Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 433 de 29 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 32 min

Tiempo de lectura: 32 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 29/11/2017

Num. Resolución: 433


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don M. e don J., polo falecemento da súa esposa e nai respectivamente, dona P.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 27.05.2017, don L., actuando no se propio nome e en nome do seu fillo menor de idade, presentou reclamación de

responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde solicitando indemnización polos danos derivados por mor da asistencia

sanitaria prestada no Complexo hospitalario de Ourense á súa parella dona P.

A reclamación fundaméntase na alegación de mala praxe na atención sanitaria prestada, que consideran vinculada causalmente o falecemento da paciente.

A indemnización solicitada ascende a 478.369 euros (354.542 para o seu fillo e 123.827 para a súa parella de feito), máis os xuros legais procedentes dende a data de interposición da reclamación.

2.- Na instrución do expediente incorporouse ao mesmo:

- Historia clínica do proceso asistencial.

- Informe do xefe de Servizo de Cirurxía xeral e dixestiva.

3.- Con data 14.09.2017 deuse trámite de audiencia á parte reclamante. Recíbense alegacións o 10.10.2017.

4.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial e concedida audiencia á representación dos interesados,

formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. conselleiro de Sanidade,

e tivo entrada neste organismo con data seis de novembro de dous mil dezasete.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución Española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (aspectos procedimentais)

e nos artigos 32 e seguintes da Lei 40/2015 de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

- O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

- O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

- O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

- O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

- A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano antixurídico. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito

a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médica esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos ditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento. Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar

que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros), pesa sobre o servizo

público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados ao fin último de

lograr a curación do paciente.

Mais a devandita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por

unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que

razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, salvo que exista unha evidente desproporción

entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade

patrimonial, con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente

que o dano sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación

sanitaria resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso

suscitado, non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír

que o dano resulta materialización exclusiva do dito risco que o paciente ha de soportar.

Cuarta.-

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, resulta preciso determinar neste ditame, se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida.

Neste sentido, a parte actora imputa dun xeito xenérico o falecemento da paciente a unha mala prestación sanitaria, limitándose a facer un relato secuencial daquela asistencia sanitaria e a apuntar

que non era necesario practicarlle á paciente unha colonoscopia senón que debería practicarse unha proba menos agresiva. Aporta

xunto coa reclamación un informe pericial do que destacamos o seguinte:

?En mi opinión, aunque la colonoscopia no estaba estrictamente contraindicada en esta situación, su solicitud y posterior realización

fue precipitada e innecesaria, en vista de los datos que he dispuesto para la realización de este informe

En la bibliografía consultada se recomienda la realización de una colonoscopia en los casos de sangrado gastrointestinal importante para tratar de evitar una cirugía en estos casos, ya que es un procedimiento

seguro y menos agresivo que esta segunda, pero no exento de complicaciones, de ahí que su realización debería de estar bien

justificada ante un cuadro de hemorragia que no cede por otros medios?

Polo tanto o que nos ven a dicir, resumidamente, o informe pericial de parte é que a colonoscopia é un tratamento adecuado nos casos de sangrado gastrointestinal importante, sendo aconsellable nos demais

casos técnicas menos agresivas. Pero non nos di este informe que a colonoscopia fora a causa do facelemento. É máis no propio

informe pericial de parte dise que a proba non estaba contraindicada para estes casos.

Polo que se refire á cuestión de se non era necesario realizar a colonoscopia e era máis conveniente acudir a técnicas menos agresivas o informe do xefe de Servizo de Cirurxía di que:

?Tras una recuperación postoperatoria inicial favorable, el día 3-12-16 la paciente presenta taquicardia y posteriormente rectorragia.

Por ello se realizó análisis sangre, encontrando marcada disminución de Hto (19.4) y Hb (6.2), por lo que se decide transfusión

de 2 concentrados de hematíes y vigilancia estrecha. Análisis postransfusional: Hto 25%, Hb 8.8.

El día 4-12-17 continua en vigilancia por sangrado digestivo y se refiere que aqueja dolor pélvico e infraumbilical, análisis: Hto 23.4, Hb 8.3, leucocitos 7620.

El día 5-12-17 se presenta el caso en sesión clínica y se decide intentar manejo conservador por hemorragia digestiva postquirúrgica, manteniendo sangre en reserva, pero que en caso de continuar con

sagrado plantear colonoscopia antes de que aumente la inestabilidad hemodinámica

En el pase de visita se hace constar que ha presentado 3 rectorragias desde las 7 h y taquicardia 120 latidos/min, observando descenso de Hto/Hb respecto al último control del día previo (26,6/9.3 ?25.8/8.6.

Por ello se decide transfundir sangre y pedir colonoscopia, la cual se tramita con el consentimiento informado de la paciente?

Por conseguinte queda probado que antes de acudir á colonoscopia acódese a técnicas menos agresivas. Advírtase neste punto como vai dito que as persoas usuarias do sistema público de saúde non teñen

garantido un dereito á curación, senón un dereito á posta a disposición dos medios existentes para tal fin, existindo, logo,

a cargo dos servizos sanitarios, unha obriga de medios mais non de resultado.

A parte actora non aporta proba algunha ao expediente que veña a probar a referida relación de causalidade, limítase a achegar xunto coa reclamación administrativa un informe pericial que non proba

o nexo causal polas razóns referidas anteriormente.

Compre destacar que o xefe de Servizo de Cirurxía conclúe que:

?En el presente caso ocurrió una hemorragia anastomótica grave que persistió después del abordaje conservador inicial, motivo

por el cual la indicación de colonoscopia en el postoperatorio con intención diagnóstica y terapéutica, antes de que se agravase

la inestabilidad hemodinámica de la paciente, se realizó de acuerdo con los protocolos actualmente vigente?.

?En nuestra paciente, con los factores de riesgo mencionados, la gran extensión y profundidad de la infección necrotizante y su evolución rápidamente progresiva determinaron la irreversibilidad del proceso,

a pesar de que el tratamiento se realizó precoz y correctamente?

A maior abastanza consta no expediente que para a realización da colonoscopia a paciente deu o seu consentimento. A complicación que xurdiu contémplase no consentimento informado que asinou, non existindo

ningún dato que indique que fora debido a unha mala praxe.

Á vista desta secuencia asistencial que ven de describirse, e a falta de mellor criterio que resulte do expediente, pode concluírse a corrección da asistencia sanitaria prestada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información