Dictamen de Consello Cons...il de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 486 de 14 de abril de 2021

Tiempo de lectura: 46 min

Tiempo de lectura: 46 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 14/04/2021

Num. Resolución: 486


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por F., en nome e representación de C., polos danos sufridos como consecuencia do tratamento duns trastornos de disco intervertebral con radiculopatía na rexión lumbar no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 22.5.2018, F., en nome e representación de C., presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o

Servizo Galego de Saúde.

No escrito sinala que o día 4.8.2017 foi intervido no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo onde se lle practicou ?artrodesis instrumentada desde L4-L5 con liberación izquierda y resección de gran hernia extruida?, e denuncia a delonga na detección da patoloxía que sufriu.

2.- Instruído o procedemento conforme á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas, consta nel a historia clínica do doente amais dun informe remitido polo Servizo de Urxencias (12.7.2018).

3.- No trámite de audiencia, a parte interesada presentou un escrito no que reitera a súa petición inicial; asemade, achega un

informe de valoración extraxudicial no que se cuantifican os danos nun total de 125.674,61 ?.

4.- O órgano instrutor emitiu una proposta de resolución, con data 19.10.2019, en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 2.12.2019.

6.- Na Sección de Ditames que tivo lugar con data 11.12.2019 acordouse, ao abeiro do disposto no artigo 34.4 do Decreto 91/2015,

do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, devolver

o expediente para que se completase nos termos nel sinalados.

7.- O expediente tivo de novo entrada neste órgano consultivo o día 22.3.2021.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación

de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en

diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Compre censurar a excesiva dilatación na tramitación do procedemento, xa que dende a presentación da reclamación de responsabilidade (22.5.2018) ata a súa remisión para ditame deste órgano consultivo

(22.3.2021) ten transcorrido case tres anos.

Tal demora resulta contraria ao principio de celeridade na tramitación e, en definitiva, ao principio constitucional de eficacia na actuación administrativa (artigo 103.1 da Constitución española), sendo

preciso corrixir tal proceder en futuras ocasións.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

- O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

- O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

- O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

- O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

- A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos devanditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento.

Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros),

pesa sobre o servizo público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados

ao fin último de lograr a curación do paciente. Mais a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que

por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por

unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que

razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, agás que exista unha evidente desproporción

entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade

patrimonial, con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente

que o dano sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación

sanitaria resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso

suscitado, non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír

que o dano resulta materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha de soportar.

Unido ao anterior debe recordarse que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación (por todos, CCG 100/2014, CCG 229/2014 ou CCG 198/2015). En definitiva, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando se conforme cos síntomas

do paciente se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses síntomas, non sendo válido,

pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que

se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá

de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, do escrito reitor da reclamación presentada despréndese como o señor C. imputa aos servizos sanitarios un ?inadecuado retraso en la detección de la patología que sufria?.

Pois ben, o exame destes reproches da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas

que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido,

entre outros, o CCG 71/2016).

Resulta así que C., nado en 1984, acudiu ao Servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro en data 28.4.2017 por presentar dor

lumbar dereito irradiado a membros inferiores, foi diagnosticado de lumbociatalxia e se prescribiu tratamento farmacolóxico.

O día 22 de maio acudiu de novo por lumbociatalxia, na exploración física constatouse que non existía alteración sensitiva

motora distal e o signo de Lasegue era negativo, co diagnóstico de lumbalxia de perfil mecánico, se lle deu de alta con tratamento

farmacolóxico.

O día 12.6.2017, voltou ao Servizo de Urxencias por dor glúteo, nesa asistencia tampouco se observaron signos de alarma: Lasegue a 40º, sensibilidade e ton conservados con reflexos osteotendinosos normais,

indicouse tratamento e solicitouse valoración polo Servizo de Traumatoloxía. O informe remitido polo Servizo de Cirurxía Ortopédica

e Traumatoloxía (22.12.2020) refire en relación a esa primeira atención:

?En esta primera valoración por parte de nuestro servicio, se mencionan como antecedentes personales psoriasis y protusión

discal L4-L5 en RMN de 2015 y la existencia de episodios previos de similares características. Se realizó una extensa y minuciosa

anamnesis y exploración física, que permitió nuevamente descartar signos de alarma:

- no pérdida de fuerza ni parestesias.

- no síndrome miccional ni incontinencias de esfínteres, Lasegue negativo, fuerza y sensibilidad normal en todos los grupos

musculares.

Se determinó por lo tanto que no requería actuación urgente y se ajustó tratamiento?.

En data 18.6.2017 foi de novo ao Servizo de Urxencias por lumbociatalxia esquerda dunha semana de evolución, se descartan signos de alarma na exploración física e se pauta tratamento farmacolóxico.

O día 26 de xullo, acudiu ao Servizo de Urxencias, cos mesmos síntomas, se realiza radiografía na que se aprecia diminución

do espazo discal L5-S1 e se solicita RMN con carácter urxente, que se realizou o día 28 e que amosou: ?gran hernia discal paracentral izquierda con L4-L5 con radiculopatía de L5 izquierda?.

O informe do Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía refire a seguinte evolución:

?- Dada la persistencia de los síntomas se decidió ingreso urgente para intervención quirúrgica, que practicó el 4.8.2017: artrodesis instrumentada L-4-L-5 con liberación de raíz izquierda y reasección

de gran hernia extruída.

- La evolución posoperatoria cursó sin complicaciones y se le dio de alta el 8.8.2017 con los diagnósticos de hernia discal

extruída L4-L5 con compromiso radicular y severa discopatía.

-En las sucesivas revisiones clínicas en consultas externas la evolución fue favorable, con persistencia de algunas molestias

lumbares.

-Consta una nota clínica del servicio de Rehabilitación el 24.10.2017 en la que son se aprecia motivo de consulta y se indica

que el paciente no acudió.

-Los controles radiográficos realizados en las revisiones de Traumatología fueron satisfactorios y se practicó nueva RMN lumbar

en la que se apreciaron cambios posquirúrgicos y fibrosis peri-radicular sin evidencia de complicaciones.

-En la última revisión clínica realizada el 28.10.2020 el paciente se encontraba asintomático y se le indicó control en dos

años.

-Ese mismo día se emitió informe clínico en el que se constata que la artrodesis está conseguida y que no presenta limitaciones

para la actividad laboral ni deportiva?.

O informe continúa realizando a seguinte valoración sobre o presunto retraso na ?detección de la patología que sufría? que refire o paciente, así sinala que a valoración dos doentes con lumbociatalxia esixe unha coidadosa anamnese e exploración

física que permitan descartar signos de alarma e indicar o oportuno tratamento -xeralmente farmacolóxico ou rehabilitador-

co que adoitan resolverse a maior parte dos casos. Cando persisten os síntomas, o diagnóstico definitivo adoita alcanzarse

coa realización dunha RMN lumbar. Así o informe realiza as seguintes precisións que pola súa importancia para este caso, reprodúcense

deseguido:

?- La solicitud urgente de RMN lumbar está indicada cuando existen signos de alarma, es decir, algún tipo de déficit motor o sensitivo progresivo o de reciente aparición o bien incontinencia de esfínteres.

En este caso, en todas las asistencias en urgencias y en especial cuando se solicitó valoración al servicio de Traumatología, se exploró al paciente y se determinó y registró en la historia clínica

cuidadosamente la ausencia de dichos signos de alarma.

- Se ha producido en este caso una demora de 3 meses entre la primera asistencia a urgencias y la realización de la RMN que

permitió determinar la existencia de una hernia discal.

Esta demora que puede parecer importante, para quien sufre dolor, no ha tenido sin embargo ninguna repercusión en el resultado final obtenido, aunque es indudable que durante ese tiempo el paciente sufrió

episodios de intenso dolor?.

Logo da lectura destes informes e do resto da documentación clínica que foi remitida non pode compartirse a denuncia que fai a parte reclamante sobre un ?retraso en la detección de la patología que sufría?. E isto, porque, no caso que nos ocupa, o que se produciu foi unha correcta previsión da súa patoloxía, de acordo coa sintomatoloxía

que refería e coas probas realizadas conforme a unha praxe médica eficiente.

Neste punto cómpre poñer de manifesto unha cuestión que aparece no informe e que sinala:

?- Si se hubiera diagnosticado la hernia discal mediante RMN en un primer momento, al no existir signos de alarma (déficit motor, sensitivo o de esfínteres) como era el caso, todas las recomendaciones

de tratamiento de la hernia discal aconsejan mantener un período de tratamiento de varias semanas o meses antes de indicar

cirugía.

Esto es especialmente importante cuando se plantea un procedimiento tan irreversible como una artrodesis lumbar en una persona de 33 años, ya que en la historia natural de la lumbociatalgia a hernia

discal, entre el 80% y el 90% de los pacientes mejoran significativamente en un plazo de 3 meses con tratamiento conservador

y finalmente no precisan operarse.

Consideramos por lo tanto que no ha existido un retraso clínicamente significativo en el tratamiento quirúrgico aplicado?.

Como ten sinalado este órgano consultivo a actividade sanitaria consiste, esencialmente, na obriga dunha aplicación dos medios precisos e dispoñibles, mais, trátase dunha obriga relativa ás circunstancias.

É a sintomatoloxía clínica do paciente a que aconsella ou fai imprescindible a utilización de determinados medios diagnósticos

e terapéuticos en cada caso. Se o diagnóstico é un conxunto de actuacións que teñen por finalidade determinar a natureza e

as causas dunha enfermidade, fixando unha conclusión clínica, a lex artis require un xuízo de adecuación ou ponderación, no que haberán de terse en conta os protocolos aplicables. No presente caso

aplicando estes postulados ao caso obxecto de ditame, considérase que a actuación sanitaria foi acorde aos protocolos de actuación

sen que exista o retraso que refire o señor C.

Por último corresponde abordar a cuestión que sinala o informe pericial que achega a parte interesada sobre un ?procedemento quirúrgico inadecuado? sen o correspondente soporte probatorio do que poida desprenderse o que a parte reclamante afirma. En definitiva, non procede

estimar a reclamación respecto deste reproche que se aprecia como non probado, de conformidade coas regras de distribución

da carga probatoria previstas no artigo 217 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, todo iso sen esquecer que

os informes médicos obrantes no expediente xustifican a operación realizada atendendo aos achados radiolóxicos da RMN practicada

ao paciente en data 28.7.2017.

Quinta.

Por todo o que se vén a dicir, e para dar cabo ao presente ditame, este órgano consultivo manifesta o seu criterio favorable á desestimación da reclamación de responsabilidade patrimonial formulada, nos

mesmos termos da proposta de resolución.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información