Dictamen de Consello Cons...re de 2019

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 488 de 18 de diciembre de 2019

Tiempo de lectura: 23 min

Tiempo de lectura: 23 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 18/12/2019

Num. Resolución: 488


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por P., en nome e representación de V., polos danos sufridos ao caer ao chan cando circulaba como condutor dun ciclomotor e bater contra outro condutor dunha bicicleta na avenida de Finisterre da cidade da Coruña.

Organismo: Concello da Coruña

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 27.9.2019, P., actuando en representación de V., presentou ante o Concello da Coruña unha reclamación de responsabilidade

patrimonial polos danos sufridos o 21.8.2018 ao caer ao chan cando circulaba como condutor dun ciclomotor pola avenida de

Finisterre da cidade da Coruña e viu interceptada a súa traxectoria pola manobra antirregulamentaria dunha bicicleta propiedade

de BiciCoruña EMVSA, conducida por P.

2.- Solicita unha indemnización por importe de 19.125,14 ? polas lesións padecidas, e 910,21 ? polos danos causados ao vehículo

da súa propiedade.

3.- Instruído o procedemento, no que se prescindiu do trámite de audiencia, ao non se ter en conta outras alegacións ou documentos

distintos dos presentados pola parte reclamante, con data 12.11.2019 a instrutora elaborou unha proposta de resolución que

propugna a desestimación da reclamación.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

da Coruña tendo entrada neste organismo con data 4.12.2019.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial presentada ante unha Administración local por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe traerse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a teor do cal:

?as entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?.

En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

O Concello da Coruña tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios, da xustificada omisión do trámite de audiencia á

parte reclamante, segundo o autorizado polo artigo 82.4 da LPAC, e da formulación da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre

o funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b)A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Cuarta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior, sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente expediente, compre considerar que, no presente caso,

a reclamación trae causa da produción dun accidente de circulación no que concorreron o ciclomotor que conducía a parte reclamante

e unha bicicleta, do servizo de préstamo de bicicletas da empresa municipal EMVSA, conducida por P. O accidente aconteceu,

cando, como resulta do atestado levantado polos axentes da Policía Local que se acompaña coa reclamación, este último realizou

unha manobra antirregulamentaria que interceptou a traxectoria do ciclomotor, provocando a caída do seu ocupante e as lesións

e danos materiais polos que se reclama.

En relación co feito de terceiro como elemento exonerante de responsabilidade, o Tribunal Supremo ten declarado, entre outras, na súa sentenza do 21.1.2003, que ?La Administración sólo responde de los daños verdaderamente causados por su propia actividad o por sus servicios, no de los

daños directamente imputables a conductas o hechos ajenos a su propia organización o actividad administrativa?.

Debendo entenderse, como sinala a proposta de resolución, con cita de reiterada xurisprudencia do mesmo Tribunal, que ?por servicio público ha de entenderse toda actuación, gestión, actividad o tareas propias de la función administrativa que

se ejerce, incluso por omisión o pasividad con resultado lesivo, ya se realicen por funcionario público o por particular al

que [?] se le haya atribuido la gestión de determinadas actuaciones necesarias para la prestación de un determinado servicio a prestar

por la Administración? (STS, Sala 3ª, do 20.6.2007).

Como atinadamente considera a referida proposta, o escrito de reclamación non xustifica a concorrencia da necesaria relación de causalidade entre o funcionamento deficiente ou anormal dun servizo público

municipal e os danos reclamados, ao establecer como exclusiva causa destes unha manobra antirregulamentaria do condutor da

bicicleta, que viña obrigado baixo a súa responsabilidade a circular coa dilixencia e precaución esixibles pola normativa

en materia de seguridade viaria, a fin de evitar situacións de perigo que puideran derivar en danos a outros usuarios da vía.

Tratándose, pois, dun terceiro alleo á administración municipal, con independencia de que o vehículo que conducía pertencese ao servizo de préstamo de bicicletas dunha empresa municipal, non

se acredita a concorrencia dos presupostos determinantes da responsabilidade patrimonial, nos termos que van expostos, ao

non concorrer a necesaria relación causal entre o funcionamento do servizo público e os danos cuxa indemnización se solicita.

Procede pois, como así se propugna na proposta de resolución, a desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)
Disponible

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)

V.V.A.A

76.50€

72.67€

+ Información

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español
Disponible

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español

Gonzalo Pardo Beneyto

21.25€

20.19€

+ Información

1300 preguntas Test. Oposiciones Auxilio Judicial (DESCATALOGADO)
Disponible

1300 preguntas Test. Oposiciones Auxilio Judicial (DESCATALOGADO)

M.ª Guadalupe Lorenzo Aguilera

25.95€

22.06€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información