Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 415 de 15 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 29 min

Tiempo de lectura: 29 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 15/11/2017

Num. Resolución: 415


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C. en nome e representación de don V. polos danos e secuelas tras ingreso no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo por mor dun accidente laboral

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 31.03.2016, don C., actuando en nome e representación de don V., presentou reclamación por responsabilidade patrimonial

ante o Servizo Galego de Saúde solicitando unha indemnización polos danos derivados da prestación sanitaria recibida no Complexo

Hospitalario Universitario de Vigo.

A reclamación basease na alegación de mala praxe médica na atención sanitaria prestada, que considera vinculada os danos padecidos.

2.- A cantidade reclamada como indemnización reparatoria é fixada polo reclamante en máis de 100.000 euros.

3.- Instruído o procedemento e logo de auditado o interesado, formulouse polo órgano instrutor proposta de resolución en sentido

desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día vinte e tres de outubro de dous mil dezasete.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución Española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que partindo do réxime xurídico citado se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único, para que a

reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e inmediato entre

a actuación da Administración e a lesión producida. O dito nexo debe ser exclusivo sen interferencias estrañas de terceiros

ou do lesionado. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano,

que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva,

para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre

a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

coa denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Analizado o anterior e tendo en conta os elementos técnicos da institución a que nos referimos expostos nas consideracións precedentes, pasamos a examinar o fondo da reclamación presentada.

A parte actora censura aos servizos sanitarios a existencia dun vínculo causal que conecta o dano que motiva a reclamación coa asistencia sanitaria recibida. Con todo, o reproche realízase en termos vagos

e xenéricos, apenas suficientes para entender cumprimentado a carga que grava ao reclamante coa necesaria determinación dos

datos e circunstancias nos que se asenta o nexo de causalidade no que se apoia a reclamación.

Hai que considerar, igualmente, que, como é principio xeral en todo tipo de reclamacións de responsabilidade patrimonial, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde

ao reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código Civil, obtense

na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, que grava ao actor coa carga de probar a certeza

dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente

ás pretensións da acción exercitada.

E, no eido propio das reclamacións en materia sanitaria, hai que salientar que a valoración dos feitos cuestionados na reclamación (a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha determinada consecuencia

xurídica, cal é, dende a óptica do reclamante, a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá de ordinario estar

en posesión duns coñecementos científicos propios da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades, estando vedado

o establecemento de conclusións de carácter técnico a quen non resulte habilitado por tal titulación, circunstancia esta que,

interactuando coa carga probatoria que grava ao reclamante, orixina que frecuentemente sexa esixible do accionante a achega

dun informe pericial que avale as súas argumentacións sobre os feitos controvertidos, cando a lectura ofrecida na reclamación

é negada pola Administración e fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través

dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 da Lei de axuizamento civil.

No presente caso, como vai dito, a reclamación susténtase nun relato marcadamente descritivo e unha conclusión (?La defectuosa asistencia sanitaria prestada por el Sergas ha provocado a mi representado las siguientes secuelas: dolor exarcerbado

constante condenándolo a estar postrado en la cama gran parte de su vida diaria, cojera y grave dependencia a los opiáceos,

pautados por los propios facultativos como método para calmar el dolor irruptivo?) que en ausencia de todo valor probatorio é unha tese exclusivamente argumental que non pode ser acollida por este Consello

Consultivo.

E sobre ausencia de toda proba que permita apreciar o vínculo causal que alega a parte recorrente incide ademais a circunstancia de que hai informes no expediente que si proban a idoneidade da prestación

sanitaria recibida polo reclamante.

Así o informe do xefe de servizo de cirurxía ortopédica e traumatoloxía conclúe que: ?se trata de un paciente con antecedentes de consumo de cocaína, fumador de cannabis y dependencia a benzodiacepinas (alprazolan)

desde años antes de sufrir el accidente. Había realizado en 2005 terapia de desintoxicación en el centro CEDRO y seguido en

psiquiatría por intentos de autolisis, con diversos abandonos voluntarios de seguimiento.

Tras ingresar por accidente el 24/11/2016 recibió un adecuado tratamiento ortopédico que llevó a la curación de sus lesiones sin complicaciones.

Desde el mismo día del ingreso se mostró con frecuencia ansioso, agitado, y demandante de analgésicos potentes por no soportar el dolor o la simple tracción esquelética. Por ello requirió la administración

de opiáceos, como analgesia de rescate, con los mismos criterios que se usan en el hospital para casos de dolores intensos.

Se realizó interconsulta a los servicios de Psiquiatría y U. del dolor para control de analgesia?.

Cabe citar tamén o informe do servizo de psiquiatría que di o seguinte:

?En las sucesivas hospitalizaciones se recoge información sobre consumo tóxico de múltiples sustancias: cannabis, benzodiacepinas

y morfina a demanda. Así como abuso y consumo excesivo de todos los tratamientos pautados por los facultativos.

La baja tolerancia a la frustración y marcada impulsividad del paciente han sido reflejadas en múltiples notas clínicas así como de enfermería las cuales dificultan su tratamiento y posiblemente condicionen

su evolución posterior a nivel psiquiátrico?.

Con base nas consideracións xurídicas expostas debe concluírse que non se aprecia no expediente a concorrencia dos requisitos esixidos para dar acollida á reclamación presentada, que debe, así, ser

desestimada.

Quinta.-

E xa por último polo que se refire á alegación de que non prestou o paciente o seu consentimento para as actuacións médicas practicadas nin para a pauta de opiáceos temos que sinalar que non nos atopamos

en ningún dos supostos nos que a lei esixe consentimento informado.

A Lei 3/2001 do 28 de maio, reguladora do consentimento informado esixe a prestación do consentimento por escrito nos seguintes casos: intervención cirúrxica, procedementos diagnósticos e terapéuticos

invasores e, en xeral, aplicación de procedementos que supoñen riscos e inconvenientes de notoria e previsible repercusión

negativa na saúde do paciente. E non nos atopamos en ningún destes supostos no presente caso.

A maior abastanza consta no expediente que o paciente e a súa familia (irmá) recibiron toda a información necesaria para o tratamento medico nos Servizos de Traumatoloxía e de Psiquiatría como se recolle

na Historia Clínica escrita do paciente e que o paciente asinou dous ingresos voluntarios, aceptando o tratamento proposto,

e asinou no segundo deles a alta voluntaria.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Accidentes de trabajo. Paso a paso
Disponible

Accidentes de trabajo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información