Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 492 de 10 de enero de 2018

Tiempo de lectura: 46 min

Tiempo de lectura: 46 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/01/2018

Num. Resolución: 492


Cuestión

Recurso administrativo de revisión

Resumen

Recurso extraordinario de revisión presentado por dona I., contra a Resolución do conselleiro de Facenda do 21 de xullo de 2017 pola que se inadmitiu a trámite o recurso de alzada interposto o 28 de xuño de 2017 fronte a Resolución do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos do ano 2016 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia

Organismo: Consellería de Facenda (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 24.05.2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 30 de maio), fíxose pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2016 das listas para

a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e á contratación temporal de persoal laboral

da Xunta de Galicia

2.- Con data 28.06.2017 dona I. interpuxo recurso de alzada fronte á devandita resolución, con base nos seguintes motivos:

- que presentou alegacións á lista provisional que non foron contestadas expresamente, ocasionándoselle indefensión proscrita polo artigo 24 da Constitución; alegacións que reitera.

- que na lista de cobertura de prazas vacantes observa a presenza de persoas que xa están a ocupar prazas vacantes, o que

vulnera o establecido no Decreto 37/2006.

Solicitaba a modificación da lista de acordo ao interesado.

3.- O conselleiro de Facenda, mediante resolución do 21.07.2017, non admitiu, por extemporáneo, o antedito recurso de alzada.

Ao respecto, a fundamentación xurídica da referida resolución razoa:

?[?]

Ao abeiro do establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a interesada pretende interpoñer un recurso de

alzada contra a Resolución do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pala que, de conformidade co artigo

12 do Decreto 3712006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2016, para

o cal di que presentou alegacións á lista provisional que non foron respostadas.

Unicamente consta que a señora I. presentou un escrito de alegacións en data 09/03/2016, referido á actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2015 da lista de contratación temporal de

persoal interino do subgrupo A1, profesores numerarios de lnst. polit. marítimo-pesqueiros. materia: inglés marítimo (2093-05),

tal como se dixo no antecedente terceiro.

En consecuencia, débese entender que mediante o presente recurso de alzada, a interesada pretende impugnar a Resolución do 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade

co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fixo pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano

2015 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal

de persoal laboral da Xunta de Galicia.

[?]

Tendo en conta que o prazo para a interposición do recurso de alzada contra a Resolución do 23 de xuño de 2016, era dun mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no DOG p 7 de xullo de 2016,

ese prazo abranguía dende o 8 de xullo ata o 7 de agosto de 2016; e como a interesada presenta o recurso de alzada en data

28 de xuño de 2017, cabe concluír que este recurso foi interposto fóra do prazo establecido ao efecto.

[?]?

4.- Fronte a anterior resolución a interesada interpuxo recurso extraordinario de revisión, sen asinar, con data do 12.09.2017.

O mesmo escrito, debidamente asinado, foi presentado o seguinte día 13.09.2017, emendándose así aquel inicial defecto.

No recurso faise constar que, fronte ao afirmado na referida resolución, a realidade é que o día 06.03.2017, dentro do prazo establecido para o efecto, a interesada presentara alegacións verbo da actualización

provisional das listas correspondentes ao ano 2016, feita pública por resolución do director xeral de Función Pública do 22.02.2017;

DOG núm. 41, do 28 de febreiro.

Acredita este extremo mediante copia do escrito presentado, na que figura o selo de rexistro da Escola Galega de Administración Pública, con expresión da data e do número de entrada, solicitando a localización

e incorporación ao expediente do orixinal do devandito escrito.

Fundamenta o recurso no apartado a) do artigo 125.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC) ou, subsidiariamente, de entenderse que

o referido documento non forma parte do expediente, ao non figurar nel por terse perdido pola Administración responsable da

súa custodia, no apartado b) do mesmo artigo.

Consonte ao referido precepto:

?1. Contra os actos firmes en vía administrativa poderá interporse o recurso extraordinario de revisión ante o órgano administrativo

que os ditou, que tamén será o competente para a súa resolución, cando concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Que ao ditalos se incorrese en erro de feito que resulte dos propios documentos incorporados ao expediente.

b) Que aparezan documentos de valor esencial para a resolución do asunto que, aínda que sexan posteriores, evidencien o erro

da resolución impugnada.

[?]?.

Solicita que se retrotraian as actuacións ao momento no que as súas alegacións deberon ser tidas en conta.

5.- Con data 11.12.2017 o director xeral da Función Pública elaborou proposta de resolución na que propugna a desestimación do

recurso extraordinario de revisión referido.

6.- Nese estado, o expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor

conselleiro de Facenda, tendo entrada neste organismo o día 14 de decembro de 2017.

7.- Con data 21.12.2017 a interesada presentou escrito neste Consello Consultivo deixando constancia de que, con data do 20.13.2017,

lle foi notificada a recomendación que a Valedora do Pobo dirixiu á Consellería de Facenda, consecuente á queixa que, en relación

con este asunto, aquela presentara ante a referida institución, e na que, segundo afirma a propia interesada, sinálase ?la ineludible necesidad de que para cubrir interinamente puestos de la escala de Profesores Numerarios de Institutos Marítimo-Pesqueros,

se esté en posesión de la formación pedagógica establecida en el artículo 100.2 de la Ley Orgánica de Educación, lo que pone

de manifiesto la ilegalidad de la resolución de 27.07.2017 impugnada?.

Precisa que, coa mesma data do 21.12.2017, dirixiu escrito á Consellería de Facenda acompañando o referido documento, e instando a súa remisión a esta Consello Consultivo para a súa incorporación ao

expediente, circunstancia que na data de emisión deste ditame non consta se teña producido.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia resulta competente para a emisión do ditame solicitado, de acordo co artigo 12, f) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, ao tratarse dun expediente

relativo a un recurso extraordinario de revisión. O ditame ten carácter preceptivo, de acordo co estipulado na citada norma.

Segunda.-

A lexitimación activa da señora I. resulta do seu carácter de afectada nos seus dereitos e intereses pola resolución recorrida.

Pola súa parte, o conselleiro de Facenda, é competente para coñecer do citado recurso extraordinario de revisión a teor do previsto no artigo 125.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (LPAC), cando dispón que ?...poderá interporse o recurso extraordinario de revisión ante o órgano administrativo que os ditou, que tamén será o competente

para a súa resolución,...?.

Así mesmo o recurso de revisión foi presentado en prazo segundo resulta dos datos que constan no expediente.

Finalmente, resulta apreciable que, como tamén esixe o referido precepto, o acto contra o que se recorre, é firme en vía administrativa.

Terceira.-

Antes de proceder á análise do asunto sometido a ditame convén lembrar que, como ten posto de manifesto tanto a doutrina dos órganos consultivos como a xurisprudencia, o recurso extraordinario de revisión

constitúe un remedio excepcional en relación con certos actos que adquiriron firmeza, ao que só é posible acudir cando concorra

algunha das circunstancias taxadas, recollidas hoxe no artigo 125.1 da LPAC. Este carácter limitado ven de este xeito configurado

para evitar a desnaturalización do recurso de revisión converténdoo nunha vía ordinaria de impugnación dos actos administrativos.

Conseguintemente, o recurso de revisión non é un instrumento apto para corrixir eventuais apreciacións, máis ou menos rigorosas, nas que puidera ter incorrido unha resolución, xa que tales supostos teñen

que ser canalizados por outras vías revisoras.

Como razoa a sentenza do Tribunal Supremo do 16.03.2004:

?El recurso de Revisión supone una excepción a los efectos típicos de la firmeza de los actos administrativos y con ello del principio de seguridad jurídica, por razones de justicia. Dado el carácter

excepcional del recurso, únicamente puede fundarse en alguna de las causas tasadas en la norma, que deben ser interpretadas

en forma restrictiva -STS de 17 de julio de 1981, 9 de octubre de 1984, 26 de septiembre de 1988 y 6 de julio de 1998-. Así,

por todas, la STS de 26 de septiembre de 1988, razona que ?dada la naturaleza extraordinaria del recurso de revisión, han

de examinarse con estricto rigor los elementos determinantes del mismo, limitando su alcance a los casos taxativamente señalados

por la ley y al contenido de los mismos, sin que sea lícito ampliarlos, ni en su número, ni en su significado, por interpretación

o consideraciones de tipo subjetivo?.

Tamén é consolidada a doutrina do Consejo de Estado que incide en subliñar o carácter excepcional deste recurso:

?Este Consejo de Estado viene sosteniendo que el recurso extraordinario de revisión es una vía excepcional que procede exclusivamente en una serie de supuestos tasados, objeto de interpretación estricta,

sin que pueda convertirse en una vía ordinaria de impugnación de los actos administrativos. Ello explica, además, los muy

rigurosos requisitos procedimentales que impone esta vía extraordinaria, entre ellos el dictamen preceptivo de este Consejo

de Estado? (ditame 953/2008, do 10 de xullo).

En consecuencia, como medio de impugnación extraordinario que é, resulta imprescindible establecer como condición legal (conditio iuris) da súa admisibilidade a invocación polo recorrente dunha das sinaladas causas taxadas establecidas pola LPAC, na medida

en que sendo extraordinario, e precisamente baixo esa cualificación singular, é de todo punto necesaria a concreción e explicitación

dun fundamento específico lexitimador, para non provocar, como xa se dicía, que resten na vía administrativa expedientes ordinarios

que xa esgotaron esa vía e deberían, en boa técnica, acceder, en condicións normais, á vía xurisdicional contencioso-administrativa.

Como consecuencia do anterior, corresponde á recorrente asumir a carga procedemental de invocar, no escrito de interposición, a causa ou causas concretas das sinaladas no artigo 125.1 citado, que

concorren no caso e que xustifican a utilización deste medio impugnatorio extraordinario.

A devandita mención á fundamentación legal, resulta de tal modo esencial que a súa ausencia determinará a non admisibilidade do recurso.

Cuarta.-

Procede analizar agora a posible concorrencia no suposto controvertido da causa invocada pola recorrente, que é a recollida no artigo 125.1, letra a) da LPAC. Consonte con este precepto, e como xa se indicou,

poderá interporse o recurso extraordinario de revisión fronte a actos que incorran en erro de feito, que resulte dos propios

documentos incorporados ao expediente .

A este respecto por erro de feito só se pode entender ?aquel que verse sobre un hecho, cosa o suceso, es decir, algo que se refiere a una realidad independiente de toda opinión,

criterio particular o calificación?; quedando excluído do seu ámbito ?todo aquello que se refiere a cuestiones jurídicas, apreciación de la trascendencia o alcance de los hechos indubitados, valoración

de las pruebas e interpretación de disposiciones legales y calificaciones que puedan establecerse? (sentenzas do Tribunal Supremo do 06.02.1975, 28.09.1984 e 04.10.1993, entre outras).

Estas precisión resultan relevantes toda vez que, como resulta dos antecedentes do expediente analizado, e admite a proposta de resolución, ao non existir constancia no expediente de que a interesada presentara

alegacións á lista provisional publicada no DOG do 28.02.2017, o recurso de alzada interposto con data 28.06.207 fronte á

resolución pola que se fixo pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2016 ?se tramitou como recurso de alzada fronte á Resolución do 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola

que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fixo pública a actualización definitiva de méritos

correspondente ao ano 2015?.

Acreditada esta realidade, suscítase na proposta de resolución a cuestión sobre a viabilidade de estimar o recurso de revisión con base en tal circunstancia. E a tal respecto a proposta de resolución

razoa:

?No presente caso non se pode chegar á conclusión de que exista o erro de feito ao amparo do contemplado no apartado a) do referido artigo 125.1, que se poida deducir dos propios documentos incorporados

ao expediente, pois non foi ata que a señora l. interpuxo o presente recurso extraordinario de revisión contra a Resolución

do conselleiro de Facenda do 21 de xullo de 2017, que achegou e se tivo constancia no expediente, do escrito de data 06/03/2017,

cuxa inexistencia no expediente, provocou a inadmisión por extemporáneo do recurso de alzada que interpuxo o 28/06/2017 coa

pretensión de impugnar a Resolución do 24 de maio de 2017?.

En coherencia con tal razoamento, o director xeral da Función Pública propugna a desestimación do recurso.

No entanto, o certo é que de ningún xeito no cabe cualificar o documento aportado pola interesada como alleo ao expediente. En efecto, é doutrina reiterada do Consejo de Estado que ?la exigencia de que el error de hecho resulte de los propios documentos incorporados al expediente debe interpretarse en el

sentido de que se entiende por tales tanto los que materialmente se encuentran incorporados a dicho expediente como aquellos

que, en un actuar diligente, deberían estarlo, así como el contenido de los propios archivos administrativos de la entidad

pública actuante? (ditames 48.620, do 09.01.1986, 795/91, do 04.07.1991, 1.634/97, do 24.04.1997, e 1813/2010, do 07.10.2010, entre otros).

Conclúese así que o recurso de alzada interposto por dona I. con data 27.06.2017 foi indebidamente inadmitido por extemporáneo, pois, nun actuar dilixente da Administración, o escrito de alegacións

previamente presentado por aquela dentro do prazo previsto para o efecto, por maior abastanza nun rexistro dependente da propia

Administración autonómica, debería ter sido incorporado ao expediente e, por ende, considerado, con anterioridade ao ditado

da resolución de actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2016.

Deberase, por tal motivo, anular a resolución de inadmisión a trámite ditada polo conselleiro de Facenda con data 21.07.2017, admitir a trámite o recurso de alzada e, previo informe da Comisión Permanente

Central regulada no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, ditar, en canto ao fondo, a resolución que proceda. Unha cuestión

que ademais se revela de indubidable transcendencia na vista do sentido en que se pronuncia a recomendación que, con data

11.12.2017, a Valedora do Pobo dirixiu á Consellería de Facenda, en relación coa necesidade de respectar a esixencia legal

de que, para impartir docencia nos ciclos formativos destes centros, os candidatos estean en posesión do Máster en Ensinanza

Secundaria ou titulación equivalente, por aplicación do disposto no artigo 17 do Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire, procedendo a estimación do recurso de revisión analizado?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

La función pública
Disponible

La función pública

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Compliance y nudge en la Administración pública
Disponible

Compliance y nudge en la Administración pública

Ederson dos santos Alves

29.75€

28.26€

+ Información

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)
Disponible

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)

V.V.A.A

76.50€

72.67€

+ Información