Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 414 de 22 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 25 min

Tiempo de lectura: 25 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 22/11/2017

Num. Resolución: 414


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don M., polos danos derivados da intervención cirúrxica de liberación do túnel carpiano esquerdo

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 04.07.2017, e mediante reclamación interposta por don M., iniciouse o procedemento de esixencia de responsabilidade

patrimonial da Administración sanitaria, por danos que considera derivados dunha defectuosa asistencia sanitaria ns intervencións

de liberación do túnel carpiano esquerdo que lle foron practicadas no Complexo Hospitalario de Ourense.

Solicita ser indemnizado na suma de 150.000 euros.

2.- Instruído o correspondente expediente, ao que se incorporou a historia clínica e o informe do servizo de Traumatoloxía, e

logo do trámite de audiencia, no que o interesado ratificou a súa pretensión, con data 06.10.2017 a instrutora formulou proposta

de resolución na que propugna se desestime a reclamación de referencia.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data vinte e tres de outubro de dous mil dezasete.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais, o réxime xurídico das reclamacións de responsabilidade patrimonial contense,

no que atinxe ao seu aspecto substantivo, nos artigos 32 e seguintes da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (LRXSP) e, no que atinxe aos aspectos procedementais, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (LPC).

A doutrina e a xurisprudencia consideran que os artigos 32 e seguintes da LRXSP se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, esixíndose, como elemento esencial, que non único, para que

a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e inmediato

entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte, para que a lesión poida ser resarcible, ten que

demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha

persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta

que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade extracontractual das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e a xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar, por non mediar causa ningunha que os xustifique.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no eido sanitario o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de

responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan que a asistencia sanitaria é

unha prestación de medios e non de resultado, que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada lex artis ad hoc, e que os pacientes teñen dereito a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade do

consentimento que aqueles deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

A análise das cuestións substantivas ou de fondo que suscita o expediente examinado esixe verificar as imputacións que o reclamante dirixe á administración sanitaria mediante o seu contraste coa historia

clínica e informes achegados ao procedemento no curso da súa instrución.

En síntese, no seu escrito inicial, o reclamante imputa ao servizo de traumatoloxía do CHUO unha defectuosa praxe nas dúas intervencións de liberación do tunel carpiano a que foi sometido no

referido centro hospitalario, con datas 29.01.2016 e 19.08.2016, cuxo resultado determinou a necesidade de someterse a unha

terceira intervención, o 11.05.2017, no centro POVISA de Vigo, e a súa permanencia en situación de baixa médica durante un

ano e medio, cos conseguintes prexuízos.

Mais debe observarse que estas alegacións carecen da concreción necesaria para identificar unha mala praxe médica no curso da atención prestada, formulándose, ademais, sen soporte probatorio, particularmente

de natureza médico pericial, que permita dotalas de rigor.

En tales circunstancias, cobra unha relevancia determinante do sentido en que deberá pronunciarse o noso ditame o informe do xefe do servizo de Traumatoloxía do CHUO, Dr. P., de data 25.08.2017, no que

consta:

?El día 29-01-2016 se realiza intervención quirúrgica de destechamiento del túnel carpiano izquierdo.

Tras las revisiones en consultas externas y con las pertinentes exploraciones clínicas y pruebas complementarias (Electromiograma) se constata la recidiva de la sintomatología por lo que el día 19-08-2016

se realiza nueva intervención quirúrgica para llevar a cabo la reapertura del canal del carpo, añadiendo un colgajo graso

hipotenar para minimizar el riesgo de la recidiva.

Con posterioridad ante la exploración clínica que presenta el paciente en las consultas sucesivas se sospecha la posible presencia de un síndrome del pronador por compresión del nervio mediano a nivel

del antebrazo izquierdo, por lo que se decide derivar al paciente a un Centro de Referencia del Nervio Periférico para continuar

tratamiento.

Una de las complicaciones posibles de la Cirugía del Túnel Carpiano es la recidiva de la sintomatología a pesar de la correcta liberación de dicho túnel, y esto es lo que parece que sucedió después

de la primera cirugía. Para solucionar esta complicación se realizó una segunda cirugía con nueva apertura, neurolisis y exploración

del túnel carpiano a lo que se añadió la realización de un colgajo graso hipotenar para minimizar el riesgo de recidiva como

recomiendan muchos autores?.

O informe deixa constancia do posterior diagnóstico ?síndrome do pronador?, patoloxía infrecuente e que inicialmente non fora detectada, malia terse observado una correcta práctica, sinalando:

?La existencia de una doble compresión del nervio mediano a nivel del túnel carpiano y a nivel del antebrazo (síndrome del pronador) es una entidad rara. Las pruebas electromiográficas y clínicas no

detectaron en un primer momento la existencia de dicho síndrome del pronador, por lo que fue diagnosticado del síndrome del

túnel carpiano y se realizó la cirugía en consecuencia al diagnóstico. Con posterioridad se detectó la posible presencia de

dicho síndrome del pronador y se envió al paciente al Centro de Referencia de Nervio Periférico para tratar dicha patología.

Durante todo el proceso la actuación tanto en consultas para llegar al diagnóstico como en el quirófano para realizar las técnicas quirúrgicas ha sido la correcta. La existencia de complicaciones postquirúrgicas

no tiene relación, en este caso con una incorrecta actuación. Dichas complicaciones se detectaron y se intentaron solucionar

según la praxis y protocolos de aplicación.?

Xa que logo, a invocada ausencia dunha praxe correcta non está demostrada, debendo concluírse que as intervencións se practicaron con axuste ás regras impostas pola lex artis, e que o paciente recibiu un tratamento acorde coa clínica e os diagnósticos acadados en cada momento. En tales condicións,

o resultado lesivo das intervencións debe ser soportado polo reclamante, o que conduce á desestimación da súa pretensión,

tal e como postula a proposta de resolución obxecto de análise.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información