Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 479 de 20 de diciembre de 2017

Tiempo de lectura: 39 min

Tiempo de lectura: 39 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 20/12/2017

Num. Resolución: 479


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don M., polos danos sufridos como consecuencia dunha caída producida ao pisar unha tapa da rede de sumidoiro mal colocada

Organismo: Concello de Covelo (Pontevedra)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data de 2.08.2016, don M., presenta reclamación de responsabilidade patrimonial dirixida ao Concello de Covelo por mor

de presuntas lesións sufridas o 23 de marzo de 2016 a consecuencia dunha caída producida ao pisar unha tapa da rede de sumidoiro

mal colocada nas inmediacións do barrio de Piñoi.

De acordo coa reclamación a caída debeuse ?al pisar una alcantarilla de agua la cual la tapa era más pequeña que el soporte me vine abajo cayendo dentro y ocasionándome

múltiples lesiones teniendo que ser recogido del sitio por una ambulancia?.

A contía da reclamación ascende a 17.609,76 euros máis os xuros legais correspondentes.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a el:

- Informes médicos aportados polo interesado.

- Informe emitido pola oficina técnica municipal o 17 de marzo de 2017.

- Informe emitido dende a Secretaría Municipal o 27 de marzo de 2017.

3.- Con data de 14.11.2017 emitiuse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación proposta.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do concello

de Covelo tendo entrada neste organismo o día vinte e nove de novembro de dous mil dezasete.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración local por contía superior a 15.000 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución Española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015).

Na proposta de resolución aplicase a normativa prevista na Lei 39/2015 e na Lei 40/2015 incorrectamente xa que o procedemento de responsabilidade patrimonial iniciase o 2.08.2016 e por tanto aplícase os

artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común (en

adiante LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial (normativa

aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015). Con todo, a efectos prácticos, non ten relevancia.

Ademais, tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe traerse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a

teor do cal: ?as entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?. En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento

de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

No presente caso, ha de sinalarse que o Concello de Covelo, en esencia, tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios,

da concesión do trámite de audiencia ao reclamante, da práctica das probas que se consideraron pertinentes, e da formulación

da correspondente proposta de resolución.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

- O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

- O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

- O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, debendo

ter presente que a inxerencia dun terceiro ou o comportamento da propia vítima son posibles circunstancias produtoras da ruptura

do nexo causal, se foron determinantes do dano, ou susceptibles de modular o alcance da responsabilidade da Administración,

graduando o importe da indemnización se, en concorrencia co funcionamento do servizo, contribuíron tamén á súa produción.

- O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

- A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Non obstante, a xurisprudencia ven modulando o carácter obxectivo da responsabilidade patrimonial, rexeitando que a mera titularidade do servizo determine a responsabilidade

da Administración respecto de calquera consecuencia lesiva relacionada co mesmo que se poida producir, o que suporía converter

á Administración en aseguradora universal de todos os riscos, co fin de previr calquera eventualidade desfavorable ou danosa

para os administrados que poida producirse con independencia do actuar administrativo, sendo necesario, polo contrario, que

eses danos sexan consecuencia do funcionamento normal ou anormal da Administración.

Pode así concluírse que para que o dano concreto producido polo funcionamento do servizo a un ou varios particulares sexa antixurídico

abonda con que o risco inherente a súa utilización pasase os límites impostos polos estándares de seguridade esixibles conforme

á conciencia social. Non existirá entón deber algún do prexudicado de soportar o menoscabo e, conseguintemente, a obriga de

resarcir o dano ou prexuízo causado pola actividade administrativa será a ela imputable.

Cuarta.-

Entrando no exame do fondo do asunto, cómpre, polo que o presente ditame se refire, a verificación da existencia, ou non, da relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión producida,

para o que é preciso partir da previa constatación dun dano, como ocorre no presente caso, no que se xuntan ao expediente

os informes da asistencia sanitaria prestada á interesada, nos que se recollen as lesións sufridas pola reclamante.

Con todo, a constatación deste dato non é suficiente para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo necesario xustificar a presenza dun vínculo causal que enlace o dano padecido co

funcionamento dun servizo público, o que se esixe, por principio, a demostración de que a caída se produciu, efectivamente,

nas circunstancias indicadas pola interesada, e que estas determinan a existencia dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento

do servizo asumido pola Administración á aquel que se imputa.

Ademais os informes médicos son de data de 31.03.2016, oito días despois da data na que supostamente caeu o reclamante.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles

o CCG 697/04, segundo a que a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión

causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión

(forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración (artigo 1214 do Código civil e actual 217 LEC) No mesmo sentido

postúlase a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral, acolle o principio de que a carga da proba da existencia

dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte actora (entre outras, sentenzas do 04.11.1997

e 30.10.1999).

Comezando, así, pola análise da relación de causalidade, da documentación que consta no expediente, así como da proba practicada, cabe salientar do informe do arquitecto municipal que conclúe:

?La arqueta se encuentra situada en el margen de la calzada, a un metro aproximadamente de la misma. No se trata de un sendero

ni de una zona peatonal, sino zona de terreno de monte abajo con pradera y matorral en la entrada de la misma. De día, y en

la actualidad, se puede apreciar perfectamente a pesar de la vegetación existente.

La arqueta está cerrada y dispone de tapa de fundición colocada en su lugar perfectamente encajada, resistente al tránsito de personas y vehículos como se puede apreciar.

En la actualidad, no existe señalización que avise de peligro alguno. Tampoco se considera aparentemente necesaria?.

Examinada a actividade probatoria conclúese, coincidindo coa proposta de resolución sometida a ditame, que non están probados os feitos determinantes da existencia dun vínculo causal entre as lesións

que padece a reclamante e o funcionamento do servizo público municipal de Administración, pois ningún dos elementos de proba

xuntados ao expediente xustifican que as lesións padecidas pola reclamante se produciran porque o Concello incumpriuse a normativa

de seguridade ou porque incumprira coa súa obriga de adecuado mantemento das infraestruturas.

En troques, o informe técnico do arquitecto municipal indica que a beirarrúa estaba en bo estado, e cumpría coa normativa vixente, sen que estas manifestacións sexan contraditas pola parte.

Quinta.-

A maior abastanza debe tomarse en consideración a regra xeral, acollida xa por este Consello Consultivo noutros ditames (por todos o CCG 30/00), segundo a cal é esixible aos viandantes o autocontrol da

súa propia deambulación, obriga esta que exclúe toda responsabilidade da Administración cando é crebada, por introducirse,

neste caso, un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa da vítima, circunstancia que, cando reúne

o requisito da exclusividade na vinculación co dano padecido, enerva toda responsabilidade da Administración, tal e como estableceu

de xeito reiterado o Consejo de Estado (entre outros no ditame do 01.07.1971) e a propia xurisprudencia do Tribunal Supremo

(sentenzas do 08.03.1967, 25.01.1974, ou 05.11.1974).

A apreciación da imputación da caída á esfera de responsabilidade da propia vítima é unha conclusión imposta polas propias circunstancias do caso pois, sendo apreciable que chovía e que a zona onde tivo

lugar a caída podía escorregar, a súa falta de apreciación tivo que obedecer necesariamente -ante a falta de constancia de

circunstancia impeditiva ningunha- a unha omisión da atención debida por parte da accidentada.

Neste sentido, como o Tribunal Supremo ten sentado, entre outras, en sentenzas do 27.10.1998 e do 03.05.2007 -en doutrina aplicada por este Consello Consultivo en numerosos ditames como o CCG 824/07-,

?Entre las diversas concepciones con arreglo a las cuales la causalidad puede concebirse, se imponen, en materia de responsabilidad

patrimonial de la Administración, aquellas que explican el daño por la concurrencia objetiva de factores cuya inexistencia,

en hipótesis, hubiera evitado aquel?. Engadidamente, hai que salientar o reforzamento do rigor con que a esixencia de proba da vinculación causal referida é esixida

na xurisprudencia en relación con reclamacións próximas á que nos ocupa, que teñen o seu fundamento nunha omisión por parte

da Administración nas funcións de conservación das vías da súa titularidade.

A este respecto na sentenza do Tribunal Supremo do 17.06.2014 se razoa como segue: ?A solidariedade nos riscos que fundamenta a institución da responsabilidade patrimonial como instrumento de resarcimento das

vítimas de danos producidos polo funcionamento dos servizos públicos de cara á xusta distribución das súas cargas e beneficios,

eís o seu carácter obxectivo, non pode confundirse cunha cobertura providencialista de todas as incidencias públicas que acontezan

en lugares de titularidade pública, sendo precisa a concorrencia dos presupostos legalmente esixidos?.

Como o Tribunal Supremo ten establecido en reiterados pronunciamentos dos que é mostra o realizado en sentenza do 30.09.2009, ?la prestación por la Administración de un determinado servicio público y la titularidad por parte de aquélla de la infraestructura

material para su prestación no implica que el vigente sistema de responsabilidad patrimonial objetiva de las Administraciones

Públicas convierta a éstas en aseguradoras universales de todos los riesgos con el fin de prevenir cualquier eventualidad

desfavorable o dañosa para los administrados que pueda producirse con independencia del actuar administrativo, porque de lo

contrario se transformarla aquél en un sistema providencialista no contemplado en nuestro Ordenamiento Jurídico (SSTS de 30.09.2003

y las que cita), sino que es necesario que el riesgo inherente a su utilización haya rebasado los límites impuestos por los

estándares de seguridad exigibles conforme a la conciencia social (SSTS de 15.12.1997), lo que se estima no consta en el presente

caso. Por ello el recurso tiene que ser desestimado?.

En consecuencia, logo da análise do conxunto do expediente cabe concluír que a hipótese máis plausible é a de que o factor determinante do accidente foi

a conduta da propia vítima, tanto pola súa distracción e descoido ante as circunstancias especiais da zona pola que deambulaba.

Enténdese así aplicable a doutrina deste Consello recollida en numerosos ditames (CCG 420/07, 177/12, 498/12, 431/13 ou 649/14,

entre outros) sobre a necesidade de autocontrol da propia deambulación que é esixible das persoas que utilizan as instalacións

públicas de xeito que corresponde a estas avaliar os riscos que pode ter un actuar pouco atento ás circunstancias.

Deste xeito, ao residenciarse a orixe do accidente na esfera de imputabilidade da vítima, nin o accidente nin as súas consecuencias lesivas, por lamentables que resulten, poden atribuírse ao concello que

determina a procedencia da desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)
Disponible

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)

V.V.A.A

76.50€

72.67€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información