Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 462 de 31 de mayo de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...yo de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 462 de 31 de mayo de 2023

Tiempo de lectura: 82 min

Tiempo de lectura: 82 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 31/05/2023

Num. Resolución: 462


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R., polos danos e perdas tras o diagnóstico e posterior tratamento e intervención cirúrxica da súa doenza no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Quintana Acebo

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Desfavorable

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 23.5.2022, R. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde. No escrito realiza un relato

da asistencia sanitaria prestada logo de ser diagnosticado de polipose adenomatosa familiar (PAF). Así, indica que foi sometido

a unha colectomía total laparoscópica en outubro do 2019, e o 7.6.2021 ingresou no Complexo Hospitalario de Ourense (en diante,

CHOU) para unha intervención programada de reconstrución de tránsito que non se puido realizar polos achados intraoperatorios

e sinala que nesa intervención produciuse unha lesión na vexiga que vincula coa falta de planificación de dita operación.

Así indica:

?(?) En general el tratamiento de elección de los tumores desmoides de la pared abdominal es quirúrgico para asegurarse de

los márgenes libres por la posibilidad de recurrencia e infiltración de estructuras vasculares, nerviosas o compresión visceral.

Por ello, se recomienda realizar una RMN como predictora de resecabilidad por su capacidad para evaluar las relaciones con

otras estructuras ya que aporta información sobre el tamaño, la extensión y las relaciones anatómicas.

Existe la alternativa de utilizar radioterapia para controlar las lesiones irresecables y disminuir el riesgo de recurrencia

local cuando el margen de reserción está cerca del tumor.

En este caso, la lesión de la vejiga está asociada a esta falta de planificación, lo cual no quiere decir que no pudiera haberse

producido igual, pero, de forma prevista y controlada podría haberse planificado la zona de resección evitando la estanqueidad

vesical así como la creación de falsas expectativas respecto a la reconstrucción del tránsito gastrointestinal y retirada

de la bolsa de colostomía.

(?)?.

Solicita unha indemnización de 157.230,21 euros.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse a historia clínica do paciente e informe do Servicio de Cirurxía Xeral e Aparato

Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (do 5.8.2022).

3.- No trámite de audiencia, o interesado presentou escrito o 20.10.2022, no que refire ?que a la vista del expediente y más en concreto del informe de jefe de servicio de Cirugía General y Aparato Digestivo se

solicita plazo de un mes para poder aportar informe pericial al objeto de poder rebatir las conclusiones de dicho informe?.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (3.11.2022).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día 14.12.2022.

6.- Con data 11.1.2023, a Sección de Ditames deste Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ao abeiro do previsto no artigo

34.4 do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18

de xuño, acordou devolver o expediente, para completar as actuacións nel sinaladas.

7.- O expediente tivo de novo entrada neste Consello Consultivo con data 5.3.2023.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC) (aspectos procedementais)

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou

sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites

do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que

impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os

supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón

tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade

que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do

criterio de normalidade.

Cuarta.

Así expostos os presupostos básicos que condicionan o tipo de procedemento susbtanciado neste expediente, procede analizar

a súa proxección sobre os particulares aspectos de fondos suscitados por aquel.

Como punto de partida do referido exame debemos deslindar o ámbito propio da queixa na que se apoia a reclamación: así o paciente

denuncia a falta de estudio preoperatorio na intervención á que foi sometido o 7.6.2021 no Complexo Hospitalario Universitario

de Ourense. Pois ben, corresponde arestora analizar a historia clínica remitida e os informes médicos que constan nela, confrontando

así as afirmacións vertidas pola parte reclamante na súa solicitude de imputación de responsabilidade.

No expediente remitido consta que R., nado en 1972, foi diagnosticado de polipose colónica, polo que foi intervido o día 11.10.2019

realizándose ?colectomía total laparoscópica?. Durante a hospitalización, presentou dor de abdome polo que precisou intervención cirúrxica urxente o día 23 de outubro,

practicándose resección, peche de toco, ileostomía terminal, diverticulectomía.

Foi dado de alta o día 26.11.2019 con ileostomía funcionante.

O día 8.6.2021 ingresou para cirurxía programada de reconstrución de tránsito gastrointestinal, e segundo consta no curso

clínico da intervención: ?dado los hallazgos intraoperatorios se descarta realizar reconstrucción?. O informe do Servizo de

Cirurxía Xeral e Aparato Dixestivo emitido na instrución do procedemento, do 5.8.2022 ofrece a seguinte explicación sobre a causa que impediu a dita reconstrución do tránsito e así refire:

?Se desestimó realizar la reconstrucción del tránsito gastrointestinal prevista dada la imposibilidad de conseguir una buena

exposición/disección del muñon rectal sano dada la presencia de una intensa fibrosis pélvica. A pesar de realizar diferentes

maniobras intraoperatorias como el uso de dilatores para intentar cañizar el muñón y proseguir en la disección. Por lo que

dado el elevadísimo riesgo de iatrogenia intraoperatorio y complicaciones postoperatorias se decidió mantener el estoma previo,

al que el paciente estaba bien adaptado.

Está recogido textualmente en el consentimiento informado firmado por el paciente en la consulta ?Cabe la posibilidad de que

durante la cirugía haya que realizar modificaciones del procedimiento por los hallazgos intraoperatorios, para proporcionarle

el tratamiento más adecuado. Aunque no es frecuente, cabe la posibilidad de que se necesite realizar un nuevo estoma de protección

de la sutura realizada o excepcionalmente que no se puede realizar dicha unión por fibrosis o adherencias intestinales??.

Durante esta intervención, produciuse unha lesión iatroxénica vesical que se suturou con sutura mecánica. O informe do servizo

amosa a seguinte explicación:

?La incidencia de lesiones vesicales durante la cirugía programada del recto se sitúa en torno al 2 % (5). Este porcentaje

se ve incrementado en caso de intervenciones previas por la presencia de adherencias y/o fibrosis que distorsiona la anatomía

original.

La lesión vesical intraoperatoria se produjo durante el intento de disección del muñón rectan, ya que existía una intensa

fibrosis a dicho nivel, con un descenso de cúpula vesical que bloqueaba la entrada a nivel del promontorio pélvico, lo cual

nos impidió individualizar estructuras, produciéndose la lesión durante el intento de acceso al muñón. Ante la sospecha de

lesión, se hicieron las comprobaciones debidas intraoperatoriamente y se avisó al servicio de urología, completando la reparación,

con buen resultado postoperatorio, sin complicaciones asociadas salvo la discreta disminución de la capacidad vesical?.

O paciente foi dado de alta o 5.7.2021 co seguinte diagnóstico: ?laparotomía exploradora+exéresis de tumoración de pared abdominal+sutura

vesical+eventroplastia con malla retromuscular (separación posterior de componentes)-imposibilidad para reconstrucción del

tránsito GI?.

Quinta.

Logo deste relato secuencial, corresponde, agora, analizar os reproches formulados pola parte reclamante nos seus escritos

e nos que basea a súa petición de responsabilidade patrimonial. No caso que analizamos, o exame da concorrencia dun nexo causal

non se pode abordar dende una análise de acción ningunha, senón das omisións da Administración sanitaria que a parte reclamante

denuncia. Así neste casos, a xurisprudencia ten insistido na análise da esixibilidade de condutas ou accións e da reprochabilidade

xurídica de tales omisións (sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, núm. 816/2001, do 28 de setembro)*.

*?Debemos recordar ahora que la responsabilidad a título de omisión presenta una problemática singular, pues mientras en la

que se genera a título de acción la construcción del nexo causal, además de depuraciones inmediatas de la misma, ha de atender

a un examen primario de la fácticidad, en los supuestos de omisión debe examinarse primariamente la existencia de una obligación

cuyo incumplimiento por la Administración permite fundar la relación causal. Esto es así porque siendo infinitas las acciones

posibles para la evitación de un daño sólo del incumplimiento de una acción o actividad legalmente debida puede surgir dicha

responsabilidad a riesgo, en caso contrario, de construir el instituto de la responsabilidad patrimonial como una suerte de

aseguramiento universal?.

Así o señor R. considera que existiu unha falta de planificación na terceira intervención cirúrxica á que foi sometido no

CHOU, porque era necesario, segundo afirma realizar previamente unha tomografía computarizada abdominal trala cirurxía da

polipose adenomatosa practicada en outubro do 2019.

Así no escrito inicial, sinala:

?(?) Los estudios realizados tras el diagnóstico de PAF indicaban la posibilidad de asociación de manifestaciones extracolónicas,

con alta sospecha de asociación a la producción de un tumor desmoide, aislado o en el contexto de un síndrome de Gardner.

La cirugía previa (en el intervalo temporal previo de contexto síndrome de Gardner, indicaban una elevada posibilidad de presentar este tumor a nivel intraabdominal.

En este contexto y previo a la cirugía, las guías clínicas indicaban la realización de pruebas de imagen para explorar la

posibilidad de un tumor desmoide asociado y/o planificar el tratamiento de reconstrucción quirúrgica.

Estas pruebas no fueron realizadas. El hallazgo intraoperatorio del tumor y la falta de planificación, complicaron la cirugía

con una lesión iatrogénica de la vejiga y una imposibilidad de reconstrucción del tránsito intestinal frustrando así las expectativas

del paciente ante el resultado propuesto de esta intervención (?)?.

Na tramitación do procedemento, o reclamante achegou informe pericial asinado polo doutor L. especialista en Cirurxía Xeral

(do 20.1.2023), que sobre este aspecto refire expresamente:

?(?) En 2003, Annals of Gastroenterology publica un artículo de investigación en referencia al estudio postoperatorio y seguimiento

tras cirugía total de colon con anastomosis ileo rectal y mucosectomia ? resección de la mucosa del recto remanente ? para

la prevención de crecimiento de nuevos pólipos en el cabo rectal, y la evaluación regular de la anastomosis ileorectal con

rectoscopia para la detección de la aparición de nuevos lólipos localmente ? en la anastomosis o en la mucosa rectar no resecada

-, así como una regular revisión clínica mediante examen endoscópico del estómago, y clínico radiológico (TC /RM /Ecografía)

de la cavidad abdominal y la pared para la detección de posibles tumores demoides o cualquier otra patología. Esta actitud

en el seguimiento permite la detección de la neoformación de pólipos en el cabo rectar remanente ? muñón recta-, el conocimiento

del estado de ese remanente rectal previo a la indicación y decisión de reconstrucción del tránsito, así como la noticia mediante

pruebas de imagen de la presencia de otras lesiones que con frecuencia acompañan este síndrome, como son los implantes en

la pared abdominal, que se evidenció en el caso presente, evitan sorpresas desagradables.

(?)

Es importante conocer cómo se describen en el protocolo quirúrgico los hallazgos intraabdominales durante la cirugía con intención

de reconstruir el tránsito intestinal, tras las maniobras de entrada en la cavidad, en que se tuvo que resecar una tumoración

? incidental ? de pared abdominal en el espesor del recto anterior izquierdo y surgieron problemas con la vejiga y la disección

de la pelvis para localizar el muñón rectal.

Se dejan anotadas más arriba las estrategias de seguimiento y las exploraciones recomendadas previas ? además de los análisis

de sangre preceptivos, la exploración del muñón rectal mediante rectoscopia, y la exploración del tramo de intestino delgado

remanente mediante ileoscopia, así como Tc abdominal y/o Resonancia y/o ecografía abdominal ? a la indicación de la reconstrucción

del tránsito intestinal ? desmontaje de la ileostomía y nueva anastomosis ileorectal ? cuyo objetivo es, además de conocer

la evolución clínica del procedimiento realizado previamente, el de diagnosticar posibles otros procesos desconocidos, o de

nueva generación, o no accesibles en la exploración clínica básica, que se pondrán de manifiesto, de existir, mediante las

exploraciones complementarias analíticas instrumentales o radiológicas reseñadas?.

Precisamente o contido deste informe pericial achegado pola parte foi asumido polo xefe de Servizo de Cirurxía Xeral e Aparato

Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que en informe do 28.2.2023, sinala :

?(?) Dicho peritaje realizado por el Dr. L., especialista en Cirugía General y del Aparato Digestivo, se ajusta a nuestro

informe, con fecha de 5 de agosto de 2022. Solamente puntualizar que el Dr. L. recalca algún punto como en la descripción de la técnica correcta sobre anastomosis

digestivas tal como figura en los distintos tratados y monografías, y que nosotros aceptamos y nos ajustamos a ella, como

no podía ser de otra forma?.

Sexta.

A actuación do servizo público sanitario impón unha obriga de medios precisos que deben ser postos a disposición do fin último

que é acadar a curación do enfermo. Como indicou o Tribunal Superior de Galicia, na sentenza do 13.4.2016 (recurso de apelación

37/2016), a obriga deste servizo público ?no puede concebirse como una obligación de resultado, la sanación completa del individuo, sino de medios?.

En efecto, tense insistido desde este órgano consultivo que esta obriga ten que vir dada por unha actuación proporcionada

e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios diagnósticos e de tratamento que

razoablemente resulten precisos, atendidas as circunstancias que se presentan; é dicir, do factor humano sobre o que se actúa

e conforme ás técnicas vixentes en función do coñecemento da práctica sanitaria. Neste senso a sentenza do Tribunal Supremo

do 23.1.2012, recurso de casación 43/2010, sinala:

?(?) Y, así a los servicios públicos de salud no se les puede exigir más que una actuación correcta y a tiempo conforme a

las técnicas vigentes en función del conocimiento de la práctica sanitaria. (?) aunque la incertidumbre en los resultados

es consustancial a la práctica de la medicina (circunstancia que explica la inexistencia de un derecho a la curación), los

ciudadanos deben contar frente a sus servicios públicos de salud con la garantía de que, al menos, van a ser tratados con

diligencia aplicando los medios y los instrumentos que la ciencia médica posee a disposición de las administraciones sanitarias?.

Como expresa a sentenza do Tribunal Supremo do 25.5.2010, recurso de casación 3021/2008, ?han de ponerse los medios precisos para la mejor atención?.

Pois ben, no presente caso atendendo ao curso clínico que figura no expediente remitido e os informes técnicos, este órgano

consultivo puido comprobar que non se cumprimentaron os protocolos de actuación no seguimento postcirúrxico do señor R., en

concreto non se fixeron as probas de imaxe que refire o informe pericial aportado pola parte e asumido polo xefe de Servizo

de Cirurxía Xeral, tales como ?examen endoscópico del estómago y clinico radiológico (TC/RM/Ecografía)? da cavidade abdominal e da parede coa finalidade da ?deteccción de posibles tumores desmoides o de cualquier otra patología?.

Así o informe pericial indica que trala realización de calquera acto cirúrxico desenvolvese unha cascada de acontecementos

bioquímicos y tisulares ?que conllevan el desarrollo de adherencias entre las asas intestinales, de mayor o menor intensidad y firmeza, en relación

con la manipulación de las asas intestinales, su desecación y deserosamiento, la presencia de acúmulos de sangre, la presencia

de colecciones purulentas, etc, que dificultan la realización de una subsiguiente cirugía (...)?.

A xuízo do perito de parte ?(...) La causa por tanto de la imposibilidad de concluir eficazmente la reconstrucción del tránsito

intestinal se deriva de las alteraciones locales que se produjeron tras la fuga de la anastomosis consecuencia de la acción

de los fluidos extravasados que se concretaron en una intensa fibrosis cicatricial inexpugnable?.

Resulta esencial á hora de examinar a adecuación da asistencia sanitaria recibida á lex artis ter presente na especial condición

do estado do señor R. que o propio informe pericial caracteriza e cualifica dun xeito gráfico como ?campo minado? o que requiría

en consecuencia que se adoptasen todas as medidas ao alcance da técnica médica para poder abordar a reconstrución gastrointestinal

e entre elas a práctica de probas que permitisen unha maior seguridade nas actuacións a realizar. Así indica expresamente:

?(...) Las condiciones del campo quirúrgico, tras dos cirugías previas, una de ellas con datos de infección y colecciones

muy agresivas, se encuentra absolutamente distorsionado como consecuencia del proceso inflamatorio y cicatricial, por lo

que es obligado extremar las precauciones a la hora de realizar cualquier gesto quirúrgico, empleando las mayores cautelas

en la disección de un ?campo minado? , por múltiples adherencias con distinto grado de firmeza, en evitación de realizar acciones

que puedan aumentar la morbimortalidad quirúrgica?.

O diagnóstico e consideracións realizadas polo perito non só non foron desvirtuadas polo informe do servizo ao que se deu

traslado del senón que mostrou a súa conformidade co mesmo.

En consecuencia, e de acordo con toda a documentación e elementos dos que dispoñemos, entendemos que a condición do señor

R. esixía extremar o control preoperatorio para a terceira intervención á que foi sometido na que se propoñía a reconstrución

do tránsito gastrointestinal, o que loxicamente esixía a realización de probas radiolóxicas que é claro houberan permitido

ter un completo coñecemento do seu estado, o que ao noso xuízo, reiteramos, resultaba necesario tendo en conta a complexa

situación que debía ser tratada polos servizos médicos. O paciente requiría dun exhaustivo seguimentos entre a segunda e a

terceira intervención que non tivo lugar, a pesar de estar indicado, por medio das correspondentes probas de imaxe, que certamente,

permitirían advertir circunstancias sobrevidas como o tumor desmoide ao que se alude polo reclamante e unha maior e completa

planificación da terceira intervención.

Polo tanto, este órgano consultivo considera que non se proporcionaron ao reclamante os medios precisos e dispoñibles no sistema

público sanitario durante o proceso asistencial o que supuxo un deficiente funcionamento do servizo sanitario polo que se

determina a responsabilidade patrimonial da Administración.

Sétima.

En canto ao quantum indemnizatorio, a parte reclamante ao amparo da Lei 35/2015, do 22 de setembro, de reforma do sistema para a valoración dos

danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación, -sistema que a devandita lei cualifica expresamente como

de referencia para a avaliación dos danos e perdas sobrevidos con ocasión da asistencia sanitaria (disposición adicional terceira)-

solicita unha indemnización total de 157.230,21 euros, desagregada en tres conceptos: perda temporal de calidade de vida correspondente

ao período 7.6.2021 ata 5.7.2021 que coincide co ingreso hospitalario da terceira intervención, as secuelas da ileostomía

e un terceiro concepto referido á perda permanente de calidade de vida en grao moderado.

Pola contra, a proposta de resolución, en coherencia coa desestimación íntegra que postula, nada refire en relación con este

aspecto.

Respecto do cálculo da indemnización ha de partirse de que, na actualidade, o artigo 34.2 da LRXSP prevé: ?Nos casos de morte ou lesións corporais poderase tomar como referencia a valoración incluída nos baremos da normativa vixente

en materia de seguros obrigatorios e da Seguridade Social?. Polo tanto, a lei remite, como posible baremo a utilizar, ao previsto na normativa vixente en materia de accidentes de circulación.

Neste senso e como xa ten sinalado este órgano consultivo (CCG 267/2009, CCG 67/2015, CCG 407/2018, CCG 421/2021), as táboas

de indemnizacións para accidentes de tráfico serían de aplicación tan só orientativas no ámbito da responsabilidade sanitaria,

pois como indicou o Tribunal Constitucional na súa sentenza 181/2000 non teñen carácter vinculante. Así o lembra, tamén, o

Tribunal Supremo en reiteradas ocasións, que:

?los baremos aprobados por la Administración para calcular los daños personales derivados de accidentes de tráfico han sido utilizados por la jurisprudencia para valorar esos mismos daños cuando

hayan sido producidos dentro del ámbito de la Administración sanitaria o de otros ámbitos distintos del de la responsabilidad

de las compañías aseguradoras de vehículos de motor simplemente con carácter orientativo, sin que esa aplicación excluya la

necesidad de valorar todas las circunstancias que concurran en cada caso para lograr la total indemnidad del daño causado?,

(sentencias de 3 de diciembre de 2012, recursos casación 815/2012 y 2892/2011, y sentencia de 14 de 14 de octubre de 2014,

recursos de casación 2499/2013)?.

Pois ben, no caso que arestora nos ocupa, tras ponderar os elementos que están presentes no asunto examinado e tendo en conta

os conceptos que necesariamente deben formar parte da indemnización que debe percibir o reclamante, especialmente os efectos

da ileostomía e a relevante e definitiva perda de calidade de vida que lle quedou ao reclamante a raíz da neglixente asistencia

sanitaria recibida, e en relación con todas as circunstancias das que coñecemos no expediente y que concorren no paciente

como a súa idade, antecedentes, limitacións temporais na súa vida diaria e calquera outros, considérase axustado establecer

a indemnización global de 150.000 euros, cantidade que deberá entenderse actualizada á data de emisión do presente ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire, debendo ser

indemnizada a parte reclamante na cantidade de 150.000 euros?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información