Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 420 de 22 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 28 min

Tiempo de lectura: 28 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 22/11/2017

Num. Resolución: 420


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don E., polas secuelas derivadas pola intervención cirúrxica á que foi sometido tras un accidente de bicicleta

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 24.01.2017, don E. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde solicitando

unha indemnización polos danos derivados da mala prestación sanitaria levada a cabo polo servizo público sanitario galego

e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A reclamación basease en ?la demora en la intervención y la deficiente atención recibida a buen seguro se debió a la escasez de personal por causa

de las vacaciones de Semana Santa y ello incidió en el curso de la enfermedad, agravando la lesión, lo que, a su vez, conllevó

una más lenta y tediosa recuperación tras la operación?.

A cantidade reclamada como indemnización é de 60.000,00 ?.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a el:

- Historia clínica do paciente.

- Informe do Servizo de Urxencias.

- Informe alta do Servizo de Urxencias Hospital Ponferrada.

- Informe de alta do Servizo de Traumatoloxía.

3.- Instruído o expediente, e logo conferido trámite de audiencia ao interesado, formulouse polo órgano instrutor unha proposta

de resolución (06.10.2017) en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 23 de outubro de 2017.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no

que atinxe aos aspectos procedementais, e pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que partindo do réxime xurídico citado se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único, para que a

reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e inmediato entre

a actuación da Administración e a lesión producida. O precitado nexo debe ser exclusivo sen interferencias estrañas de terceiros

ou do lesionado.

Por outra parte, para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo

de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine

o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, abondando lembrar neste intre que, con respecto a este, existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

coa denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Analizado o anterior e tendo en conta os elementos técnicos da institución a que nos referimos expostos nas consideracións precedentes, pasamos a examinar o fondo da reclamación presentada.

En primeiro lugar hai que precisar que o obxecto deste ditame refírese exclusivamente á asistencia sanitaria prestada polo Servizo Galego de Saúde, xa que non entra dentro da nosa competencia analizar

a levada a cabo polo servizo de saúde da Comunidade Autónoma de Castela e León; debendo adoptarse pola instrución as medidas

necesarias para remitir á devandita comunidade a reclamación; e, no seu caso, a resolución que se dite.

A parte actora censura aos servizos sanitarios a existencia dun vínculo causal que conecta o dano que motiva a reclamación coa asistencia sanitaria recibida. Con todo, o reproche realízase en termos vagos

e xenéricos, apenas suficientes para entender cumprimentado a carga que grava ao reclamante coa necesaria determinación dos

datos e circunstancias nos que se asenta o nexo de causalidade no que se apoia a reclamación.

Hai que considerar, igualmente, que, como é principio xeral en todo tipo de reclamacións de responsabilidade patrimonial, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde

ao reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código Civil, obtense

na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, que grava ao actor coa carga de probar a certeza

dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente

ás pretensións da acción exercitada.

E, no eido propio das reclamacións en materia sanitaria, hai que salientar que a valoración dos feitos cuestionados na reclamación (a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha determinada consecuencia

xurídica, cal é, dende a óptica do reclamante, a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá de ordinario estar

en posesión duns coñecementos científicos propios da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades, estando vedado

o establecemento de conclusións de carácter técnico a quen non resulte habilitado por tal titulación, circunstancia esta que,

interactuando coa carga probatoria que grava ao reclamante, orixina que frecuentemente sexa esixible do accionante a achega

dun informe pericial que avale as súas argumentacións sobre os feitos controvertidos, cando a lectura ofrecida na reclamación

é negada pola Administración e fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través

dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 da Lei de axuizamento civil.

No presente caso a reclamación susténtase nun relato marcadamente descritivo da secuencia asistencial e unha conclusión ??la demora en la intervención y la deficiente atención recibida a buen seguro se debió a la escasez de personal por causa

de las vacaciones de Semana Santa y ello incidió en el curso de la enfermedad, agravando la lesión, lo que, a su vez, conllevó

una más lenta y tediosa recuperación tras la operación?? que en ausencia de todo apoio probatorio é unha tese exclusivamente argumental que non pode ser acollida por este Consello

Consultivo.

E, sobre a ausencia de toda proba que permita apreciar o vínculo causal que alega a parte recorrente incide, ademais, que constan informes no expediente que si proban a adecuada prestación sanitaria

ao reclamante.

Así, o informe do Servizo de Traumatoloxía, datado o 17.03.2017, asinado polo doutor M., dá conta do seguinte:

?[?]

Toda fractura abierta de Tibia y peroné no exige una actuación quirúrgica de Urgencia a no ser que presenta un problema vasculo-nervioso asociado, cosa que no sucedió en este caso pues si lo hubiese,

tendría que haberse operado en Ponferrada. Toda fractura abierta de Tibia exige una buena integridad de las partes blandas

y es muy frecuente que se tenga que demorar la cirugía precisamente por el estado de las partes blandas.

El retraso o la demora obligada como en este caso, no agravo la lesión en ningún momento

El retraso en la intervención no se debió en ningún caso en las Vacaciones de Semana Santa sino al estado de la piel del paciente, y en ningún caso a la falta de material adecuado para la intervención

como se insinúa en su escrito. Tampoco se debió a la falta o escasez de personal por las vacaciones y en ningún caso dicho

retraso conllevó una más ?lenta y tediosa? recuperación tras la operación.

El paciente durante su estancia ha sido adecuadamente atendido con pase de visita diario como consta en el curso clínico [?].

[?]?.

Con base nas consideracións xurídicas expostas debe concluírse que non se aprecia no expediente a concorrencia dos requisitos esixidos para dar acollida á reclamación presentada, que debe, así, ser

desestimada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS