Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 426 de 22 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 39 min

Tiempo de lectura: 39 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 22/11/2017

Num. Resolución: 426


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona P., polos danos e perdas sufridos como consecuencia dunha caída na rúa

Organismo: Concello da Coruña

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 13.02.2017 dona P. presentou ante o Concello da Coruña unha reclamación de responsabilidade patrimonial con base

nos seguintes feitos: ?El día 4 de agosto de 2016, se encontraba de visita en la ciudad de A Coruña y sobre las 17:00, cuando en compañía de mi marido

y otras personas [?] paseaba por el paseo marítimo, en dirección a la playa del Orzán, a la altura del número 32 de la Avenida Pedro Barrié de

la Maza, sufrió una aparatosa caída desde el paseo hasta la playa [?]?. Ademais no escrito reitor da reclamación sinala que ?el lugar donde se produjo la caída adolece de medidas de seguridad y de señalización de los cambios de nivel para advertir

del riesgo [?]?.

Xunto co escrito de reclamación achega, entre outros documentos, un informe técnico subscrito por arquitecto que conclúe ?Que la nueva configuración del paseo de Riazor supone un riesgo evidente de caída y que existen fallos en su diseño que impiden

la percepción del desnivel o del peligro que este desnivel supone para las personas?.

2.- A contía da indemnización que reclama en concepto de lesións, secuelas, prexuízos por baixa laboral e gastos médicos, ascende

a 22.673,29 ?.

3.- Instruído o procedemento, e logo do trámite de audiencia, no que a interesada compareceu e formulou alegacións, con data

08.10.2017, a instrutora elaborou unha proposta de resolución na que propugna a desestimación da pretensión de que se trata.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

da Coruña, e tivo entrada neste organismo con data 26 de outubro de 2017.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta de resolución correspondente a un expediente administrativo instruído polo Concello da Coruña, no que, a instancia de parte, se interesa

o recoñecemento do dereito ao percibo dunha indemnización por danos. Este órgano é competente para coñecer do expediente de

que se trata, con base no previsto no artigo 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial presentada ante un concello por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, ven regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(aspectos procedementais) e polos artigos 32 e seguintes da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Ademais, tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe traerse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a

teor do cal: ?as entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?.

En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

No presente caso, ha de sinalarse que o Concello da Coruña, en esencia, tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios,

da concesión do trámite de audiencia ao reclamante, da práctica das probas que se consideraron pertinentes, e da formulación

da correspondente proposta de resolución.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a. O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b. O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c. O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, debendo

ter presente que a inxerencia dun terceiro ou o comportamento da propia vítima son posibles circunstancias produtoras da ruptura

do nexo causal, se foron determinantes do dano, ou susceptibles de modular o alcance da responsabilidade da Administración,

graduando o importe da indemnización se, en concorrencia co funcionamento do servizo, contribuíron tamén á súa produción.

d. O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e. A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Non obstante, a xurisprudencia vén modulando o carácter obxectivo da responsabilidade patrimonial, rexeitando que a mera titularidade

do servizo determine a responsabilidade da Administración respecto de calquera consecuencia lesiva relacionada co mesmo que

se poida producir, o que suporía converter á Administración en aseguradora universal de todos os riscos, co fin de previr

calquera eventualidade desfavorable ou danosa para os administrados que poida producirse con independencia do actuar administrativo,

sendo necesario, polo contrario, que eses danos sexan consecuencia do funcionamento normal ou anormal da Administración.

Pode así concluírse que para que o dano concreto producido polo funcionamento do servizo a un ou varios particulares sexa antixurídico

abonda con que o risco inherente a súa utilización pasase os límites impostos polos estándares de seguridade esixibles conforme

á conciencia social. Non existirá entón deber algún do prexudicado de soportar o menoscabo e, conseguintemente, a obriga de

resarcir o dano ou prexuízo causado pola actividade administrativa será a ela imputable.

Cuarta.-

Centrada así, en termos conceptuais, a institución da que tratamos e entrando xa a coñecer do fondo do asunto suscitado na reclamación, en primeiro lugar hai que dicir que do expediente -e en concreto

dos informes médicos achegados pola interesada-, resulta debidamente acreditada a realidade das lesións e prexuízos cuxo resarcimento

reclama, de xeito que se constata a existencia dun dano efectivo, individualizado e avaliable economicamente. Por outra banda,

no estado probatorio que presenta o expediente, tamén debe terse por certo que a caída se produciu nas circunstancias de lugar

e tempo indicadas pola reclamante, dato este que a proposta de resolución non cuestiona, xustificando así, expresamente, a

innecesariedade da proba testemuñal de declaración dun socorrista da praia que a atendeu logo da caída, cuxa práctica reclama

novamente en trámite de audiencia.

No entanto, os referidos extremos non abondan para verificar a existencia da imprescindible relación causal entre o devandito dano e a actuación administrativa, sendo de subliñar

que o exame deste presuposto radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir da regra xeral, recollida en numerosos

ditames deste Consello Consultivo, por todos eles o CCG 697/04, segundo a que a carga da proba da existencia dun dano avaliable

economicamente e singularizado e a súa conexión causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde a quen reclama,

e a dos feitos impeditivos da pretensión (forza maior, culpa do prexudicado, etc ...) á Administración (antigo 217 da LEC).

Pois ben, a análise da actividade probatoria que consta no expediente non permite ter por acreditada a invocada relación causal entre o devandito dano e a actuación administrativa.

Como xa se sinalou, en apoio da súa pretensión a reclamante fixo achega dun informe pericial. Nel, con invocación de diferente normativa que o técnico informante considera de aplicación, e que a infraestrutura

de que se trata incumpriría, particularmente a Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia, conclúese que

a actual configuración do paseo de Riazor supón un risco evidente de caída, existindo fallos no seu deseño que impiden a percepción

do desnivel ou do perigo que este desnivel supón para as persoas.

No entanto, o referido informe resulta contradito polo emitido, no curso da instrución del procedemento, polos Servizos Xerais de Infraestruturas do Concello, no que consta que a zona onde aconteceu

o sinistro foi reformada en base ao proxecto ?Mellora de accesibillidade á Praia de Riazor?, aprobado en novembro de 2013, comezando a execución das obras o 30.10.2014, antes da entrada en vigor da referida Lei 10/2014,

o que tivo lugar no mes de marzo de 2015.

Do mesmo xeito resultaría inaplicable ao caso o tamén invocado Documento Básico de Seguridade de Utilización e Accesibilidade do Código Técnico de Edificación, cuxas prescricións deben ser observadas nos

elementos da contorna dos edificios que formen parte dos correspondentes proxectos de edificación, o que non é o caso.

O informe técnico municipal analiza, deseguido, a suxeición desta infraestrutura á normativa de aplicación, vixente no momento en que se redactou o proxecto construtivo, e remata sinalando

coa seguinte conclusión:

?Atendiendo a los aspectos normativos ya expuestos en el punto 1 de este informe, así como a lo reflejado en los documentos del proyecto constructivo y a lo observado en la visita de inspección realizada

[?], debe considerarse que la solución proyectada y ejecutada en la zona del Paseo Marítimo donde tuvo lugar el incidente se

ajusta a los requisitos establecidos en la normativa de aplicación para este ámbito zonal en materia de accesibilidad y no

discriminación para el acceso y utilización de espacios públicos urbanizados, encontrándose el desnivel de la grada debidamente

señalizado mediante pavimento táctil adecuado, con un resguardo suficiente y no alcanzando dicho desnivel la altura mínima

establecida para que sea exigible la colocación de una barandilla o elemento similar de protección? .

Deste xeito, o exame da proba practicada, aínda dende a temperada e razoablemente matizada postura do Tribunal Supremo, que a concibe como unha reconstrución histórica (STS 21.09.1998), non

permite formar convicción sobre a consistencia das imputacións que a reclamante dirixe á administración local, en relación

coas características da obra executada e a súa incidencia na orixe dos feitos polos que se reclama.

Quinta.-

Á marxe do que vai dito, tampouco pode deixar de lembrarse a responsabilidade que corresponde aos transeúntes no control da propia deambulación; unha regra xa hai tempo acollida por este Consello en numerosos

ditames (entre eles CCG 30/00 e CCG 202/00), e que exclúe a responsabilidade da Administración cando esta é crebada por introducirse

un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa ou descoido da vítima. Esta circunstancia, cando

reúne o requisito da exclusividade na vinculación co dano padecido, enerva toda responsabilidade da Administración, tal e

como estableceu de xeito reiterado o Consejo de Estado (entre outros no seu ditame do 01.07.1971) e a propia xurisprudencia

do Tribunal Supremo (St. 08.03.1967, 25.01.1974 ou 05.11.1974).

Certamente, como xa indicou este Consello Consultivo, entre outros no seu ditame núm. CCG 284/12, o control da propia deambulación non pode ser elevado a regra absoluta e categórica á hora de excluír

unha eventual responsabilidade da administración. Antes ben, a súa pretendida incondicionalidade vese necesariamente matizada

polo xogo do principio de confianza dos peóns nas condicións de seguridade das vías, beirarrúas e beiravías polas que transitan,

de modo que a constatación dun desaxeitado estado de conservación daquelas, cando se traduza na existencia de obstáculos non

apreciables polos viandantes co emprego da dilixencia esixible -como concreción da regra do autocontrol da deambulación- dará

lugar á obxectivación dun vínculo que enlaza o funcionamento do servizo público en xogo co lesivo resultado final producido.

Reiterada xurisprudencia (entre outras, sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14.10.2005, así como diversas outras das que se fai cita na proposta de resolución) vén recoñecer que

o estándar de eficacia que é esixible aos servizos públicos municipais non é de carácter absoluto, pois, noutro caso, chegaríase

á esixencia dun estándar que excedería dos que comunmente se reputan obrigatorios na actualidade, convertendo as administracións

públicas en aseguradoras universais de todos os riscos co fin de previr calquera eventualidade desfavorable ou danosa para

os administrados con independencia do actuar administrativo, transformando o sistema de responsabilidade das administracións

públicas nun sistema providencialista non recollido no noso ordenamento xurídico, como ten dito o Tribunal Supremo, entre

outras, en sentenzas do 05.06.1998 e do 13.09.2002.

Tamén, por tanto, de conformidade co razoado na presente consideración, imponse a conclusión de entender que non se cumpren os requisitos legalmente establecidos para apreciar a existencia de responsabilidade

patrimonial ao non constar acreditada a existencia de deficiencias no punto polo que transitaba a reclamante que resultasen

determinantes do lamentable accidente que determinou os danos sufridos pola señora P.

Resulta concluínte, neste sentido, o dato que recolle a proposta de resolución, segundo o que no existe constancia, a data outubro de 2017, de ningunha outra reclamación por caída á praia dende o paseo

marítimo de Riazor, sendo así que se trata dun paseo polo que transita diariamente unha gran cantidade de persoas, tanto veciños

como turistas. Por outra banda tampouco cabe esquecer que o accidente tivo lugar sobre las 17.00 horas dun día 4 de agosto,

e por tanto a plena luz del día, sen que conste a concorrencia de circunstancia ningunha que interferise ou limitase a visibilidade,

o que o que tamén conduce a situar a orixe do accidente na esfera da imputabilidade da propia vítima.

Os feitos así analizados interfiren no nexo de causalidade, impedindo que este vincule o funcionamento do servizo público co dano padecido, e determinan a procedencia da desestimación da reclamación, como

axeitadamente razoa a proposta de resolución obxecto de ditame

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)
Disponible

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)

V.V.A.A

76.50€

72.67€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Trastornos de la conducta alimentaria
Disponible

Trastornos de la conducta alimentaria

Juan Méjica García

9.45€

8.98€

+ Información