Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 503 de 24 de enero de 2018

Tiempo de lectura: 48 min

Tiempo de lectura: 48 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 24/01/2018

Num. Resolución: 503


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona G., polos danos sufridos no seu pulso esquerdo como consecuencia dunha caída na rúa

Organismo: Concello da Coruña

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 13.12.2016, dona G. presenta escrito de reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello da Coruña, no

que solicita indemnización polos danos que alega ter padecido como consecuencia dunha caída que di sufrida no Paseo dos Menhires

da dita cidade por estar esvaradío o chan de madeira da dita vía.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio

da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. alcalde do Concello

da Coruña, e tivo entrada neste organismo con data vinte e seis de decembro de dous mil dezasete.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, por tratarse dunha

reclamación de responsabilidade patrimonial interposta contra a Administración local por contía superior a 15.000 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, e as previsións específicas contidas na Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, respecto

dos aspectos adxectivos, e na Lei 40/2015 de réxime xurídico das Administracións Públicas, no tocante aos aspectos substantivos

ou cuestións de réxime xurídico.

A teoría da responsabilidade patrimonial das administracións públicas, como suxeitos pasivos das indemnizacións de danos e perdas,

vénse artellando, en canto á responsabilidade obxectiva destas polo funcionamento, que se lles poida imputar, dos servizos

públicos, sobre a existencia, ou non, dunha relación de causalidade directa e inmediata entre o funcionamento do servizo público

e a lesión antixurídica producida.

Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo

de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine

o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

O abandono do criterio subxectivista de responsabilidade non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha

vinculación máis ou menos ampla entre o funcionamento do servizo e o dano padecido; e así, como máis significados lindes daquel

principio xeral poden destacarse tres acoutacións de formulación legal: a forza maior (artigo 32.1 da Lei 40/2015, do 1 de

outubro, do réxime xurídico do sector público), a obriga xurídica de soportar o dano (artigo 34.1 da Lei 40/2015, do 1 de

outubro), e a non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo

o estado da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 inciso 2º da Lei 40/2015, do 1 de outubro).

Terceira.-

En canto aos extremos propios da reclamación que se analiza, procede verificar o exame das circunstancias apreciadas na proposta de resolución para negar a concorrencia da responsabilidade patrimonial

peticionada.

En primeiro lugar apréciase na proposta a concorrencia de prescrición da acción.

E a este respecto hai que indicar que, producida a caída na data de 26.2.2015, 6 semanas mais tarde cando se retirou a inmobilización non puido iniciar a rehabilitación pautada por impedilo unha nova caída

sendo inmobilizada por 10 días e derivada a rehabilitación.

Segundo informe pericial médico achegado ao expediente pola aseguradora da Administración, a accidentada precisou un tempo de curación de 94 días, de modo que a curación se tería producido no día 29.5.2015,

polo que a reclamación presentada en decembro do 2016 estaría efectivamente prescrita, sen que obste a tal conclusión o feito

de que a paciente realizase posteriormente certas sesións de rehabilitación.

Neste sentido, o Tribunal Supremo ten afirmado que para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abonda con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (STS 06.05.2015). Por tal razón a existencia de procesos asistenciais en curso, como pode ser unha secuencia de rehabilitación

(como é o caso), ou mesmo a realización de controis periódicos da doenza, non supoñen necesariamente a suspensión do cómputo

de prescrición, e de feito non o suspenden cando existe un cabal coñecemento do dano e este é razoablemente previsible. Así

o entende o Tribunal Supremo en sentenzas como a do 30.06.2009 ou a do 06.05.2015 na que, logo de distinguir os supostos de

danos continuados e danos permanentes, se establece respecto destes últimos, como vai dito, que aluden a lesións irreversibles

e incurables, aínda que non intratables ?por lo que los tratamientos paliativos o de rehabilitación ulteriores o encaminados a obtener una mejor calidad de vida, o

a evitar eventuales complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la enfermedad, no enervan la realidad de

que el daño ya se manifestó con todo su alcance?.

Trasladando tales consideracións ao caso, a extemporaneidade da reclamación resulta evidente.

Este Consello Consultivo ten considerado, certamente, que para apreciar a concorrencia de prescrición dunha reclamación resulta preciso un previo debate en fase de instrución, para dar efectividade

ao principio de contradición a partir da consideración eminentemente fáctica do presuposto legal analizado.

Con todo, no presente caso a clara concorrencia doutros motivos de desestimación da reclamación aconsellan, por economía procedemental, non devolver o expediente e emitir ditame sobre o fondo.

Cuarta.-

Avanzando no exame dos presupostos legais do reclamado, hai que indicar que, dende o punto de vista da causalidade do dano, .a viabilidade da reclamación require a xustificación de que o dano se produciu,

efectivamente, nas circunstancias indicadas pola interesada, e que estas configuran un vínculo causal entre o dano e o funcionamento

do servizo asumido pola Administración á que aquel se imputa, o que constitúe, de xustificarse o primeiro aspecto, o segundo

presuposto esencial a analizar por este Consello Consultivo.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles

o CCG 697/04, segundo a que a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión

causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión

(forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración (antigo 1214 do Código Civil e actual 217 da LEC, e artigos 5.3

y 6.1 do RPAPRP). No mesmo sentido postúrase a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral, acolle o principio

de que a carga da proba da existencia dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte actora

(entre outras, sentenzas de 04.11.1997 e 30.10.1999).

Examinando a actividade probatoria, obsérvase que a accionante non achega nin propón outra proba que diversa documentación clínica que recolle o padecemento dunha caída, así como unha fotografía do lugar

da caída así como testemuño da persoa que a acompañaría no momento do accidente.

Na proposta de resolución se considera que ningún dos medios de proba ten eficacia abondo para xustificar os feitos nos que a interesada basea a súa reclamación, apreciación que debe ser compartida

por canto ningún daqueles medios achega datos obxectivos que presten solvencia e verosimilitude ao relato da actora.

A documentación clínica nada aporta sobre as circunstancias da caída e tampouco serve de xustificación sobre aquel particular a fotografía achegada pola interesada, pois nada demostra o documento gráfico

sobre o feito de que a reclamante tivera padecido unha caída nese preciso lugar e como consecuencia da existencia das irregularidades

no pavimento que se aprecian na fotografía.

O rexeitamento da proba de testemuño, nas circunstancias indicadas, está igualmente xustificado, dada a febleza probatoria de ese medio en ausencia, como é o caso, de datos obxectivos no que apoialo,

e sendo así que a testemuña proposta ten relación persoal coa interesada. Particular peso na procedencia do rexeitamento da

proba ten, igualmente, o feito de que a actora, como veremos, tampouco acredita a causalidade vinculada ao funcionamento do

servizo público, o que converte en inútil todo esforzo probatorio por determinar que a caída se produciu no lugar indicado,

se isto non se conecta co funcionamento do servizo público nos termos que veremos de seguido.

Así as cousas, con base na documentación obrante no expediente sería apreciable a existencia dunha mínima aproximación indiciaria aos feitos alegados -en tanto se constatou o padecemento dunha lesión por

parte da interesada, eventualmente derivable do feito de ter sufrido unha caída-, mais o alcance probatorio do material xuntado ao expediente non é suficiente para entender superado o onus probandi que grava á accionante, por canto non se xustificou cumpridamente o transcendental feito de que a caída se producira nas

circunstancias indicadas por aquela.

A compatibilidade do relato realizado pola accionante cos feitos comprobados no expediente, é, en efecto, o único elemento probatorio que figura naquel, polo que, tratándose da propia declaración da vítima

do dano, a súa postura non pasa de ser unha tese argumental, desprovista dunha mínima eficacia probatoria que, obxectivando

as súas alegacións, xustifique verosimilmente aquela aproximación indiciaria aos feitos, polo que a ausencia de proba suficiente

aboca á inviabilidade da pretensión exercitada.

En definitiva, o exame da proba practicada, aínda dende a temperada e razoablemente matizada postura do Tribunal Supremo, que a concibe como unha reconstrución histórica (STS 21.09.1998), non

permite formar convicción sobre a realidade dos feitos, que, daquela, non resultan suficientemente probados. Non se trata

de poñer en cuestión a veracidade do relato da parte actora, senón de verificar se este reúne os requisitos de xustificación

formal e material legalmente esixidos como presuposto para recoñecer un dereito de crédito en forma de resarcimento con cargo

á Administración pública, de modo que, ante a ausencia destes presupostos legais, non procede a estimación da reclamación

presentada.

Quinta.-

Sen prexuízo do apreciado na consideración, e a maior abastanza debe tomarse en consideración a regra xeral, acollida xa por este Consello Consultivo noutros ditames (por todos o CCG 30/00), segundo a cal

é esixible aos viandantes o autocontrol da súa propia deambulación, obriga esta que exclúe toda responsabilidade da Administración

cando é crebada, por introducirse, neste caso, un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa da

vítima.

Neste sentido, hai que resaltar o reforzamento do rigor co que a esixencia de proba da vinculación causal referida é demandada na xurisprudencia en relación con reclamacións próximas á que nos ocupa,

que teñen o seu fundamento nunha suposta omisión por parte da Administración nas funcións de conservación das vías da súa

titularidade.

A este respecto na sentenza do TS do 17.06.2014 se razoa como segue:

?Pero es necesario que nos detengamos en una peculiaridad que la jurisprudencia ha venido admitiendo en orden a la configuración

del nexo causal en el ámbito de la responsabilidad patrimonial de las Administraciones. En efecto, vincular el daño al funcionamiento

normal o anormal de los servicios públicos, sobre el fundamento de que los daños ocasionados con esa prestación a determinados

ciudadanos comporta una discriminación en relación con la generalidad de los ciudadanos, que se ven beneficiados con el servicio

prestado; no ofrece grandes complicaciones cuando ciertamente el daño surge en una acción positiva en dicha prestación. Cuando

así sucede, como se razona en nuestra sentencia de 1 de junio de 2012 (recurso de casación 2419/2010), para que proceda determinar la responsabilidad basta con que la lesión sea lógica consecuencia de aquel funcionamiento;

no ofrecen esos supuestos de una acción positiva grandes problemas de configuración del nexo causal, incluso no es difícil

la determinación de la existencia de una concausa de un tercero, o del mismo lesionado, que pudiera moderar la indemnización

por su cooperación al resultado lesivo, porque la relación aparece vinculada a ese actuar administrativo.

Sin embargo, cuando la imputación de la lesión al funcionamiento del servicio público se vincula a una omisión de la Administración en dicha prestación, y de eso se trata en el presente supuesto, la determinación

del nexo causal se complica, porque, como se declara en la sentencia mencionada, que sigue lo ya declarado en la de 21 de febrero de 2012 (recurso de casación 3036/2010), no es ya suficiente

con que la lesión sea esa consecuencia lógica de la actividad prestacional pública, porque siempre se dará dicha conexión,

es decir, siempre existirá una vinculación entre la prestación del servicio, en su modalidad omisiva, y la lesión.

Lo razonado se demuestra en supuestos como el que ahora nos ocupa, porque si se vincula un accidente de circulación ocasionado en una carretera y el reproche que a la Administración se hace, como en el

caso presente, es a una omisión, deberá concluirse que siempre existirá vinculación entre el resultado y el servicio. Por

ello, o se exige algún otro presupuesto del nexo causal o la responsabilidad adquiere una extensión que no es la que se corresponde

con esta institución indemnizatoria; porque siempre será la prestación del servicio de carretera el generador de la lesión.

Sin embargo, en tales supuestos de omisión, para evitar esa extensión desmesurada de la institución que el Legislador no ha querido, la relación de causalidad se integra de un elemento añadido

al de esa conexión lógica; es decir, la necesidad de un deber -no solo una obligación- de la Administración de actuar en un

determinado sentido; en palabras de las sentencias mencionadas "es necesario que haya algún otro dato en virtud del cual quepa

objetivamente imputar la lesión a dicho comportamiento omisivo de la Administración; y ese dato que permite hacer la imputación

objetiva sólo puede ser la existencia de un deber jurídico de actuar (?) Porque si bien es cierto que la Administración está

obligada a garantizar que las condiciones de la prestación de los servicios sean acordes a la evitación de daños a los usuarios

o minimizar sus efectos cuando fueran previsibles, es lo cierto que también los usuarios deben utilizar los servicios con

la diligencia necesaria para evitar esos daños, sin que pueda imponerse a las Administraciones una responsabilidad ajena a

aquella diligencia".

E ao respecto da inexistencia dunha creba do estándar de seguridade no paseo onde se di producida a caída basta combinar o feito de que no informe do servizo de Infraestruturas se afirma que non constan

outras caídas por esvaramento, coa circunstancia de que a reclamante non achegou ningún medio de proba que permita defender

que o espazo público non reúne as condicións mínimas de seguridade esixibles, de onde resulta que non é apreciable ese plus

de singularización cando se pretende unha indemnización por accidente en vía pública, de modo que o resarcimento en tales

supostos obedecería a unha concepción desnaturalizada e desaforada do instituto da responsabilidade patrimonial.

En efecto, a solidariedade nos riscos que fundamenta a institución da responsabilidade patrimonial como instrumento de resarcimento das vítimas de danos producidos polo funcionamento dos servizos

públicos de cara á xusta distribución das súas cargas e beneficios, eís o seu carácter obxectivo, non pode confundirse cunha

cobertura providencialista de todas as incidencias públicas que acontezan en lugares de titularidade pública, sendo precisa

a concorrencia dos presupostos legalmente esixidos.

Como o Tribunal Supremo ten establecido en reiterados pronunciamentos dos que é mostra o realizado en sentenza de 30.09.2009 ?la prestación por la Administración de un determinado servicio público y la titularidad por parte de aquélla de la infraestructura

material para su prestación no implica que el vigente sistema de responsabilidad patrimonial objetiva de las Administraciones

Públicas convierta a éstas en aseguradoras universales de todos los riesgos con el fin de prevenir cualquier eventualidad

desfavorable o dañosa para los administrados que pueda producirse con independencia del actuar administrativo, porque de lo

contrario se transformaría aquél en un sistema providencialista no contemplado en nuestro Ordenamiento Jurídico (SSTS de 30.09.2003

y las que cita), sino que es necesario que el riesgo inherente a su utilización haya rebasado los límites impuestos por los

estándares de seguridad exigibles conforme a la conciencia social (SSTS de 15.12.1997)?.

Enténdese por iso aplicable a doutrina deste Consello recollida en numerosos ditames (CCG 420/07, 177/12, 498/12, 431/13 ou 649/14, entre outros) sobre a necesidade de autocontrol da propia deambulación

que é esixible das persoas que utilizan as vías públicas de xeito que corresponde a estas avaliar os riscos que pode ter un

actuar pouco atento ás circunstancias. Como recorda a STSXG 496/2013, do 3 de abril, está a cargo de quen o sufre ?el daño que se produce como consecuencia de los riesgos generales de la vida inherentes al comportamiento humano, debiendo

soportar los riesgos de una eventual falta de atención o cuidado en la deambulación por lugares de paso, como indican las

SSTS de 17.07.2003 y 22.02.2007?. En efecto, conforme ao disposto en tales SSTS (e nas que nelas se citan) necesariamente o comportamento humano, na xeneralidade

dos casos, segundo a regra id quod plerumque accidit (as cousas que ocorren con frecuencia), implica soportar os pequenos riscos que unha eventual falta de coidado e atención

comporta na deambulación por vías públicas.

En definitiva, no caso que nos ocupa da inexistencia dun vínculo causal entre o funcionamento do servizo público e o dano que motiva a reclamación, debe extraerse a procedencia da desestimación desta.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica
Disponible

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica

Amado Quintana Afonso

12.75€

12.11€

+ Información