Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 442 de 29 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 61 min

Tiempo de lectura: 61 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 29/11/2017

Num. Resolución: 442


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don O., polos prexuízos derivados da baixa laboral por accidente de traballo na súa actividade profesional, como pediatra, na UAP A Valenzá-Barbadás

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data do 30.12.2016, don O. presentou escrito ante a Xerencia Integrada de Ourense, Verín e O Barco no que sinala:

?El reclamante trabaja como pediatra en el Centro de Salud de A Valenzá, dependiente del Sergas.

[?]

El 28 de abril de 2015 el paciente comenzó a presentar problemas de visión en su trabajo, siendo diagnosticado por el doctor M. de COROIDOPATÍA SEROSA CENTRAL, diagnóstico confirmado por el doctor D.

tras la práctica de una OCT el 4 de mayo de 2015.

La coroidopatía serosa central es una enfermedad asociada al estrés.

[?]

Los padecimientos del reclamante no son consecuencia de un riesgo inherente de la realización de las funciones propias de su nombramiento, sino de un incremento del riesgo propiciado por quien le mantuvo

con una sobrecarga de trabajo inasumible en condiciones normales, haciendo caso omiso a todos sus requerimientos e incluso

a las determinaciones de la unidad de salud laboral.

El reclamante tiene el derecho a ser compensado por dichos daños, más allá de las prestaciones de la Seguridad Social, mediante la responsabilidad patrimonial de la Administración.

[?]?.

2.- Instruído o procedemento conforme coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións

públicas, incorporáronse informes da Dirección de Procesos sen Ingresos e da Unidade de Prevención de Riscos Laborais da Unidade

de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

3.- No trámite de audiencia o interesado non presentou alegacións.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (16.10.2017).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 06.11.2017.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de responsabilidade patrimonial con base no previsto nos artigos 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo

de Galicia, e 17, a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento,

ao tratarse dunha reclamación interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, e no seu aspecto substantivo polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro de réxime xurídico

do sector público.

Segunda.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O dito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña o

deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, debendo

ter presente que a inxerencia dun terceiro ou o comportamento da propia vítima son posibles circunstancias produtoras da ruptura

do nexo causal, se teñen sido determinantes do dano, ou susceptibles de modular o alcance da responsabilidade da Administración,

graduando o importe da indemnización se, en concorrencia co funcionamento do servizo, contribuíron tamén á súa produción.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Non obstante, a xurisprudencia vén modulando o carácter obxectivo da responsabilidade patrimonial, rexeitando que a mera titularidade do servizo determine a responsabilidade da Administración

respecto de calquera consecuencia lesiva relacionada con este que se poida producir, o que suporía converter a Administración

en aseguradora universal de todos os riscos, co fin de previr calquera eventualidade desfavorable ou danosa para os administrados

que poida producirse con independencia do actuar administrativo, sendo necesario, polo contrario, que eses danos sexan consecuencia

do funcionamento normal ou anormal da Administración. Pode así concluírse que para que o dano concreto producido polo funcionamento

do servizo a un ou varios particulares sexa antixurídico abonda con que o risco inherente á súa utilización sobrepase os límites

impostos polos estándares de seguridade esixibles conforme coa conciencia social. Non existirá entón deber ningún do prexudicado

de soportar o menoscabo e, conseguintemente, a obriga de resarcir o dano ou prexuízo causado pola actividade administrativa

será a ela imputable.

Terceira.-

Como xa indicou noutros ditames precedentes este Consello Consultivo (entre outros o CCG 899/06 e o CCG 1696/08), o artigo 139 da LRXPAC -actualmente artigo 32 da Lei 40/2015, do 1 de outubro- contén,

no que á legalidade ordinaria se refire, o enunciado básico do instituto da responsabilidade patrimonial, ao sinalar, no seu

apartado 1, que ?los particulares tendrán derecho a ser indemnizados por las Administraciones públicas correspondientes, de toda lesión que

sufran en cualquiera de sus bienes y derechos, salvo en los casos de fuerza mayor, siempre que la lesión sea consecuencia

del funcionamiento normal o anormal del servicio público?.

Como pode observarse, o precepto require que poida determinarse a existencia dunha lesión antixurídica, é dicir, un dano que sofre un particular sen ter a obriga de soportalo, sendo imputable o dito

dano ao funcionamento dun servizo público.

Neste sentido, a referencia que á lei fai a ?los particulares?, non é como puidera pensarse a primeira vista, unha referencia xenérica, pois, ben ao contrario, encerra unha das claves

conceptuais da institución da que tratamos, xa que, cando a lei fai mención dos particulares, estase a referir aos cidadáns

en xeral, en contraposición á Administración prestadora de servizos públicos. Polo tanto, o concepto de particular aquí está

estreitamente vinculado ao usuario de servizos públicos, ou destinatario das actividades administrativas.

E inmediatamente xorde o principal interrogante sobre se o funcionario ou, en termos máis amplos, o empregado público, cando sofre un dano con ocasión e como consecuencia do exercicio das súas funcións,

pode encaixar dentro da noción de particulares á que a lei se refire, e, polo tanto, se pode resultar lexitimado tamén baixo

a súa condición de empregado público para emprender fronte á administración pública á que serve, unha acción de responsabilidade

patrimonial pola vía do artigo 32 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

Pois ben, nos mesmos termos indicados que en ditame precedentes, estimamos que aqueles danos que o empregado público poida sufrir como consecuencia ou con ocasión directa do desempeño dos servizos que

lle están encomendados, non encaixan baixo o instituto da responsabilidade patrimonial das Administracións públicas, xa que

nestes casos o empregado público non ten a condición de particular que require a lei. En efecto, a natureza da relación que

vincula a todo empregado público coa Administración da que forma parte, é de carácter especial, de natureza legal e regulamentaria,

en virtude da cal ostenta fronte a aquela os dereitos e deberes determinados polo seu estatuto. Polo tanto, a responsabilidade

da Administración que poida xurdir como consecuencia da súa actuación debe dilucidarse, entón, no estrito ámbito desa relación

estatutaria e contractual, non podendo partirse, como presuposto, dunha situación de ?extracontractualidade?. Así tamén o entendeu o Consejo de Estado na súa memoria do ano 2003 ao apuntar que ?las indemnizaciones en el seno de específicas relaciones jurídicas -como es la funcionarial- se definen y sustancian en el

seno de esa relación y según el régimen propio de la misma (dictamen 51.051, de 29 de septiembre de 1988) y que cuando existe

un medio específico de resarcimiento económico no es aplicable el sistema de la responsabilidad patrimonial?.

Non obstante, o alto órgano consultivo matiza esta regra xeral sinalando a continuación a posibilidade de canalizar as reclamacións de danos dos empregados públicos pola vía de responsabilidade patrimonial

cando ?el daño o perjuicio no quede totalmente cubierto por el primero de los aludidos modos de reparación (dictamen 50.790, de 10

de diciembre de 1987); a mayor abundamiento, ha considerado que los daños sufridos por los servidores públicos sólo pueden

ser reparados vía responsabilidad patrimonial de la Administración cuando no exista una regulación específica o cuando, aun

existiendo tal régimen específico, su aplicación no repare integralmente los daños causados (1.344/1993, de 2 de diciembre

de 1993)?.

Cuarta.-

Dito o que precede, cómpre xa pasar a analizar a existencia, ou non, dun nexo de causalidade entre o dano producido e o funcionamento do servizo público.

Así o reclamante no seu escrito denuncia ?un incremento de riesgo propiciado por quien le tuvo con una sobrecarga de trabajo inasumible en condiciones normales?.

Sobre esta cuestión hai que referir o informe da directora de Procesos sen Ingresos da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, que refire:

?Don O., es pediatra de Atención Primaria con destino en propiedad en el centro de saúde de A VALENZÁ-BARBADÁS, desde el 9

de noviembre de 2006, plaza a la que accede por concurso-oposición.

Anteriormente había desarrollado su actividad como pediatra en Verín donde estuvo contratado desde el 7 de enero de 2003 al 8 de noviembre de 2006.

La evolución de las tarjetas sanitarias (en adelante tis) en el concello de Barbadás haciendo el corte a 31 de diciembre es el siguiente:

0 a 3 años

4 a 14 años

01/2012

379

1275

01/2013

369

1324

01/2014

356

1367

01/2015

360

1392

01/2016

348

1385

El incremento del total de tis se produce a expensas del grupo de 4 al 14 años, que es el que genera menor volumen de trabajo.

La distribución del trabajo del pediatra en el centro de salud de A Valenzá se organiza en turnos deslizantes de mañana/tarde.

Por la mañana el horario es de 8 a 15 horas con una agenda para citación de 9 al 14 horas.

Por la tarde el horario es de 14 a 21 horas con una agenda de citación de 15 a 20 horas

Del estudio de actividad se desprende que la media de pacientes atendidos por el pediatra durante el año 2012 en A Valenza, fue de 28,68 pacientes/días.

No nos consta ninguna solicitud de adaptación de puesto de trabajo por parte del Dr. O. durante todos estos años. Se le ofertó un cambio temporal de puesto de trabajo, en concreto la baja de larga duración

de una pediatra en el centro de salud de Valle lnclán, oferta que desestimó.

Asimismo se le ofertó la posibilidad de reforzar con un médico puericultor 3 días a la semana en A Valenzá, oferta que también desestimó.

Decir que no existe lista de contratación de pediatras. De los 34 pediatras de la EOXI, 10 de ellos tiene asignado más de 1000 tis.

Cuando el Dr. O. cursa baja, su plaza es asumida durante ese tiempo por un médico puericultor, hasta que fue posible contratar a un pediatra?.

No presente caso os datos que ofrece este informe desbotan a pretendida relación de causalidade invocada pola parte actora. No mesmo senso, consta na documentación a acta da reunión da Comisión de Centro

de Atención Primaria coa xerencia de data do 02.07.2015, na que se abordou a creación dunha segunda praza de pediatría en

A Valenzá, e refire textualmente: ?A xerencia di que lle propuxeron no seu día un reforzo de 3 días á semana pero que o titular manifestou que prefería estar

só que co perfil de compañeiro que lle poñían?.

Quinta.-

No presente caso, ao non apreciarse incorreccións na actividade despregada pola Administración, das que puidera desprenderse a súa incursión nun suposto de responsabilidade patrimonial, procede desestimar

a reclamación, coincidindo co criterio exposto na proposta de resolución remitida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Responsabilidad patrimonial de la Administración Pública
Disponible

Responsabilidad patrimonial de la Administración Pública

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información