Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 455 de 10 de enero de 2018

Tiempo de lectura: 40 min

Tiempo de lectura: 40 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/01/2018

Num. Resolución: 455


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don I., en nome e representación de dona F., don G. e dona G., polos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento do seu cónxuxe, pai e irmán, don G.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 06.09.2016, don I., actuando en nome e representación de dona F., don G. e dona G., presentou unha reclamación de

responsabilidade patrimonial polos danos derivados do falecemento de don G., cónxuxe, pai e irmán, respectivamente, dos accionantes.

A parte actora entende que o falecemento se produciu como consecuencia dunha deficiente asistencia sanitaria prestada ao paciente na data do 06.11.2015, no Punto de Atención Continuada de Burela (PAC),

logo de ter padecido unha caída con traumatismo cranioencefálico que segundo os reclamantes, non foi valorado axeitadamente,

o que impediu detectar a hemorraxia intracranial producida polo traumatismo e que acabaría custando a vida ao paciente 2 días

mais tarde.

Solicítase unha indemnización por importe de 162.955,00 ?.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial e concedida audiencia ao interesado, formulouse unha

proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data 13 de novembro de 2017.

4.- Na Sección de Ditames do día 13 de decembro de 2017 acordouse ampliar o prazo para a emisión do ditame por un mes, ao abeiro

do artigo 39.2 do Decreto 91/205, do 18 de xuño.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (en adiante, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións

públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (disposicións aplicables

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1

de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Con todo, non se respectou o prazo máximo para resolver o procedemento, pois o procedemento acumula xa mais de 15 meses dende a reclamación.

Terceira.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que o réxime legal da responsabilidade patrimonial se asenta sobre o principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento

esencial, que non único, para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun

nexo causal directo e inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida.

Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo

de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine

o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir, resulta preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame, existe relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión aducida, por ser este presuposto esencial para a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade

por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

E sendo así que a parte actora censura aos servizos sanitarios unha mala praxe nunha asistencia sanitaria da que foi obxecto o señor G. o día 06.11.2015 no PAC de Burela logo de ter padecido unha caída

que lle provocou un traumatismo cranioencefálico e unha hemorraxia intracranial que non foi diagnosticada na primeira asistencia

en aquel centro, resultará preciso, entón, considerar determinados presupostos que condicionan a viabilidade deste tipo de

reclamacións a partir da premisa xeral de que a asistencia sanitaria constitúe unha prestación de medios e non de resultado

(STS de 09.10.2012, entre outras moitas).

Cuarta.-

Así as cousas, o pronunciamento a realizar no expediente que nos ocupa pasa por determinar se, como pretende a parte actora, era esixible da facultativa que atendeu inicialmente ao accidentado na primeira

asistencia posterior á caída (ás 17:45 horas do 06.11.2015) no PAC de Burela a obtención do diagnóstico establecido poucas

horas mais tarde no hospital da mesma localidade, logo de serlle practicada unha TAC cranial ao paciente na que se detectou

a existencia de hemorraxias intraparenquimatosa e subaracnoidea con hematoma subdural en progreso que terminaron provocando

o falecemento do paciente dous días mais tarde.

Na análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/01, entre outros), a actuación do servizo público sanitario,

impón, ben é certo, unha obriga de medios que deben ser postos a disposición do fin último que é lograr a curación do enfermo.

Mais a dita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización ilimitada da variedade de medios

diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por unha actuación proporcionada que pasa pola posta en práctica

daqueles medios que razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan.

A busca dun punto de equilibrio entre o límite mínimo de atención esixible e o máximo -económica e socialmente- tolerable e asumible dende o punto de vista da calidade do servizo, deberá fuxir de consideracións

abstractas e situarse no terreo do caso concreto, das circunstancias particulares de cada paciente e a sintomatoloxía das

doenzas que padeza, para poder apreciarse se, ante unha asistencia sanitaria prestada, pode falarse dunha axeitada observancia

da lex artis ad hoc.

Quinta.-

No caso que se analiza resulta que o paciente acude ao seu centro sanitario logo de sufrir un traumatismo cranioencefálico referindo un vómito no vehículo cando se desprazaba ao dito centro. No PAC

de Burela estableceuse un diagnóstico de gastroenterite con posterior traumatismo cranioencefálico.

E como queira que horas despois foi diagnosticada unha hemorraxia intraparenquimatosa e subaracnoidea que, na súa evolución, provocou o falecemento do paciente, resulta preciso determinar

se a devandita hemorraxia e o hematoma subdural subseguinte puideron e deberon ser diagnosticados pola facultativa que examinou

ao paciente ou o feito de que non fose detectado o proceso en progreso resulta ser compatible cunha boa praxe médica.

Ao respecto do antedito extremo hai que indicar que determinados presupostos dos que parte o accionante para establecer o nexo de causalidade que describe, son postos en cuestión en informe de natureza

técnica.

Así, o feito mesmo da manifestación da hemorraxia no momento no que tivo lugar a primeira consulta controvertida, non resulta ser en absoluto un extremo pacífico, pois por especialista en Neurocirurxía

absolutamente allea aos feitos censurados pola parte actora, se informa que ?no se puede afirmar que de haberse realizado un TAC craneal en la primera visita al PAC éste hubiera sido patológico. Existen

los hematomas diferidos que se van formando conforme pasan las horas después del traumatismo, y esto suele reflejarse en el

estado neurológico del paciente, que tiende a deteriorarse en la medida que se produce el daño cerebral?.

En segundo lugar se cuestiona mesmo a existencia de necesaria relación de causalidade entre a hemorraxia e o traumatismo cranial padecido polo señor G., afirmándose que ?de igual modo, no se puede afirmar categóricamente que las lesiones que se aprecian la TC realizada sean de origen traumático,

por tratarse de un paciente de edad avanzada con arteriopatía generalizada?.

En terceiro lugar, cuestionada a propia especialista en Neurocirurxía sobre a adecuación dos medios diagnósticos e terapéuticos á sintomatoloxía que presentaba o paciente, afírmase que ?Existen protocolos de actuación ante el traumatismo craneoencefálico leve sin pérdida de conciencia y según ellos, la actuación

estuvo adecuada a dichos protocolos?; engadindo que ?En mi opinión, la atención dispensada al paciente se ajustó a la lex artis en todo momento, dado que se utilizaron los medios

de diagnóstico establecidos en los protocolos de actuación según el estado clínico del paciente?.

Esta conclusión sobre a adecuación á lex artis da primeira asistencia prestada no PAC de Burela se comparte polo xefe do Servizo de Medicina Intensiva da EOXI de Lugo,

Cervo e Monforte de Lemos, ben que con argumentación tan parca que mingua moi notablemente o valor probatorio deste segundo

informe, que polo demais, na breve análise da asistencia, semella arrancar do ingreso hospitalario da paciente, cando o reproche

dos reclamantes se concentra en momento previo, como vai dito, cando o paciente é examinado na primeira visita ao PAC de Burela.

Sexta.-

Atendidos os criterios médicos expostos hai que lembrar que a mera consideración dunha falta de diagnóstico na asistencia inicial non é presuposto abondo para apreciar a existencia de responsabilidade

patrimonial pois, como dispón a doutrina reiterada por este Consello Consultivo en numerosos ditames, CCG 298/06 entre outros,

a falta dun diagnóstico certeiro non constitúe per se un elemento determinante da existencia dun dano antixurídico vinculado

ao funcionamento do servizo sanitario, na medida en que, para chegar a tal conclusión, ten que darse a concorrencia de dúas

circunstancias: que exista unha neglixencia ou impericia probada na aplicación da lex artis, e que esta sexa, á súa vez, xeradora dun dano innecesario e evitable nas súas consecuencias e resultado e, xa que logo,

antixurídico e indemnizable.

Ao respecto do primeiro dos presupostos referidos, a existencia dunha creba da lex artis, hai que considerar que á vista dos datos que constan no expediente e situados na perspectiva ex ante da asistencia sanitaria, dende a que se debe examinar a prestación de medios -por ser a que se corresponde coa que teñen

a disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación- non é apreciable que a facultativa que atendeu á

paciente omitira o emprego de medios diagnósticos de referencia esixibles ante a sintomatoloxía do paciente, ante a consideración

de que este non perdera o coñecemento nin presentaba vómitos de repetición, conclusión que se deriva do contido dos informes

anteriormente referidos.

A existencia dun diagnóstico atinado poucas horas despois da asistencia que agora é obxecto de controversia non conduce necesariamente a un xuízo contrario á adecuación á lex artis de esta última, pola presenza dunha sintomatoloxía distinta.

Temos pois que, segundo o criterio médico obrante no expediente, non contradito por ningún outro de idéntica condición e signo contrario, a asistencia sanitaria se adecuou á lex artis, sendo preciso lembrar

unha vez mais que no eido propio das reclamacións en materia sanitaria, a valoración dos feitos cuestionados na reclamación

(a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha determinada consecuencia xurídica, cal é, dende a óptica do reclamante,

a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá de ordinario estar en posesión duns coñecementos científicos propios

da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades, estando vedado o establecemento de conclusións de carácter técnico

a quen non actúe habilitado por tal titulación e con invocación e exercicio expreso de tal condición, de onde resulta que

os feitos cuxa demostración deba ser asumida polo reclamante deberán ser xustificados por medio dun informe pericial que avale

as argumentacións sobre os feitos controvertidos cando a lectura ofrecida na reclamación é negada pola Administración e se

trate de extremos para cuxa valoración sexan necesarios coñecementos técnicos na materia por non tratarse de meros datos obxectivables

na historia clínica.

Como vai dito, no presente caso obran informes que, con carácter técnico establecen unha valoración positiva da lex artis aplicada no caso, e tales conclusións técnicas, en ausencia de toda proba en contrario, vinculan a este Consello Consultivo,

de competencia estritamente xurídica, que non autoriza a outra cousa que a establecer que, en ausencia de mala praxe, non

acreditada no actuado, o dano que motiva a reclamación non é antixurídico, polas razóns que van expostas, de modo que non

é apreciable a concorrencia dos requisitos que conducirían á existencia de responsabilidade patrimonial.

E todo isto se afirma sen perder de vista a existencia de certos datos que poderían abrir a porta a hipóteses científicas distintas, no caso de resultar estas probadas, o que non sucedeu en absoluto no

presente expediente, no que a parte actora non levantou a carga probatoria que o artigo 217 da Lei de axuizamento civil lle

impón sobre a xustificación dos feitos positivos dos que se deriva a consecuencia xurídica pretendida coa reclamación. Datos

como o feito de que, segundo se informa, existen hemorraxias de efecto demorado, que poderían apuntar eventualmente á conveniencia

do mantemento en observación dun paciente de 68 anos con arteriopatía xeneralizada, e sendo así que os vómitos de repetición,

considerados como síntoma revelador de hemorraxia, apareceron dúas ou tres horas despois da inicial saída do centro sanitario,

alimentan hipóteses alternativas á aquí acollida e que, de ser apreciables, poderían conducir á consideración da existencia

dunha perda de oportunidade, atendido o feito de que, segundo se informa pola especialista en Neurocirurxía ?no se puede pronosticar la evolución de un paciente en base a una prueba determinada. La evolución de una hemorragia cerebral

es tremendamente variable, máxime en pacientes con múltiples patologías graves asociadas?.

En todo caso, non é competencia deste Consello Consultivo a de derivar conclusións técnico-médicas daquelas circunstancias, carentes de toda proba, e menos aínda en contra do criterio técnico expreso emitido

polos facultativos informantes a favor da apreciación dunha boa praxe médica compatible coa ausencia de diagnóstico inicial

da hemorraxia intracranial, razóns polas que procede a desestimación da reclamación.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información