Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 460 de 13 de diciembre de 2017

Tiempo de lectura: 31 min

Tiempo de lectura: 31 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 13/12/2017

Num. Resolución: 460


Cuestión

Revisión de oficio

Resumen

Revisión de oficio da Resolución da Consellería do Mar do 12 de maio de 2016 pola que se acorda declarar a procedencia do reintegro parcial da subvención percibida por V. pola axuda de prima non renovable vinculada á paralización definitiva do buque pesqueiro E.

Organismo: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Don V. solicitou, ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en

réxime de concorrencia competitiva de axudas de carácter socioeconómico cofinanciadas nun 75% co Fondo Europeo de Pesca, unha

axuda económica de prima non renovable vinculada a paralización definitiva do buque pesqueiro E.

2.- O 31.12.2014 a conselleira do Medio Rural e do Mar dita resolución pola que concede a don V. unha axuda de prima non renovable

vinculada á paralización definitiva do buque pesqueiro E., por importe de 10.500 ?, que foi pagada o 1 de abril de 2015.

3.- O 26.03.2016 iníciase un expediente de reintegro parcial da subvención ao detectar nun control posterior á concesión da solicitude

que don V. accedeu á xubilación o 23.04.2015.

Con data do 12.05.2016 a secretaria Xeral Técnica da Consellería do Mar, por delegación da Conselleira, dita resolución pola que se declara o reintegro parcial da referida subvención.

4.- Con data do 14.07.2017 don V. solicita a revisión de oficio da resolución de reintegro do 12.05.2016 pola que se declaraba

a procedencia de reintegro parcial da subvención por importe de 9.862 euros, máis os xuros de mora correspondentes, concedida

a don V.

5.- Con data do 09.11.2017, a Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Mar, por delegación da conselleira dita proposta de resolución

?pola que declara a nulidade de pleno dereito da resolución adoptada pola Consellería do Mar de 1 de maio de 2016 pola que

se acorda declarar a procedencia do reintegro parcial da subvención percibida por don V. por importe de 9.862 ? xunto cos

xuros de mora correspondentes así como a resolución da Consellería do Mar de 30 de novembro de 2016 pola que se desestima

o recurso de reposición contra a anterior?.

A causa de nulidade de pleno dereito invocada é a recollida na letra e) do artigo 47.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, por entender que o reintegro parcial da subvención ?non ten encaixe legal en ningunha causa de reintegro, pois a resolución de axuda é de 31 de decembro de 2014, data na cal

don V. cumpría con todos e cada un dos requisitos establecidos no artigo 6.B) da Orde e non consta que se producise incumprimento

tampouco das condicións e obrigas establecidas na propia resolución de concesión da axuda?.

6.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora conselleira do

Mar, tendo entrada neste organismo o día 14.11.2017.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O contido do expediente sometido a ditame responde á revisión de oficio dun acto que se entende viciado por causa de nulidade de pleno dereito das previstas no artigo 47 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,

particularmente no seu apartado 1, e) revogable, polo tanto, pola vía do artigo 106 da lei. Tal é o sentido que se desprende

de forma inequívoca da citada proposta de resolución, constituíndo o fundamento legal do procedemento instruído, en torno

ao que debe pronunciarse este ditame.

A cualificación previa do acto como nulo de pleno dereito, contida na proposta de resolución, outorga ao presente trámite de ditame o carácter de preceptivo e vinculante, tal e como así resulta do artigo

106.1 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, cando para esta vía revisora esixe se emita previo e favorable ditame do Consejo de

Estado ou órgano consultivo da comunidade autónoma.

Segunda.-

A revisión de oficio dos actos administrativos constitúe unha fórmula privilexiada e excepcional, en canto actividade que ten por fin privar de toda eficacia, mediante a súa anulación por unilateral

pronunciamento do órgano administrativo competente, a algunha das súas decisións anteriores.

Conflúen así na revisión de oficio valores contrapostos provenientes, por unha banda, do principio de seguridade xurídica, e, por outra, do principio de legalidade; pois mediante a revisión de oficio

a Administración expulsa do mundo do dereito algunha das súas decisións anteriores as cales, en canto que actos administrativos,

e por expresa previsión legal, gozan do reforzo da presunción de axuste á legalidade. Así e todo, non todas as infraccións

susceptibles de provocar a anulación dun acto administrativo, mediante o exercicio das vías ordinarias de impugnación, poden

ser esgrimidas nesta vía excepcional da revisión de oficio. Antes ben, esta só procederá nos supostos nos que o acto se atope

viciado por algunha das causas de nulidade previstas no artigo 47.1 da LPC, considerando ademais que aquelas causas deben

ser apreciadas con cautela e prudencia, sen que poidan ser obxecto de interpretación extensiva (neste sentido, a sentenza

da Audiencia Nacional do 18.10.2006).

O exercicio da potestade revisora require, ademais, dunha axeitada e inescusable formalización, así como do escrupuloso acomodo ao procedemento normativamente establecido que se manifesta así

como instrumento de garantía da legalidade e dos dereitos dos cidadáns.

Neste sentido, a instrución do expediente que nos ocupa axustouse, no esencial, ao previsto na LPC.

Terceira.-

Examinados os aspectos formais do procedemento previo ao presente trámite de ditame, correspondería agora xa pasar a considerar a posible concorrencia dunha ou varias causas de nulidade nos actos administrativos

en cuestión, circunstancia motivadora do expediente que se instrúe ao amparo do capítulo I do título V da LPC, no tocante

a determinar se pode dar lugar á revisión á que fai referencia o artigo 106 do texto legal.

En particular, a proposta de resolución remitida estima que procede ?declarar a nulidade de pleno dereito da resolución adoptada pola Consellería do Mar de 1 de maio de 2016 pola que se acorda

declarar a procedencia do reintegro parcial da subvención percibida por don V. por importe de 9.862 ? xunto cos xuros de mora

correspondentes así como a resolución da Consellería do Mar de 30 de novembro de 2016 pola que se desestima o recurso de

reposición contra a anterior por concorrer a causa prevista na letra e) do artigo 47 da LPA polas razóns expostas a continuación?.

A este respecto convén facer previamente dous tipos de consideracións, expostas xa por este órgano consultivo (CCG 42/96), recollendo unha estendida e reiterada corrente xurisprudencial. A primeira é resaltar

a interpretación extraordinariamente restritiva e para supostos taxados, que, no noso ordenamento xurídico posúe a nulidade

de pleno dereito dos actos administrativos nos que a eficacia é intrínseca, inmediata, xeral, e de carácter imprescritible,

carecendo estes ab initio de efectos xurídicos sen necesidade de previa impugnación en pro da orde pública xurídica que trata de protexer. A segunda,

é que o acto nulo de pleno dereito non pode ser obxecto de validación xa que esta técnica está exclusivamente, como se sabe,

referida aos actos anulables (artigo 52.1 da LPC).

Neste sentido, o tipo legal exposto no artigo 47.1, letra e), foi interpretado e desenvolvido pola doutrina e a xurisprudencia en relación coas vulneracións máis graves dos requisitos procedementais e

formais e coa utilización dun procedemento distinto ao legalmente establecido, posuíndo unha virtude invalidante moi reducida,

segundo resulta do disposto no artigo 48.2 do propio texto legal. Refírese, pois, a actos afectados por un vicio de procedemento

grave e a aqueles emitidos con esquecemento total do procedemento establecido que non hai que identificalo coa ausencia total

de procedemento. O precepto legal exposto hai que referilo, polo tanto, á omisión de trámites esenciais integrantes dun procedemento

determinado, pois calquera outra infracción de procedemento, aínda que sexa importante, non producirá este efecto tan radical,

senón que soamente servirá para fundamentar en vía de recurso unha pretensión anulatoria.

Esta causa de nulidade ten a súa operatividade na determinación dos requisitos esenciais que se quebrantaron e que a xurisprudencia foi decantando paulatinamente, así a nulidade plena limítase aos supostos

de ?omisión global e flagrante do procedemento actuando a Administración pola vía de feito? (Sentenza do Tribunal Supremo do 16 de marzo de 1992), aos de ?omisión parcial pero moi grave do devandito procedemento? (Sentenza do Tribunal Supremo do 15 de outubro de 1991), ou a prescindir ?total e absolutamente? do procedemento establecido.

Pois ben no presente caso, como xa fixemos referencia nos antecedentes, o 09.09.2014 don V. solicitou unha axuda a prima non renovable vinculada á paralización

definitiva da embarcación E. por importe de 10.500 ? ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2014.

A vista do expediente administrativo, este Consello Consultivo de Galicia entende que queda probado que no momento da concesión da subvención, o 31 de decembro de 2014, o solicitante cumpría

cos requisitos sinalados na referida orde.

Entre estes requisitos figuraba o relativo a ter menos de 55 anos de idade, ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse. Nun control posterior á concesión da subvención detectouse que o beneficiario

da axuda accedeu á xubilación o 23.04.2015, sendo este o motivo que levou a considerar que concorría unha causa de reintegro

ao deixar de cumprirse as condicións e obrigas por parte do beneficiario.

Comparte este Consello Consultivo de Galicia o criterio seguido na proposta de resolución cando refire que ?según se desprende do disposto na Orde reguladora da axuda, o feito de acceder á xubilación o 23 de abril de 2015, non ten

encaixe legal en ningunha causa de reintegro, pois a resolución de concesión de axuda é de 31 de decembro de 2014, data na

cal don V. cumpría con todos e cada un dos requisitos establecidos no artigo 6.B) da Orde e non consta que se producise incumprimento

tampouco das condicións e obrigas establecidas na propia resolución de concesión da axuda, senón que únicamente accedeu á

xubilación ordinaria o 23 de abril de 2015.

A mera circunstancia de que o cobro da axuda se producise o 1 de abril de 2015 e que o beneficiario se xubilase o 23 de abril do mesmo ano non implica a concorrencia de causa de reintegro porque non se

establece nin na bases reguladoras nin nas obrigas e condicións da resolución de concesión ningún prazo mínimo no cal non

podería o beneficiario acceder á xubilación senón que simplemente se establece a obriga de non ter a posibilidade de xubilarse,

a cal debe interpretarse como non ter posibilidade de xubilarse na data de concesión da subvención. Non procede equiparar,

en prexuízo do beneficiario, o suposto de incumprimento da condición de non volver a exercer a profesión de pescador nun prazo

inferior a un ano tras o cobro da axuda co suposto non contemplado de non xubilarse nun prazo inferior a un ano tras o cobro

da axuda, pois este último suposto non está contemplado, sen que quepa a aplicación analóxica das consecuencias dun incumprimento

das obrigas e condicións do beneficiario a un suposto que non se prevé como incumprimento das condicións impostas?.

O feito de que o beneficiario no momento da solicitude cumprira con todos os requisitos esixidos na referida orde determina inexorablemente a nulidade de pleno dereito da Resolución do 12 de maio de

2016 pola que se declara a procedencia do reintegro parcial da subvención por importe de 9.862 ? mais os xuros de mora correspondentes.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Revisión de actos en vía administrativa
Disponible

Revisión de actos en vía administrativa

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

El transporte ante el desarrollo tecnológico y la globalización
Disponible

El transporte ante el desarrollo tecnológico y la globalización

V.V.A.A

59.50€

56.52€

+ Información

La armada reglamentaria de la Unión Europea, civil y mercantil
Disponible

La armada reglamentaria de la Unión Europea, civil y mercantil

Artola Fernández, Miguel Álvaro

21.25€

20.19€

+ Información

Acción y omisión en el derecho penal
Disponible

Acción y omisión en el derecho penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información