Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 432 de 05 de diciembre de 2017

Tiempo de lectura: 64 min

Tiempo de lectura: 64 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/12/2017

Num. Resolución: 432


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don M. e dona M., polos danos ocasionados pola perda de mostras de esperma na Unidade de Criobioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Don M. e dona M. presentan escrito de reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde, Sergas,

en data do 29.12.2015, pola perda de mostras de seme no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

No seu escrito sinalan:

?Recibí tratamiento médico en el Hospital Juan Canalejo de Coruña en torno al año 1996: fui informado de que el tratamiento

corrector al que tenía que ser sometido pudiera muy posiblemente causarme la esterilidad y se me aconsejó iniciar un procedimiento

para la crío-conservación de gametos antes del tratamiento curativo, a lo que accedí mediante el depósito de muestra- de esperma

para poder iniciar en el futuro un procedimiento de fecundación ?in vitro? con objeto de poder engendrar descendencia propia.

Contacté en varias ocasiones entre los años 2002 y 2007 con el Departamento de Criobiología del Hospital Juan Canaleja; indicándome el Dr. A. que mis muestras se conservaban a mi disposición si así era

mi deseo, con independencia del tiempo transcurrido.

El día 26.12.2013 volví a contactar con el Departamento de Criobiología del Hospital Juan Canalejo, informándoseme de que el Dr. A. ya no

se encontraba en el mismo, siendo su sustituto el Dr. S. que no se encontraba ese día en el Hospital, reincorporándose el

día 03.01.2014.

La mujer que me atendió me indicó que el Dr. S. me llamaría a partir del día 03/01/14 para facilitarme la información y requisitos para el uso

de mis muestras de esperma congeladas.

Nunca recibí esa llamada, aunque el Dr. S. afirma haber intentado localizarme según se indicará.

El día 02.01.2015 me personé en el citado Departamento de Criobioloxía y fui atendido por el Dr. S. en mi solicitud de información para

utilizar mis muestras congeladas.

Y se me informó de que las muestras fueron destruidas por motivo de una descongelación del banco de esperma acontecida en el año 2008, de la que nunca fui informado.

Descongelación que tuvo causa en una tormenta eléctrica que provocó una subida de temperatura en uno de los tanques, perdiéndose todas las muestras que había en él según indicó el Dr. S.

Ese mismo día, desde la recepción del Departamento visitado se me facilitaron los teléfonos de contacto de Atención del Paciente, efectuando llamada telefónica en la que se me indicó cómo solicitar mi

expediente clínico e información sobre lo ocurrido.

Con registro de entrada en fecha 04/12/15 dirigí al Departamento de Atención al Paciente del Complexo Hospitalario Coruña sito en C/ Xubias de Arriba 84, 15006 A Coruña, escrito solicitando información

de lo ocurrido y la remisión de copia de la totalidad de la documentación obrante en mi historial/expediente médico, acompañando

copia compulsada de mi DNI.

Solicitud de la que todavía no he recibido respuesta, lo que me impide aportar ningún dato relativo a mi historial clínico?.

Así mesmo engaden que:

?[?]

De confirmarse la pérdida del material genético en las circunstancias y por la causa ya dichas, se nos habrá privado a mi pareja y a mí de toda posibilidad de engendrar un hijo propio en común mediante

un procedimiento de fecundación ?in vitro?, único modo posible de conseguirlo a la vista de la esterilidad que me causó el

tratamiento médico recibido para curar la enfermedad que padecí, y que traté de suplir con la guarda preventiva del semen.

Siendo la causa de la pérdida de mi esperma un fallo de la máquina de conservación, la Administración sanitaria habría incumplido su deber de custodia causándonos un daño moral que debe ser indemnizado;

daño efectivo e irreversible, pues el tratamiento médico me provocó esterilidad y el esperma congelado era nuestra única posibilidad

de tener descendencia propia; daño individualizado en mi persona y, en idéntica medida, en la de mi pareja M., pues ambos

nos veríamos privados de la posibilidad de tener descendencia propia común; y daño evaluable económicamente, según se indicará.

También sería un daño relacionado causalmente con el servicio público de sanidad prestado por un importante centro médico oficial y, por tanto, claramente subsumible en lo dispuesto por los artículos

139, y concordantes, de la Ley 30/1992. Y es que el daño moral que se solicita que se indemnice deriva de la pérdida de la

oportunidad de poder concebir hijos en común mediante el empleo de una técnica de reproducción asistida con material genético

propio, para lo cual éste fue conservado congelado en su momento para su uso en el futuro; esperma que debió ser conservado

y custodiado por la Administración Sanitaria después del correspondiente ofrecimiento al paciente afectado, la cual debe responder

de los daños causados por el funcionamiento normal o anormal del servicio prestado de mantenimiento de los tanques criogénicos

donde se conservaba mi material genético y, por tanto, de cualquier fallo en el sistema del que pudiera derivarse un perjuicio

por la pérdida de lo allí guardado.

[?]

La cuantificación del daño moral causado ya ha sido establecida mediante resolución judicial en un supuesto idéntico en la suma de 75000 euros; Sentencia número 504/2014, de 09/04/14, del Tribunal

Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso-administrativo. Sección 3ª?.

Consonte co sinalado, solicitan unha indemnización de 75.000 ?.

2.- Instruído o procedemento de conformidade co Real decreto 429/1993, do 16 de marzo, consta nel:

- Historia clínica,

- Informes do Servizo de Orde Interno e Seguridade (do 14.03.2016 e do 18.01.2017),

- Informe do responsable da Unidade de Criobioloxía (do 16.01.2016),

- Informe da incidencia e informes do xefe de mantemento da Empresa Carburos Médicos (do 11.09.2018),

- Informe da subdirectora de Calidade e Atención ao Paciente (do 01.03.2016).

3.- Logo do trámite de audiencia, con presentación de alegacións en datas do 14.02.2017 e do 11.05.2017, o órgano instrutor emite

proposta de resolución con data do 07.08.2017 na que propón a estimación parcial da reclamación interposta.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 06.11.2017.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (no sucesivo, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións

públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (disposicións aplicables

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1

de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único,

para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e

inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible,

ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación

cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa

concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Particularizando a teoría xeral referida aos supostos de responsabilidade patrimonial das administracións públicas no eido sanitario, hai que reseñar que esta profunda as súas raíces no propio Texto

Constitucional cando no artigo 43.1 recoñece o dereito á protección da saúde. Así mesmo encontra alicerce no artigo 43.2,

cando se encomenda aos poderes públicos a organización e tutela da saúde pública, remitindo á lei para o establecemento dos

dereitos e deberes que concirnen, tanto aos entes públicos prestadores da asistencia sanitaria coma aos beneficiarios do sistema

de saúde. A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, foi a que posteriormente recolleu este mandado, desenvolvendo

no seu título primeiro, capítulo primeiro (artigos 3 ó 17), o que na Carta Magna se expresaba a nivel de grandes principios

ordenadores do sistema.

Polo demais, a responsabilidade patrimonial derivada da actuación no ámbito sanitario público formúlase nos mesmos termos xa sinalados anteriormente con carácter xeral, pois está sometida ás pautas

comúns que, sobre responsabilidade patrimonial da Administración, están vixentes no noso Dereito. Así, existe tamén aquí unha

cada vez maior tendencia á obxectivación da responsabilidade, perseguindo en última instancia a reparación dos danos indebidamente

causados pola actuación sanitaria con independencia da concorrencia estrita de culpa.

Por último, atendendo ás concretas circunstancias do caso, debe terse en conta a regulación que sobre a conservación de gametos se establece na Lei 14/2006, do 26 de maio, sobre técnicas de reprodución

humana asistida.

Cuarta.-

Polo que se refire ao fondo material da problemática que suscita o expediente, e logo de constatarse a existencia dun dano, a perda das mostras de seme, cómpre facer análise da concorrencia da necesaria

relación de causalidade entre ese dano e o funcionamento do servizo público sanitario, e a través desa análise chegar a apreciar

a posible existencia dun dano antixurídico que deba ser indemnizable.

Resulta así acreditado que, no ano 2008, unha tormenta eléctrica provocou o fallo dun dos controladores do tanque de frío de Criobioloxía, o que provocou a perda de mostras nese momento. No informe

da incidencia da Unidade Autonómica de Biovixilancia chégase ás seguintes conclusións:

?- La descongelación del contenido del tanque T1-09 se debe a un vaciado del nitrógeno liquido, por un fallo técnico del propio

tanque, que ha afectado a los controladores de nivel, según informe técnico de la empresa Carburos Metálicos.

- Los sistemas de control de la UCB no han permitido la detección del fallo hasta el momento en que se ha accedido al tanque

para la extracción de muestras (concretamente el día 02/09/2008, al abrir el tanque, personal de la UCB, para extraer material

y se percata de que está vacío de nitrógeno liquido)

- Los sistemas de control de los tanques de almacenamiento de la UCB se han mostrado ineficaces ante situaciones como la sucedida.

- La pérdida del material criopreservado contenido en el tanque afecta a dos grupos de pacientes:

- Pacientes que han criopreservado progenitores hematopoyeticos con vistas a un trasplante.

- Pacientes que han criopreservado semen antes de tratamientos de quimioterapia que pudieran afectar a la fertilidad o tumores

testiculares o estar su pareja en tratamiento de FIV y no encontrarse ellos en A Coruña?.

No que respecta ao paciente ao que se refire a presente reclamación nas notas manuscritas da Unidade de Criobioloxía, consta:

- Que en data do 24.12.96 do Servizo de Hematoloxía solicítase criopreservación de esperma en paciente de 18 anos pendente de

tratamento con citostáticos. Infórmaselle das limitacións técnicas e legais. Prográmase a criopreservación para o 27.12.96,

tras revisar a analítica correspondente. Revisarase se é ou non causa de exclusión a presenza de Monostop+.

- Con data do 15.04.07, conéctase vía telefónica co paciente, para indicarlle que dispón de tres mostras con esperma criopreservado

desde o 26.12.96. Revisada a historia, evidénciase Monospot positivo, polo que se lle explica ao paciente, que está contraindicada

a utilización do esperma criopreservado para fins de fecundación. Dado que se atopa en Italia, solicita que non se destrúan

as mostras ata o seu regreso e conversación directa, polo que se manteñen as mostras á espera.

- En nota manuscrita do doutor S., responsable da Unidade de Criobioloxía, datada o 14.12.2015, manifesta que as mostras do

paciente se viron afectadas polo incidente do tanque 9 e que o seu primeiro contacto con el, foi en xaneiro de 2014, cando

chamou para interesarse. Intentou pórse en contacto con el dúas veces sen resposta. Engade que a historia deste paciente non

estaba separada coas dos afectados, senón que permanecía coas historias dos pacientes cuxo seme aínda permanece no banco.

Segundo a base de datos, o doutor A. contactou con el o 30.10.2008, pero non hai constancia escrita.

O 02.01.2015 comparece na Unidade de Criobioloxía e infórmaselle de que as mostras foron destruídas, e que no 2008 xa fora informado diso, cousa que nega. Acorda con el que se comprobasen as mostras,

cousa que lle confirma o 07.01.2015, sen ter noticias do interesado desde entón.

Non pode acreditarse, polo tanto, de xeito fidedigno, que o reclamante fose coñecedor da perda do seme ata a referida data do 02.01.2015, polo que, téndose presentado a reclamación o 29 de decembro do

mesmo ano, a acción non se atoparía prescrita.

Figura tamén no expediente o informe da Unidade de Criobioloxía, do 16.01.2016, dando resposta ás preguntas da instrutora, e que en concreto, polo que se refire á cuestión de se unha mostra de seme con

Monospot positivo é susceptible de utilización para a fecundación, responde afirmativamente, nos seguintes termos:

?Actualmente el test Monospot no se recomienda, ya que un resultado positivo puede ser debido a otras causas además de la infección

por mononucleosis causada por el virus de Epstein Barr. Y en cualquier caso demuestra una infección por mononucleosis pero

no confirma la presencia de una infección por Epstein Barr.

Por otra parte el virus de Epstein Barr se ha detectado en secreciones genitales masculinas, por lo que se ha sugerido que una causa de contagio podría ser la vía sexual, pero hay escasísima información

al respecto.

En cualquier caso, no lo consideraríamos una exclusión, ya que ante la duda se podrían utilizar técnicas de lavado seminal, como las que se utilizan en casos con VIH, hepatitis B o C, para reducir al máximo

la posibilidad de contagio, sabiendo que no hay un diagnostico de infección, solo el resultado del test.

Pero siempre hay que conocer las circunstancias y el cuadro clínico por el que le solicitaron esa prueba, datos que no se encuentran en la historia que hay en criobiología?.

Quinta.-

Do recollido nos informes citados resulta acreditada, tanto a perda das mostras de seme do reclamante como consecuencia da avaría no tanque de almacenamento á ultrabaixa temperatura nas que eran conservadas,

como a circunstancia de que a referida perda debe cualificarse como dano, e así resulta do recollido no artigo 11 da Lei 14/2006,

que esixe aos centros de fecundación que procedan á crioconservación de gametos que dispoñan da necesaria solvencia para compensar

economicamente ás parellas no suposto de que se producira un accidente que afectase á crioconservación.

Este dano estaría en clara relación causa-efecto co funcionamento do servizo sanitario, pois a avaría do tanque de almacenamento foi a causa da perda do seme, sen que o referido evento poida ser considerado

como un suposto de forza maior, como feito excluínte do recoñecemento de responsabilidade patrimonial.

A diferenza entre forza maior e caso fortuíto foi abordada por reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo, sinalando as sentenzas do 7 de xuño e 28 de setembro de 1988 que ?la fuerza mayor se caracteriza por dimanar de sucesos imprevistos e inevitables que rebasen los tenidos en cuenta en el curso

normal de la vida y extraños al desenvolvimiento ordinario del proceso industrial?. Precisamente esta nota de que o suceso se orixine fóra da empresa ou círculo do debedor, non concorre neste caso, pois

expresamente se recoñece o funcionamento non correcto do controlador de nivel do tanque, que cando menos favoreceu a avaría,

polo que o incidente debe cualificarse como caso fortuíto e non como forza maior, e polo tanto non exclúe a existencia de

responsabilidade.

En consecuencia, cabe afirmar que neste caso non foi acadado o limiar mínimo aplicable como estándar de funcionamento do servizo sanitario, por canto non foron apuradas as posibilidades de utilización

de medios técnicos, racionalmente esixibles, para realizar unha correcta conservación das mostras de seme.

Deste xeito, a falta de conservación adecuada das devanditas mostras operou como causa eficiente do dano padecido polo que, ante a constatación deste vínculo, é apreciable neste suposto a existencia

dun nexo de causalidade entre o funcionamento do servizo público sanitario e o dano que motivou a reclamación, sendo procedente

estimar esta reclamación e indemnizar aos reclamantes, restando por determinar, unicamente, a contía na que deben ser resarcidos.

Sexta.-

Polo que respecta á contía da indemnización, o expediente pon de manifesto unha substancial contraposición de posturas. Así, os reclamantes solicitan unha indemnización de 75.000 euros, invocando a este

respecto o resolto na Sentenza núm. 504/2014 do 9 de abril, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do contencioso

administrativo, Sección 1ª, pois, segundo alegan, trátase dun suposto idéntico.

A sentenza refírese, en efecto, a un paciente cuxas mostras de seme, depositadas na Unidade de Criobioloxía do CHUAC, se perderon tras a tormenta eléctrica acaecida en setembro de 2008.

Mais no suposto entón resolto polo TSXG estaba plenamente acreditada, xa a principios de 2008, a decisión do paciente e a súa esposa de iniciar, un procedemento de fecundación ?in vitro? coas mostras de seme conservadas para ter descendencia propia, pois xa nese momento realizaron os trámites administrativos

e médicos precisos para o efecto e, cando xa se previu a realización da transferencia embrionaria e a esposa estaba preparada

para ingresar en quirófano, informóuselle polo medico que ía realizar a intervención que debido a un fallo na maquina de conservación,

o proceso non podía culminarse da maneira prevista porque se perderon todas as mostras de seme do seu marido. Isto é, neste

caso estaba plenamente acreditada a intención de ter descendencia, utilizando as mostras de seme criopreservadas.

Como observa a instrutora, no caso da reclamación analizada, non existe a certeza de que nalgún momento da súa vida os reclamantes foran a facer uso do seme; unha circunstancia sen dúbida relevante,

e que foi considerada, xunto con outras igualmente aplicables ao caso obxecto da presente reclamación, na Sentenza 350/2015

do 3 de xuño de 2015, do Tribunal Superior de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª.

A sentenza referida, rexeitando á pretensión dun paciente cuxas mostras de esperma tamén resultaron destruídas no mesmo suceso, de ser indemnizado na suma de 100.000 ?, confirmou a indemnización ao

seu favor por importe de 12.000 ? fixada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 da Coruña.

Ao respecto, a sentenza do TSXG razoa no seu fundamento xurídico terceiro:

?[?] Estando en cuestión tan solo, como decíamos, el montante indemnizatorio, debe resaltarse que ni en el escrito de demanda ni

en el de conclusiones, ni siquiera en el de interposición del recurso de apelación, el demandante justifica o motiva las razones

que le han llevado a cifrar su reclamación económica en 100.000 euros. La justificación, en ningún caso, puede venir apoyada

en la simple afirmación actora de que ?el daño sufrido tiene una naturaleza tan personal que sólo al afectado cabe la cuantificación

del mismo?.

Ante la aludida falta de motivación en este aspecto, pocos argumentos bastan para desvirtuar la pretensión del recurrente y confirmar la sentencia apelada. Así, debe destacarse:

1º.- No ha mediado actuación alguna sobre la persona del paciente que pueda reputarse constitutiva de mala práctica generadora de las consecuencias lesivas para el mismo.

2º.- El padecimiento que hizo imprescindible el tratamiento del tumor testicular que presentaba el Sr. L. no puede ser en

modo alguno imputado a la Administración demandada.

3º.- No hubo mala praxis por parte del Hospital Teresa Herrera de A Coruña en cuanto a la atención prestada al actor con motivo

de su padecimiento tumoral, ni en lo que se refiere a la custodia y cuidado del esperma criopreservado, al menos durante el

período comprendido entre el momento de su depósito por el actor y aquel en que se produjo la tormenta eléctrica que provocó

el corte de energía que afectó al líquido seminal conservado.

4º.- Que la tormenta eléctrica supone un fenómeno de la naturaleza en muchos casos imprevisible, si no en su producción, sí

en lo que se refiere a sus consecuencias.

5º.- Que lo que sí es imputable a la Administración, como ya refleja la sentencia recurrida, es no disponer, en previsión

de que pudieran producirse situaciones como la ocurrida -máxime cuando se trata de un centro hospitalario-, de alternadores

o generadores eléctricos que entrasen en funcionamiento automático al tener lugar el accidental corte de suministro de energía

que desajustó el controlador de nivel del contenedor de muestras. Y esta, y no otra razón, es la que motiva el éxito, aun

cuando sea parcial, de la pretensión actora.

6º.- Ni siquiera en período probatorio intentó el recurrente el desglose de su reclamación económica.

7º.- No se ha acreditado que el esperma afectado resulte absolutamente inservible para la finalidad reproductora del actor

o si tan solo se han reducido sus posibilidades de fecundación.

8º.- Tampoco hay certeza acerca de que, en algún momento de su vida, el demandante fuere a hacer uso, con aquel fin, de la

muestra criopreservada.

9º.- Aun de hacer uso de la referida muestra en el hipotético caso de que no hubiere resultado afectado el semen, ninguna

garantía de éxito en orden a la procreación podría asegurarse.

Con estas premisas y, en ausencia de otros criterios valorativos que puedan desvirtuar el parecer vertido por el Juzgador inferior en la sentencia recurrida y llevar a esta Sala al convencimiento de

lo contrario, procede la desestimación del recurso de apelación promovido?.

En coherencia co precedente referido, a proposta de resolución propugna a estimación parcial da reclamación, recoñecendo unha indemnización a favor dos reclamantes por igual importe de 12.000 ? entón

fixado en sede xurisdicional; proposta coa que este Consello Consultivo amosa a súa conformidade.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Los daños punitivos en el Derecho del trabajo
Disponible

Los daños punitivos en el Derecho del trabajo

María Elisa Cuadros Garrido

13.60€

12.92€

+ Información

Principio de no discriminación y contrato
Disponible

Principio de no discriminación y contrato

Vincenzo Barba

13.60€

12.92€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica
Disponible

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica

Amado Quintana Afonso

12.75€

12.11€

+ Información