Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 473 de 13 de diciembre de 2017

Tiempo de lectura: 17 min

Tiempo de lectura: 17 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 13/12/2017

Num. Resolución: 473


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don M., en representación de dona M. polos danos derivados da salpingitis y ooforitis

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Arquivo

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data de 08.04.2013 preséntase reclamación de responsabilidade patrimonial por parte de don M. en representación de dona

M. polos danos derivados da ?salpingitis y ooforitis? no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

A contía fixada como indemnización reparatoria ascende a 600.000 euros.

2.- Instruído o expediente e auditado o interesado, formulouse proposta de resolución de arquivo do expediente.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día vinte e catro de novembro de dous mil dezasete.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Como quedou reflectido nos antecedentes, sométese a ditame deste órgano consultivo unha proposta orientada ao arquivo das actuacións.

Atopámonos así ante unha forma de terminación do procedemento (artigo 87.1 LRXPAC), regulada nos artigos 42 e 71 da LRXPAC, que implica un apartamento voluntario do interesado.

En concreto, estes preceptos establecen que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos precisos para a súa tramitación, requirirase ao interesado para que,

nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se

terá por desistido da súa petición. Nos casos de desistencia da solicitude, a resolución consistirá na declaración da circunstancia,

con indicación dos feitos producidos e as normas aplicables.

Trasladando as anteriores consideracións ao presente caso, constan toda unha serie de comunicacións dirixidas ao domicilio da interesada sinalado no encabezamento da reclamación: Cabo

Vila, nº X, Teo, CP 15866, A Coruña.

Tamén constan diversas solicitudes de información ao Xulgado, recibíndose resposta do Xulgado de Instrución núm. 2 de Santiago de Compostela en 14/09/2017, na que comunica que en todo

caso dita documentación debe ser solicitada a interesada.

Tras esta indicación, consta nova comunicación por parte da Administración, esta vez dirixida á interesada, e non ao seu procurador, e novamente no domicilio desta sinalado na reclamación -Cabo Vila,

nº X, Teo, CP 15866, A Coruña. Así mesmo, consta a recepción da mesma en 5/10/2017. Nesta comunicación indicábase expresamente

que ?Dispón vostede de 10 días para a súa remisión, en caso contrario procederemos ao arquivo das actuacións por incomparecencia?.

Non consta que a interesada atendese este requirimento. Hai que engadir que dende a reclamación presentada en 10/04/2013, non consta que se realizase ningunha actuación por parte da interesada ou o

seu representante.

Así as cousas, ante a manifestación do interesado de desistir da súa solicitude, a Administración ?aceptará de plano? tal desistencia e ?declarará concluso o procedemento?, mediante resolución na que se declare tal circunstancia (artigo 42.1 LRXPAC), salvo que, téndose personado no procedemento

terceiros interesados, estes instasen a súa continuación (o que non acontece no presente caso, sen que tampouco se aprecie

pola Administración que a cuestión suscitada pola incoación do expediente entrañe interese xeral ou fora conveniente substanciala

para a súa definición ou esclarecemento, aos efectos de seguir o procedemento, limitando os efectos do desistencia ao interesado,

conforme prevé o artigo 91.3 LRXPAC). En consecuencia, como sinala a STS do 23.6.1987, ?el desistimiento del particular no puede tener lugar sin la decisión de la Administración, de manera que exige siempre un

acto administrativo de aceptación, siquiera sea un ?acto debido? normalmente, pero que puede no serlo; tal ocurre cuando hay

terceros interesados que se oponen (?).?

Tendo en conta o anterior, e tal e como se indicou en ditames precedentes (por exemplo, CCG 814/2002, 540/2003, 546/2007 ou 947/2007) procede a adopción dunha resolución na que se faga constar a circunstancia

da desistencia e fundamentar sobre ela a conclusión do procedemento e o arquivo das actuacións. Neste sentido, o contido

da proposta recolle, tal e como é obrigatorio, xunto á relación fáctica, a debida fundamentación xurídica. Polo tanto, o procedemento

seguiu a tramitación prevista nos artigos 139 e seguintes da LRXPAC e no Regulamento dos procedementos das administracións

públicas en materia de responsabilidade patrimonial.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade de todos os seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.