Última revisión
09/02/2023
Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 452 de 29 de noviembre de 2017
Relacionados:
Órgano: Consello Consultivo de Galicia
Fecha: 29/11/2017
Num. Resolución: 452
Cuestión
Reclamación de responsabilidade patrimonialResumen
Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona B., polos danos e perdas sufridos como consecuencia do tratamento do carcinoma de pálpebraOrganismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)
Letrado: Quintana Acebo
Propuesta: Desestimatoria
Conclusion: Favorable
Relator: Fernández Vázquez
Contestacion
ANTECEDENTES
1.- En data do 01.06.2017, dona B. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde polos
presuntos danos derivados da asistencia sanitaria prestada no Centro Meixoeiro de Vigo.
No escrito sinala que en data do 06.06.2016 se lle practicou ?evisceración de ojo derecho por presentar endoftalmitis secundaria a queratopatía por radiación en ojo derecho?, e afirma:
?(?) De los anteriores hechos resulta evidente la relación de causalidad entre las lesiones producidas y el funcionamiento de los
servicios públicos de esta Administración, al haber determinado la necesidad de tratar con radioterapia a la reclamante, no
haber escogido otro tratamiento menos dañino, no informar previa y debidamente de los riesgos del tratamiento, y haber aplicado
la radioterapia en mayor número de dosis e intensidad de las necesarias?.
Solicita una indemnización total de 310.061,57 euros.
2.- Instruído o procedemento conforme coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións
públicas, consta nel a historia clínica da paciente ademais de informes remitidos polos Servizos de Oncoloxía Radioterápica
e Oftalmoloxía.
3.- No trámite de audiencia, a interesada non presentou escrito de alegacións.
4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada.
5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de
Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 13.11.2017.
6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.
CONSIDERACIÓNS
Primeira.-
O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de responsabilidade patrimonial con base no previsto nos artigos 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo
de Galicia, e 17, a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento,
ao tratarse dunha reclamación interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.
Segunda.-
Centrarémonos, arestora, na análise da reclamación propiamente dita, debendo a este respecto comezar, no que aos aspectos xerais concirne, por sentar, como principio xeral, e como xa ten reiteradamente
expresado este Consello Consultivo, que o dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión
que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia
do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde no noso dereito a un principio de responsabilidade obxectiva
do que a súa máxima expresión procede do punto 2 do artigo 106 da Constitución española de 1978, garante de que ?os particulares, nos termos establecidos pola lei, terán dereito a ser indemnizados por toda lesión que sufran en calquera
dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que a lesión sexa consecuencia do funcionamento dos servicios
públicos? e que, na perspectiva da legalidade ordinaria se encontra hoxe regulado na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico
do sector público.
Son requisitos xerais precisos, unanimemente aceptados, para que a acción de responsabilidade prospere e, en consecuencia, o prexudicado teña dereito a ser indemnizado: a) a efectiva realización dun
dano ou lesión antixurídica, avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas; b) que
a lesión patrimonial sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos; e, c) que non sexa produto
da forza maior.
De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos, concretáronse as modulacións
ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas de actuación pública, bastando recordar
neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos precisos para poder esixila, fundados
en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado, o que
predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme coa denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación
con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.
Terceira.-
Tendo en conta os elementos técnicos que acaban de describirse, hai que sinalar que de acordo coas previsións do artigo 81.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, resulta
preciso determinar neste ditame se existe, no caso que nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento
do servizo e a lesión aducida.
O referente casual alegado pola reclamante é a atención sanitaria prestada en concreto o tratamento de radioterapia que se lle prestou que segundo afirma, lle provocou a evisceración do seu ollo dereito.
A verificación da denuncia presentada pola parte, e na que sustenta a reclamación de responsabilidade interposta, esixe, en todo caso, unha análise dos informes que figuran no expediente remitido, ora
sexan os incorporados á historia clínica, ora os resultantes da proba e instrución practicadas no procedemento administrativo,
por canto, como ten sinalado este Consello Consultivo, son estes informes os que deben conter as valoracións técnicas, debendo
este órgano limitarse á súa subsunción en categorías xurídicas.
Así o informe remitido polo servizo de Oftalmoloxía sinala:
?La paciente B. presentaba en 2004 una lesión ulcerativa en párpado inferior derecho que afectaba el borde libre del párpado
y una zona nodular en canto interno, tras ser examinada por el servicio de Dermatología se le practica una biopsia cuyo resultado
fue Epitelioma basocelular con patrón infiltrativo que contacta con borde de resección. La paciente fue remitida al servicio
de Oncología Radioterápica para valorar tratamiento radiológico radical.
En julio de 2004 se inicia el tratamiento radioterápico que finaliza en agosto de 2004.
El servicio de Oftalmología no estuvo involucrado en el proceso diagnóstico de su lesión palpebral ni en la elección de la modalidad terapéutica del mismo.
Como consecuencia del tratamiento la paciente desarrolla una radiodermitis de ambos párpados del ojo derecho y un síndrome Sjogren secundario con queratopatía severa que requirió tratamiento con lubricantes
oculares. Posteriormente en 2007 fue intervenida de catarata en ojo derecho.
En junio de 2016 fue ingresada por presentar endoftalmitis secundaria a secuelas de queratopatía severa y ojo seco postradiación,
requiriendo evisceración del globo ocular.
Ultima revisión en Servicio de Oftalmología el 2 de junio de 2017 en el que se observa una agudeza visual en su ojo izquierdo de 10/10 con su corrección
óptica, presión intraocular en OI de 17mmHg y situación estable?.
No expediente figura o informe remitido pola unidade de Oncoloxía Radioterápica, que sinala:
?[?]
? La paciente fue remitida a Oncología Radioterápica por el Servicio de Cirugía Plástica para valoración del tratamiento radioterápico
por lesión ulcerada (subcentimétrica) en el tercio medio del párpado inferior y nódulo de 0,5 cm en el tercio interno-canto
interno del mismo parpado del ojo derecho. (El juicio clínico del dermatólogo fue que ?ambos eran basaliomas y probablemente
el espacio entre ellos también?, según parte de lnter Consulta de 1de junio 2004)
Aún así, y dado que no había diagnóstico histológico, se remitió a la paciente desde la Unidad de Oncología Radioterápica al Servicio de Dermatología para realizar biopsia de la referida enfermedad, siendo
el diagnostico patológico de carcinoma basocelular con bordes infiltrados.
Se le explican las características de la patología a la paciente y se le hace entrega de consentimiento informado. Entrega de documento de consentimiento informado en el que constan probables complicaciones
más frecuentes (conjuntivitis, dermitis, afectación córnea y catarata).
TRATAMIENTO
Dado el diagnóstico y la doble lesión, a la hora de diseñar y planificar el área a irradiar se añade un margen de 1 cm alrededor del tumor en el parpado inferior para el tratamiento con radioterapia.
Se prescribió tratamiento de electrones de 4 MeV a la dosis correcta según la práctica habitual. Son adecuadas las adaptadas a la paciente 2,5 Gy *21 sesiones (tumor macroscópico).
Se utilizó protección con lente intraocular con anestesia local, compensador de tejido para lograr el equilibrio electrónico y limitar la profundidad de penetración de los electrones.
Las fechas de administración del tratamiento fueron entre el 26/07/2004 - 24/08/2004.
ACTUACIONES
Se indicó el tratamiento adecuado, con un procedimiento correcto.
La dosis aplicada y la colocación de lente intraocular son las correctas. A nivel funcional y estético es un tratamiento adecuado dado el diagnóstico y extensión.
Cuando se detectaron algunas toxicidades se envió al especialista en dicha área.
Esas toxicidades son las descritas habitualmente por ser las más frecuentes (dermitis y conjuntivitis).
La formación de catarata es más rara dado que tras la protección de plomo la dosis transmitida es del orden del 4%.
[?]
Conclusiones
Las complicaciones subsecuentes se consideran relacionadas con todos los traumatismos físicos, químicos y biológicos sufridos por la paciente: cirugías previas por chalazión, radioterapia,
cirugías posteriores y múltiples comorbilidades (DM, sequedad, múltiples cirugías oftalmológicas, lodo radiactivo por carcinoma
de tiroides (2-3 tratamientos con I-131) y distiquiasis, intervenida en 3 ocasiones al menos. La endoftalmitis más frecuentemente
se debe a infecciones bacterianas u hongos con puerta de entrada (heridas).
La radioterapia produce toxicidad vascular, neovascularización, y mejoría escasa con el tiempo. Los problemas vasculares en el área de irradiación empeoran con la diabetes, cualquier tratamiento o
trauma físico, químico o biológico. Además fue sometida en 2013 a diferentes cirugías de cuello con vaciamiento de los ganglios
del cuello derecho por metástasis del carcinoma tiroideo, siendo este hecho un agravante del estasis venoso y linfático, que
junto a la trastornos metabólicos (vasculitis diabetes/mixedema) aumenta el riesgo de complicaciones.
No ha sido posible estudio del globo ocular extraído con el fin de caracterizar u observar las lesiones agudas y crónicas.
A pesar de que el tumor fue curado gracias al tratamiento realizado, no se consigue recuperación total, debido a la historia clínica en su conjunto?.
Pola súa banda na historia clínica consta o documento informado asinado pola señora B. en xullo de 2004, sobre ?Tratamiento con radioterapia?, onde no apartado relativo a ?Riesgos personalizados? consta: ?radiodermitis, conjuntivitis, afectación córnea, catarata?. Deste xeito resulta que a señora B. foi debidamente informada da situación clínica que presentaba e dos riscos do tratamento
que lle pautaron.
No presente caso cómpre incidir, tal como refire o informe de Oncoloxía -antes transcrito- que as complicacións sufridas pola doente (cirurxías oftalmolóxicas e de colo, ademais de
radioterapia e tratamento con lodo radiactivo) actuaron como circunstancias concomitantes que incidiron na grave situación
clínica que presentou.
Cuarta.-
Chegados ata este punto do ditame é preciso lembrar que, como ten sinalado este órgano consultivo en numerosos ditames, a teoría da lex artis constitúe un límite preciso da obxectiva responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria, teoría que se foi afinando
pola reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo e pola doutrina do Consejo de Estado. Esta teoría parte de considerar que
a obriga do médico ou dos servizos sanitarios é unha obriga de medios en tanto que non é posible asegurar a saúde en termos
absolutos, de aí que a Administración sanitaria, e os seus axentes, estean obrigados a pór a disposición do usuario todos
os medios dispoñibles que fagan posible a protección da saúde, protección que non sempre alcanza un diagnóstico certo e rápido,
unha curación sen secuelas ou unha atención sanitaria nun determinado tempo e sen espera. O paciente ten dereito a que se
lle dispense unha atención adecuada segundo a lex artis ad hoc, e non a obter un resultado curativo determinado, toda vez que a medicina non é unha ciencia exacta. Neste sentido a sentenza
do Tribunal Supremo do 27.11.2000 recorda: ?Los conocimientos científicos, técnicos o experimentales, ni en medicina ni, probablemente, en ningún sector de la actividad
humana, pueden garantizar al ciento por ciento un resultado determinado. La certeza absoluta debe tenerse excluida de antemano?.
Constatado o anterior, e non acreditada ningunha vulneración das normas de actuación médica, conforme cos postulados que tanto doutrinal como xurisprudencialmente veñen afirmándose en relación coa
responsabilidade patrimonial, especificamente referidos ao eido sanitario, cabe afirmar que non asiste á señora B. o dereito
a ser indemnizada, e, daquela, procede desestimar a reclamación, no mesmo sentido que apunta a proposta de resolución sometida
a ditame.
CONCLUSIÓN
Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:
?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.
LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS
![La prestación de servicios socio-sanitarios en el ámbito rural de Castilla y León: apostando por un bienestar integral](https://d2eb79appvasri.cloudfront.net/erp-colex/imagenes/libros/resizedk8s_peque_6716.jpg)
La prestación de servicios socio-sanitarios en el ámbito rural de Castilla y León: apostando por un bienestar integral
V.V.A.A
25.50€
24.23€
+ Información
![Conflictos de competencia en torno al medicamento](https://d2eb79appvasri.cloudfront.net/erp-colex/imagenes/libros/resizedk8s_peque_6774.jpg)
![El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente](https://d2eb79appvasri.cloudfront.net/erp-colex/imagenes/libros/resizedk8s_peque_2783.png)
El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Marta Joanna Gesinska
21.25€
20.19€
+ Información
![Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso](https://d2eb79appvasri.cloudfront.net/erp-colex/imagenes/libros/resizedk8s_peque_5026.jpg)
Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Dpto. Documentación Iberley
14.50€
13.78€
+ Información
![Estatuto jurídico del testamento vital](https://d2eb79appvasri.cloudfront.net/erp-colex/imagenes/libros/resizedk8s_peque_7365.jpg)
Estatuto jurídico del testamento vital
David Enrique Pérez González
12.75€
12.11€
+ Información