Dictamen de Consello Cons...re de 2022

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 451 de 21 de diciembre de 2022

Tiempo de lectura: 101 min

Tiempo de lectura: 101 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 21/12/2022

Num. Resolución: 451


Cuestión

Proxecto de orde

Resumen

Proxecto de orde pola que se establecen as normas de xestión e liquidación do imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES).

Organismo:

Consellería de Facenda e Administración Pública (Xunta de Galicia)

Letrado:

Quintana Acebo

Propuesta:

Conclusion:

Favorable

Relator:

Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 7.12.2022 ten entrada neste organismo un escrito do señor conselleiro de Facenda e Administración Pública solicitando a emisión do

preceptivo ditame sobre o proxecto da orde de referencia polo trámite de urxencia.

2.- No expediente administrativo consta:

- Texto inicial do proxecto de orde.

- Resolución de inicio do expediente do 3.10.2022.

- Memoria xustificativa do 5.10.2022.

- Memoria xustificativa do 24.11.2022, substitutiva da anterior.

- Memoria económica do 11.10.2022.

- Táboa de vixencias.

- Informe do Servizo Técnico-Xurídico do 6.10.2022.

- Resolución de aprobación inicial do 7.10.2022.

- Informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos do 23.11.2022.

- Informe tecnolóxico funcional da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa-AMTEGA do 11.11.2022.

- Certificado da normativa en tramitación da AMTEGA do 16.11.2022.

- Certificado da publicación no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia para o trámite de información

pública e realización do trámite de audiencia do 21.11.2022.

- Suxestións presentadas pola Asociación de Empresas Xestoras de Residuos e Recursos Especiais ASEGRE.

- Alegacións recibida por Palets Cervelo, S.L.

- Informe da Axencia Tributaria de Galicia sobre suxestións e alegacións presentadas do 15.11.2022.

- Informe Asesoría Xurídica do 30.11.2022.

- Texto visado pola Asesoría Xurídica.

- Texto para ditame do Consello Consultivo de Galicia (versión word).

- Texto para ditame do Consello Consultivo de Galicia (versión pdf).

3.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.- Competencia para a emisión do ditame.

O artigo 1 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, configura a este órgano como o supremo órgano

consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da comunidade autónoma.

A competencia deste Consello Consultivo de Galicia para a emisión do ditame deriva da previsión contida no artigo 12.c) da

Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 15 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, cando establece que este deberá ser consultado

preceptivamente nos supostos de proxectos de regulamento de execución de leis autonómicas e de desenvolvemento de normas básicas

do Estado e, de ser o caso, de normas da Unión Europea, así como as súas modificacións.

A este respecto, o presente proxecto de orde configúrase como unha norma regulamentaria de desenvolvemento da Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

Segunda.- Procedemento de elaboración da norma.

O procedemento de elaboración das normas xurídicas opera, tanto no seu aspecto formal como no material ou substantivo, como

unha garantía para a legalidade, acerto e oportunidade das decisións administrativas que teñen por finalidade integrarse no

noso ordenamento autonómico con eficacia, utilidade e permanencia.

Un aspecto fundamental da análise de legalidade que sobre o proxecto remitido debe realizar este Consello é o da verificación

do seu procedemento de tramitación, operando a súa corrección como condicionante esencial, non só do axuste do regulamento

ao principio de legalidade, senón tamén da habilitación do seu acerto e oportunidade.

Este órgano consultivo ten manifestado, en numerosas ocasións, que se deben observar, en igual modo, as normas substantivas

e as de carácter adxectivo que regulan a canle a través da cal se debe producir a actividade normativa da Administración,

en canto tanto unhas como outras forman parte do ordenamento xurídico ao que se encontran sometidos os poderes públicos na

súa actuación (artigos 9.1 e 103.1 da Constitución); por conseguinte, a observancia do procedemento legalmente establecido

debe ser escrupulosa, pois, se o procedemento opera como medio de garantía das decisións administrativas, a súa esixencia

é tanto maior cando se trata de emanar normas que se van inserir no ordenamento xurídico cunha vocación de permanencia e xeneralidade.

Así resulta de aplicación o disposto no título II, capítulo II, (artigos 40 e seguintes), da Lei 16/2010, do 17 de decembro,

de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (en diante LOFAXGA), que

regula o procedemento de elaboración das disposicións administrativas de carácter xeral.

Ademais, debe terse en conta que a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (artigo 9) esixe a publicación

na sede electrónica ou páxina web, da relación circunstanciada e motivada dos procedementos de elaboración de anteproxectos

de lei e de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en tramitación, a partir do intre no que se produza

a aprobación do anteproxecto.

E hai que considerar as prescricións contidas no título VI, artigos 129 a 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento

administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC). Cómpre referir que os citados artigos teñen un novo alcance

constitucional tras a recente Sentenza 55/2018, do 24 de maio, do Tribunal Constitucional (BOE 22.6.2018) que no seu fundamento

xurídico 7.c) sinala:

?[?] Los artículos 129 y 130.2 de la Ley 39/2015 no regulan las fases del procedimiento administrativo de elaboración de normas

ni siquiera establecen la estructura general del iter procedimental. Se limitan a recoger directrices a las que deben responder

las políticas, cualquiera que sea su signo, de los diferentes niveles de gobierno. Tales directrices proceden, con pocos cambios,

de los derogados artículos 4 («Principios de buena regulación aplicables a las iniciativas de las administraciones Públicas»)

y 5 («Instrumentos de las administraciones Públicas para la mejora de la regulación») y 7 («Transparencia y seguimiento de

la mejora regulatoria») de la Ley 2/2011. En particular, la obligación de justificar en el preámbulo la adecuación de la iniciativa

reglamentaria a los principios de buena regulación (art. 129, apartados 1, segundo inciso, y 5) proviene del artículo 4.1,

segundo inciso, de la Ley 2/2011 («En la iniciativa normativa quedará suficientemente justificada la adecuación a dichos principios»).

[?]?.

As ditas directrices non impiden o seu desenvolvemento autonómico ?? ni la posibilidad de establecer otros diferentes ??, apunta o Tribunal Constitucional na citada sentenza, o que ocorre nas directrices semellantes que aparecen recollidas

no título III (relativo á racionalización, simplificación e mellora da calidade normativa), da Lei 14/2013, do 26 de decembro,

de racionalización do sector público autonómico, e, en particular, do requirido no seu artigo 37.a), no que se dispón que:

?Para contribuír ao obxectivo de cumprir o principio de calidade normativa: a) En todas as iniciativas normativas xustificarase

a súa adecuación aos principios de necesidade, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia, accesibilidade, simplicidade

e eficacia?.

Así, o artigo 133 da LPAC regula a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas con rango de lei e

de regulamentos, establecendo:

"1. Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, efectuarase unha consulta pública,

a través do portal web da Administración competente, en que se pedirá a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas

potencialmente afectados pola futura norma acerca:

a) Dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

b) Da necesidade e oportunidade da súa aprobación.

c) Dos obxectivos da norma.

d) Das posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

2. Sen prexuízo da consulta previa á redacción do texto da iniciativa, cando a norma afecte os dereitos e intereses lexítimos

das persoas, o centro directivo competente publicará o texto no portal web correspondente, co obxecto de dar audiencia aos

cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facer outras persoas ou entidades.

Así mesmo, poderá tamén pedirse directamente a opinión das organizacións ou asociacións recoñecidas por lei que agrupen ou

representen as persoas cuxos dereitos ou intereses lexítimos se vexan afectados pola norma e cuxos fins gardaren relación

directa co seu obxecto.

[?]

4. Poderá prescindirse dos trámites de consulta, audiencia e información públicas previstos neste artigo no caso de normas

orzamentarias ou organizativas da Administración xeral do Estado, a Administración autonómica, a Administración local ou das

organizacións dependentes ou vinculadas a estas, ou cando concorran razóns graves de interese público que o xustifiquen.

Cando a proposta normativa non teña un impacto significativo na actividade económica, non impoña obrigas relevantes aos destinatarios

ou regule aspectos parciais dunha materia, poderase omitir a consulta pública regulada no número primeiro. Se a normativa

reguladora do exercicio da iniciativa lexislativa ou da potestade regulamentaria por unha Administración prevé a tramitación

urxente destes procedementos, a eventual excepción do trámite por esta circunstancia axustarase ao previsto naquela".

Da análise da documentación que integra o expediente, cabe deducir que o proceso de elaboración do proxecto de orde se adecuou,

no substancial, ás esixencias que se conteñen nas citadas normas, se ben, non se levou a cabo o trámite de consulta pública

previa ao que se refire o artigo 133.1 da LPAC, trámite que, a xuízo deste Consello Consultivo, tampouco resulta preciso no

suposto sometido a ditame por canto da lectura do proxecto de orde se desprende como este pretende regular aspectos formais

de aplicación e de carácter meramente organizativo do tributo, non implicando así mesmo obriga relevante ningunha, o que,

segundo a dicción do artigo 133.4 da LPAC, permite a omisión da devandita consulta pública.

Terceira.- Marco xurídico da regulación proxectada.

1.- O imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos foi aprobado pola Lei

7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, como un dos mecanismos para avanzar en economía

circular e fomentar o reciclado dos residuos.

Prevese a súa entrada en vigor o 1.1.2023, e está regulado no capítulo II do título VII (artigos 84 a 97, ambos inclusive), no artigo 3, apartados 2 e 3, na disposición

adicional vixésimo primeira, nas disposicións transitorias sétima e oitava, na disposición final décimo terceira e nos anexos

I, II e III.

Artéllase como un tributo de carácter indirecto que recae sobre a entrega de residuos en vertedoiros para a súa eliminación,

a entrega de residuos en instalacións de incineración ou de coincineración para a súa eliminación ou valorización enerxética,

ao tempo que se configura como un imposto estatal aplicable en todo o territorio español, pero prevéndose a súa cesión ás

comunidades autónomas, mediante a adopción dos correspondentes acordos nos marcos institucionais de cooperación en materia

de financiamento autonómico, así como mediante a introdución das modificacións normativas necesarias.

A exposición de motivos da Lei 7/2022, de 8 de abril prevé de xeito transitorio que en tanto non se adopten estes acordos e modificacións normativas, o rendemento

do imposto atribúese ás comunidades autónomas, que poderán asumir as competencias de xestión desta figura. Así a disposición

transitoria oitava da Lei 7/2022, do 8 de abril, establece un réxime transitorio da atribución de competencias de xestión en relación con este imposto.

A Comunidade Autónoma de Galicia foi unha das comunidades autónomas que comunicou a súa decisión de asumir a xestión do imposto

dende a súa entrada en vigor.

2.- O 29.7.2022 foi publicada no Boletín Oficial do Estado, a Lei orgánica 9/2022, do 28 de xullo, pola que se establecen normas que faciliten o uso de información financeira e doutro tipo para a prevención,

detección, investigación ou axuizamento de infraccións penais, de modificación da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro,

de financiaciamento das comunidades autónomas e outras disposicións conexas, e de modificación da Lei orgánica 10/1995, do

23 de novembro, do Código Penal, que modificou mediante a súa disposición final cuarta a Lei 8/1980, do 22 de setembro (en

diante, LOFCA) e mediante a súa disposición adicional quinta a Lei 22/2009, do 18 de decembro pola que se regula o sistema

de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía (en diante LCT) ao tempo que

tamén se modificaron determinadas normas tributarias coa finalidade de articular a cesión do novo Imposto sobre o depósito

de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos ás comunidades autónomas.

Así, segundo as previsións contidas na LCT, considérase producido no territorio dunha comunidade autónoma o rendemento do

imposto cando se sitúe no seu territorio o vertedoiro ou a instalación de incineración ou coincineración na que se entreguen

os residuos obxecto do imposto (artigo 44 bis). As comunidades autónomas terán capacidade normativa para incrementar os tipos

de gravame aplicables a cada unha das categorías de residuos e instalacións previstas no artigo 93 da Lei 7/2022, do 8 de abril, respecto dos residuos depositados, incinerados ou coincinerados nos seus respectivos territorios, aínda que

non poderán regular a clasificación de residuos e de instalacións contida no dito precepto que dea lugar á aplicación de tipos

de gravame diferenciados (artigo 52 bis).

As comunidades autónomas faranse cargo, por delegación do Estado e nos termos previstos na LCT da aplicación do imposto, así

como da revisión dos actos ditados no exercicio da súa aplicación segundo o artigo 54, desenvolvendo no artigo seguinte as

funcións concretas que corresponden ás comunidades autónomas na aplicación do imposto.

O artigo 55.5 establece que os modelos de autoliquidación que aproben as comunidades autónomas deberán conter os mesmos datos

que os aprobados pola persoa titular do Ministerio de Facenda e Función Pública. Así mesmo as ordes reguladoras da creación

do Censo de obrigados tributarios suxeitos ao imposto, así como do procedemento para a inscrición destes no Rexistro territorial

deberán ser substancialmente iguais ás establecidas pola persoa titular do Ministerio de Facenda e Función Pública.

A disposición transitoria oitava da LCT sinala que para que a efectividade da cesión do imposto sexa efectiva nos termos establecidos

na lei, deberán ser adoptados os acordos necesarios para a súa configuración e aplicación plena como tributo cedido nos marcos

institucionais de cooperación en materia de financiamento autonómico establecidos no noso ordenamento.

O Consello de Política Fiscal e Financeira mediante o Acordo 1/2022, do 27 de xullo, tomou razón da modificación da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, e da Lei 22/2009, do 18 de decembro,

de cesión de tributos para o impulso dos acordos necesarios para a súa configuración e aplicación plena como tributo cedido

nos marcos institucionais de cooperación en materia de financiamento autonómico.

Pola súa banda, tal como figura no expediente a Comisión Mixta de Transferencias acordou o 26 de setembro aceptar a cesión

do imposto estatal á Comunidade Autónoma de Galicia e fixar o seu alcance e condicións, acordo que é complementario ao Acordo

da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia. No acordo incorporouse o anteproxecto

de lei de modificación da Lei 17/2010, do 16 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de

Galicia e de fixación do alcance e condicións da dita cesión.

No intre da solicitude a este órgano consultivo do ditame sobre o proxecto de orde, a aprobación desta lei configúrase como

a última actuación necesaria para que o sistema de cesión estea plenamente operativo dende o 1.1.2023. Por outra banda, hai que apuntar que neste momento tampouco constan publicadas as ordes ministeriais sinaladas nos artigos

95.3 e 4 e na disposición transitoria oitava da Lei 7/2022, do 8 de abril.

3.- Como se indicou, a disposición transitoria oitava da Lei 7/2022, do 8 de abril regula o réxime transitorio da atribución de competencias de xestión do tributo, que sinala:

?1. Dado que se ha configurado este impuesto con la finalidad clara de que sea un tributo cedido, y las comunidades autónomas

tengan finalmente competencias normativas sobre el mismo, en tanto no se produzcan los acuerdos en los marcos institucionales

de cooperación en materia de financiación autonómica establecidos en nuestro ordenamiento y las modificaciones normativas

necesarias para su configuración y aplicación plena como tributo cedido, las comunidades autónomas podrán asumir, por delegación

del Estado, la gestión completa del impuesto sobre el depósito de residuos en vertederos, la incineración y la coincineración

de residuos respecto de los hechos imponibles producidos en su territorio, en los términos, establecidos en el apartado 3

de esta disposición.

2. Las comunidades autónomas que opten por asumir las competencias de gestión del impuesto en su territorio deberán comunicarlo

formalmente al Ministerio de Hacienda dentro del mes siguiente a la fecha de publicación de la presente ley en el «Boletín

Oficial del Estado».

Las comunidades autónomas que no ejerzan esta opción percibirán trimestralmente el importe de la recaudación del impuesto,

que se pondrá a su disposición mediante operaciones de tesorería cuyo procedimiento se determinará reglamentariamente.

3. Corresponderán a las comunidades autónomas que asuman la aplicación del impuesto las siguientes competencias:

Primero. En el ámbito de la gestión tributaria les corresponderá:

a) La realización de los actos de trámite y la práctica de liquidaciones tributarias.

b) La calificación de las infracciones y la imposición de sanciones tributarias.

c) La publicidad e información al público de obligaciones tributarias y su forma de cumplimiento.

d) La aprobación de modelos de declaración, que deberán contener los mismos datos que los aprobados por la persona titular

del Ministerio de Hacienda.

e) La aprobación de la Orden reguladora de la creación y el procedimiento de inscripción del Censo de obligados tributarios

sujetos a este impuesto, que deberá ser sustancialmente igual a la establecida por la persona titular del Ministerio de Hacienda.

f) En general, las demás competencias necesarias para la gestión de los tributos.

No es objeto de delegación la competencia para la contestación de las consultas reguladas en los artículos 88 y 89 de la Ley

58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria.

Segundo. Corresponderá a las comunidades autónomas la recaudación en período voluntario de pago y en período ejecutivo, ajustándose

a lo dispuesto en la normativa del Estado y asumiendo los órganos correspondientes de las comunidades autónomas las potestades

atribuidas en la citada normativa. En lo que se refiere al aplazamiento y fraccionamiento de pago, corresponderá a cada comunidad

autónoma la competencia para resolver de acuerdo con la normativa del Estado.

Tercero. Corresponderán a las comunidades autónomas las funciones previstas en el artículo 141 de la Ley 58/2003, de 17 de

diciembre, General Tributaria, aplicando las normas legales y reglamentarias que regulen las actuaciones inspectoras del Estado

en materia tributaria y siguiendo los planes de actuación inspectora que deberán ser elaborados conjuntamente por ambas Administraciones.

Las actuaciones comprobadoras e investigadoras de las comunidades autónomas relativas a este impuesto que deban efectuarse

fuera de su territorio serán realizadas por la Inspección de los Tributos del Estado o la de la comunidad autónoma competente

por razón del territorio, previa solicitud de la comunidad autónoma que lo requiera.

Cuarto. Todos los actos, documentos y expedientes relativos a este impuesto de los que se deriven derechos y obligaciones

de contenido económico serán intervenidos y contabilizados por las comunidades autónomas con arreglo a los principios generales

de la Ley 47/2003, de 26 de noviembre, General Presupuestaria.

De los resultados obtenidos en la aplicación de este impuesto se rendirá anualmente a la Intervención General de la Administración

del Estado una «Cuenta de gestión del impuesto sobre el depósito de residuos en vertederos, la incineración y la coincineración

de residuos», adaptada a las disposiciones que sobre la liquidación de los presupuestos contienen la Ley General Presupuestaria

y, en su caso, las modificaciones que puedan introducirse en la misma.

La estructura de esta cuenta será determinada por el Ministerio de Hacienda, a propuesta de la Intervención General de la

Administración del Estado, y deberá contener el importe de las liquidaciones contraídas, la recaudación obtenida, el pendiente

de cobro al finalizar cada período y el importe de los beneficios fiscales que le afecten.

La Intervención General de la Administración del Estado unirá la citada «Cuenta de gestión del impuesto sobre el depósito

de residuos en vertederos, la incineración y la coincineración de residuos» a la Cuenta General del Estado de cada ejercicio,

sin perjuicio de las actuaciones de control financiero que se estime oportuno llevar a cabo.

Las comunidades autónomas facilitarán mensualmente al Ministerio de Hacienda, en las condiciones concretas y por los medios

que se determinen, información detallada sobre la recaudación del impuesto que incluirá de manera específica todos los datos

incluidos en los modelos de autoliquidación del impuesto presentados por los contribuyentes y las liquidaciones practicadas

por la Administración.

Quinto. Corresponderá a la autoridad competente de la comunidad autónoma respectiva poner en conocimiento del Ministerio Fiscal

los hechos que estime constitutivos de delitos contra la Hacienda Pública con arreglo al Código Penal en relación con este

impuesto?.

Cuarta.- Estrutura do proxecto.

O texto do proxecto da orde sometido a ditame consta dunha parte expositiva seguida de 20 artigos distribuídos en cinco capítulos,

oito disposicións adicionais, unha disposición derradeira única e oito anexos.

A súa estrutura e contido son os que seguen:

- Capítulo I: Disposicións xerais.

- Capítulo II: Censo electrónico de vertedoiros, instalacións de incineración e instalacións de coincineración de residuos.

- Capítulo III: Autoliquidación do IRIDES.

- Capítulo IV: Repercusión do imposto.

- Capítulo V: Acceso á OVT e xustificantes de pagamento, e de presentación de declaracións e autoliquidacións.

- Disposición adicional primeira. Excepcionalidade ao cumprimento das obrigas tributarias de xeito electrónico.

- Disposición adicional segunda. Adhesión e autorización de entidades colaboradoras.

- Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice

o pagamento deste imposto.

- Disposición adicional cuarta. Cofidencialidade e representación.

- Disposición adicional quinta. Presentación e pagamento en prazo.

- Disposición adicional sexta. Tratamento de datos persoais.

- Disposición adicional sétima. Modificación dos anexos desta orde.

- Disposición adicional oitava. Instalacións de depósito, almacenamento, incineración e coincineración de residuos autorizadas

na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Disposición derradeira única. Entrada en vigor.

Quinta.- Observación de legalidade.

Non se formulan observacións de legalidade ao proxecto de orde sometido a ditame.

Sexta.- Observacións de mellora.

Observación á Exposición de motivos.

A Lei 7/2022, de 8 de abril, aparece citada en varias ocasións no preámbulo; a primeira cita realízase completa, e debe unificarse a forma

en que aparece nos parágrafos seguintes, xa que por exemplo figura ?lei 7/2022? nos parágrafos terceiro e quinto; e no sétimo e oitavo aparece como ?lei 7/2022, do 8 de abril?.

Por outra banda, no parágrafo undécimo aparece citada por primeira vez a Oficina Virtual Tributaria, polo que debe comprender

a súa denominación completa seguida entre paréntese, OVT.

Observación xeral.

Segundo as Directrices de técnica normativa aprobadas por acordo do Consello da Xunta de Galicia o 30.10.2014, en concreto

na directriz número 64, a primeira cita dunha norma, tanto na parte expositiva como na parte dispositiva deberá realizarse

completa e poderá abreviarse nas demais ocasións sinalando unicamente o tipo, o número e ano, se for o caso, e a data. Debe

terse esta previsión en conta, e corrixirse nos seguintes artigos e disposicións:

Artigo 7.2 e); artigo 11.1 e 2; artigo 17.4; artigo 18.1 e 3; disposición adicional cuarta parágrafo 2, disposición adicional

sexta e disposición derradeira única.

Observación ao Capítulo II. ?Censo electrónico de vertedoiros, instalacións de incineración e instalacións de coincineración de residuos?.

O artigo 95.4 da Lei 7/2022, do 8 de abril, dispón:

?4. En los términos que, en su caso, reglamentariamente se establezca, los obligados a presentar las correspondientes autoliquidaciones

conforme lo establecido en el apartado 2 de este artículo estarán obligados a inscribirse, con anterioridad al inicio de su

actividad, en el Registro territorial del Impuesto sobre el depósito de residuos en vertederos, la incineración y la coincineración

de residuos.

El Censo de obligados tributarios sometidos a este impuesto, así como el procedimiento para la inscripción de estos en el

Registro territorial, se regularán mediante Orden de la persona titular del Ministerio de Hacienda, sin perjuicio de lo previsto

en el apartado 3.Primero.e) de la disposición transitoria octava. [?]?.

A disposición transitoria oitava da Lei 7/2022, do 8 de abril establece no apartado 3.1 que corresponde ás comunidades autónomas que decidan asumir a xestión do imposto,

?e) La aprobación de la Orden reguladora de la creación y el procedimiento de inscripción del Censo de obligados tributarios sujetos a este impuesto, que deberá ser sustancialmente igual a la establecida por la persona titular del Ministerio de Hacienda?

Pola súa banda, o artigo 55.5 da Lei 22/2009, do 18 de decembro, dispón:

?[?] Asimismo, las Órdenes reguladoras de la creación del Censo de obligados tributarios sujetos a este impuesto, así como del procedimiento para la inscripción de éstos en el Registro territorial deberán ser sustancialmente iguales a las establecidas por la persona titular del Ministerio de Hacienda y Función Pública?.

O artigo 6 do proxecto de orde ten o seguinte teor:

?Créase o Censo electrónico de vertedoiros, instalacións de incineración e instalacións de coincineración de residuos, instrumento

que será empregado pola administración tributaria galega para os efectos da aplicación do IDIRES?.

O censo electrónico creado neste precepto refírese aos vertedoiros e instalacións de incineración e de coincineración de residuos,

ou sexa, aos espazos físicos onde se vai producir o feito impoñible deste imposto, polo que debe cumprimentarse debidamente

o mandato establecido nas leis antes referidas que prevén a creación do Censo de obrigados tributarios suxeitos a este imposto (artigo 35 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria).

Por outra banda, cómpre salientar a previsión de que a orde reguladora da creación e do procedemento de inscrición do Censo

de obrigados tributarios debe ser ?substancialmente igual? á establecida pola persoa titular do Ministerio de Facenda.

A comprobación deste aspecto non pode realizarse ata o publicación da orde ministerial no Boletín Oficial do Estado, que non

consta na data de emisión deste ditame.

Observación xeral ao capítulo III.

Este capítulo III leva por rúbrica ?Autoliquidación do IDIRES?.

O artigo 95.3 da Lei 7/2022, do 8 de abril, dispón:

?La persona titular del Ministerio de Hacienda establecerá los modelos, requisitos, y condiciones para la presentación de

las autoliquidaciones a que se refiere el apartado anterior, sin perjuicio de lo previsto en el apartado 3.Primero.d) de la

disposición transitoria octava?.

O artigo 55.5 da Lei 22/2009, do 18 de decembro, sinala:

?En el impuesto sobre el Depósito de Residuos en vertederos, la incineración y la coincineración de residuos los modelos de

autoliquidación que aprueben las Comunidades Autónomas deberán contener los mismos datos que los aprobados por la persona

titular del Ministerio de Hacienda y Función Pública?.

A falta da orde ministerial referida nestas disposicións legais citadas impide facer un recoñecemento e cotexo do disposto

neste capítulo.

Disposición adicional primeira. ?Excepcionalidade ao cumprimento das obrigas tributarias de xeito electrónico?.

Na redacción desta disposición adicional recoméndase aludir ás ?probas achegadas pola persoa ou entidade interesada para xustificar a súa solicitude?. Ademais, recoméndase ponderar o establecemento dun prazo máximo para ditar resolución, máis breve que o prazo xeral que,

por defecto, fixa en tres meses o artigo 21.3 da LPAC. Advírtase que o prazo para a presentación e o ingreso do resultado

das autoliquidacións do imposto é dun mes desde a data de devindicación do imposto (artigo 22.1 do proxecto de orde).

Así mesmo, deberá preverse se a resolución que se dite pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia pon, ou non, fin á

vía administrativa.

Finalmente, recoméndase simplificar a redacción do último parágrafo da disposición no sentido que de seguido se refire:

?A resolución fixará o alcance temporal da excepcionalidade e a forma e as condicións en que deberá cumprir as obrigas tributarias.

O seu incumprimento comportará as consecuencias previstas na normativa tributaria?.

Disposición adicional cuarta. ?Cofidencialidade e representación?.

O número 3 desta disposición establece: ?A falta de representación abonda das persoas no nome das que se presentase a documentación dará lugar á existencia das responsabilidades

que fosen procedentes?.

Como xa se sinalou nos CCG 2/2014, CCG 66/2014, CCG 225/2015, CCG 462/2017, e CCG 350/2020, debería clarexarse o contido deste

precepto pola especial gravidade xurídica que leva aparellada ao establecer uns efectos que non están conectados ao que deben

ser as consecuencias xurídicas dunha falta de representación que esixe conceder un prazo para a súa emenda (artigo 46.7 da

Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria).

Disposición adicional sétima. ?Modificación dos anexos desta orde?.

Tal e como se adiantou no apartado relativo ao fundamento competencial e normativo, o proxecto de orde que nos ocupa dá cumprimento

aos mandatos de desenvolvemento normativo contidos na Lei 7/2022, do 8 de abril, cumprimento que se materializa, non só na parte dispositiva do proxecto de orde senón tamén nos seus anexos

os cales, na súa meirande parte, están dotados dun contido normativo propio, innovador do ordenamento xurídico, e non do carácter

de meros actos de aplicación do xa disposto na parte dispositiva da orde ou noutra normativa de aplicación. En consecuencia,

a posibilidade de modificación ou actualización dos ditos anexos por resolución da persoa titular da Dirección da Axencia

Tributaria de Galicia (polo tanto, por medio dun acto administrativo e non a través dunha disposición de carácter xeral) debe

necesariamente limitarse a aqueles concretos extremos de tales anexos que non innoven o ordenamento xurídico senón que se

limiten a aplicar o xa recollido en normas xurídicas (de aí que resulte máis axeitado empregar exclusivamente o termo ?actualización?), constituíndo, por esa mesma razón, un límite infranqueable a introdución de modificacións substanciais de tales anexos

así como aqueles supostos nos que, mediante cambios nos anexos, se efectúe unha modificación encuberta da parte dispositiva

da orde (no mesmo sentido, CCG 21/2015, CCG 156/2015 e CCG 225/2015). Soamente desde este entendemento, a previsión contida

na disposición adicional sexta resultaría conforme a Dereito.

Disposición adicional oitava. ?Instalacións de depósito, almacenamento, incineración e coincineración de residuos autorizados

na Comunidade Autónoma de Galicia?.

O contido desta disposición ao afectar a actividades autorizadas con anterioridade á entrada en vigor da orde, debe recollerse

en forma de disposición transitoria, para facilitar a aplicación do réxime xurídico da nova regulación.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que o proxecto de orde pola que se establecen as normas de xestión e liquidación do imposto sobre o depósito de residuos

en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES), resulta consonte co ordenamento xurídico?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Derecho medioambiental. Paso a paso
Disponible

Derecho medioambiental. Paso a paso

V.V.A.A

12.70€

12.06€

+ Información

Sistema jurídico e instituciones de Andalucía
Disponible

Sistema jurídico e instituciones de Andalucía

V.V.A.A

51.00€

48.45€

+ Información

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)
Disponible

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)

V.V.A.A

76.50€

72.67€

+ Información