Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 488 de 10 de enero de 2018

Tiempo de lectura: 30 min

Tiempo de lectura: 30 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/01/2018

Num. Resolución: 488


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don I. en nome e representación de dona S., polos danos e perdas sufridos tras o parto

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 06.03.2017, don I., presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde en nome

e representación de dona S. solicitando unha indemnización polos danos derivados por mor da asistencia sanitaria prestada

no Complexo Hospitalario de Ourense.

A reclamación fundaméntase na alegación de mala praxe na atención sanitaria prestada que consideran vinculada causalmente cos danos e perdas sufridos tras o parto espontáneo no Hospital de Ourense.

A indemnización solicitada ascende a 350.000 euros

2.- Na instrución do expediente incorporouse a este:

- Historia clínica do proceso asistencial.

- Informe do xefe de Servizo de Obstretricia e Xinecoloxía.

3.- Con data do 19.10.2017 deuse trámite de audiencia á reclamante que formulou alegacións o 31.10.2017.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día cinco de decembro de dous mil dezasete.

5.- Na Sección de Ditames do día 20 de decembro de 2017 acordouse ampliar o prazo para a emisión do ditame por un mes, ao abeiro

do artigo 39.2 do Decreto 91/205, do 18 de xuño.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (aspectos procedementais)

e nos artigos 31 e seguintes da Lei 40/2015 de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

- O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

- O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

- O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

- O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

- A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano antixurídico. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito

a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos ditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento. Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar

que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros), pesa sobre o servizo

público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados ao fin último de

lograr a curación do paciente.

Mais a devandita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por

unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que

razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, salvo que exista unha evidente desproporción

entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade

patrimonial, con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente

que o dano sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación

sanitaria resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso

suscitado, non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír

que o dano resulta materialización exclusiva do dito risco que o paciente ha de soportar.

Cuarta.-

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, resulta preciso determinar neste ditame, se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida.

A parte actora fundamenta a súa reclamación en tres puntos:

- ?El desgarro perianal III-B se hubiera evitado con una correcta ejecución de una episiotomía previa al periodo expulsivo?.

- ?Una incorrecta reparación de las lesiones?.

- ?Ausencia de consentimiento informado?.

Neste sentido a parte actora imputa dun xeito xenérico os danos e perdas sufridas durante o parto á asistencia sanitaria prestada, limitándose a facer un relato secuencial daquela asistencia e a

apuntar a conexión causal entre aquela e as limitacións que padece na actualidade.

Advírtase neste punto que as persoas usuarias do sistema público de saúde non teñen garantido un dereito á curación, senón un dereito á posta a disposición dos medios existentes para tal fin, existindo,

logo, a cargo dos servizos sanitarios, unha obriga de medios mais non de resultado.

A parte actora non xunta proba ningunha ao expediente que veña a probar a referida relación de causalidade, limítase a achegar xunto coa reclamación administrativa informes médicos que non veñen probar

a referida relación de causalidade senón que soamente veñen relatar a historia clínica da paciente.

Cómpre destacar o informe do xefe de Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense que conclúe o seguinte:

?- La rotura del esfínter anal es una complicación del parto eutócico que no puede ser completamente predecible y no se podría

prevenir mediante la realización de una episiotomía no justificada.

- La inmediata identificación y corrección por parte de un profesional con experiencia no evita la posibilidad de incontinencia anal posterior.

- Desde el momento del parto, tal y como refleja su historia clínica, se le hicieron recomendaciones para la prevención de la incontinencia anal y se derivó a la consulta especializada de Suelo Pélvico,

en la que la paciente fue valorada tan sólo 6 semanas después. Al no demostrarse mejoría tras Rehabilitación, se remite a

la Unidad de Coloproctología.

- Se realizó, por lo tanto, una actuación correcta durante el parto, con un diagnóstico y tratamiento correctos y un seguimiento escalonado y sin demoras. Todas las actuaciones realizadas en el caso

de Dña. S. se adaptan a los actuales protocolos de actuación clínica tanto del Sergas?.

Por tanto identificouse o problema de xeito inmediato e púxose precozmente o tratamento e todos os medios dispoñibles para paliar a referida lesión.

E polo se refire ao consentimento informado no referido informe ponse de manifesto o seguinte:

?De acuerdo con lo expuesto anteriormente, la realización o no de la episiotomía depende de muchos factores que no son predecibles,

y que se presentan en el momento del expulsivo (velocidad de progresión del parto, posición de la cabeza fetal, distensión

del periné, etc.), por lo que prevalece el criterio del profesional que atiende el parto, habiéndose demostrado que la realización

de episiotomía de forma sistemática no tiene beneficios.

Carece de sentido entregar un consentimiento informado de un procedimiento que, de entrada, no se va a realizar y que, además, la paciente no dejó reflejado en su plan de parto?.

Á vista desta secuencial asistencial que vén de describirse, e a falta de mellor criterio que resulte do expediente, pode concluírse que a asistencia prestada á doente foi áxil e o dano referido pola

interesada con ocasión da intervención cirúrxica constitúe, contra o sinalado pola paciente no seu escrito de alegacións,

un risco típico da intervención que foi voluntariamente asumido pola paciente no documento de consentimento informado para

o caso da súa materialización; e, sendo así e a falta de ningún dato que evidencie no expediente unha creba da lex artis, debe concluírse na corrección da asistencia sanitaria prestada continuada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

El consentimiento informado en el ámbito médico (un enfoque comparado: España y Colombia)
Novedad

El consentimiento informado en el ámbito médico (un enfoque comparado: España y Colombia)

Ortiz Arciniegas, Emma Elvira

34.00€

32.30€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información