Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 506 de 10 de enero de 2018

Tiempo de lectura: 33 min

Tiempo de lectura: 33 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/01/2018

Num. Resolución: 506


Cuestión

Recurso administrativo de revisión

Resumen

Recurso extraordinario de Revisión interposto contra a Resolución dun expediente de reposición da legalidade urbanística de obras en curso interposto pola mercantil ?H., S.L.?

Organismo: Concello de Portomarín (Lugo)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Costa Pillado

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 03.10.2017 interponse recurso extraordinario de revisión interposto contra a Resolución do señor alcalde do Concello

de Portomarín dun expediente de reposición da legalidade urbanística de obras en curso interposto pola mercantil ?H., S.L.?.

Na parte dispositiva do devandito recurso solicítase que se ?revogue a resolución combatida e na súa virtude se declare a procedencia da comunicación previa de obra menor de 27 de abril

de 2016, así como a de comunicación previa de obra menor de 27 de abril de 2017?.

2.- Instruído o expediente e auditado o interesado, formúlase proposta desestimatoria do recurso formulado.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

de Portomarín, e tivo entrada neste organismo con data vinte e sete de decembro de dous mil dezasete.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia resulta competente para a emisión do ditame solicitado, de acordo co artigo 12, f) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, ao tratarse dun expediente

relativo a un recurso extraordinario de revisión. O ditame ten carácter preceptivo, de acordo co estipulado na citada norma.

Segunda.-

A lexitimación activa de ?H., S.L.? resulta do seu carácter de afectada nos seus dereitos e intereses pola resolución recorrida.

Pola súa parte, o señor alcalde do Concello de Portomarín, en canto órgano que resolveu o recurso de reposición, resulta competente para coñecer

do citado recurso extraordinario de revisión a teor do previsto no artigo 125.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento

administrativo común das administracións Públicas (LPAC).

Finalmente, resulta apreciable que, como tamén esixe o referido precepto, o acto contra o que se recorre é firme en vía administrativa.

Terceira.-

Entrando a coñecer da cuestión que se somete a ditame, hai que comezar dicindo que o recurso extraordinario de revisión, como é coñecido, constitúe un remedio excepcional fronte a certos actos que adquiriron

firmeza, ao que só cabe acudir cando concorra algunha das circunstancias taxadas previstas legalmente, recollidas hoxe no

artigo 125.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), que

reproduce con fidelidade o contido do artigo 118.1 da derrogada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este recurso administrativo constitúe unha vía extraordinaria que procede exclusivamente polos motivos taxados pola lei, e que manifestan a evidencia do erro, para evitar a súa desnaturalización converténdoo

nunha vía ordinaria de impugnación dos actos administrativos, introducindo un debate que corresponde propiamente realizar

na antedita vía.

Conseguintemente, o recurso de revisión non é un instrumento apto para corrixir eventuais apreciacións máis ou menos rigorosas nas que, potencialmente, puidera ter incorrido unha resolución, xa que tales

supostos teñen que ser canalizados por outras vías revisoras.

Como razoa a sentenza do Tribunal Supremo do 16.03.2004:

?El recurso de Revisión supone una excepción a los efectos típicos de la firmeza de los actos administrativos y con ello del

principio de seguridad jurídica, por razones de justicia. Dado el carácter excepcional del recurso, únicamente puede fundarse

en alguna de las causas tasadas en la norma, que deben ser interpretadas en forma restrictiva -STS de 17 de julio de 1981,

9 de octubre de 1984, 26 de septiembre de 1988 y 6 de julio de 1998-. Así, por todas, la STS de 26 de septiembre de 1988,

razona que ?dada la naturaleza extraordinaria del recurso de revisión, han de examinarse con estricto rigor los elementos

determinantes del mismo, limitando su alcance a los casos taxativamente señalados por la ley y al contenido de los mismos,

sin que sea lícito ampliarlos, ni en su número, ni en su significado, por interpretación o consideraciones de tipo subjetivo??.

Tamén é consolidada a doutrina do Consejo de Estado que incide en subliñar o carácter excepcional deste recurso:

?Este Consejo de Estado viene sosteniendo que el recurso extraordinario de revisión es una vía excepcional que procede exclusivamente

en una serie de supuestos tasados, objeto de interpretación estricta, sin que pueda convertirse en una vía ordinaria de impugnación

de los actos administrativos. Ello explica, además, los muy rigurosos requisitos procedimentales que impone esta vía extraordinaria,

entre ellos el dictamen preceptivo de este Consejo de Estado? (ditame 953/2008, do 10 de xullo).

Así mesmo, como medio de impugnación extraordinario que é, resulta imprescindible establecer como condición legal (conditio iuris) da súa admisibilidade a invocación polo recorrente dunha das sinaladas causas taxadas establecidas pola LPAC, na medida

en que sendo extraordinario, e precisamente baixo esa cualificación singular, é de todo punto necesaria a concreción e explicitación

dun fundamento específico lexitimador, para non provocar, como xa se dicía, que resten na vía administrativa expedientes ordinarios

que xa esgotaron esa vía e deberían, en boa técnica, acceder, en condicións normais, á vía xurisdicional contencioso-administrativa.

En consecuencia, corresponde á recorrente asumir a carga procedemental de invocar, no escrito de interposición, a causa ou causas concretas das sinaladas no artigo 125.1 citado, que concorren no caso

e que xustifican a utilización deste medio impugnatorio extraordinario.

A devandita mención á fundamentación legal, resulta de tal modo esencial que a súa ausencia determinará a non admisibilidade do recurso.

Cuarta.-

Como cabe apreciar, a causa invocada é a recollida no artigo 125.1.2ª da LPAC (tal e como entende a proposta de resolución).

En segundo lugar, o acto obxecto do recurso debe ser un acto firme. E o devandito acto resolutorio, na medida en que esgota a vía administrativa ordinaria -resolución dun recurso de reposición-

ao non ser impugnado pola vía ordinaria en tempo e forma, deveu firme.

En terceiro lugar, conforme co previsto no artigo 125.1 da LPAC, no suposto, como o presente, no que a causa invocada sexa a prevista no artigo 125.1.2ª, o recurso debe interpoñerse

no prazo de tres meses a contar desde o coñecemento dos documentos. É certamente difícil considerar cumprido este requisito,

por canto que os documentos que achega o interesado se atopaban no seu poder, sen que chegue a razoar por que causa se tivo

coñecemento de tales documentos con posterioridade á resolución que finalizou o expediente. Ao contrario, semella que tales

documentos puideron perfectamente ser achegados en fase de alegacións ou no recurso ordinario, polo que a súa achega vía recurso

extraordinario de revisión parece forzada, feito que nos dirixe ao que procedemos a expoñer na seguinte consideración.

Quinta.-

Pasando xa á análise da concreta causa invocada, como xa apuntamos na consideración anterior, esta é a consistente en: ?Que aparezcan documentos de valor esencial para la resolución del asunto que, aunque sean posteriores, evidencien el error

de la resolución recurrida? (artigo 125.1.2ª LRXPAC). Os propios termos do precepto apuntan á idea de que os documentos susceptibles de incluírse nesta

causa, aínda que sexan posteriores, han de ser aqueles que poñan de relevo, ou que fagan aflorar, a realidade dunha situación

que xa era a existente ao tempo de ditarse a resolución, ou que xa era a que debería terse considerado como tal nese momento;

e, ademais, que teñan valor esencial para resolver o asunto por telo para a dita resolución a situación que poñen de relevo

ou que fagan aflorar. Son documentos que, por iso, han de poñer de relevo un erro no presuposto que tomou en consideración

ou do que partiu aquela resolución. En definitiva, a apreciación de que se achegan documentos novos de carácter esencial require

que a súa valía leve consigo que, de ter existido, aparecido ou constado no momento de ditarse a resolución que se combate,

esta tivera variado substancialmente de sentido e signo.

Trasladando as anteriores consideracións ao presente caso, os documentos achegados polo interesado -escritura notarial do ano 2002, e licenzas de actividade de supermercado e cafetería do 2003- non

cumpren os requisitos legal e xurisprudencialmente establecidos para a súa subsunción no presuposto legal do devandito artigo

125.1.2º.

Neste sentido, a STSX de Castela A Mancha 244/2017 do 24 maio establece que:

?La cuestión a resolver consiste en si el documento aportado por la parte apelada, en el que fundamentaba el aludido recurso

extraordinario, puede ser encuadrado entre los documentos a que se refiere el mencionado art. 118.1.2ª. Al respecto, recordemos

que, como la jurisprudencia ha señalado con reiteración, el recurso ha de fundamentarse en la aparición de documentos de valor

esencial para la resolución del asunto, aclarando ese mismo precepto que los documentos pueden, incluso, ser posteriores al

momento de la resolución del asunto (STS de 14 de noviembre de 201, recurso de casación 3645/2008). Ahora bien, la expresión

que aparezcan documentos debe entenderse, como ha señalado el Consejo de Estado en el dictamen emitido en el expediente nº

882/2009, en el sentido de que el interesado no pudo aportarlos en su momento por desconocer su existencia (o incluso cuando

se acredite que fue imposible su aportación entonces), pero excluye aquellos otros supuestos en los que el recurrente en revisión,

conocedor de los hechos que pretende acreditar, procura y obtiene la documentación de tales hechos a su conveniencia y para

su aportación junto con el recurso de revisión, pues no se trataría con rigor de la aparición de un documento, sino de la

creación del mismo con la aludida finalidad. En ese sentido, recordemos que el Tribunal Supremo ha dicho, de forma reiterada

(Por todas, Sentencia de 31 de octubre de 2006 (RJ 2006, 7712), recurso de casación 3287/2003, con cita de otras anteriores),

que el recurso extraordinario de revisión impide examinar cuestiones que debieron invocarse en la vía de los recursos ordinarios

o en el jurisdiccional contra el acto que puso fin a la vía administrativa, pues lo contrario atentaría contra la seguridad

jurídica, dejando en suspenso sine die la firmeza de los actos administrativos, a la vez que permitiría soslayar la vía de

los recursos ordinarios [?].

Y esto es lo que ha sucedido en el caso examinado, donde la parte apelante solicitó la emisión del aludido informe con posterioridad a la resolución por la que se declaró la extinción del permiso de

residencia de larga duración, en cuyo procedimiento pudo haberse aportado dicho documento y no solo no lo aportó sino que

ni siquiera formuló alegaciones exponiendo la cuestión que ahora, en el recurso de revisión plantea?.

Pois ben, obrando no expediente o recurso de reposición interposto polo interesado, e que deu lugar á resolución desestimatoria cuxa revisión extraordinaria se pretende, pódese facilmente comprobar

que o interesado non achegou nin alegou a existencia da escritura notarial de división horizontal nin tampouco a existencia

de licenzas previas que lexitimaban a actividade comercial no baixo do edificio. Tales documentos, e os feitos que por medio

deles pretenden acreditarse, puideron perfectamente ser alegados en vía de recurso ordinario, para a súa consideración na

resolución que resolveu tal recurso.

Consecuentemente, e en mérito das precedentes consideracións xurídicas, enténdese procedente a desestimación do recurso extraordinario de revisión que motiva o presente ditame, por non mediar o suposto

previsto no artigo 125.1.2ª da LPAC, que autoriza a adopción de tal excepcional e extraordinaria medida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Sociedad de Responsabilidad Limitada
Disponible

Sociedad de Responsabilidad Limitada

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Los medios de impugnación ante la jurisdicción penal
Disponible

Los medios de impugnación ante la jurisdicción penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Los recursos en el proceso penal. Paso a paso
Disponible

Los recursos en el proceso penal. Paso a paso

V.V.A.A

14.50€

13.78€

+ Información

Los recursos en el proceso civil. Paso a paso
Disponible

Los recursos en el proceso civil. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

15.30€

14.54€

+ Información