Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 454 de 05 de diciembre de 2017

Tiempo de lectura: 33 min

Tiempo de lectura: 33 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/12/2017

Num. Resolución: 454


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C. en nome e representación de dona R., dona I. e dona B., polos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento do seu cónxuxe e pai, respectivamente, don G.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 13.05.2016, don C., actuando en nome e representación de dona R., dona B. e dona I. que actúan no seu propio

nome e como prexudicadas polo falecemento do seu cónxuxe e pai respectivamente presentou reclamación de responsabilidade patrimonial

ante o Servizo Galego de Saúde solicitando unha indemnización polos danos derivados da asistencia sanitaria.

A reclamación fundaméntase en que o déficit asistencial que se produciu xerou un grave atraso no diagnóstico de cancro de próstata en que non existiu consentimento informado válido.

A indemnización solicitada ascende a 175.000 euros (125.000 euros para a súa cónxuxe e 25.000 euros para cada unha das súas fillas) máis os xuros legais procedentes dende a interposición da reclamación.

2.- Na instrución do expediente incorporouse ao mesmo:

- Copia da historia clínica do Complexo Universitario da Coruña correspondente a don G.

- Informe emitido polo xefe de Servizo de Uroloxía do CHUAC.

3.- Instruído o expediente de responsabilidade patrimonial e concedida a audiencia á representación da parte interesada, formulouse

proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día trece de novembro de dous mil dezasete.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución Española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo do réxime xurídico citado, se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva e considera como elemento esencial, que non único,

para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e

inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible,

ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación

cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa

concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo. Estamos ante

un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional

o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente

pode haber lugar a responsabilidade esixindo que non só exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio;

prescindir del levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia

de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir, e pasando a examinar o fondo da reclamación resulta preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame, existe relación

de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida, por ser este presuposto esencial para a imputación, en

réxime obxectivo, da responsabilidade por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

A parte actora censura aos servizos sanitarios a existencia dun vínculo causal que conecta o dano que motiva a reclamación coa asistencia sanitaria percibida, con todo, o reproche realízase en termos vagos

e xenéricos, apenas suficientes para entender cumprimentada a carga que grava ao reclamante coa necesaria determinación dos

datos e circunstancias nos que se asenta o nexo de causalidade no que se apoia a propia reclamación.

En efecto, a parte actora limítase a indicar que ?se hizo caso omiso a pruebas que eran indicativas de la existencia de un cáncer de próstata y nada se hizo para evitar la

progresión del mismo, puesto que los servicios médicos se centraron de forma exclusiva en la vejiga del paciente, ignorando

los signos, síntomas y el resultado de las pruebas complementarias que evidenciaban la existencia del mismo?, sendo a súa

consecuencia o éxitus do paciente. Por todo isto manifesta o representante que ?el paciente fue éxitus por y como consecuencia

del déficit asistencial, hubo error diagnóstico, demora diagnóstica y retraso en el tratamiento del cáncer de próstata?.

Ademáis alega ?inexistencia de consentimiento informado en los términos legal y jurisprudencialmente aceptados para los tratamientos médico-quirúrgicos

que recibió el paciente?.

En estas circunstancias, as vagas alegacións presentadas pola parte actora non permiten apreciar que concretos aspectos da asistencia sanitaria son obxecto de censura, imposibilitando así un exame crítico

dos elementos determinantes da responsabilidade patrimonial, tanto máis se se repara en que a asistencia sanitaria se naturaliza como unha prestación de medios e non de resultado, como consecuencia derivada do

carácter finito e limitado dos coñecementos técnicos e medios de igual condición dispoñibles para facer fronte ao carácter

mórbido inherente á condición humana.

A principal consecuencia da calidade de prestación de medios da asistencia sanitaria radica en que o exame de solvencia e suficiencia da dita prestación se realiza dende a óptica da lex artis ad hoc, de modo que a simple constatación dun resultado lesivo -no presente caso, o falecemento da paciente- non abonda para establecer a existencia dunha obriga de

resarcimento a cargo da Administración, sendo preciso acreditar que ese resultado adverso é consecuencia dunha creba da lex

artis que produce un dano antixurídico ao particular.

Hai que considerar, igualmente, que, como é principio xeral en todo tipo de reclamacións de responsabilidade patrimonial, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde ao reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente

no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código Civil, obtense na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei

1/2000, de axuizamento civil, que grava ao actor coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda,

segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

E, no eido propio das reclamacións en materia sanitaria, hai que salientar que a valoración dos feitos cuestionados na reclamación (a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha determinada consecuencia

xurídica, cal é, dende a óptica do reclamante, a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá de ordinario estar

en posesión duns coñecementos científicos propios da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades, estando vedado

o establecemento de conclusións de carácter técnico a quen non resulte habilitado por tal titulación, circunstancia esta que,

interactuando coa carga probatoria que grava ao reclamante, orixina que frecuentemente sexa esixible do accionante a achega

dun informe pericial que avale as súas argumentacións sobre os feitos controvertidos, cando a lectura ofrecida na reclamación

é negada pola Administración e fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través

dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 da Lei de axuizamento civil.

No presente caso, como vai dito, a reclamación susténtase nun relato marcadamente descritivo da secuencia asistencial e unha conclusión de que por culpa dun atraso de diagnóstico se agravou a

enfermidade da paciente pero non achega proba ningunha que acredite que houbo un atraso no diagnóstico ou no tratamento recibido.

E sobre a ausencia de toda proba que permita apreciar o vínculo causal que alega a parte recorrente, incide ademais a circunstancia de que obra no expediente o informe do xefe do Servizo de Uroloxía

conclúe o seguinte:

?Las cirugías repetidas del tumor vesical a través de la uretra pueden ocasionar lesiones estenóticas y obstructivas por lesiones

cicatriciales en ella produciendo síntomas progresivos e importantes de dificultad miccional, todo ello agravado por la sintomatología

de dolor e imperiosidad por las repetidas recidivas del tumor vesical. La infiltración de la próstata sólo es demostrable

una vez que se realiza la cirugía comprobando visualmente esta incidencia o al realizar biopsia del material extraído.?, por

lo que es complicado diferenciar si este empeoramiento es derivado de un avance de su patología prostática o de su neoformación

vesical y los múltiples tratamientos e intervenciones a las que había sido sometido.

Dado que se trataba de invasión prostática y no de tumor primario de la misma no podría detectarse mediante técnicas de imagen ni por alteraciones del PSA dado que este tipo de infiltración no produce

cambios en ese marcador?.

A recorrente trata de vincular ou dano causado á falta de consentimento válido informado para os tratamentos medico-cirúrxicos que recibiu o paciente. Sen embargo á vista do expediente administrativo concluímos

que tratase dun paciente en seguimento pola mesma patoloxía e polo mesmo servizo de Uroloxía desde o 2003, no cal as 5 intervencións

cirúrxicas ás que foi sometido foron similares, todas polo mesmo procedemento de resección trasuretral, dispoñendo no historial

do consentimento informado específico deste procedemento, e observándose no curso clínico, como as decisións terapéuticas

adoptadas foron consensuadas, non só con distintos profesionais da Uroloxía mediante as sesións clínicas, senón tamén co propio

paciente, o cal, dado o tempo de evolución da súa patoloxía, era coñecedor dos tratamentos tanto cirúrxicos como médicos que

se lle aplicaron, xa que foron repetidos en varias ocasións.

Con base nas consideracións xurídicas que van expostas debe concluírse que non se aprecia no expediente a concorrencia dos requisitos esixidos para dar acollida á reclamación presentada, que debe, así,

ser desestimada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información