Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 499 de 17 de enero de 2018

Tiempo de lectura: 24 min

Tiempo de lectura: 24 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 17/01/2018

Num. Resolución: 499


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona B., polos danos derivados da intervención cirúrxica de catarata no ollo esquerdo

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 7.2.2017, dona B. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados do que entende unha mala praxe médica sufrida

na práctica dunha intervención cirúrxica de catarata no Hospital Juan Cardona de Ferrol, o 18.12.2014, que lle tería provocado,

segundo alega, unha coriorretinopatía serosa central, con perda de visión do seu ollo esquerdo.

Reclama unha indemnización por importe de 69.531,42? máis intereses.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial e concedida audiencia á parte actora, formulouse proposta

de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data dezaoito de decembro de dous mil dezasete.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, e as previsións específicas contidas na Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, respecto

dos aspectos adxectivos, e na Lei 40/2015 de réxime xurídico das Administracións Públicas, no tocante aos aspectos substantivos

ou cuestións de réxime xurídico.

A teoría da responsabilidade patrimonial das administracións públicas, como suxeitos pasivos das indemnizacións de danos e perdas,

vénse artellando, en canto á responsabilidade obxectiva destas polo funcionamento, que se lles poida imputar, dos servizos

públicos, sobre a existencia, ou non, dunha relación de causalidade directa e inmediata entre o funcionamento do servizo público

e a lesión antixurídica producida.

Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo

de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine

o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

O abandono do criterio subxectivista de responsabilidade non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha

vinculación máis ou menos ampla entre o funcionamento do servizo e o dano padecido; e así, como máis significados lindes daquel

principio xeral poden destacarse tres acoutacións de formulación legal: a forza maior (artigo 32.1 da Lei 40/2015, do 1 de

outubro, do réxime xurídico do sector público), a obriga xurídica de soportar o dano (artigo 34.1 da Lei 40/2015, do 1 de

outubro), e a non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo

o estado da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 inciso 2º da Lei 40/2015, do 1 de outubro).

Terceira.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir, resulta preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame, existe relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión aducida, por ser este presuposto esencial para a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade

por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

E sendo así que a reclamante censura aos servizos sanitarios unha mala praxe na asistencia sanitaria da que foi obxecto, alegando ter padecido unha coriorretinopatía serosa central como secuela dunha intervención

cirúrxica de catarata, resultará preciso, entón, considerar determinados presupostos que condicionan a viabilidade deste tipo

de reclamacións a partir da premisa xeral de que a asistencia sanitaria constitúe unha prestación de medios e non de resultado

(STS de 09.10.2012, entre outras moitas).

Cuarta.-

Así as cousas, o pronunciamento a realizar no expediente que nos ocupa pasa por determinar se, como pretende a parte actora, a perda de visión no ollo esquerdo que padece a actora é consecuencia dunha mala

praxe na materialización da cirurxía de catarata á que foi sometida no Hospital Juan Cardona de Ferrol na data do 18.12.2014.

A actora conta na súa pretensión cun aparente respaldo dos criterios cronolóxico e topográfico de causalidade, pois a lesión retiniana foi diagnosticada, na data inmediatamente posterior á cirurxía

logo da retirada do parche e comprobada a falta de visión no ollo obxecto da cirurxía.

Con todo, esa aparente conexión causal entre a intervención cirúrxica e a perda de visión quedou absolutamente desvirtuada no curso da tramitación do expediente, no que se estableceu o criterio técnico

de que a lesión retiniana é anterior á práctica da intervención cirúrxica e non puido ser diagnosticada antes pola razón mesma

da existencia da catarata, que impedía apreciar tanto a deficiencia da visión como o estado da retina cos exames de fondo

de ollo oportunos. Igualmente xustificouse que, considerada a técnica da intervención cirúrxica, non é razoablemente esperable

que esta poida producir unha lesión na retina como a que motiva a reclamación que agora se analiza.

Así, como se informa polo especialista responsable da intervención ?Se trata de un paciente del Sergas remitida para intervención de catarata de OI y a la que se le practica intervención sin

ningún incidente. Tras restaurarse la transparencia de medios, se evidencia la presencia de una patología macular añadida

que no guarda, evidentemente, ninguna relación con la cirugía y que no le permite alcanzar la recuperación visual deseada.

Es remitida por mi al Dep. de Retina del H. Naval donde se le confirma angiograficamente el diagnostico de sospecha de Coriorretinopatia

serosa central, siendo tratada adecuadamente?.

No propio informe de servizo emitido no curso do presente expediente, asinado polo mesmo especialista e en resposta ás cuestións suscitadas polo instrutor, se manifesta que ?La agudeza visual preoperatoria del ojo izqdo era 0,1. La agudeza visual en la fecha del alta del proceso quirúrgico fue

de 0,3? e que ?La presencia de una catarata (pérdida de transparencia del cristalino) dificulta la realización de una exploración minuciosa

de la mácula, siendo esta la causa por la que pasa desapercibida una coriorretinopatia serosa central, con toda probabilidad

preexistente a la cirugía de catarata?.

Igualmente afírmase que ?La cirugía de catarata de ninguna manera puede ser causa de una coriorretinopatia serosa central dada su etiopatogenia. En

el caso que nos ocupa fue útil la cirugía para restituir la transparencia de medios y así poder establecer el diagnostico

de patología macular y llevar a cabo posteriores actuaciones terapéuticas?.

As consideracións realizadas polo especialista dan unha razoable e verosímil resposta á causalidade controvertida no suposto concreto, e aínda sendo certo que non é o idóneo que a valoración da intervención

fóra realizada polo propio especialista que a practicou, por estar a exame a súa pericia profesional (que non a súa responsabilidade),

resulta improcedente facer de peor condición o razoado criterio técnico fronte ás alegacións da parte actora, que en canto

determinantes dunha determinada valoración técnica da intervención cirúrxica e as súas consecuencias, esixen a posesión de

acreditados coñecementos en medicina, traducidos nunha pericial que non foi achegada pola parte actora, o que impide a este

Consello Consultivo atribuír valor probatorio á tese da parte actora, que en ausencia de proba que a avale, queda reducida

a unha exposición argumental sen forza xurídica de convicción como para asentar sobre ela un pronunciamento como o pretendido

no sentido de declarar a existencia de responsabilidade patrimonial a cargo da Administración autonómica.

En tales circunstancias é procedente a desestimación da reclamación no sentido previsto na proposta de resolución.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS