Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 445 de 29 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 37 min

Tiempo de lectura: 37 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 29/11/2017

Num. Resolución: 445


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona C., en nome e representación de dona C., polos danos derivados do atraso asistencial durante 3 días tras o seu parto

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 02.09.2016, dona C., actuando en nome e representación de dona C., presentou un escrito dirixido ao Servizo Galego

de Saúde no que formula unha reclamación de responsabilidade patrimonial polas lesións de oído padecidas por esta última e

que se imputan a unha deficiente asistencia sanitaria recibida no Hospital Materno Infantil da Coruña, logo de ter dado a

luz á súa filla.

Alégase o padecemento de hipoacusia en ambos os dous oídos, e se solicita unha indemnización por importe de 48.423,71 ?.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, e concedida audiencia á parte actora, formulouse unha

proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día 6 de novembro de 2017.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

(no sucesivo, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade

patrimonial, en aplicación do establecido na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, de procedemento administrativo

común.

Terceira.-

Como se sabe, é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que o réxime legal da responsabilidade patrimonial se asenta sobre o principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento

esencial, que non único, para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun

nexo causal directo e inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida.

Por outra parte, para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva materialización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou

grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine

o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir, e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, resulta preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame,

existe relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida, por ser este presuposto esencial para

a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade polo normal ou anormal funcionamento do servizo público.

A reclamante censura aos servizos sanitarios unha mala praxe na asistencia sanitaria que recibiu a señora C. despois do nacemento da súa filla. Alégase que tras o parto tivo grandes mareos, vertixe

e descompensación da tensión arterial, sufrindo hipoacusia neurosensorial en ambos os dous oídos que se considera secundaria

a embolia por existir antecedentes de embolia postparto comunicados aos facultativos. Denuncia que durante varios días a xestante

foi examinada unicamente por enfermeiras. Sendo así que se pretende derivar dunha determinada asistencia sanitaria a responsabilidade

patrimonial reclamada, resulta preciso lembrar unha serie de premisas que, con carácter xeral, entran en xogo cando se analizan

dende a óptica xurídica as reclamacións de responsabilidade patrimonial no ámbito sanitario.

Cuarta.-

Así, en primeiro lugar, hai que sentar que a asistencia sanitaria se naturaliza como unha prestación de medios e non de resultado, como consecuencia derivada do carácter finito e limitado dos coñecementos

técnicos e medios de igual condición dispoñibles para facer fronte ao carácter mórbido inherente á condición humana.

A principal consecuencia da calidade de prestación de medios da asistencia sanitaria radica en que o exame de solvencia e suficiencia da precitada prestación se realiza dende a óptica da lex artis ad hoc, que, como indica o Tribunal Supremo, en sentenza do 29.01.2010.

?[?] supone que la toma de decisiones clínicas está generalmente basada en el diagnóstico que se establece a través de una serie

de pruebas encaminadas a demostrar o rechazar una forma de actuación. Implica por tanto la obligación del médico de realizar

aquellas pruebas necesarias atendiendo el estado de la ciencia médica en ese momento, [?] de tal forma que, realizadas las

comprobaciones que el caso requiera, sólo el diagnóstico que presente un error de notoria gravedad o unas conclusiones absolutamente

erróneas, puede servir de base para declarar su responsabilidad, al igual que en el supuesto de que no se hubieran practicado

todas las comprobaciones o exámenes exigidos o exigibles (SSTS 15 de febrero y 18 de diciembre de 2006; 19 de octubre 2007);

todo lo cual conduce a criterios de limitación de la imputabilidad objetiva para recordar que no puede cuestionarse esta toma

de decisiones si el reproche se realiza exclusivamente fundándose en la evolución posterior y, por ende, infringiendo la prohibición

de regreso que imponen los topoi (leyes) del razonamiento práctico (SSTS de 14 de febrero de 2006, 15 de febrero de 2006, 7 de mayo de 2007)?.

Dito noutras palabras, a apreciación dun resultado lesivo, como é o caso, non abonda para establecer a existencia dunha obriga de resarcimento a cargo da Administración, sendo preciso comprobar que ese

resultado adverso é consecuencia dunha creba da lex artis que produce un dano antixurídico ao particular.

Quinta.-

Tratándose dun procedemento no que se pretende unha consecuencia xurídica (indemnización) derivada sempre duns determinados feitos previos (a asistencia sanitaria) a análise da causalidade do dano

constitúe o centro de gravidade deste tipo de expedientes, tanto dende o punto da súa construción lóxico-argumentativa como,

posteriormente, dende a óptica da súa xustificación ou proba, tarefas ambas que corresponden de inicio ao reclamante.

Así, o artigo 6.1 do Regulamento dos procedementos de reclamación de responsabilidade patrimonial aprobado por Real decreto 429/1993, de aplicación ao caso, prevé que na reclamación se deberán

especificar, entre outros extremos, a presunta relación de causalidade entre as lesións e o funcionamento do servizo público

(idéntica previsión se contén actualmente no artigo 67.2 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común).

Examinado o cumprimento desta carga por parte do reclamante obtemos que non se chegou a precisar de modo detido o curso causal que, a criterio da parte actora, vincula a asistencia sanitaria co lamentable

resultado acontecido.

Así, adúcese o padecemento dunha embolia postparto con antecedentes que tería causado unha hipoacusia bilateral; porén, na marxe en que non se obxectivou tal bilateralidade nin os antecedentes referidos,

nada se argumenta en relación coas medidas asistencias indebidamente adoptadas ou omitidas, e que conectarían causalmente

o dano alegado coa asistencia sanitaria recibida. Nada se especifica sobre que probas foron improcedentemente omitidas ou

practicadas, nin se concreta por que razón as probas omitidas ou indebidamente practicadas estarían relacionadas causalmente

co resultado acontecido.

O exame do relato de feitos realizado pola parte actora, excesivamente vago e impreciso, conduce á conclusión de que carece da determinación e precisión necesaria para apreciar o curso lóxico do nexo

causal que se aduce, sendo esta unha carga cuxo levantamento corresponde á reclamante, que noutro caso non pode pretender

a viabilidade da súa reclamación.

Sexta.-

Pero ademais, do exame das actuacións e os informes clínicos e os elaborados no decurso do presente procedemento, non se obtén a conclusión dunha creba na praxe médica, negada polos servizos sanitarios

e non identificada nin probada pola parte actora.

A este respecto hai que indicar que, como é principio xeral en todo tipo de reclamacións de responsabilidade patrimonial, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde ao reclamante, sendo así que o artigo 217.2

da Lei 1/2000, de axuizamento civil, de aplicación supletoria, grava ao actor coa carga de probar a certeza dos feitos dos

que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións

da acción exercitada.

Con todo, existen supostos que modifican este principio dando lugar a mecanismos de inversión da carga probatoria, especialmente frecuentes no caso de reclamacións vinculadas á asistencia sanitaria

dada a consideración de servizo activo de prestación de medios en que consiste aquela, o que determina que en ocasións exista

unha causalidade inicial entre o funcionamento do servizo e o dano -como pode ser o caso dos danos iatroxénicos ou as infeccións

nosocomiais- que traslade á Administración a proba dos feitos negativos ou excluíntes da pretensión, en especial, a eventual

ausencia de antixuridicidade, circunstancias en absoluto concorrentes no presente suposto, polo que vai exposto.

Por outra parte, no eido propio das reclamacións en materia sanitaria, hai que salientar que a valoración dos feitos cuestionados na reclamación (a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha

determinada consecuencia xurídica, cal é, dende a óptica do reclamante, a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá

de ordinario estar en posesión duns coñecementos científicos propios da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades

(artigo 335 da Lei de axuizamento civil), estando vedado o establecemento de conclusións de carácter técnico a quen non resulte

habilitado por tal titulación, circunstancia esta que, interactuando coa carga probatoria que grava ao reclamante, orixina

que frecuentemente sexa esixible do accionante a achega dun informe pericial que avale as súas argumentacións sobre os feitos

controvertidos, cando a lectura ofrecida na reclamación é negada pola Administración e fóra dos casos nos que opera un desprazamento

da carga probatoria, fundamentalmente, a través dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6

da Lei de axuizamento civil.

No presente caso, non só se carece de todo elemento probatorio que avale a tese da parte actora, senón que o exame das actuacións desbota moitos dos presupostos da tese da reclamante, como a ausencia de

exame por especialista (consta a asistencia médica por otorrinolaringólogo dende a data dos síntomas) así como a bilateralidade

da hipoacusia, que só se obxectiva no oído esquerdo.

Así e todo, ademais, no informe elaborado polo Servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUAC no curso do presente expediente achéganse datos de solvencia técnica motivada no propio informe, que aloxan a lesión

constatada da asistencia sanitaria recibida, en sentido ben distinto ao apuntado pola actora.

Así, razóase que:

?La sordera súbita es consecuencia de una laberintoplejia (daño del oído). Es una entidad de etiología desconocida. La clínica

cursa como el caso que nos ocupa, donde sin previo aviso se desencadena un cuadro de pérdida de audición y a veces también

se acompaña de mareos y vértigos. El tratamiento no es etiológico al no poder saber nunca la causa que lo provoca, actuando

solo desde una visión sintomática. El pronóstico es incierto, y no se sabe que casos pueden recuperar total, parcial o en

absoluto la audición, con o sin tratamiento [?] No es posible conocer su causa en la práctica totalidad de los casos, salvo la excepción de traumatismo físico sobre el laberinto

[?] El tratamiento ni produce ni deja de producir secuelas, ya que como indico arriba, solo es de actuación ante los síntomas

que presenta la paciente. La hipoacusia y el acúfeno es la manifestación clínica de la laberintoplejia sufrida. En este caso

como consta en el informe de alta de consulta no se espera mejoría ninguna de su audición, como pasa en la totalidad de las

hipoacusias súbitas / laberintoplejia?.

Completando a análise da etioloxía do dano; e, en contra da parte actora, no referido informe indícase que:

?Este cuadro no tiene nada que ver con el parto ni con el posparto. Es una entidad que se puede presentar en cualquier momento

y a cualquier persona, independientemente de su estado de salud. Como se dice arriba y reitero nuevamente, el tratamiento

y la asistencia es correcta y de calidad profesional?.

En consideración aos criterios doutrinais expostos, ponderada a falta de concreción e proba do nexo causal de necesaria acreditación para a viabilidade da indemnización pretendida, para a que non

aproveita a mera existencia dun dano acontecido con ocasión dunha asistencia sanitaria, e valorados os razoables argumentos

técnicos que exclúen todo vínculo causal entre a lesión acústica e a asistencia sanitaria, procede desestimar a reclamación

de responsabilidade patrimonial como así se segue da proposta de resolución sometida a ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información