Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 417 de 08 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 57 min

Tiempo de lectura: 57 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 08/11/2017

Num. Resolución: 417


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona C., polos danos e secuelas producidos tras a intervención de cataratas en ambos ollos

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 03.02.2016 dona C. interpón ante o Servizo Galego de Saúde unha reclamación de responsabilidade patrimonial por

mor das secuelas derivadas da cirurxía de cataratas en ambos ollos, con implantación de lente intraocular, á que se someteu

o 28.11.2014 no Hospital Xeral Cíes de Vigo.

A reclamante fundamenta a súa pretensión indemnizatoria nunha mala praxe na cirurxía, ao quedar mal colocados ambos os lentes coa conseguinte perda de visión.

Así mesmo denuncia que se lle denegou o dereito a unha segunda opinión médica, así como a práctica dunha segunda cirurxía no servizo público de saúde ou na medicina privada, sufragando neste caso os custos

daquela o Servizo Galego de Saúde.

A indemnización solicitada ascende a 78.053,36 ?.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a este:

- Copia da historia clínica da señora C.,

- Informe da Inspección de Servizos Sanitarios da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Sanidade de data do 09.02.2016,

- Informe do Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) de data do 17.11.2016, e

- Informe do Servizo de Oftalmoloxía do Hospital POVISA sen datar.

3.- Con data do 10.03.2017 deuse trámite de audiencia á reclamante.

Esta, con data do 27.03.2017, formulou alegacións nas que reiterou os seus reproches ao Servizo Galego de Saúde ao sinalar como:

?[?] vista la Historia clínica de la paciente, se observa que la pérdida de agudeza visual (hasta el punto de ver solo ?bultos

y sombras?), y todos los daños causados a la reclamante ha sido por la negligente operación de cataratas en ambos ojos realizada

por el Hospital Xeral - Cíes de Vigo (Dr. C.), en fecha 28.11.2014.

En todos losinformes médicos posteriores a la intervención quirúrgica cuyos datos han sido inmediatos, no pudiendo darse una ruptura del nexo causal tal como pretende aducir el Servicio de Inspección

sanitaria, se observa que las lentillas han sido colocadas defectuosamente, y que aún posteriormente por el Sergas no se ha

ofrecido la posibilidad de una nueva intervención para reparar el daño causado (tal como así indica el consentimiento informado),

teniendo la reclamante que acudir a diferentes centros privados de oftalmología en busca de una solución a tan craso error

culposo en la intervención realizada por la sanidad pública gallega.

Existe por tanto a la vista de la historia clínica de la paciente un nexo causal entre la operación de cataratas y el resultado dañoso, pérdida de visión (casi ceguera) hasta el punto de que en la

actualidad se le ha reconocido una incapacidad permanente en grado de total.

[?]

Tampoco el Sergas ha solucionado la negligente y nefasta intervención quirúrgica de la reclamante, como se puede observar en la HCª, pues en

ningún informe médico se valora la posibilidad de una nueva intervención, derivándola hacia la sanidad privada, (Clínica de

O., clínica C. ? ).

[?]?.

4.- Con data do 25.09.2017 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 23.10.2017.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto nos artigos 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia e 17, a) do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento deste órgano consultivo, por tratarse

dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00

?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (en adiante, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións

públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (normativa aplicable

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1

de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano antixurídico. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito

a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos ditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento. Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar

que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros), pesa sobre o servizo

público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados ao fin último de

lograr a curación do paciente.

Mais a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por unha

actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que razoablemente

resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, salvo que exista unha evidente desproporción entre

o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade patrimonial,

con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente que o dano

sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación sanitaria

resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso suscitado,

non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír que o

dano resulta materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha de soportar.

Unido ao anterior debe recordarse que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación (por todos, CCG 100/2014, CCG 229/2014 ou CCG 198/2015). En definitiva, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando se conforme cos síntomas

do paciente se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses síntomas, non sendo válido,

pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.-

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 12.2 do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, resulta preciso determinar neste

ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión

aducida e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización

e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, dos escritos de reclamación e alegacións presentados pola parte actora despréndese como esta imputa ao Servizo Galego de Saúde unha mala praxe na cirurxía de cataratas, o que lle provocou

a perda de visión. Así mesmo a actora denuncia que polo Servizo Galego de Saúde se lle denegou o dereito a unha segunda opinión

médica, así como a posibilidade dunha reintervención no Sergas ou o aboamento dos custos da súa realización na medicina privada.

Pois ben, o exame dos reproches da parte actora esixen unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas que neles

se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa subsunción en categorías xurídicas (neste sentido, entre outros,

o CCG 71/16).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos recadados pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, a parte actora non despregou a máis mínima actividade probatoria en apoio dos seus reproches ao funcionamento do

servizo público de saúde, nin sequera en trámite de audiencia, logo de ter visto os criterios técnico ? médicos recollidos

nos informes dos Servizos de Oftalmoloxía do CHUVI e do Hospital POVISA.

Deste xeito, da historia clínica e informes médicos obrantes no expediente remitido despréndese como a señora C., de 58 anos de idade no intre dos feitos, se someteu en novembro do ano 2014 a unha

cirurxía de cataratas en ambos os dous ollos, con lente multifocal, no Hospital Xeral Cíes, ao presentar unha agudeza visual

de 1/6 nos dous.

O seguimento da paciente tivo lugar inicialmente no Hospital Xeral Cíes, referindo xa na consulta do 15.01.2015 visión borrosa e unha agudeza visual de 0.4 no ollo dereito e 0.1 no ollo esquerdo,

realizándose OCT que non reflectiu edema macular.

Posteriormente a doente foi obxecto de seguimento no Hospital POVISA, realizándose tal seguimento nos termos que detalla, con base na historia clínica da paciente, o informe do Servizo de Oftalmoloxía

do antedito centro hospitalario:

?[?] la paciente fue vista el 26.1.2015 y siendo practicada la exploración optométrica:

Agudeza visual en su OD: 0.3 y en su OI: 0.1, refiriendo diplopía (visión doble) monocular izquierda; después rechaza la exploración por el facultativo asignado en la cita previa (Dra. C.) porque

quiere ser valorada por el Dr. V.

El 10/3/2015 la paciente es valorada en consulta por la Dra. L. que tras la exploración no encuentra justificación para su agudeza visual, en OD: 0.1 y en OI: cd (cuenta dedos) y recomienda dar cita

para programar pruebas de neurofisiología y TAC.

El 16.3.2015 la paciente acude citada de forma preferente a mi consulta y refiere haber realizado una consulta privada en la Clínica B. de Vigo. A la exploración presenta:

Agudeza visual corregida en su OD:+0.75 - 0.50 x 110º de 0.2 (-1) y en OI:+1.25 - 0.50 x 145º de 0.05.

Biomicrosopía: Pseudofaquia bilateral con lente intraocular multifocal en saco capsular, con pliegue medial en su OD y leve tilt (inclinación) en OI.

Fondo de ojo es normal en ambos ojos?.

Refire neste punto o informe do servizo como xa nese intre non se atopaba unha xustificación á perda visual que presentaba a paciente, criterio que tamén referendou unha clínica privada que, paralelamente,

realizaba tamén un seguimento á doenza da Sra. C.:

?Se comenta con la paciente que no se encuentra una justificación para su baja AV que se explique sólo por el estado de sus

ojos tras la intervención de cataratas porque, aunque exista una opacidad de la cápsula posterior en su ojo derecho y un leve

tilt (inclinación) en el izquierdo, no presenta una alteración en la transparencia de sus medios ópticos tan marcada para

la agudeza visual que refiere.

Como no hay causa evidente para su mala AV y la paciente estaba, de forma paralela, realizando estudio en clínica oftalmológica de forma privada (Clínica B.), decidimos que, tal como ella me solicita,

me pondré en contacto con el facultativo de dicha clínica para comentar el caso, lo que realizo antes de la siguiente revisión.

Las impresiones de ambas consultas son coincidentes en la falta de una causa que explique adecuadamente el cuadro oftalmológico y en la necesidad de realizar pruebas complementarias para emitir un diagnóstico?.

Ante a imposibilidade de filiar a causa da perda visual da señora C., no Servizo de Oftalmoloxía do Hospital POVISA solicitouse a realización dunha campimetría e de probas estruturais (electrofisioloxía

e tomografía) para a avaliación do seu sistema visual, indicando as devanditas probas o seguinte resultado:

?El estudio de Electrofisiología (Electrorretinograma y Potenciales Evocados Visuales) es normal, así como la OCT (Tomografía

de Coherencia Óptica) macular y el TAC cerebral y orbitario. En la Campimetría presenta importante alteración con una reducción

a menos de 10º centrales en su OD y la abolición en su OI?.

Ante estes achados refire o facultativo informante que se lle desaconsellou á paciente a explantación das lentes oculares ao non ser aquelas a orixe da súa perda de agudeza visual:

?Se comenta con la paciente que la posibilidad de explantar las lentes intraoculares, no sabiendo la causa de su disminución

de AV no sería la más adecuada en ese momento (tampoco ha sido indicada esta intervención en los informes que aporta salvo

en el último de ellos, Centro Oftalmológico M.)?.

Á mesma conclusión, cómpre sinalar, chegou o Servizo de Oftalmoloxía do CHUVI ao sinalar, no seu informe de data do 17.11.2016, que un desprazamento da lente multifocal non pode provocar unha perda visual

como a referida pola paciente, desaconsellando, polo tanto, á señora C., a cirurxía de recambio da lente:

?Se trata de una paciente de 60 años que entre sus antecedentes personales destacan: una parálisis del VII dcho hace años,

adenocarcinoma endometrial de tipo endometroide tratado con cirugía, quimioterapia y radioterapia, cirugía de blefaroplastia

con cicatrización aberrante en ambos ojos y cirugía de catarata en ambos ojos con implante de LIO multifocal. Además presenta

un cuadro depresivo desde hace unos 26 años.

Según informe de 1 de septiembre de 2016, su Agudeza Visual es de 0,2 con +1 y -0,25 a 105 en el ojo derecho, siendo de bultos en el ojo izquierdo y no mejorando con corrección.

Con la lámpara de Hendidura se aprecia descentramiento de la lente del OI con háptico por fuera del saco capsular y cierta opacidad de ambas cápsulas posteriores, especialmente del OI por lo que se lleva

a cabo capsulotomía YAG en dicho ojo sin mejora de su agudeza visual. La presión intraocular es normal (15 y 18 mmHg respectivamente),

así como su paquimetría corneal (553 y 571 micras respectivamente).

A pesar de la agudeza visual del ojo derecho la paciente refiere no ser capaz de ver la primera lámina del Test de Ishihara (lámina de demostración vista en todas las personas que no presenten escotoma

central).

El estudio de fondo de ojo es estrictamente normal en ambos ojos, corroborado con Tomografía de Coherencia Óptica macular y de capa de fibras nerviosas.

El campo visual del ojo derecho presenta una restricción concéntrica hasta los 10-15º centrales, estando abolido en el ojo izquierdo (estímulo V). El campo visual previo realizado en septiembre de 2015

en Povisa presentaba una constricción periférica bilateral con preservación de visión central en ambos ojos. Sin embargo,

unos meses antes (en abril de dicho año) en el informe elaborado en Povisa constaba igualmente como abolido en OI.

Debido a su historia oncológica y a la baja visión se realizan pruebas de neurofisiología para descartar retinopatía asociada a cáncer, siendo el Electrorretinograma normal e informándose el resultado

de los Potenciales Evocados como: ?El presente estudio de los PEV en ausencia de patología de medios, sugiere la presencia

de una neuropatía óptica bilateral?. Sin embargo los potenciales evocados realizados en octubre de 2015 en Povisa habían resultado

normales.

Además se realiza una Resonancia Magnética cerebral que no presenta cambios con respecto a 2013 (previo a la cirugía ocular cuando según su historia clínica su agudeza visual era normal para la edad).

Ante la evolución del cuadro y la incongruencia de algunas pruebas, no se puede descartar ambliopía funcional.

A la paciente se le explicó que un desplazamiento de la lente multifocal puede producir una alteración de la visión, pero nunca una pérdida como la que presenta y que además la cirugía de recambio de lente

intraocular no está exenta de complicaciones y que probablemente habría que realizar la cirugía en ambos ojos para evitar

anisometropía postquirúrgica?.

Polo tanto, malia terse producido un desprazamento da lente intraocular implantada na cirurxía de cataratas, esta non foi a causa da perda da agudeza visual da agora reclamante, extremo este no

que coinciden os Servizos de Oftalmoloxía do Hospital POVISA e do CHUVI, apuntando este último a posibilidade dunha ambioplía

funcional como causa da diminución da agudeza visual pola que reclama a interesada.

Noutra orde de cousas, e xa polo que atinxe á denegación do dereito á segunda opinión médica, cómpre sinalar a corrección daquela denegación ao non estar incluída a doenza da reclamante en ningún dos

supostos previstos para o exercicio deste dereito (artigo 4.1 do Decreto 54/2015, do 12 de marzo, polo que se regulan o procedemento

e os efectos da garantía do dereito á segunda opinión médica no sistema público de saúde de Galicia).

Así mesmo tamén debe rexeitarse o reproche da parte relativo á falta de realización dunha nova cirurxía xa que tal opción, a xuízo dos Servizos de Oftalmoloxía do Hospital POVISA e do CHUVI, non

estaba recomendada. Este criterio, por certo, tamén se referendou no ámbito da medicina privada, tal e como se recolle no

informe do Servizo de Oftalmoloxía do CHUVI de data do 17.11.2016:

?La paciente acudió al instituto oftalmológico F. y, si bien refiere que era el único lugar donde le aseguraron la recuperación

de su agudeza visual con la cirugía, parece que tal aseveración ha decaído tras información telefónica reciente?.

Quinta.-

Considerando, logo, todo o que precede, e a falta de mellor criterio técnico que resulte do expediente, debe coincidirse coa proposta de resolución na procedencia de desestimar a reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información