Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 427 de 22 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 34 min

Tiempo de lectura: 34 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 22/11/2017

Num. Resolución: 427


Cuestión

Revisión de oficio

Resumen

Revisión de oficio do acordo plenario, do 29 de setembro de 2016, de aprobación definitiva do estudo de detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro no concello de Teo

Organismo: Concello de Teo (A Coruña)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Costa Pillado

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O Pleno do Concello de Teo, na sesión ordinaria de 29 de setembro de 2016, acordou aprobar definitivamente o Estudo de Detalle

(en diante, ED) para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro, así como á inscrición do estudo

de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia de conformidade co disposto nos artigos 82 e 88 da LSG, a efectos

da súa entrada en vigor.

2.- Con data de 15 de novembro de 2016 recibiuse no Concello de Teo un requirimento da Secretaría xeral de ordenación do territorio

e urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, instando a anulación do acordo de aprobación definitiva do ED.

3.- Con data de 21 de novembro de 2016 remitiuse por parte do Concello un escrito respostando ao citado requirimento de anulación,

achegando os informes técnico e xurídico incorporados ao expediente, aos efectos de deixar sen efecto o requirimento en cuestión.

4.- Con data de 12 de decembro de 2016 remitiuse por parte do Concello escrito comunicando a Secretaría Xeral de Ordenación do

Territorio e Urbanismo a realización das actuacións necesarias para efectuar as correccións suxeridas pola mesma no ED.

5.- Con data de 14 de febreiro de 2017, o promotor do ED presentou no concello un novo documento de ED para a súa tramitación.

6.- Por Decreto da alcaldía de 24 de febreiro de 2017 aprobouse inicialmente o citado Estudo de detalle.

7.- Con data de 25 de abril de 2017 recibiuse no concello escrito, en representación de Mercadona S.A., solicitando que se de

por desistida a súa solicitude do 14 de febreiro del 2017 e se proceda ao arquivo do expediente .

8.- Por Decreto da alcaldía de 16 maio de 2017 resolveuse aceptar o desistimento.

9.- O Pleno da Corporación, en atención ao requirimento da Xunta de Galicia de 11 de novembro de 2016, na sesión ordinaria de

28 de xuño de 2017, acordou iniciar o procedemento de revisión de oficio do acordo adoptado polo Pleno da Corporación, na

sesión ordinaria do 29 de setembro de 2016, polo que se probou definitivamente o Estudo de Detalle, ao tratarse duna disposición

administrativa nula, ao abeiro do artigo 47.2 da LPACAP, concedendo aos interesados un prazo de vista e audiencia no expediente.

Durante o prazo de vista e audiencia do expediente, non se formularon alegacións.

10.- Con data de 13 de outubro de 2017 ditase proposta de resolución no sentido de ?declarar nulo de pleno dereito o acordo adoptado polo Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 29 de setembro de 2016,

polo que se aprobou definitivamente o Estudo de Detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e

aparcamento, na antiga estrada de Santiago á A Estrada km 3 ao tratarse dunha disposición administrativa nula, ao amparo do

artigo 47.2 da LPACAP?.

11.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. alcalde do Concello

de Teo, e tivo entrada neste organismo con data trinta de outubro de dous mil dezasete.

12.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

Sométese a consulta, como quedou reflectido nos antecedentes do presente ditame, un expediente administrativo, cualificado como de revisión de oficio de acto nulo de pleno dereito, para o que resulta

competente este organismo por encadrarse nas competencias definidas polo artigo 12, f) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello

Consultivo de Galicia, e 17, a) do seu regulamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, segundo os que debe ser

consultado preceptivamente nos supostos de revisión de oficio dos actos administrativos, na forma establecida na Lei 39/2015,

do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (no sucesivo, LPACAP), en canto garantía

de preservación da seguridade xurídica e de suxeición a dereito da actuación administrativa.

Ademais, o ditame ten o carácter de preceptivo e vinculante, xa que o artigo 106 da LPAC require ?previo e favorable ditame? ao referirse á declaración de oficio da nulidade dos actos administrativos.

Polo que se refire ás entidades locais, o artigo 53 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local (no sucesivo, LBRL) dispón que as corporacións locais poderán revisar os seus actos e acordos

nos termos e co alcance, que para a Administración do Estado, se establece na lexislación do estado, reguladora do procedemento

administrativo común.

Segunda.-

É cita comunmente admitida a de que a revisión de oficio dos actos administrativos constitúe unha fórmula privilexiada e excepcional en canto actividade que ten por finalidade privar de toda

eficacia algunha das súas decisións anteriores viciadas de nulidade, sobrevidamente apreciada mediante a súa anulación, por

unilateral pronunciamento do órgano administrativo competente e sen acudir ao proceso contencioso-administrativo; decisións

que, en canto actos administrativos e por expresa previsión legal, gozan de presunción de certeza e axuste á legalidade.

En definitiva, o mecanismo de revisión de oficio pode operar a anulación, (por causa de nulidade) de determinados actos administrativos, concretamente aqueles que posúen as notas de definitivos e declarativos

de dereitos. Porén, resulta evidente, pois non estamos diante dunha facultade de exercicio libre e arbitrario, que, como paso

previo a tal transcendental declaración, se require a constatación precisa e terminante, de acordo coa previsión legal ao

respecto, da existencia da causa revisora mesma, á vista do suposto, inconcusamente demostrado, de ilegalidade detectado,

necesariamente determinante dunha nulidade de máximo grao, cal é a nulidade de pleno dereito, en canto alicerce xurídico da

facultade que se pretende exercitar e pór en marcha.

Terceira.-

Con carácter previo á análise de fondo, e en canto concirne ao procedemento seguido na instrución do expediente de revisión de oficio, o exercicio da potestade revisora require unha adecuada e inescusable

formalización, así como o escrupuloso acomodo a un procedemento do que os preceptos legais dan esencial razón en canto aos

seus trámites fundamentais.

A configuración do procedemento administrativo como instrumento de garantía da legalidade e dos dereitos dos cidadáns faise nestes supostos, se cabe, máis evidente, por referirse a revisión de oficio aos

actos favorables ou declarativos de dereitos incursos en causa de nulidade, e despregar os seus efectos en prexuízo ou de

forma restritiva da situación xurídica do interesado.

No presente caso, pódese apreciar que se produciu a iniciación do procedemento de revisión de oficio mediante acto formalizado por órgano competente, e se observou o trámite de audiencia dos interesados,

antes de redactar a proposta de resolución (artigo 82 da LPAC), quedando así garantidas a legalidade e a defensa procedemental

dos seus dereitos.

Cuarta.-

Tal e como se adiantou, o artigo 106.2 da LPAC, dispón que as administracións públicas de oficio, e logo de ditame favorable do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente

da comunidade autónoma, se o houber, poderán declarar a nulidade das disposicións administrativas nos supostos previstos no

artigo 47.2.

Este precepto establece a nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas que vulneren a Constitución, as leis ou outras disposicións administrativas de rango superior, as que regulen

materias reservadas á lei e as que establezan a retroactividade de disposicións sancionadoras non favorables ou restritivas

de dereitos individuais.

No presente suposto, o Concello motiva a súa proposta de nulidade por remisión e asunción do requirimento da Secretaría xeral de ordenación do territorio da Consellería de Medio Ambiente, no que se indica

que (sic):

?O estudo de detalle non se axusta a tipoloxía edificatoria establecida na ordenanza U-5 "Desenvolvemento lineal sobre vía", que prevé edificación aliñada a fronte de vía, definida graficamente mediante

a fixación de liña de fachada e o fondo edificable (art. 108 da Normativa do PXOM). Esta ordenanza, como recolle o art. 108.2f

corresponde á tipoloxía edificatoria entre medianeiras, adosada ás parcelas lindeiras, salvo nos casos en que se sinala recuamento

a lindeiro lateral, para evitar frontes continuas edificadas de excesiva lonxitude.

Como consecuencia do anterior, o estudo de detalle vulnera o artigo 79.2, alíneas a) e i g) da LSG, pois altera o destino urbanístico do solo e infrinxe limitacións establecidas no PXOM?.

Así as cousas, debe entenderse que o vicio de nulidade invocado pola consellería e asumido polo concello na súa proposta é a vulneración de disposicións administrativas de rango superior, en concreto

o PXOM do Concello de Teo aprobado definitivamente pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes,

por Orde do 4 de xuño de 2010 (DOG número 112 do 15 de xuño de 2010) e por extensión, a propia Lei do solo de Galicia 2/2016.

Procede por tanto analizar a existencia dos vicios invocados pola Consellería.

A primeira das causas invocadas no requirimento é a alteración do destino urbanístico do solo, o que suporía a infracción da previsión establecida no artigo 79.2 a), que prohibe expresamente aos estudios

de detalle esta alteración.

Pois ben, en primeiro termo, cabe sinalar que o requirimento da Consellería adoece dunha motivación extensa e suficiente, limitándose a citar a causa, pero sen maior fundamentación fáctica ou xurídica

sobre a mesma.

A invocación da alteración do destino do solo obriga a acudir ao propio PXOM de Teo, en concreto á ordenanza de aplicación e que a Consellería considera infrinxida. No artigo 108 (Ordenanza U-5. Desenvolvemento

lineal sobre vía), número 6 (Condicións de Uso) da Normativa do PXOM previse especificamente o uso ?Comercial: En todas as

categorías? e o uso Garaxe-aparcamento. Pola súa banda, o artigo 76 (Tipos de uso) define o uso comercial do seguinte xeito

?Comprende o servizo terciario destinado a subministrar mercancías ao público mediante venda polo miúdo?.

Tendo en conta que o estudo de detalle ten por obxecto declarado a implantación dun edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro dunha coñecida empresa do sector, non se comparte

que o uso pretendido poida supoñer unha alteración do destino urbanístico do solo, nin polo tanto a infracción da previsión

establecida no artigo 79.2,a) da LSG.

En canto á segunda das infraccións denunciadas pola consellería, temos que reiterar o déficit de motivación existente. O requirimento limitase

a reproducir o teor literal do artigo 108.2 da Normativa do PXOM de Teo, pero sen especificar qué aspecto en concreto dos

sinalados nese precepto o volume previsto incumpre a tipoloxía (liña de fachada e o fondo edificable, alturas permitidas,

recuamentos). Pola contra, obra no expediente un informe do arquitecto municipal do Concello de Teo (folios 3-10 do expediente),

de 11.04.2016, no que analiza a conformidade do ED coa normativa urbanística, e particularmente no apartado ?volúmenes edificables?

realiza un cadro comparativo ?das determinacións previstas no Plan e das que se obtén no ED?. Deste cadro resulta o cumprimento de todos os aspectos regulados no art. 108.2 do PXOM de Teo (liña de fachada e o fondo

edificable, alturas permitidas, recuamentos) así como outros previstos na ordenanza de aplicación (parcela mínima edificable,

edificabilidade e sotos e semisotos).

De acordo co exposto, non pode considerarse acreditada a concorrencia de ningunha causa de nulidade das invocadas pola consellería, e asumidas polo Concello na proposta, e contribúe a formar esta

convicción o feito de que por Auto de 18.05.2017, o TSX de Galicia acordase caducar o trámite para interpoñer a demanda por

parte da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, no sentido de que a propia administración requirente non considerou

oportuno dar continuidade xurisdicional ao requirimento previo do art. 65 da LBRL e 217 da Lei da administración local de

Galicia 5/1997.

Así as cousas, este Consello ten que informar desfavorablemente a proposta de resolución formulada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Revisión de actos en vía administrativa
Disponible

Revisión de actos en vía administrativa

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Ley 39/2015 (LPACAP) ilustrada para estudiantes y opositores
Disponible

Ley 39/2015 (LPACAP) ilustrada para estudiantes y opositores

Editorial Colex, S.L.

8.50€

8.07€

+ Información

Las contribuciones especiales, tasas y precios públicos en las Haciendas Locales
Disponible

Las contribuciones especiales, tasas y precios públicos en las Haciendas Locales

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información