Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 449 de 05 de diciembre de 2017

Tiempo de lectura: 39 min

Tiempo de lectura: 39 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/12/2017

Num. Resolución: 449


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona R., polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa

Organismo: Concello de Ourense

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Costa Pillado

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 05.01.2016, dona R., presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial dirixida ao Concello de Ourense polos danos

padecidos ao caer na rúa Alejandro Pedrosa, a altura do número 56.

De acordo coa reclamación a caída débese a ?el mal estado de la acera. Concretamente le faltan varias baldosas que dejan al descubierto un hueco de 60cmx20 cm en el

que doña R. tropezó causándose lesiones en su tobillo derecho?.

Xunto co escrito de reclamación acompaña informes médicos, facturas e fotografías.

A contía fixada como indemnización é de 16.831,73 euros.

2.- Instruído o procedemento constan incorporados a este:

- Informe da Policía local.

- Informe do Servizo de Infraestructuras.

- Informe xurídico.

3.- O 04 de outubro de 2017 formulouse proposta da resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. alcalde do Concello

de Ourense, e tivo entrada neste organismo con data dez de novembro de dous mil dezasete.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por

tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración local por contía superior a

15.000 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, ven regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española e polos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais, tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe traerse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a

teor do cal: ?as entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?. En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento

de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

No presente caso, ha de sinalarse que o Concello de Ourense, en esencia, tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios,

da concesión do trámite de audiencia á reclamante, da práctica das probas que se consideraron pertinentes, e da formulación

da correspondente proposta de resolución.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O dito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña o

deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, debendo

ter presente que a inxerencia dun terceiro ou o comportamento da propia vítima son posibles circunstancias produtoras da ruptura

do nexo causal, se foron determinantes do dano, ou susceptibles de modular o alcance da responsabilidade da Administración,

graduando o importe da indemnización se, en concorrencia co funcionamento do servizo, contribuíron tamén á súa produción.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Non obstante, a xurisprudencia ven modulando o carácter obxectivo da responsabilidade patrimonial, rexeitando que a mera titularidade do servizo determine a responsabilidade

da Administración respecto de calquera consecuencia lesiva relacionada co mesmo que se poida producir, o que suporía converter

á Administración en aseguradora universal de todos os riscos, co fin de previr calquera eventualidade desfavorable ou danosa

para os administrados que poida producirse con independencia do actuar administrativo, sendo necesario, polo contrario, que

eses danos sexan consecuencia do funcionamento normal ou anormal da Administración.

Pode así concluírse que para que o dano concreto producido polo funcionamento do servizo a un ou varios particulares sexa antixurídico

abonda con que o risco inherente a súa utilización pasase os límites impostos polos estándares de seguridade esixibles conforme

á conciencia social. Non existirá entón deber algún do prexudicado de soportar o menoscabo e, conseguintemente, a obriga de

resarcir o dano ou prexuízo causado pola actividade administrativa será a ela imputable.

Cuarta.-

Entrando no exame do fondo do asunto, cómpre, por mandato legal, e polo que o presente ditame se refire, a verificación da existencia, ou non, da relación de causalidade entre o funcionamento do servizo

e a lesión producida, para o que é preciso partir da previa constatación dun dano, como ocorre no presente caso, no que se

xuntan ao expediente informes da asistencia sanitaria prestada á interesada, nos que se recollen as lesións padecidas por

esta tras sufrir unha caída casual.

Con todo, a constatación deste dato non é suficiente para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo necesario xustificar a presenza dun vínculo causal que enlace o dano padecido co

funcionamento dun servizo público, o que se esixe, por principio, a demostración de que a caída se produciu, efectivamente,

nas circunstancias indicadas pola interesada, e que estas determinan a existencia dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento

do servizo asumido pola Administración á aquel que se imputa.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles

o CCG 697/04, segundo a que a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión

causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión

(forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración (artigo 1214 do Código civil e actual 217 LEC) No mesmo sentido

postúlase a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral, acolle o principio de que a carga da proba da existencia

dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte actora (entre outras, sentenzas do 04.11.1997

e 30.10.1999).

Comezando, así, pola análise da relación de causalidade, da documentación que obra no expediente así como da proba practicada, cabe destacar por un lado que o Servizo de Infraestructuras do Concello de

Ourense informa que:

?Non existe constancia en este servizo de desperfectos ou ausencia das baldosas orixe do accidente?.

?Se ben existía un menoscabo nas prestacións do pavimento, a altura do resalte non superaba os límites admisibles pola normativa?.

?As labores de mantemento viario do Concello de Ourense realízase regularmente pola brigada de obras do servizo de Infraestructuras ou de contratistas designados para tal fin?.

?Este técnico non ten constancia doutros accidentes semellantes na zona?.

Na mesma liña a Policía Local informa de que ?No se tenía constancia de la ausencia de las losetas de la acera con anterioridad a la fecha del accidente y que la desaparición

de las tres baldosas deja un resalte de 60x20 cm de superficie de una profundidad de 2 cm respecto del nivel medio de la acera?.

Compre facer referencia a documentación aportada pola interesada que non ven a probar a relación de causalidade entre o funcionamento da Administración e o dano causado. A interesada aporta fotografías

nos que pode observarse que faltan baldosas na beirarrúa pero non proba que ese fora o estado da beirarrúa o día da caída

nin tampouco que a caída fose nese lugar e polo que se refire aos informes médicos só veñen a probar o dano causado, que non

se discute, pero non proban nada máis.

Examinada a actividade probatoria conclúese coa proposta de resolución sometida a ditame que non están probados os feitos determinantes da existencia dun vínculo causal entre as lesións que padece a reclamante

e o funcionamento do servizo público municipal da Administración pois ningún dos elementos de proba xuntados ao expediente

xustifica que as lesións padecidas pola reclamante se produciron porque o concello incumpriu coa normativa de seguridade ou

porque o concello incumprira coa súa obrigación de mantemento das infraestruturas.

Quinta.-

A maior abastanza debe tomarse en consideración a regra xeral, acollida xa por este Consello Consultivo noutros ditames (por todos o CCG 30/00), segundo a cal é esixible aos viandantes o autocontrol da

súa propia deambulación, obriga esta que exclúe toda responsabilidade da Administración cando é crebada, por introducirse,

neste caso, un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa da vítima, circunstancia que, cando reúne

o requisito da exclusividade na vinculación co dano padecido, enerva toda responsabilidade da Administración, tal e como estableceu

de xeito reiterado o Consejo de Estado (entre outros no ditame do 1 de xullo de 1971) e a propia xurisprudencia do Tribunal

Supremo (sentenzas do 8 de marzo de 1967, 25 de xaneiro de 1974, ou 5 de novembro de 1974).

A apreciación da imputación da caída á esfera de responsabilidade da propia vítima é unha conclusión imposta polas propias circunstancias do caso pois, sendo apreciable que chovía e que a zona onde tivo

lugar a caída podía escorregar, a súa falta de apreciación tivo que obedecer necesariamente -ante a falta de constancia de

circunstancia impeditiva algunha- a unha omisión da atención debida por parte da accidentada.

Neste sentido, como o Tribunal Supremo ten sentado, entre outras, en sentenzas do 27 de outubro de 1998 e do 3 de maio de 2007 -en doutrina aplicada por este Consello Consultivo en numerosos ditames como

o CCG 824/07, ?Entre las diversas concepciones con arreglo a las cuales la causalidad puede concebirse, se imponen, en materia de responsabilidad

patrimonial de la Administración, aquellas que explican el daño por la concurrencia objetiva de factores cuya inexistencia,

en hipótesis, hubiera evitado aquel?. Engadidamente, hai que resaltar o reforzamento do rigor con que a esixencia de proba da vinculación causal referida é esixida

na xurisprudencia en relación con reclamacións próximas á que nos ocupa, que teñen o seu fundamento nunha omisión por parte

da Administración nas funcións de conservación das vías da súa titularidade.

A este respecto na sentenza do TS do 17.06.2014 razóase como segue:

?A solidariedade nos riscos que fundamenta a institución da responsabilidade patrimonial como instrumento de resarcimento das

vítimas de danos producidos polo funcionamento dos servizos públicos de cara á xusta distribución das súas cargas e beneficios,

eís o seu carácter obxectivo, non pode confundirse cunha cobertura providencialista de todas as incidencias públicas que acontezan

en lugares de titularidade pública, sendo precisa a concorrencia dos presupostos legalmente esixidos?.

Como o Tribunal Supremo ten establecido en reiterados pronunciamentos dos que é mostra o realizado en sentenza de 30.09.2009 ?la prestación por la Administración de un determinado servicio público y la titularidad por parte de aquélla de la infraestructura

material para su prestación no implica que el vigente sistema de responsabilidad patrimonial objetiva de las Administraciones

Públicas convierta a éstas en aseguradoras universales de todos los riesgos con el fin de prevenir cualquier eventualidad

desfavorable o dañosa para los administrados que pueda producirse con independencia del actuar administrativo, porque de lo

contrario se transformarla aquél en un sistema providencialista no contemplado en nuestro Ordenamiento Jurídico (SSTS de 30.09.2003

y las que cita), sino que es necesario que el riesgo inherente a su utilización haya rebasado los límites impuestos por los

estándares de seguridad exigibles conforme a la conciencia social (SSTS de 15.12.1997), lo que se estima no consta en el presente

caso. Por ello el recurso tiene que ser desestimado?.

En consecuencia, tras a análise do conxunto do expediente cabe concluír que a hipótese máis plausible é a de que o factor determinante do accidente foi

a conduta da propia vítima, tanto pola súa distracción e descoido ante as circunstancias especiais da zona pola que deambulaba.

Enténdese así aplicable a doutrina deste Consello recollida en numerosos ditames (CCG 420/07, 177/12, 498/12, 431/13 ou 649/14,

entre outros) sobre a necesidade de autocontrol da propia deambulación que é esixible das persoas que utilizan as instalacións

públicas de xeito que corresponde a estas avaliar os riscos que pode ter un actuar pouco atento ás circunstancias.

Deste xeito, ao residenciarse a orixe do accidente na esfera de imputabilidade da vítima, nin o accidente nin as súas consecuencias lesivas, por lamentables que resulten, poden atribuírse ao concello que

determina a procedencia da desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español
Disponible

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español

Gonzalo Pardo Beneyto

21.25€

20.19€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información