Dictamen de Consello Cons...ro de 2022

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 414 de 12 de enero de 2022

Tiempo de lectura: 67 min

Tiempo de lectura: 67 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/01/2022

Num. Resolución: 414


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por I. en nome e representación de G., polos danos sufridos como consecuencia do tratamento dunha neoplasia benigna de meninxes cerebrais no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 24.3.2020, I., en nome e representación de G., presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo

Galego de Saúde.

No escrito denuncia a asistencia que se prestou á señora G. no Servizo de Neurocirurxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (en diante, CHUAC) onde foi intervida en xullo

de 2018 dunha masa hipofisaria por vía transesfenoidal. Así refire que o pobre manexo diagnóstico e terapéutico da paciente

conduciu á perda de visión no ollo esquerdo e logo de ámbolos dous ollos, ata unha cegueira completa, complicacións previsibles

e evitables, cunhas técnicas cirúrxicas correctas. Engade que a paciente xamais foi informada de que como consecuencia das

cirurxías efectuadas, podería acabar cunha cegueira absoluta.

Solicita unha indemnización de 300.000 euros.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse a historia clínica da paciente ademais de informe remitido polo Servizo de Neurocirurxía

do 16.11.2020.

3.- No trámite de audiencia, a interesada presentou escrito de alegacións con data 16.3.2021.

Emitiuse por parte do Servizo de Neurocirurxía un informe ampliatorio sobre as cuestións formuladas no escrito de alegacións.

4.- Logo de novo trámite de audiencia, o órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación

presentada (10.12.2021).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 20.12.2021.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que

se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá

de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, dos escritos presentados pola parte reclamante despréndese como a señora G. imputa ao servizo público de saúde unha deficiente asistencia sanitaria, que concretan nos seguintes reproches:

- unha demora asistencial con respecto á intervención de exérese do macroadenoma hipofisiario, que lle foi practicada en xullo

de 2018,

- unha incorrecta técnica cirúrxica durante esa intervención realizada por vía transesfenoidal ademais dun incorrecto control

postoperatorio,

- refire que a reintervención do 12.12.2019 foi incorrectamente executada e precisou unha nova operación ao día seguinte,

- e por último sinala que xamais foi informada de que como consecuencia das cirurxías efectuadas, podería acabar cunha cegueira

absoluta.

O exame destes concretos reproches da parte reclamante esixen en todo caso unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións

técnicas que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido,

por todos, o CCG 71/2016).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos recadados pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, a parte reclamante non despregou actividade probatoria ningunha en apoio dos seus xenéricos reproches ao funcionamento

do servizo público de saúde que poida servir de contraste cos informes citados.

Da documentación clínica que figura no expediente resulta que a señora G., nada en 1942, era valorada no Servizo de Neurocirurxía do CHUAC dende agosto de 2017 cando sufrira un episodio de hemorraxia

subaracnoidea espontánea debido a aneurisma posterior de carótide interna dereita. Na consulta de abril de 2018, a doente

presentaba afectación visual bilateral, polo que se programaron varias probas que amosaron a existencia dunha masa hipofisaria

invasiva. A paciente foi incluída en lista de agarda para intervención cirúrxica o 26.6.2018, e foi intervida o día o 18.7.2018.

Corresponde analizar a primeira queixa da paciente que denuncia expresamente unha demora asistencial na práctica desta intervención. Na tramitación deste procedemento emitíronse dous informes por parte

do Servizo de Neurocirurxía, o segundo deles (no que non figura data) refire que no caso da señora G., tanto o diagnóstico

de presunción de adenoma hipofisiario como o definitivo de meninxioma hipofisiario, trátase de lesións benignas de crecemento

lento, ?que en el momento del diagnóstico NO presentaban ningún dato de apoplejía hipofisiaria que justificase la necesidad de realizar

estas pruebas con carácter urgente, siendo el plazo de realización y valoración en consultas menor a dos meses más que óptimos

y adecuados, no existiendo ninguna guía práctica que recomiende lo contrario?.

O informe engade que a paciente foi incluída en lista de agarda cirúrxica o día 26.6.2018 e foi intervida ao mes seguinte, en concreto o día 18 de xullo, é dicir que permaneceu en lista de agarda tan só

tres semanas, un tempo incluso menor ao recomendado de 30 días para pacientes en prioridade 1, polo que queda desbotada a

queixa sobre un presunto atraso na intervención cirúrxica que invoca a señora G. Así o informe realiza a seguinte valoración

sobre seu caso clínico:

?Desde el primer momento en que es valorada por el servicio de Neurocirugía hasta que es intervenida transcurren dos meses y medio, un tiempo mucho más que óptimo teniendo en cuenta que se trata de

una lesión benigna de teórico lento crecimiento; no obstante, en todo momento fue tenido en cuenta que estaba provocando un

daño neurológico importante, por lo que la paciente siempre fue tratada prioritariamente?.

Quinta.

A doente foi intervida o día 18 de xullo, o curso clínico indica que se practicou ?exéresis de macroadenoma hipofisiario vía transesfenoidal sin incidencias?; presentou bo postoperatorio, mantendo o seu déficit visual de predominio en ollo esquerdo sen cambios, polo que foi dada

de alta o día 24 con seguimento en consultas. O informe de Neurocirurxía (do 16.11.2020) salienta que nesta operación se obxectivou

?una lesión tumoral muy fibrótica con mal plano de disección lo que conlleva resto en región supraselar? do que foi informada a paciente e a familia.

En setembro de 2018 foi vista en consulta de revisión e solicitouse RM de control postoperatorio, que se realizou en maio de 2019, que confirmou a presenza do resto tumoral. Os informes indican que

ante a persistencia de afectación de vía visual polo tumor, propuxeron reintervención cirúrxica que foi explicada á paciente.

Neste punto do ditame, abórdase deseguido o segundo dos reproches formulados pola reclamante que denuncia un incorrecto seguimento postoperatorio e afirma que o control foi absolutamente deficitario,

sinala que non resulta acorde á lex artis que unha proba diagnóstica -RMN- se demore nove meses desde a súa petición. E engade: ?esta demora de 9 meses en efectuar la RMN de control permitió el crecimiento progresivo y exponencial de esta masa hipofisiaria,

sin control, durante un año, con las nefastas consecuencias que ello ha supuesto para esta paciente?.

Así sobre este aspecto, o informe de Neurocirurxía salienta que as probas RM de control neste tipo de estirpe tumoral ?se suelen realizar a los 6 meses aproximadamente, y en este caso, se realiza a los 8 meses?. O informe engade que no escrito de reclamación a interesada sinalou que esa demora supuxo un crecemento da masa hipofisaria,

e ante esta afirmación, realiza as seguintes precisións que desbotan rotundamente a denuncia da parte, e que se reproducen

a continuación:

?[?] existen una serie de TC cerebrales realizados durante todo el proceso de atención de la paciente que descartan este hipotético

crecimiento de la masa hipofisiaria.

En todo caso se debería mencionar por parte de la parte demandante en relación a la supuesta demora asistencial y a su preocupación en que esta demora pudiese ?haber permitido un crecimiento sin control

con las nefastas consecuencias que ello ha supuesto para esta paciente?? que tras estos hallazgos y tras proponer reintervención

quirúrgica la paciente en fecha 23 de agosto 2019 pide demorar la intervención: no antes de noviembre por cuestiones familiares,

tal como queda recogido en el curso clínico?.

En efecto consta no expediente o curso clínico do Servizo de Neurocirurxía, e en relación á consulta que tivo a paciente o día 23.8.2019, consta o seguinte apunte: ?pide intervenirse no antes de noviembre por cuestiones familiares?.

Resulta así que a señora G. denuncia un incorrecto control postoperatorio, cando consta acreditado que cando lle propuxeron no mes de agosto a reintervención

cirúrxica, ela solicitou demorar a operación ata o mes de novembro, tal como queda aparece reflectido no curso clínico. Este

comportamento supón un acto da súa exclusiva responsabilidade e do que arestora non pode desentenderse por razóns de mínima

congruencia e que descarta a denuncia que realiza sobre que a súa situación merecía un tratamento cirúrxico precoz.

Sexta.

A paciente foi reintervida o 12.12.2019, realízase a operación vía transesfenoidal, o informe do servizo refire que na cirurxía dadas as características da lesión, non foi posible completar

a exérese obxectivándose ?infiltración tumoral de vía visual predominantemente de lado derecho, no siendo posible la completa descomprensión de dicha

vía visual?. No postoperatorio constátase perda visual, polo que se realizou unha TC urxente que descartou complicacións hemorráxicas

ou comprensivas groseiras. Sen prexuízo destes achados, decidiuse intervención urxente para o día 13 para ?revisión de lecho quirúrgico por si de manera excepcional pudiese existir alguna complicación no perceptible en el TC: no

se halla ninguna afectación directa aguda sobre vía visual que se encuentra íntegra sin defectos de continuidad?.

No postoperatorio presentou flutuación na perda visual, e co paso dos días confirmouse déficit visual bilateral severo. O TC de control realizado o 14.12.2019 presentou achados postcirúrxicos habituais.

En decembro dese ano realízase PEV (potenciais evocados visuais) que amosan ?defecto de conducción bilateral del nervio óptico en grado moderado del nervio óptico derecho y moderado-severo del izquierdo?.

Corresponde agora analizar a queixa da parte reclamante que denuncia a incorrecta técnica cirúrxica nas operacións realizadas polo Servizo de Neurocirurxía. Sobre esta cuestión hai que referir

que se trata dunha afirmación baseada na súa propia autoridade e sen presentar informe técnico ningún que avale a súa opinión.

Pola súa banda, os informes emitidos na instrución poñen de manifesto que se trataron de operacións cirúrxicas programadas

nas que se fixo uso de equipo cirúrxico avanzado e con técnicas de neuronavegación intraoperatoria. Ademais as operacións

foron planificadas e levadas a cabo por un equipo multidisciplinar subespecializado formado por neurocirurxián e cirurxián

otorrinolaringólogo. Os informes realizan unha serie de valoracións que merecen destacarse, así indican que o fin deste tipo

de operación é realizar descomprensión de estruturas comprometidas, así indica expresamente:

?La intención de este tipo de cirugía es realizar descomprensión de estructuras comprometidas (los nervios ópticos en este caso) mediante la mayor resección posible, que dadas las características propias

de la lesión de la paciente sobre todo el englobar grandes vasos no es posible en su totalidad. El dejar un resto tumoral

intencionadamente no es una incorrecta técnica quirúrgica, puesto que el realizar una exéresis completa supondría una lesión

grave y potencialmente mortal por el daño de la arteria carótida que se encontraba englobada por el tumor, además de la potencial

lesión del seno cavernoso infiltrado?.

No caso da paciente tras a realización da Rm postcirúrxica ?valorando el volumen residual y dado que no existía mejoría en el déficit visual que se podía intentar un mayor grado de resección

con intención de mayor descomprensión de la vía visual, por ello se propuso la reintervención que la paciente aceptó.

En la reintervención quirúrgica se realiza de nuevo la exéresis del mayor volumen tumoral que permite la consistencia y características infiltrativas del tumor?.

O informe emitido o 16.11.2020 realiza a seguinte valoración sobre o caso clínico da señora G.:

?El grado de resección total tras la cirugía de estos tumores según diversas series publicadas está entre el 38% al 76%.

[?]

En el caso que os ocupa la exéresis completa fue siempre improbable (y así se le transmitió a paciente y familia) debido a las características observadas en la RM prequirúrgica (crecimiento superior de

la cisterna supraselar que comprime y desplaza al quiasma óptico, lateral derecho en el seno cavernoso que engloba a la carótida

interna, posterior retroclínoideo en cisterna subaracnoidea interpeduncular y anterior sobre el plano del esfenoides en la

fosa craneal anterior) y las características observadas intraoperatoriamente (tumor altamente fibrótico con mal plano de disección

respecto a estructuras nobles)?.

Así, non existe evidencia ningunha que autorice a concluír, con base en razoamentos técnicos, a existencia dunha vulneración da precitada lex artis na práctica das intervencións ás que foi sometida a paciente no CHUAC.

Sétima.

No escrito inicial a señora G. sinala que nunca foi informada de que como consecuencia das cirurxías podería acabar cunha perda de visión.

O marco xurídico aplicable contense nas previsións da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica,

e na Lei de Galicia 3/2001, do 28 de maio, do consentimento informado e a historia clínica dos pacientes. Estes textos demandan

o consentimento informado por escrito para a realización de procedementos diagnósticos ou terapéuticos invasores, como é o

caso.

Con carácter xeral, pode afirmarse, así, que o facultativo debe de informar, en todo caso, dos riscos típicos e xenéricos da intervención, así como daqueles que poidan concorrer no suposto concreto ante

as particularidades que este poida presentar, segundo ten establecido a doutrina do Tribunal Supremo -vide. Sentenza do 25.3.2010, rec. 3944/2008-:

?[?] Una cosa es la incerteza o improbabilidad de un determinado riesgo, y otra distinta su baja o reducida tasa de probabilidad

aunque si existan referencias no aisladas acerca de su producción o acaecimiento. [?] El contenido del consentimiento informado comprende transmitir al paciente todos los riesgos a los que se expone en una intervención

precisando de forma detallada las posibilidades, conocidas, de resultados con complicaciones?.

Como ten sinalado este órgano consultivo, a carga da proba de que a información facilitada, e de que polo tanto existe consentimento do paciente, corresponde ao servizo sanitario de acordo co criterio que

parte da menor dificultade que ten o devandito servizo de deixar constancia exacta dos termos en que se efectuou o consentimento

informado, xa que desprazar sobre a paciente a carga de probar que non se lle facilitou a previa e imprescindible información,

suporía imporlle unha ?proba diabólica?.

No caso que nos ocupa, o informe de Neurocirurxía emitido en data 16.11.2020, pronúnciase nos seguintes termos sobre o proceso de información á señora G.:

?La paciente y su familia acompañante han sido informados en las consultas previas a ambas cirugías programadas de en qué consistía la intervención y sus posibles complicaciones tanto las más frecuentes

como las infrecuentes entre las que se incluye el deterioro visual. Así aparece recogido en los cursos clínicos registrados

en el IANUS. Además firman consentimiento informado previo a ambas intervenciones que recoge de manera explícita esta posibilidad?.

Pola súa banda, o segundo informe de Neurocirurxía refire a seguinte valoración do caso da paciente:

?El consentimiento informado de la cirugía transesfenoidal de los tumores hipofisiarios en relación a las complicaciones recoge textualmente: ?Excepcionalmente pueden dañarse los nervios ópticos,

pares craneales o estructuras cerebrales durante la cirugía, esas lesiones podrían provocarle pérdida de visión o déficits

neurológicos más serios. También es excepcional la lesión de alguna arteria importante (la carótida) que pasa por la vecindad

de la zona a operar, aunque de producirse las consecuencias podrían acarrearle la muerte o secuelas neurológicas serias?.

Las características propias del tumor hacían elevar esta probabilidad: su estirpe de meningioma, su alta consistencia, alta

adherencia e infiltración de estructuras, su tamaño y extensión. Además de tratarse de unos nervios ópticos ya dañados por

la lesión con déficits, ya establecido previo.

Aun a pesar de todo esto el equipo médico en todo momento consideró que los riesgos seguían siendo bajos y siempre eran menores a los posibles beneficios de someterse a intervención quirúrgica, así

se lo hizo saber a la paciente que consintió y firmó el consentimiento informado?.

Na documentación clínica figuran os documentos de consentimento informado do procedemento cirúrxico (?cirugía de los tumores hipofisiarios?) debidamente cumprimentados pola paciente en datas do 26.6.2018 e do 23.8.2019, polo que este órgano consultivo considera

que, cando a señora G. se someteu ás intervencións cirúrxicas tiña unha información completa e axeitada. En efecto, da apreciación

conxunta de todo o actuado dedúcese que ademais do cumprimento documental do consentimento, existiu un proceso dialóxico entre

os facultativos e a enferma, atendendo ao referido informe antes transcrito e as anotacións que constan no curso clínico,

polo que se cumpriron as previsións legais.

Agora ben, como ten salientado este órgano consultivo en anteriores ditames, cómpre indicar que o referido consentimento informado non constitúe un instrumento de traslado automático de responsabilidades,

de xeito que as eventuais consecuencias lesivas dunha intervención cirúrxica deben ser asumidas, en todo caso, pola paciente

que a ela se somete. Tal conclusión, obvia dicilo, sería absolutamente contraria ás regras que a lex artis impón aos profesionais da medicina na prestación dos seus servizos asistenciais.

A operatividade do referido consentimento, máis reducida, limítase a exonerar de responsabilidade a quen presta os servizos sanitarios cando, unha vez se proporcionou a información axeitada que a lei

demanda, obtense o consentimento da paciente para a intervención cirúrxica, e no curso desta materialízase un risco propio

da referida intervención, previamente informado, e sempre que a eficacia do referido consentimento non se vexa desvirtuada

pola constatación de que a actualización do risco obedeceu a unha desatención das regras impostas pola lex artis.

No presente caso, non existe evidencia ningunha que autorice a concluír, con base en razoamentos técnicos a existencia dunha vulneración da dita lex artis na práctica das operacións ás que foi sometida a paciente; sobre este aspecto cómpre sinalar que a reclamante formula a súa

queixa sen achegar ningún tipo de proba que evidencie a realidade dos termos da súa imputación. Pola contra nos informe remitidos

realízase unha valoración positiva de conformidade á lex artis das intervencións de referencia. Sobre este aspecto, o informe do Servizo de Neurocirurxía salienta:

?Durante la cirugía, NO ha existido ninguna incidencia, así como no ha existido una complicación grosera postquirúrgica: no ha existido un hematoma postquirúrgico (causa más frecuente) o un daño estructural

de la propia vía óptica.

[?]

En definitiva, aunque improbable la posibilidad de pérdida de visión en relación a la cirugía estaba contemplada y recogida en el consentimiento informado. Desafortunadamente la paciente presentó esta pérdida

de visión que consideramos no pudo ser previsible ni evitable a pesar de no haber existido demora asistencial, de correcta

praxis y de haber dispuesto de los medios técnicos adecuados?.

Oitava.

Constatado o anterior e indemostrada por tanto calquera vulneración das normas de actuación médica conforme cos postulados que tanto doutrinal como xurisprudencialmente veñen afirmándose en relación coa

responsabilidade patrimonial, especificamente referidos ao ámbito sanitario, cabe afirmar que non asiste á reclamante o dereito

a ser indemnizada e polo tanto procede desestimar a reclamación, no mesmo sentido que apunta a proposta de resolución sometida

a ditame por non concorrer o presuposto da lesión antixurídica que non teña o deber de soportar.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información