Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 485 de 10 de enero de 2018

Tiempo de lectura: 35 min

Tiempo de lectura: 35 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/01/2018

Num. Resolución: 485


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona C., dona C. e dona P., polos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento do seu cónxuxe e pai respectivamente, don F.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 04.1.2017, dona C., dona C. e dona P., presentaron reclamación de responsabilidade patrimonial sanitaria ante

o Servizo Galego de Saúde solicitando unha indemnización polos danos derivados do falecemento de don F., esposo e pai, respectivamente

das interesadas.

A reclamación fundaméntase en que non se levou a cabo unha correcta atención e valoración do paciente por parte do Servizo de Urxencias do CHUS o que desencadeou o seu falecemento.

A indemnización ascende a 355.619 euros máis os xuros legais precedentes dende a data de interposición da reclamación.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a el:

- Historia clínica do paciente.

- Informe do Servizo de Urxencias do CHUS, asinado pola coordinadora en data do 15.03.2017.

- Informe do Servizo de Neuroloxía do CHUS, asinado polo xefe do servizo en data do 15.03.2017.

- Informe do Servizo de Medicina Intensiva, asinada polo xefe do servizo en data do 03.07.2017.

-

3.- Con data do 05.07.2017 deuse trámite de audiencia á parte interesada. Con data do 28.07.2017 o representante legal da parte

solicitou un novo trámite de audiencia.

Con data do 18.08.2017 deuse novo trámite de audiencia á parte interesada que non fixo alegacións.

4.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial e concedida audiencia á representación das interesadas,

formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data do 5 de decembro de 2017.

6.- Na Sección de Ditames do día 20 de decembro de 2017 acordouse ampliar o prazo para a emisión do ditame por un mes, ao abeiro

do artigo 39.2 do Decreto 91/205, do 18 de xuño.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (aspectos procedementais)

e nos artigos 31 e seguintes da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo do réxime xurídico citado, se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva e consideran como elemento esencial, que non único,

para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e

inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible,

ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación

cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa

concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo. Estamos ante

un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional

o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente

pode haber lugar a responsabilidade esixindo que non só exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio;

prescindir del levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia

de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir, e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que de acordo coas previsións do artigo 32 da Lei 40/2015, resulta

preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame, existe relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión aducida, por ser este presuposto esencial para a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade

por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

A parte actora censura aos servizos sanitarios a existencia dun vínculo causal que conecta o dano que motiva a reclamación coa asistencia sanitaria recibida, con todo, o reproche realízase en termos vagos

e xenéricos, apenas suficientes para entender cumprimentada a carga que grava ao reclamante coa necesaria determinación dos

datos e circunstancias nos que se asenta o nexo de causalidade no que se apoia a reclamación.

En efecto, a parte actora limítase a indicar que non se levou a cabo unha correcta atención e valoración do paciente por parte do Servizo de Urxencias do CHUS o que desencadeou o seu falecemento.

Entende a parte reclamante que de practicárense todas as probas diagnósticas adecuadas e valorado correctamente os síntomas

que presentaba o paciente podería iniciarse un tratamento que permitise controlar o infarto cerebral que estaba a sufrir.

Pero non achega proba que determine cales son esas probas e tampouco proba que de practicarse outras probas non falecese o

paciente.

A principal consecuencia da calidade de prestación de medios da asistencia sanitaria radica en que o exame de solvencia e suficiencia da dita prestación se realiza dende a óptica da lex artis ad hoc, de modo que a simple constatación dun resultado lesivo -no presente caso, o falecemento da paciente- non abonda para establecer

a existencia dunha obriga de resarcimento a cargo da Administración, sendo preciso acreditar que ese resultado adverso é consecuencia

dunha creba da lex artis que produce un dano antixurídico ao particular.

Hai que considerar, igualmente, que, como é principio xeral en todo tipo de reclamacións de responsabilidade patrimonial, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde ao reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente

no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código Civil, obtense na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei

1/2000, de axuizamento civil, que grava ao actor coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda,

segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

E, no eido propio das reclamacións en materia sanitaria, hai que salientar que a valoración dos feitos cuestionados na reclamación (a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha determinada consecuencia

xurídica, cal é, dende a óptica do reclamante, a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá de ordinario estar

en posesión duns coñecementos científicos propios da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades, estando vedado

o establecemento de conclusións de carácter técnico a quen non resulte habilitado por tal titulación, circunstancia esta que,

interactuando coa carga probatoria que grava ao reclamante, orixina que frecuentemente sexa esixible do accionante a achega

dun informe pericial que avale as súas argumentacións sobre os feitos controvertidos, cando a lectura ofrecida na reclamación

é negada pola Administración e fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través

dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 da Lei de axuizamento civil.

No presente caso, como vai dito, a reclamación susténtase nun relato marcadamente descritivo da secuencia asistencial e unha conclusión (que de practicárense todas as probas diagnosticadas adecuadas

e valorado correctamente os síntomas que presentaba o paciente podería iniciarse un tratamento que permitise controlar o infarto

cerebral que estaba a sufrir) que, en ausencia de todo respaldo probatorio é unha tese exclusivamente argumental que non pode

ser acollida por este Consello Consultivo.

E sobre a ausencia de toda proba que permita apreciar o vínculo causal que alega a parte recorrente, o xefe do Servizo de Neuroloxía conclúe o seguinte:

?A actuación médica levada a cabo, tanto polo servizo de Urxencias como á do servizo de Neuroloxía foi adecuada, coa realización

da probas diagnósticas indicadas e da monitorización do paciente?.

No mesmo sentido a coordinadora do Servizo de Urxencias entende que:

?O procedemento seguido en Urxencias como correcto e adecuado, acorde ás recomendacións de práctica clínica actuais nun hospital

de terceiro nivel asistencial. O paciente foi atendido de forma inmediata polo médico adxunto responsable e en todo momento

mantívose na Unidade de Monitores, con acceso ao soporte vital inmediato. Realizáronse con premura todas as probas necesarias

(TAC realizado ás 22:52 horas) e avisouse ao médico de neuroloxía, que atendeu ao paciente de forma simultánea co médico de

Urxencias dende o principio. Dado que o cadro e as probas complementarias non arroxaban un diagnóstico inicial claro, nun

paciente ao cal, antes da súa chegada ao hospital, habíaselle administrado unha benzodiacepina por vía intravenosa, optouse

por mantelo en estreita vixilancia monitorizado. Durante toda a súa estancia foi re-explorado repetidamente polo médico adxunto

de urxencias e o neurólogo de garda. Cando se detectou o empeoramento, avisouse de novo a neuroloxía, á vez que se puxeron

en marcha a batería de novas probas acordadas con eles. Por outra banda o intervencionismo non estaba indicado inicialmente

pola incerteza diagnóstica e dita actitude foi refrendada posteriormente polos achados anatómicos?.

E, o xefe do Servizo de Medicina Intensiva di que:

?A pesar da mala evolución do paciente que lamentamos todos os servizos implicados na súa atención, quixera manifestar en canto

á atención recibida, que foi adecuada en todo momento en canto a probas diagnosticas e tratamento pois o paciente non presentaba

unha clínica clara inicialmente, nin na exploración nin na TAC. Desde o principio mantívose monitorizado a fin de detectar

os cambios significativos da exploración neurolóxica. Cando se detectaron os mesmos realizáronse novas exploracións que descartaron

a posibilidade de reperfusión por estar permeables os vasos e realizáronse as intervencións adecuadas, drenaxe ventricular

e craniectomía descompresiva, dado que o tronco cerebral non estaba isquémico nese momento. Desgraciadamente a evolución foi

desfavorable?.

Con base nas consideracións xurídicas expostas debe concluírse que non se aprecia no expediente a concorrencia dos requisitos esixidos para dar acollida á reclamación presentada, que debe, así, ser

desestimada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Comunicación del contenido de los contratos a RLT y SEPE
Disponible

Comunicación del contenido de los contratos a RLT y SEPE

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información