Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 450 de 11 de enero de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...ro de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 450 de 11 de enero de 2023

Tiempo de lectura: 35 min

Tiempo de lectura: 35 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 11/01/2023

Num. Resolución: 450


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por A., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento da súa nai T. pola asistencia recibida na Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de Pontevedra.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Blanco Serrano

Propuesta:

Conclusion:

Acordo devolución

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 11.8.2022 A. presenta diante do Servizo Galego de Saúde (en diante, Sergas) unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos

danos e perdas causados polo falecemento da súa nai T. o 2.11.2021, polo que cualifica como deficiente asistencia médico ?

sanitaria.

Relata a reclamación que o día 2.11.2021 a señora T. empezou a sentirse mal e quedarse sen respiración polo que a súa neta

A. chamou ao Servizo de Urxencias 061 ás 11:09 horas.

Indicáronlle que unha ambulancia ía de camiño para levala ao hospital, ao ver que a ambulancia non chegaba chamou novamente

ao 061, onde lle indicaron que alguén tiña anulado a ambulancia polo que volvían a enviar outra, que finalmente chegou ás

12 h, e dicir, 50 minutos despois da primeira chamada ao 061.

Entende a reclamación que a causa do falecemento da señora T. foi o atraso da chegada da ambulancia, que impediu que fose

atendida medicamente en tempo oportuno

Remata a reclamación solicitando unha indemnización de 58.366,54 ?, mais os xuros que correspondan.

2.- Instruído o correspondente procedemento de responsabilidade patrimonial constan no expediente administrativo remito a este

Consello:

- Historia clínica da señora T.

- Informe do Servizo de Medicina Interna do Hospital Montecelo do 28.9.2022.

- Informe da asistencia prestada da Función Pública Urxencias Sanitarias de Galicia- 061 do 6.10.2022.

- Informe do coordinador de Urxencias do Complexo Hospitalario de Pontevedra do 7.10.2022.

3.- Dado trámite de audiencia á parte reclamante, que presento escrito de alegación o 26.10.22, con data 28.10.2022 a instrutora do procedemento formula proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o dia 7.12.2022.

5.- Na sesión da Sección de Ditames que tivo lugar o día 21.12.2022 acordouse, de conformidade co previsto no artigo 39.1 do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo

de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, ampliar o período de emisión do preceptivo ditame polo prazo de

quince días.

Á vista destes antecedentes, a Sección de Ditames deste Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ao abeiro do previsto no artigo 34.4 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e

funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, adoptou o seguinte:

ACORDO

?Devolver o expediente, sen a emisión do ditame, con base nos fundamentos que deseguido se expresan, debendo, unha vez completadas

as actuacións requiridas, someter de novo o expediente ao ditame deste órgano consultivo?.

Primeiro.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

por contía superior a 30.000,00 ?.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, e as previsións específicas

contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC),

ao respecto dos aspectos adxectivos; e, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante,

LRXSP) no tocante aos aspectos substantivos ou cuestións de réxime xurídico.

En canto á súa forma de presentación, o artigo 34.4 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, prescribe:

?Se a relatora ou relator considerase, no caso da solicitude de ditames, a falta da documentación esencial para pronunciarse

o Consello ou defectos relevantes na instrución do procedemento, e no mesmo sentido se pronunciase o órgano competente do

Consello, a Presidencia do Consello devolverá o expediente ao organismo de procedencia para a emenda dos defectos observados

no prazo que en cada caso se estableza?.

Segundo.

O procedemento administrativo é definido como a canle formal dunha serie de actos en que se concreta a actuación administrativa

para a realización dun fin, supón a submisión da actividade administrativa a unha ordenación formal preestablecida e responde

a unha dobre finalidade: de garantía dos intereses públicos de oportunidade e legalidade dos actos, así como dos dereitos

e intereses dos particulares.

O artigo 75, ?Actos de instrución?, da LPAC establece que os actos de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en

virtude dos cales deba pronunciarse a resolución, se realizarán de oficio polo órgano que tramite o procedemento.

Pola súa banda, o artigo 81, ?Solicitude de informes e ditames nos procedementos de responsabilidade patrimonial?, apartado 2, da LPAC esixe, en todo caso, que se solicite informe ao servizo cuxo funcionamento teña ocasionado a presunta

lesión indemnizable. Este órgano consultivo ten insistido sobre a natureza do devandito informe, en particular no eido das

reclamacións sanitarias, contrastándoo cos carácteres propios dos informes clínicos. En efecto, o informe do servizo ten un

contido singular e distinto dos informes clínicos, por canto se emite no seo dun procedemento administrativo orientado a dirimir,

de ordinario, a reclamación suscitada por un particular verbo da asistencia sanitaria recibida, sendo necesario, polo tanto,

que nel se conteña unha resposta razoada sobre aquelas imputacións nas que a parte reclamante pretende sustentar a súa pretensión

indemnizatoria.

Terceiro.

Unha das características da nosa función consultiva é a de ditaminar a problemática xurídica suscitada polo expediente examinado,

en termos de adecuación á legalidade, sempre que estea presente a suficiente complitude para que poidan ser valorados todos

os documentos que o integran e acadarse un criterio ponderado do seu conxunto.

Neste sentido, logo do exame da documentación que figura no expediente, cómpre que pola instrución se leven a cabo as actuacións

que deseguido se refiren.

A reclamante no escrito presentado o 26.10.2022, sinala, respecto dos informes achegados ao procedemento:

?En un informe se comenta que si bien la demora en la atención por ambulancia pudo empeorar su situación clínica, esta no influyó

en el resultado final de la paciente ya que tenía una patología previa que fue la que le causó la muerte. Primero reconocen

que la demora pudo empeorar su estado de salud y luego afirman que eso no causó la muerte ¿CÓMO PUEDEN SABER QUE SI LA AMBULANCIA

HUBIERA LLEGADO A TIEMPO LA PACIENTE HABRÍA FALLECIDO IGUALMENTE?

(...)

En otro informe dice que mientras no llegaba la ambulancia, se le podía atender en casa de una forma similar a la de un hospital

y que por eso no les parece relevante el haberse demorado más de 1 hora. .... el domicilio no tiene medios materiales ni profesionales

que pudieran ayudar a la paciente. Y eso no es excusa para demorarse y cometer esas dos negligencias.

...., los informes aportados son parciales, subjetivos e interesados, y no responden a la realidad de lo sucedido....?.

Semella que a primeira mención fai referencia ao informe do coordinador do Servizos de Urxencias que sinala: ?Desde mi experiencia, la demora de una hora en el traslado de la paciente, si bien pudo empeorar algo su situación clínica,

con toda probabilidad no influyó en el pronóstico final de la paciente, dado su diagnóstico y sus múltiples patologías?, e a segunda ao informe do Servizo de Medica Interna que indica: ?... La hora de demora hasta su puesta en Urgencias no me parece un factor demasiado relevante en los resultados finales ya

que se le puede prestar una atención similar a la del hospital en el contexto de la paciente. Sí lo es el tiempo de atención

desde la llamada?.

Efectivamente pode observarse unha certa falta de precisión nos informes citados, xa que no do Servizo de Urxencias, como

sinalan as alegación presentadas, indícase que a demora dunha hora no traslado da paciente ?pudo agravar algo su situación clínica?, aínda que entende que non influíu no prognóstico final da doente, estando así xustificada a alegación da reclamante no

sentido de que recoñecida a posible agravación da situación clínica pola demora da ambulancia, debería concretarse a razón

pola que entende que esta agravación non implica unha diminución das posibilidades de obter un resultado mais favorable no

seu tratamento. En canto ao informe de Medicina Interna suscita dúbidas sobre a atención prestada, pois dunha banda parece

indicar que houbese sido mais procedente a remisión de persoal médico ao domicilio da paciente en vez do envío dunha ambulancia

para o seu traslado ao hospital e doutra identifica como factor relevante o tempo de atención dende a chamada, polo que procedería

aclarar en que medida esta demora influíu no resultado final producido

Así as cousas entende ente Consello Consultivo que unha axeitada resposta ás alegacións da parte reclamante require a emisión

de informes complementarios polos servizos citados que aclaren as dúbidas indicadas sobre a posible relevancia do atraso na

chegada da ambulancia, recoñecido na documentación xuntada ao expediente, e a evolución das doenzas da paciente e o seu posterior

falecemento.

Cuarto.

Practicadas estas dilixencias, haberá de darse trámite de audiencia á interesada, e ditarse unha nova proposta de resolución.

Cómpre lembrar que a proposta de resolución debe decidir sobre todas as cuestións formuladas pola parte reclamante (artigo

88.1 LPAC). Como se ten sinalado en todo procedemento administrativo de responsabilidade debe haber unha congruencia entre

as pretensións formuladas pola parte reclamante e o contido da proposta resolución emitida polo órgano instrutor (artigo 88.2

LPAC).

Para a emenda do observado, e de conformidade co indicado no artigo 34.4. do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, procédese á devolución

do expediente ao organismo de procedencia, concedéndose para tal fin un prazo de tres meses a contar desde a recepción do

presente acordo de devolución.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Compliance y nudge en la Administración pública
Novedad

Compliance y nudge en la Administración pública

Ederson dos santos Alves

29.75€

28.26€

+ Información

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)
Disponible

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)

V.V.A.A

76.50€

72.67€

+ Información

Fundaciones en el Derecho Admistrativo español
Disponible

Fundaciones en el Derecho Admistrativo español

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

La función pública
Disponible

La función pública

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Régimen jurídico de las fundaciones y las sociedades mercantiles especiales
Disponible

Régimen jurídico de las fundaciones y las sociedades mercantiles especiales

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información