Dictamen de Consello Cons...io de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 422 de 22 de julio de 2017

Tiempo de lectura: 23 min

Tiempo de lectura: 23 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 22/07/2017

Num. Resolución: 422


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don M., polos danos sufridos por non ser nomeado director xeral de Recursos Humanos e Servizos Xerais do Concello de Ourense

Organismo: Concello de Ourense

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 07.3.2016, don M. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello de Ourense polos danos

derivados da súa preterición, que entende ilegal, no nomeamento do posto de director xeral de Recursos Humanos e Servizos

Xerais do dito concello, que recaeu nunha terceira persoa e foi ulteriormente anulado en vía xudicial, de onde deriva o reclamante

que o posto lle tería correspondido a el de non ter mediado a dita ilegalidade polo que reclama unha indemnización por importe

de 91.785,40? mais a actualización e intereses que procedan.

2.- Instruído o procedemento e logo de auditado o interesado, formulouse polo órgano instrutor proposta de resolución en sentido

desestimatorio da reclamación presentada.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde de Ourense,

tendo entrada neste organismo o día 24.10.2017.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración local por contía superior a 15.000 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (no sucesivo, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións

públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (disposicións aplicables

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1

de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único,

para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e

inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. O dito nexo debe ser exclusivo sen interferencias estrañas

de terceiros ou do lesionado. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización

dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva,

para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre

a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Como este Consello Consultivo ten considerado en anteriores pronunciamentos -cítase por todos o ditame CCG 426/16- os requisitos xerais que van expostos deben estar presentes, igualmente, cando se pretende

derivar a responsabilidade patrimonial da previa anulación xudicial dun acto administrativo, como sucede no caso que nos ocupa,

pois no sistema de resarcimento das Administracións públicas, a antixuridicidade predícase do dano sufrido pola vítima, e

non do comportamento da Administración. Velaí que o artigo 142.4 da Lei 30/1992 dispoña que a anulación en vía administrativa

ou pola orde xurisdicional contencioso-administrativa dos actos administrativos ?non presupón? dereito á indemnización (artigo 142.4 da LRXPAC).

Cuarta.-

Entrando no exame dos particulares do caso temos que o reclamante pretende ser resarcido dos danos que alega ter padecido como consecuencia de non ser nomeado no seu día para o posto de director xeral

de Recursos Humanos e Servizos Xerais do Concello de Ourense, para o que foi designada unha terceira persoa en resolución

logo anulada en vía xudicial. Considera o accionante que de non ter incorrido a Administración na ilegalidade declarada xudicialmente,

o nomeamento tería recaído necesariamente na súa persoa como único aspirante alternativo á aquel designado.

Con todo, examinadas as actuacións determinantes da reclamación non procede outorgar a razón ao reclamante na súa pretensión resarcitoria ante a non concorrencia dos presupostos determinantes da responsabilidade

patrimonial.

E isto é así por canto, pretendéndose unha indemnización como consecuencia derivada da anulación dun acto, a avaliación da existencia de dano antixurídico e a súa reparación deben realizarse dende

o parámetro da hipotética reposición do particular á situación que lle correspondería de non terse ditado o acto ilegal. Deste

xeito, só será apreciable a existencia de lesión patrimonial cando a situación na que se atopa o particular como consecuencia

do ditado da resolución que logo se anula, lle resulta máis gravosa que a que lle correspondería de non ter incorrido a Administración

na dita ilegalidade, orixinando ao interesado un sacrificio individualizado no seu patrimonio.

E resulta que no suposto que se analiza, como así se considera na proposta de resolución, a sentenza que anulou o nomeamento de referencia (ditada polo Xulgado do contencioso-administrativo núm. 1 de

Ourense o 24.9.2014 e confirmada en apelación polo TSX de Galicia en sentenza do 04.3.2015) estimou distintos motivos de nulidade

invocados polo recorrente, un sindicato. Entre os motivos que aprecia a sentenza para anular o acto atópanse os aducidos polo

agora reclamante (que non compareceu naquel proceso xudicial) en relación co incumprimento do requisito de que a persoa nomeada

ostentase a condición de funcionario de carreira (que non posuía a nomeada nin se xustificaba o cumprimento dos requisitos

legais para a excepción do requisito). Pero a sentenza recolle ademais outros motivos, que o reclamante silencia, cales son

os relativos a que, con carácter previo ao nomeamento, xa o propio proceso selectivo do posto resultaba contrario á legalidade.

A resolución xudicial establece esa conclusión a partir de varias premisas. En primeiro lugar apréciase a existencia de desviación de poder, considerando que ?el procedimiento selectivo en el que se dictó el acto recurrido se tramitó en realidad con un único propósito: mantener a

doña C. en el desempeño de las funcione -de dirección política- que venía desempeñando como concejala-no electa delegada de

personal en el Concello de Ourense hasta que el Tribunal Constitucional obligó a cesarla?.

E a ese vicio de legalidade do proceso selectivo do posto de referencia súmase o igualmente apreciado na propia sentenza en relación coa falta de xustificación da necesidade de cubrir o dito posto ?que llevaba ya más de cuatro años vacante y sin reflejo específico en el presupuesto municipal?. A sentenza lembra que o artigo 23.1 da Lei 17/2012, do 27 de decembro de orzamentos xerais do Estado para o ano 2013 estableceu

unha prohibición xeral de contratación de novo persoal polas Administracións públicas, e pese a iso, segundo se razoa na referida

resolución xudicial ?En el procedimiento de contratación del Director General en cuestión no existe justificación alguna sobre el cumplimiento

de las limitadas excepciones que conforme al referido precepto podrían permitir la contratación de nuevo personal en ese ejercicio

2013. Ni siquiera se explica por qué motivo si durante los cuatro años anteriores no se cubrió eI puesto de Director General

de Recursos Humanos y Servicios Generales del Concello de Ourense (ni se dotó presupuestariamente, lo que en la práctica equivalía

a su amortización) habría de resucitarse" y cubrirse tan repentinamente en verano de 2013?.

En definitiva, conforme cos pronunciamentos xudiciais recaídos no recurso contencioso administrativo presentado contra o nomeamento de referencia, o proceso selectivo do posto estaba viciado de legalidade,

e non podía ser provisto de conformidade a dereito, polo que o agora reclamante non pode invocar un dano antixurídico cando

nunca podería ter ocupado o dito posto en debida forma, decaendo así o presuposto da súa reclamación, que debe por iso ser

desestimada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

La provincia y el municipio en el Derecho Administrativo
Disponible

La provincia y el municipio en el Derecho Administrativo

6.83€

6.49€

+ Información

La Administración Local
Disponible

La Administración Local

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español
Disponible

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español

Gonzalo Pardo Beneyto

21.25€

20.19€

+ Información

Código de Bases de Régimen Local y de Haciendas Locales
Disponible

Código de Bases de Régimen Local y de Haciendas Locales

Editorial Colex, S.L.

9.35€

8.88€

+ Información