Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 467 de 05 de diciembre de 2017

Tiempo de lectura: 31 min

Tiempo de lectura: 31 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/12/2017

Num. Resolución: 467


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C., en nome e representación de don V. polos danos derivados dunha caída no baño e fracturarse o fémur no Complexo Hospitalario de Ourense onde estaba ingresado

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Don V. presenta, en data do 29.05.2017, reclamación de responsabilidade patrimonial por presuntos danos derivados dunha caída

no baño ao fracturarse o fémur no Complexo Hospitalario de Ourense onde estaba ingresado.

2.- A cantidade reclamada como indemnización reparatoria é fixada polo reclamante en 100.000 euros.

3.- Instruído o procedemento e logo de auditado o interesado, formulouse polo órgano instrutor proposta de resolución en sentido

desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 24.11.2017.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único,

para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e

inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. O dito nexo debe ser exclusivo sen interferencias estrañas

de terceiros ou do lesionado. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización

dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva,

para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre

a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

coa denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Analizado o anterior e tendo en conta os elementos técnicos da institución a que nos referimos expostos nas consideracións precedentes, pasamos a examinar o fondo da reclamación presentada.

A principal imputación do reclamante radica en que o accidente se debeu a que o solo do aseo estaba en mal estado, totalmente mollado, considerando o accionante que este feito é perfectamente previsible

e emendable coa presenza dunha auxiliar de enfermaría que acompañase ao paciente no aseo en tanto que, considera, son obrigas

do hospital, manter en perfecto estado os aseos, os solos, a súa limpeza e as axudas aos pacientes. En definitiva, considera

que hai relación de causa - efecto entre a caída do paciente debida ao mal estado do aseo e falta de supervisión e o dano

sufrido.

Fronte a estas consideracións, a Administración fundamenta a súa proposta desestimatoria no informe da directora de Enfermería, do 22.09.2017, realizado a solicitude da instrutora do procedemento

para explicar as circunstancias nas que se produciron os feitos:

?1º.- Los hechos relatados en la reclamación carecen de la más mínima prueba y no se ajustan a la realidad.

2º.- En modo alguno se encontraba el pavimento del cuarto de baño en mal estado, ni la causa de la caída fue que no estuviese acompañado de personal para la realización del aseo.

3°.- El paciente ingresa por angina de esfuerzo, consciente y orientado, sin dolor e independiente para ABVD, paseando por la unidad libremente, levantándose y paseando tanto sólo como acompañado de

hijo, sin necesidad de otros servicios especiales, ni tampoco solicitando ningún tipo de ayuda especial.

4°.- En la reclamación formulada por el letrado don C., en representación del paciente don V., se recogen varias cuestiones que es

necesario resaltar:

a) En el Hecho Primero se señala que el ?paciente evoluciona favorablemente?, reiterando lo señalado en el anterior apartado

3° de este escrito.

b) En el Hecho Segundo se señala que el paciente se encontraba realizando su aseo personal matinal, no hallándose en el baño

ninguna otra persona ?resbaló en el suelo del cuarto de baño?; en el Hecho Sexto se señala que ?el suelo del aseo del Hospital

de Ourense se encontraba en mal estado totalmente mojado? en el apartado Jurídico relativo a la Relación de Causalidad se

señala que los daños causados ?tienen su origen directo en el deficiente estado del pavimento del cuarto de baño y ausencia

de personal?.

Es evidente la contradicción: de una parte se dice que resbaló y en otra que el pavimento se encontraba en mal estado.

El suelo de los baños se encuentra en perfecto estado y en modo alguno fue la causa del siniestro, existiendo un servicio de mantenimiento y limpieza permanente, acudiendo el personal en cualquier

momento que sea necesario o requerido.

La realidad es que el paciente se había duchado, tal y como lo había realizado los anteriores días y la caída bien pudo ser debida a que el paciente resbaló de forma accidental o al golpearse contra algún

elemento de la ducha, pero en modo alguno puede achacarse a un defectuoso mantenimiento de las instalaciones sanitarias,

las cuales son utilizadas por otros pacientes y no se ha producido la caída de ninguno.

5º.- También se alega como segunda posible causa de la caída la ausencia de personal para la realización del aseo diario, lo cual no podemos compartir, puesto que el paciente nunca solicitó el auxilio

para su aseo, era persona independiente, no necesitaba de personal para tales funciones y lo que es más importante, los anteriores

días había realizado el mismo su aseo y no necesitaba ni pidió la ayuda de ningún personal.

6°.- En todo caso, lo alegado por el paciente reclamante carece de la más mínima prueba y él mismo reconoce que cuando acontecieron los hechos se encontraba solo (Hecho Segundo), por lo cual su versión

es unilateral y sin prueba alguna ??.

Polo tanto, a cuestión radica nun thema probandi. Como xa se manifestou noutros ditames deste Consello (por todos eles o núm. CCG 481/09) a carga da proba da existencia dun

dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde

certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión (forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración

(artigos 217 da Lei de axuizamento civil, artigos 5.3 e 6.1 do RPAPRP).

Pois ben, analizando as actuacións seguidas na tramitación do expediente, colíxese que non resulta xustificado de xeito suficiente aquel vínculo causal por canto, ademais de que o informe da directora

de Enfermaría descarta a deficiencia alegada polo reclamante, tampouco o accionante desenvolveu actividade ningunha no tocante

a probar os feitos nos que basea a súa reclamación, ou a desvirtuar as rotundas afirmacións do informe.

Doutra banda, tanto a idade do reclamante -83 anos- como o feito por el recoñecido de que a caída se produciu cando se atopaba realizando o seu aseo persoal, fan pensar nun escorregamento ao saír da

bañeira ou prato da ducha, incidente por desgraza moi común, e que pode ter lugar á marxe de calquera tipo de asistencia sanitaria.

Tampouco consta no expediente ningún tipo de protocolo ou informe do que resulte o deber ou a necesidade de poñer a presenza

dunha auxiliar de enfermaría que acompañase ao paciente no aseo, esixencia que debería ponderarse en función da situación

concreta do paciente, e que semella desproporcionada para este concreto suposto.

Quinta.-

En conclusión, para os efectos de realizar un pronunciamento sobre a contraposición de posturas cristalizadas no expediente, hai que partir da regra xeral, reiterada por este Consello Consultivo

en numerosos ditames -por todos, cítase o CCG 148/06-, segundo a cal, con carácter xeral, a proba da vinculación do dano co

funcionamento do servizo público corresponde ao reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente no noso dereito do agora

derrogado artigo 1.214 do Código Civil, obtense na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil,

que grava ao actor coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas

a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

Como xa se sostivo en anteriores ditames, entre outros, no CCG 1101/07, con esta regra xeral interactúa outro criterio básico aplicable no eido das reclamacións de responsabilidade patrimonial no ámbito

sanitario, que, polo marcado carácter técnico da materia sobre a que versan, introduce importantes restricións na marxe de

apreciación dos feitos e o material probatorio a eles atinxente.

Ponderando estas circunstancias e conxugándoas coa nula actividade probatoria do reclamante, extráese a conclusión de que, no presente caso non se aprecia a existencia de ningún elemento que, ante a insuficiencia

do mero resultado lesivo nunha prestación de medios, vincule a dita asistencia co referido dano.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información