Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 491 de 10 de enero de 2018

Tiempo de lectura: 43 min

Tiempo de lectura: 43 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/01/2018

Num. Resolución: 491


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona R., polos danos sufridos como consecuencia dunha caída na rúa

Organismo: Concello da Coruña

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 08.02.2017, dona R. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello da Coruña.

No escrito sinala:

?El día 9 de marzo de 2016, sobre las 12:00 horas, sufrí una caída cuando caminaba por la acera de la calle Alcalde Machesi

(15006) como consecuencia del mal estado de las baldosas. La caída tuvo lugar frente el escaparate del negocio sito en la

citada dirección (más o menos núm. 10-12 de la calle), Electricidad J.

En el momento de tropezar con las baldosas levantadas de la acera, caí hacia delante golpeándome la cara directamente contra el suelo, y golpeándome al mismo tiempo el hombro derecho.

Dada la graveda del accidente fui trasladada por el Servicio 061 a Urgencias del Hospital Quirón de A Coruña donde me ingresaron debido a que presentaba politraumatismo con presencia de fractura de huesos

propios nasales, fractura de órbita derecha, hematoma frontal y fractura de hombro, y donde fui intervenida quirúrgicamente

en dos ocasiones.

Tras las operaciones causé alta en el hospital en fecha 19 de marzo de 2016, siendo alta médica el pasado día 2 de diciembre de 2016.

El daño causado es consecuencia del funcionamiento de los servicios públicos y merece ser considerado causa del daño. El mal estado de la acera de la vía pública, sin un medio de protección o señalización,

y que dio lugar a que al pasar caminando por la misma tropezase con las baldosas levantadas, es la causa directa del daño,

y demuestra el mal funcionamiento de la administración local en sus deberes de mantenimiento de la acera de la vía pública

o señalización de la misma, máxime cuando me consta por manifestaciones de los vecinos de la zona que en fecha 23 o 24 de

abril, es decir, un mes y medio después del accidente, la empresa encargada del mantenimiento de las aceras en esa zona de

A Coruña, reparó la acera que se encontraba en mal estado, tal y como se puede comprobar en las fotos que se adjuntan.

[?]?.

Solicita unha indemnización de 29.259,92 ?.

Achega un parte de asistencia sanitaria, informe médico-pericial de danos e fotografías do lugar onde tivo lugar a caída.

2.- Instruído o procedemento conforme á Lei 39/2015, do 1 de outubro, consta nel informes do Servizo de Infraestruturas do Concello

de A Coruña , e da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, ademais de actas testemuñais.

3.- No trámite de audiencia, a interesada reitera a súa petición inicial.

4.- O órgano instrutor emitiu unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

da Coruña, e tivo entrada neste organismo con data 14 de decembro de 2017.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto nos artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17, a) do seu

Regulamento de organización e funcionamento, aprobado por Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de

responsabilidade patrimonial interposta contra a administración local por contía superior a 15.000,00 ?.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, e no seu aspecto substantivo polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro de réxime xurídico

do sector público.

Segunda.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo de Galicia. Así, podemos citar a sentenza do Tribunal Supremo do 11 de xullo de 2016, que se remite á súa vez a

sentenzas anteriores, como as do 23 de maio de 2014 e do 19 de febreiro de 2016, onde ten razoado do seguinte xeito:

?La viabilidad de la acción de responsabilidad patrimonial de la Administración requiere conforme a lo establecido en el art.

139 LRJAPAC: a) La efectiva realidad del daño o perjuicio, evaluable económicamente e individualizado en relación a una persona

o grupo de personas. b) Que el daño o lesión patrimonial sufrida por el reclamante sea consecuencia del funcionamiento normal

o anormal -es indiferente la calificación- de los servicios públicos en una relación directa e inmediata y exclusiva de causa

a efecto, sin intervención de elementos extraños que pudieran influir, alterando, el nexo causal. c) Ausencia de fuerza mayor.

d) Que el reclamante no tenga el deber jurídico de soportar el daño cabalmente causado por su propia conducta.

La jurisprudencia de esta Sala (por todas la STS de 1 de julio de 2009, recurso de casación 1515/2005 y las sentencias allí recogidas) insiste en que ?no todo daño causado por la Administración ha de ser

reparado, sino que tendrá la consideración de auténtica lesión resarcible, exclusivamente, aquella que reúna la calificación

de antijurídica, en el sentido de que el particular no tenga el deber jurídico de soportar los daños derivados de la actuación

administrativa?.

En esa misma línea reiterada jurisprudencia (STS de 25 de septiembre de 2007, rec. casación 2052/2003 con cita de otras anteriores) manifiesta que la viabilidad de la responsabilidad patrimonial de la

administración exige la antijuridicidad del resultado o lesión siempre que exista nexo causal entre el funcionamiento normal

o anormal del servicio público y el resultado lesivo o dañoso producido.

Y también repite la jurisprudencia (por todas SSTS 7 de febrero 2006 recurso de casación 6445/2001, 19 de junio de 2007, recurso de casación 10231/2003, 11 de mayo de 2010, recurso de casación 5933/2005)

que la apreciación del nexo causal entre la actuación de la Administración y el resultado dañoso, o la ruptura del mismo,

es una cuestión jurídica revisable en casación, si bien tal apreciación ha de basarse siempre en los hechos declarados probados

por la Sala de instancia, salvo que éstos hayan sido correctamente combatidos por haberse infringido normas, jurisprudencia

o principios generales del derecho al haberse valorado las pruebas, o por haber procedido, al haber la indicada valoración

de manera ilógica, irracional o arbitraria?.

Terceira.-

Entre os servizos públicos que o ordenamento encomenda á Administración local figura o mantemento e pavimentación das vías públicas urbanas e

conservación de camiños (artigo 25.2 d) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local). A Administración

ten o deber ineludible de manter as vías que estean abertas á circulación pública de xeito tal que estea garantida en calquera

momento a seguridade persoal daqueles que as utilicen, ben para circular ou para o estacionamento dos seus vehículos, o que

implica o recoñecemento en favor destes dun principio de confianza sobre as condicións obxectivamente aptas da vía para estes

fins; e este deber obriga á Administración a reparar as consecuencias danosas dos eventos fortuítos que signifiquen unha creba

das condicións de seguridade que aquela está obrigada a garantir.

Como sinala a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 27 de maio de 2015,

?[?] En efecto, admitida la competencia de los municipios en materia de mantenimiento de la limpieza viaria y recogida de residuos

(artículo 25.2, letra l) de la Ley 7/1985, de 2 de abril) y su obligación de mantener las vías públicas en condiciones objetivas

de seguridad para el tránsito de vehículos y personas, la exigencia de cumplimiento debe ajustarse a criterios razonables

y no exorbitantes, con un nivel de mínimos y no de medios, habida cuenta que, de un lado, las Administraciones Publicas, aun

siendo calificándose de objetiva la responsabilidad patrimonial que les incumbe, no se configuran como aseguradoras universales

que deban asumir todo siniestro que tenga lugar en vías de su titularidad, sino tan solo cuando ha mediado una inobservancia

de las obligaciones que les incumben. Y, de además y complementariamente a lo expuesto, es reiterada la jurisprudencia (sentencia

del Tribunal Supremo de 17/06/2014; RC 4856/2011), que en los supuestos de responsabilidad derivados de una inactividad, lo

que se exige es la prueba de una razonable utilización de los medios disponibles en orden a evitar hechos lesivos como el

que ahora analizamos, lo que en términos de prevención se traduce en una prestación adecuada a las circunstancias de tiempo,

lugar, desarrollo de la actividad, estado de la técnica, capacidad de acceso, distribución de recursos, en definitiva, lo

que se viene considerando un funcionamiento estándar del servicio??.

Cuarta.-

Polo que se refire ao fondo material da cuestión que suscita a reclamación presentada pola Sra. R., cómpre ter en conta que o dano físico está acreditado á vista dos informes

clínicos que figuran no expediente e que refiren as lesións sufridas pola paciente e o seu alcance.

Agora ben, a soa constatación dese dano físico non é, per se, determinante de xeito directo da imputación da responsabilidade patrimonial que se preconiza pola reclamante, sendo necesario

que aquela constancia veña acompañada, nunha relación directa de causalidade, da certeza dun defectuoso funcionamento do servizo

público viario municipal.

A reclamante denuncia no escrito inicial que cando camiñaba pola beirarrúa da rúa Alcalde Marchesi núm. 10-12, caeu debido ao mal estado das baldosas.

Para os efectos de determinar a eventual vinculación causal deses feitos co funcionamento do servizo público local hai que partir da regra xeral, acollida xa por este Consello noutros ditames, segundo

a cal é esixible aos viandantes o autocontrol da súa propia deambulación, obrigación esta que exclúe toda responsabilidade

da administración cando é crebada, por introducirse, neste caso, un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal

é o da culpa da vítima. Esta circunstancia, cando reúne o requisito da exclusividade na vinculación co dano padecido, enerva

toda responsabilidade da Administración, tal e como estableceu de xeito reiterado o Consejo de Estado (entre outros no ditame

do 1 de xullo de 1971) e a propia xurisprudencia do Tribunal Supremo (St. 08.03.1967, 25.01.1974 ou 05.11.1974).

Con todo, como xa ten sinalado este órgano consultivo, o control da propia deambulación non pode ser elevado a regra absoluta e categórica á hora de excluír unha eventual responsabilidade da Administración;

a súa pretendida incondicionalidade, antes ben, vese necesariamente modalizada polo xogo do principio de confianza dos peóns

nas condicións de seguridade das vías, beirarrúas e beiravías polas que transitan. Deste modo, a constatación dun desaxeitado

estado de conservación daquelas, cando se traduza na existencia de obstáculos non apreciables polos viandantes co emprego

da dilixencia esixible -como concreción da regra do autocontrol da deambulación- dará lugar á obxectivación dun vínculo que

enlace o funcionamento do servizo público en xogo co lesivo resultado final producido.

Así pois, do conxunto do expediente -concretamente das fotografías xuntadas, e da declaración das testemuñas- semella desprenderse que a existencia do problema do chan era ostensible e que as características

do firme eran manifestadas ao exterior, e que este mal estado foi producíndose devagar durante o período de varios meses.

Así, a declaración dunha das testemuñas pon de manifesto que se realizaron diversas intervencións na beirarrúa por incidencias

de diversa índole (corte de subministro eléctrico por treboada, incendio dunha arqueta) que provocaron o deterioro do pavimento

co levantamento das lousas, feito que segundo a documentación xuntada ao expediente se iniciarían en agosto do ano 2015.

Cómpre salientar que o lugar onde aconteceu o accidente é unha rúa de moito tránsito pola proximidade dun centro comercial. Deste xeito, no presente caso, considérase que non existiu unha debida vixilancia

por parte do concello do estado da beirarrúa e de restablecer as condicións normais e necesarias para garantir o tránsito

coas mínimas condicións de seguridade. Polo que hai base para apreciar unha inactividade municipal causalmente concorrente

nos termos que a continuación se expoñen.

Neste punto hai que subliñar que non se obxectiva no expediente que a interesada padeza disfuncións físicas ou sensoriais que xustifiquen unha ponderación inferior. Nestas circunstancias, a non

detección deste obstáculo cristaliza como causa concorrente -non exclusiva- do accidente, dada a obriga do control da propia

deambulación antes manifestado, sen que por iso desapareza a responsabilidade da Administración, polo que este Consello Consultivo

entende que debe ser realizada unha compensación de responsabilidades, por partes iguais, en atención ao semellante peso das

causas eficientes na determinación da causalidade do dano.

Tal consideración non supón descoñecer o criterio xurisprudencial, sostido reiteradamente polo Tribunal Supremo (sentenza do 04.10.2000, entre outras) e seguido por este Consello Consultivo (por todos,

ditame CCG 006/02) de que non sería obxectiva a responsabilidade na que o seu recoñecemento estivera condicionado a probar

que quen padeceu o prexuízo actuou con prudencia.

Tal é así porque, no presente caso, demostrada a irregularidade do pavimento, resulta preciso a concorrencia dun descoido ou distracción de quen padece o accidente para que este teña lugar, sendo presumible,

daquela, unha deficiente aplicación da dilixencia debida por existir entre o dato certo -a susceptibilidade de detección do

obstáculo- e aquel que se presume -o descoido do viandante-, un enlace preciso e directo segundo as regras do criterio humano,

tal como esixe o artigo 386 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por máis que esta circunstancia non opere como causa única

do accidente, sendo necesaria, ademais, a concorrencia da dita anomalía, cuxa supresión en hipótese (asegurando existencia

dun chan sen obstáculos) tería evitado a produción do accidente, polo que seguindo a tese causal consolidada na doutrina do

Tribunal Supremo esta última circunstancia debe ser apreciada, igualmente, como causa do accidente.

Así as cousas, o resultado danoso deriva da concorrencia dos dous factores indicados, deficiente funcionamento do servizo público e distracción da prexudicada, tendo ámbolos dous unha relevancia semellante,

aínda que se considera lixeiramente superior á da propia vítima por suceder os feitos a plena luz do día, polo que procede

establecer unha compensación de culpas limitando a un 40% a indemnización procedente.

Daquela, o pertinente é realizar un reparto paritario da carga lesiva, debendo ser indemnizado polo Concello da Coruña o 40% do dano, mentres que

o 60% restante deberá ser soportado pola accionante, como consecuencia xurídica aparellada á súa parte de responsabilidade.

En canto á contía indemnizatoria a satisfacer, este órgano consultivo considera pertinente remitir ás partes a un ulterior expediente

contraditorio para que se proceda a unha cuantificación da indemnización, no que se acredite debidamente os danos sufridos

e o alcance das posibles secuelas da reclamante coa achega do historial clínico e os informes da atención sanitaria prestada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire, debendo indemnizar á reclamante de acordo co exposto na consideración cuarta deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Los diferentes seguros de daños
Disponible

Los diferentes seguros de daños

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información