou empresa beneficiaria poderán comunicar ao órgano xestor por rexistro de entrada este feito e efectuar a devolución voluntaria da cantidade percibida. Para iso, deberá poñerse en contacto co Órgano Xestor para os efectos dos trámites a seguir. Así mesmo, calcularanse os intereses de demora até o momento no que se produza a devolución efectiva pola súa parte.

14.-RECURSOS E IMPUGNACIÓNS.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da mesma poderán ser impugnados polos interesados nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

DISPOSICIÓN FINAL.

A participación na convocatoria suporá a aceptación destas bases reguladoras específicas.

Será de aplicación, en todo aquilo que non se regulase nestas bases a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE n.º 276, de 18 de novembro de 2003), na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG» núm. 121, do 25 de xuño de 2007), no Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións (BOE n.º 176, de 25 de xullo de 2006) e demáis normativa concordante e de pertinente aplicación.

As Pontes de García Rodríguez,

A concelleira delegada da Área de RRHH; Industria e Emprego

Ana María Pena Purriños

SOLICITUDE APREL III-2021

1.- DATOS DO/DA SOLICITANTE

DNI/NIE:

Apelidos e nome:

Enderezo:

Teléfono:

Correo electrónico:

2.- DATOS PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN

Enderezo:

Teléfono:

Correo electrónico:

Autorizo a notificación electrónica como medio de notificación preferente

3.- DATOS DO ESTABLECEMENTO OU LOCAL

Nome comercial:

Actividade económica:

Epígrafe IAE:

Código CNAE:

Enderezo fiscal/actividade:

Autónomo Individual Autónomo Societario Autónomo Colaborador Autónomo Dependente

Número total de autónomos por establecemento

Representante/DNI:

Forma xurídica: Sociedade Mercantil CB/SC Outras

EXPÓN

Que, vista a CONVOCATORIA DO PLAN MUNICIPAL DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E LABORAL DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, APRELIII- 2021 ,

considerando reunir os requisitos esixidos, segundo amosan os documentos que se achegan, e coa expresa aceptación de todos os termos da convocatoria, declara coñecer todas as obrigas como beneficiaria/o (artigo 14 da Lei 38/2003 xeral de subvencións).

SOLICITA

Unha subvención con importe de..........€ en gasto corrente, tendo en conta que a cantidade máxima subvencionable é de 600 € por actividade hostaleira afectada pola Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comunidade Autónoma de Galicia e polo Decreto 202/2020 do 3 de decembro de Presidencia da Xunta de Galicia.

Nº ORDE

CONCEPTO

DO GASTO

NOME E CIF

DE QUEN EXPIDE FACTURA

N.º DE FACTURA

DATA DA FACTURA

DATA DE PAGO

Importe

1

2

3

4

6

Total:

4.- AUTORIZACIÓNS

1.- Para que solicite en calquera momento da tramitación da subvención certificación de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, Seguridade Social e co Concello das Pontes de García Rodríguez, e a súa situación no censo de actividades económicas da AEAT.

£ Si £ Non.

2.- Que para os efectos da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, o representante legal asinante deste documento, así como calquera outra persoa cuxos datos se recollan no mesmo, autoriza ao Departamento de Emprego, a incorporar estes, ou aqueloutros dos que tivera coñecemento como consecuencia da relación iniciada, a un ficheiro automatizado responsabilidade do Concello das Pontes que ten por finalidade dar cumprimento ás funcións a realizar dentro do proceso de trámite, xestión, concesión e pagamento encomendados pola Lei 38/2003, xeral de subvencións e normativa de desenvolvemento, así como para a xestión doutros servizos ou programas de iniciativa municipal do seu posible interese. Ése, así mesmo, consciente de que os datos facilitados poden resultar obrigatorios para a xestión e tramitación do expediente, comprométese a comunicar no menor prazo de tempo posible ao Departamento de Emprego, calquera variación dos datos manifestados co fin de poder proceder á súa actualización. O Departamento de Emprego, en tanto non se comunique o contrario, entenderá que os datos proporcionados son exactos e actuais.

Por parte de representante legal asinante ou calquera outro interesado poderanse exercitar os dereitos que lle asisten de acceso, rectificación, cancelación e oposición na forma legalmente prevista, remitindo comunicación ao Departamento Do IPPEC.

5.- DECLARACIÓN RESPONSABLE

£ Que a actividade hostaleira desenvolvida pola empresa viuse afectada pola Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada COVID-19 na Comunidade autónoma de Galicia e polo Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagacion de infeccións causado polo SARC-COV-2.

£ Que a actividade está incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes a clasificación do imposto de actividades económicas mencionadas no apartado 5.a) das bases reguladoras.

£ Que o local do desenvolvemento da actividade hostaleira se atopa no termo municipal das Pontes.

£ Que a actividade afectada polas limitacións da Orde do 3 de decembro de 2020, ten unha redución igual ou superior ao 20% da facturación realizada entre os meses de decembro de 2020 e xaneiro de 2021, respecto ao mesmo período do ano anterior (decembro de 2019 e xaneiro de 2020)

£ Que a persoa solicitante reúne os requisitos para ser microempresa ou pequena empresa de conformidade co Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

£ Que a persoa solicitante non está incursa nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria e para ser receptora do pago establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e en concreto nos apartados 2 e 3 do artigo 13 e apartado 5 do artigo 34 da mesma.

£ Que a persoa solicitante se encontra ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, e coa Administración Xeral da Seguridade Social.

£ Que a persoa solicitante se compromete ao cumprimento das obrigas das persoas beneficiarias de subvencións, establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

£ Que a persoa solicitante se compromete á comunicación das subvencións concedidas con anterioridade á presentación da subvención coa mesma finalidade e o compromiso de comunicar á maior brevidade posible as axudas obtidas con posterioridade á presentación da solicitude e antes da resolución da mesma, sen que en ningún caso, no seu conxunto, superen o 100% dos gastos subvencionables.

£ Que en caso de tratarse dunha comunidade de bens, sociedade civil ou outra entidade económica sen personalidade xurídica non se disolverá ata o transcurso do prazo de prescrición previsto nos art. 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, concordante co establecido no artigo 11 da dita lei.

6.- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR.

No caso de persoa física:

£ DNI/NIE.

£ Alta no Censo de Obrigados Tributarios e alta no Imposto de Actividades Económicas, no caso de non autorizar a súa comprobación.

£ Resolución/certificación de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional correspondente.

£ Modelo de designación de conta bancaria ou certificación bancaria.

£ Informe de vida laboral empresarial na data indicada nas bases reguladoras

£ Certificado de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa axencia tributaria de Galicia (ATRIGA)

£ Facturas correspondentes aos gastos subvencionados dentro do período establecido.

£ Xustificantes bancarios do pago das ditas facturas.

£ Xustificante da redución da facturación de igual ou superior ao 20% a través de:

- Copia do libro de rexistro de facturas emitidas de (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

- Ou libro diario de ingresos (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

- Ou libro rexistro de vendas e ingresos (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

No caso de sociedade, comunidade de bens ou entidades:

£ CIF da sociedade, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica.

£ Certificado actualizado de Situación Censal.

£ Escritura/contrato de constitución.

£ DNI/NIE e poder da persoa administradora.

£ Resolución/certificación de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

£ Modelo de designación de conta bancaria ou certificación bancaria.

£ Informe de vida laboral empresarial na data indicada nas bases reguladoras

£ Certificado de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa axencia tributaria de Galicia (ATRIGA)

£ Facturas correspondentes aos gastos subvencionados dentro do período establecido.

£ Xustificantes bancarios do pago das ditas facturas.

£ Xustificante da redución da facturación de igual ou superior ao 20% a través de:

- Copia do libro de rexistro de facturas emitidas de (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

- Ou libro diario de ingresos (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

- Ou libro rexistro de vendas e ingresos (decembro de 2019, xaneiro de 2020, decembro de 2020 e xaneiro de 2021)

Nas Pontes de García Rodrígueza, o ____ de _______________ de 2021

Asdo.

SR. ALCALDE DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

DECLARACIÓN XURADA (APREL III- 2021)

- Que a actividade hostaleira desenvolvida pola empresa viuse afectada pola Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e polo Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagacion de infeccións causado polo SARC-COV-2.

- Que a súa actividade está incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes corespondentes a clasificación do imposto de actividades económicas mencianadas no apartado 5.a) das bases reguladoras.

- Que o local do desenvolvemento da actividade hostaleira se atopa no termo municipal das Pontes.

- Que a actividade afectada polas limitacións da Orde do 3 de decembro de 2020, ten unha redución igual ou superior ao 20% da facturación realizada entre os meses de decembro de 2020 e xaneiro de 2021, respecto ao mesmo período do ano anterior (decembro de 2019 e xaneiro de 2020).

- Que a persoa solicitante reúne os requisitos para ser microempresa ou pequena empresa de conformidade co Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión , do 17 de xuño de2014.

- Que a persoa solicitante non está incursa nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria e para ser receptora do pago establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e en concreto nos apartados 2 e 3 do artigo 13 e o apartado 5 do artigo 34 da mesma.

- Que a persoa solicitante comprométese ao cumprimento das obrigas das persoas beneficiarias de subvencións, establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

- Que a persoa solicitante comprométese a declarar as axudas de minimis que lle foron concedidas por calquera proxecto durante os tres últimos exercicios fiscais, con indicación de importe, organismo, data de concesión e réxime de axudas en que se ampara, ou, no seu caso, declaración de non recibir ningunha; así como compromiso de comunicar o máis axiña posible as obtidas con posterioridade á presentación da solicitude.

- Que a persoa solicitante comprométese á comunicación de subvencións concedidas con anterioridade á presentación da subvención coa mesma finalidade e o compromiso de comunicar o máis axiña posible as axudas obtidas con posterioridade á presentación da solicitude e antes da resolución da mesma.

- Que no caso de tratarse dunha comunidade de bens, sociedade civil ou outra entidade económica sen personalidade xurídica non se disolverá ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, de acordo co establecido no artigo 11 da devandita lei.

- Que está ao corrente nas súas obrigas tributarias estatais e coa Seguridade Social (por tratarse de contías a outorgar a cada beneficiario que non superan os 3.000 € )

As Pontes de García Rodríguez,................ , de........................ de 2021

Asdo.:

(O/a interesado/a ou representante legal)

DESIGNACIÓN DA CONTA BANCARIA E COMUNICACIÓN DE BAIXA DE DATOS BANCARIOS

I. Datos do acredor (deberá acompañar copia do NIF)

NIF

Nome ou denominación social

Enderezo fiscal

Municipio

Provincia

Código Postal

Teléfono

II. Datos do representante

NIF

Nome

III. Alta de datos bancarios

BIC

Código IBAN

A CUBRIR POLA ENTIDADE DE CRÉDITO

Certifico, a petición da persoa indicada en I. Datos do acredor e para os efectos da domiciliación dos importes que á mesma lle vaia ordenar a Tesourería Municipal do Concello das Pontes de García Rodríguez, a existencia da conta referenciada en III. Alta de datos bancarios , aberta a nome do titular que se indica no citado apartado I. Datos do acredor .

POLA ENTIDADE DE CRÉDITO

(Selo da entidade de crédito)

Asdo.: ____________________________

IV. Baixa de datos bancarios

BIC

Código IBAN

(Sinatura do acredor ou representante)

____________ , ___ de ___________ de _______ Asdo.: _____________________________

MODELO COMUNEROS-SOCIOS C.B./S.C.

(Documento en el que se haga constar expresamente, en el caso de sociedades civiles y comunidades de bienes, los compromisos de ejecución asumidos por cada miembro de la agrupación, así como el porcentaje de subvención que se va a aplicar para cada uno de ellos, que tendrá, igualmente la consideración de beneficiario. En el mismo documento, deberán nombrar una persona representante o apoderada única de la agrupación, con poderes bastantes para cumplirlas obligaciones que, como beneficiaria, le corresponda a la agrupación)

Don ............ con DNI nº ........ comunero/socio de ............................C.B./S.C. el cual posee un porcentaje de participación en dicha comunidad/sociedad de un.......%, se compromete a ejecutar las actuaciones contempladas en las ayudas del Plan Reactivación económica e laboral das Pontes, APREL en caso de ser beneficiario de la subvención solicitada, y en función de su porcentaje de participación en la entidad.

Don ............... con DNI nº ........ comunero/socio de ............................C.B./S.C. el cual posee un porcentaje de participación en dicha comunidad/sociedad de un.......%, se compromete a ejecutar las actuaciones contempladas en las ayudas del Plan Reactivación económica e laboral das Pontes, APREL en caso de ser beneficiario de la subvención solicitada, y en función de su porcentaje de participación en la entidad.

Asimismo Don ............... con DNI nº ........ comunero/socio de ............................C.B./S.C y Don ............... con DNI nº ........ comunero/socio de ............................C.B./S.C, nombran en este mismo momento como persona representante de la CB/SC, y con poderes bastantes para cumplir las obligaciones que como beneficiaria le corresponda a la agrupación a Don ................ con DNI nº ........ comunero/socio de ............................C.B./S.C.

Y para que surta los efectos oportunos se firma el presente documento,

Nas Pontes de García Rodríguez a......... de ........... de 2021

Don .................... Don ......................

Comunero/socio de .......CB/SC Comunero/socio de .......CB/SC

MODELO DE REPRESENTACIÓN NO PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS (APREL III-2021)

OUTORGAMENTO DA REPRESENTACIÓN:

D/Dª ...................................................................................................................................................................

Con enderezo en .............................................................................................................................................

Con NIF nº .....................................................................................................................................................

OUTORGA A SÚA REPRESENTACIÓN A:

D/Dª.............................................................................................................................................................

Con NIF nº ......................................................................................................................................................

Con enderezo para efectos de notificacións,

Enderezo .......................................................................................................................................................

para que actúe ante o Concello das Pontes de García Rodríguez no procedemento de solicitude das axudas do PLAN REACTIVACIÓN ECONÓMICA E LABORAL DAS PONTES, APREL III- 2021

ACEPTACIÓN DA REPRESENTACIÓN:

Coa sinatura do presente escrito o/a representante acepta a representación conferida e responde da autenticidade da sinatura do/a outorgante, así como da copia do DNI do/a mesmo/a que acompaña a este documento.

.......................................... o .............. de 2021 ...................o..............de 2021

O/A OUTORGANTE O/A REPRESENTANTE

Asdo.: Asdo.:

As Pontes de García Rodríguez, 12 de febreiro do 2021

Ana María Pena Purriños

Concelleira-delegada da Área de RRHH, Industria e Emprego

2021/1181

Bases reguladoras das axudas do Plan municipal de reactivación económica e laboral do Concello das Pontes de García Rodríguez (APREL III -2021) - Boletín Oficial de A Coruña de 18-02-2021

Ver el documento "Bases reguladoras das axudas do Plan municipal de reactivación económica e laboral do Concello das Pontes de García Rodríguez (APREL III -2021) - Boletín Oficial de A Coruña de 18-02-2021"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas