Dictamen de Consello Cons...re de 2022

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 413 de 23 de noviembre de 2022

Tiempo de lectura: 69 min

Tiempo de lectura: 69 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 23/11/2022

Num. Resolución: 413


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por G., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do tratamento dunha coxartrose primaria, bilateral no Grupo Quironsalud de Pontevedra.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Blanco Serrano

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 30.7.2020 G. presenta reclamación de responsabilidade patrimonial diante do Servizo Galego de Saúde (en diante,

Sergas) polos danos e perdas derivados da intervención de cadeira dereita á que foi sometida no centro concertado Hospital

Quironsalud Miguel Domínguez.

A reclamación relata:

?En fecha de 12 de marzo de 2018 la dicente, Doña G., fue sometida a una operación de la cadera derecha debido a que tenía

algo de artrosis, pero que no le impedía caminar, ni trabajar, ni llevar una vida normal.

El día 19 de marzo de 2018 recibió el alta hospitalaria (?). El día 13 de octubre de 20108 la reclamante tuvo que acudir al

servicio de urgencias, debido al dolor que sufría.

En fecha 22 de enero de 2019 el traumatólogo Doctor F. recomienda reintervención para tratar la insuficiencia glútea, que

finalmente fue llevada a cabo en fecha 18 de marzo de 2019. Sin embargo, la situación clínica de la exponente no mejoró demasiado

y el pasado 26 de junio de 2020 fue dada de alta por haberse "agotado las posibilidades terapéuticas", haciendo constar el

Doctor H. en su informe que el alta se produce con secuela de insuficiencia glútea severa.

Como consecuencia de estos hechos a la dicente le fue reconocida una incapacidad permanente en fecha de 20 de agosto de 2019,

con las limitaciones orgánicas y funcionales siguientes: "Cadera derecha protésica desde marzo 18 con insuficiencia glútea

que requirió reintervención Marzo 19, limitación de movilidad y atrofia muscular, precisa bastón inglés para deambulación".

Entende a reclamante que os danos e perdas sufridos son consecuencia do funcionamento normal ou anormal da Administración

?lo que determina que deberá ser esa Administración quien responda abonando la indemnización que se reclama?.

Remata a reclamación solicitando unha indemnización de 96.083,99 ?.

Xunto coa reclamación achega informe do Dr. C. (10.12.2019) que recolle o diagnóstico de ?insuficiencia glútea derecha en cadera protésica? engadindo que a intervención ?no ha conseguido los resultados esperados?.

2.- Instruído o correspondente procedemento de responsabilidade patrimonial constan no expediente remitido a este Consello:

- Copia da historia clínica da reclamante.

- Informe realizado polo Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do Hospital Quironsalud Miguel Domínguez do 2.11.2020.

3.- Dado o trámite de audiencia á parte reclamante, quen formulou alegacións o 12.2.2021, a instrutora do procedemento con data

20.12.2021 formula proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 7.11.2022.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC) (aspectos procedementais)

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o

esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Con todo, cómpre subliñar a excesiva dilación na tramitación do procedemento dende a presentación da reclamación o 30.7.2020.

É particularmente significativo que, logo das alegacións presentadas no trámite de audiencia o 12.2.2021, a proposta de resolución

non fose emitida ata o 20.12.2021. E, certamente, resulta inexplicable que o acordo de remisión a este órgano consultivo do

expediente e da súa proposta de resolución fora adoptado o 3.11.2022, é dicir, máis de dez meses despois da realización de último trámite.

Este modo de proceder resulta contrario ao principio de eficacia que debe presidir a actuación da Administración pública,

de acordo co previsto no artigo 103.1 da Constitución española e no artigo 3.1 da LRXSP, así como aos principios de celeridade

e axilidade dos procedementos administrativos, recollidos nos artigos 71.1 da LPAC e 3.1, letra d), da LRXSP, respectivamente.

A resolución en prazo dos procedementos administrativos así como o tratamento eficaz dos asuntos por parte da Administración

constitúen, así mesmo, esixencias do principio de boa Administración, implícito na Constitución española (artigos 9.3, 103

e 106), tal e coma ten salientado o Tribunal Supremo (por todas, as recentes sentenzas do 15.10.2020, Rec. 1652/2019; e do

15.3.2021, Rec. 526/2020).

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou

sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites

do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

da persoa enferma xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do

paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación da persoa enferma.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que

impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os

supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón

tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade

que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do

criterio de normalidade.

Cuarta.

Vistos os anteriores aspectos conceptuais, cómpre en primeiro lugar, centrar os termos nos que se presenta a reclamación.

Así, a parte reclamante, logo de facer un relato secuencial da asistencia prestada á Sra. G., centra o reproche en que as

secuelas que presenta son consecuencia da intervención cirúrxica á que foi sometida, xa que antes desta levaba unha vida normal,

o que implica que ao ser derivadas do funcionamento normal ou anormal do servizo público deban ser indemnizadas pola Administración.

No escrito de alegacións concreta que o informe do servizo recoñece a ?complicación surgida? e que as secuelas derivan dela, o que, ao seu xuízo, debe conducir á estimación da reclamación. Os danos polos que reclama

a indemnización son limitación de mobilidade e insuficiencia glútea, atrofia muscular, acurtamento da extremidade dereita

en 10 mm., dor crónica e prexuízo moral.

Pois ben, a verificación das imputacións que sustentan a reclamación interposta, esixe unha análise da historia clínica e

dos diferentes informes incorporados ao expediente, por canto como ten sinalado este órgano consultivo, son estes informes

os que deben conter as valoracións técnicas, debendo este Consello limitarse á súa subsunción de categorías xurídicas.

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos recadados pola instrución refórzase en expedientes

de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora nos ocupa, a parte reclamante non despregou a

máis mínima actividade probatoria en apoio dos seus reproches ao funcionamento do servizo público de saúde, nin sequera logo

da vista dos criterios técnicos contidos nos informe emitidos na instrución deste expediente de responsabilidade.

Así, consta na historia clínica que a señora G. foi examinada no Servizo de Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario

de Vigo o 1.7.2016 indicándose ?8 meses postoperatorio PTC izquierda. Severa estenosis de canal valorada por Servicio de Neurología y pendiente de decisión

terapéutica ? También se queja de la cadera derecha y querría operarse aunque está más afectada por la claudicación al caminar?.

O xuízo clínico indica: ?Trocanteritis izquierda. Coxartrosis derecha. Estenosis de canal?.

O 10.3.2017 acode novamente á consulta de traumatoloxía, recollendo a historia clínica: ?Mejoría parcial de cadera izquierda. En NCx desestiman tratamiento quirúrgico. Quiere operarse de cadera derecha. Incluyo

en lista de espera para PTC. Explico CI que acepta y firma?.

Consta a inclusión no rexistro de pacientes en espera na data citada e a súa remisión posterior ao centro concertado para

a práctica da intervención.

É intervida de prótese de cadeira dereita o 12.3.2018 sen incidencias, segundo recolle a historia clínica.

O 21.6.2018 recóllese: ?sigue con dolor muy limitante. Cojera severa. Se queja de dolor en cara lateral de la cadera derecha?.

O 6.8.2018 indícase que, pese á rehabilitación, non nota melloría, recomendándose manter a fisioterapia asistida.

O 9.1.2019 o Servizo de Radiodiagnóstico do Hospital Quironsalud, tralas exploracións oportunas, informa: ?Cambios postcirugía en las partes blandas que rodean la cadera derecha siendo difícil valoración si existe o no complicaciones

inherentes al procedimiento desde el punto de vista del TAC?.

Co diagnóstico de ?insuficiencia glútea cadera derecha?, o 18.3.2019 realízase ?recambio de cotilo cadera derecha Pinacle Multinole Gription y plastia mediante transferencia de porción de glúteo mayor

y tensor de la fascia lata según técnica de Leo A. Whiteside?.

O 5.11.2019 indícase: ?No es capaz de caminar sin cojera. Usa 1 muleta. Clínicamente trendecemburg e incapaz de mantener la abducción contra gravedad?.

O 17.12.2019 recóllese que sigue clinicamente igual e apréciase un alongamento relativo de 10 mm.

O 26.6.2020 apréciase coxeira marcada con dor e falta de equilibrio, indicando ?explico que la situación clínica es definitiva y se han agotado las posibilidades terapéuticas?.

Quinta.

Descrita a asistencia sanitaria prestada á señora G., é preciso pasar a analizar o reproche formulado que consiste, basicamente,

en que a intervención cirúrxica á que foi sometida o 12.3.2018 para a implantación de prótese de cadeira dereita non tivo

o resultado esperado, restándolle secuelas significativas.

Estes aspectos foron abordados polo Servizo de Traumatoloxía do Hospital Quironsalud no informe do 2.11.2020, no que non se

nega o mal resultado da intervención. Así, o informe sinala que:

?(?), la paciente presenta una insuficiencia glútea, complicación perfectamente descrita en la bibliografía tras una artroplastia

total de cadera (..). En algunos pacientes esta reinserción tendinosa no llega a cicatrizar convenientemente y por tanto la

función de la musculatura glútea se ve afectada. (?). El glúteo medio es el responsable de mantener la horizontalidad pélvica

cuando realizamos un apoyo monopodal y por tanto su ausencia condiciona la aparición de cojera y dolor.

(...) Se reitera el hecho constatado y ya descrito de que la paciente presenta una insuficiencia glútea tras una cirugía por

artroplastia total de cadera derecha. Se trata de una complicación perfectamente conocida y descrita tras este tipo de cirugías.

Su incidencia cuando se emplea el abordaje anterolateral llega a afectar, con mayor o menor repercusión clínica, al 16% de

los pacientes intervenidos?.

E, respecto da dismetría das extremidades sinala o seguinte:

?Durante el seguimiento clínico y a petición de la paciente, se realiza un estudio de telemetría de miembros inferiores a

pesar de no haberse percibido en ningún momento una dismetría significativa, tal y como corrobora también el doctor C. en

su informe. Dicho estudio radiográfico evidencia la existencia de una dismetría de 10 mm. Cito textualmente el capítulo 94.16

del Manual de Cirugía Ortopédica y Traumatología titulado ?Cirugía protésica de la cadera. Indicaciones y complicaciones?

y editado por la Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología: ?Aunque, desde un punto de vista ideal, la longitud

de las extremidades inferiores debería ser la misma tras la colocación de una prótesis de cadera, la realidad es que la presencia

de una discreta dismetría (en general, alargamiento del miembro operado) es muy habitual?.

En consecuencia, do instruído no expediente despréndese a existencia dunha lesión efectiva, individualizada e susceptible

de valoración económica, así como a relación de causalidade entre a actuación da Administración sanitaria e a devandita lesión.

Agora ben, a acreditación destes dous extremos non basta para extraer, como semella entender a parte reclamante, a responsabilidade

patrimonial da Administración Pública, nin sequera nun sistema de responsabilidade que a xurisprudencia cualifica como obxectivo,

ao non ser precisa a concorrencia de culpa. E iso porque o dano propio da institución da responsabilidade patrimonial é tan

só o dano antixurídico, isto é, aquel que o interesado non ten o deber xurídico de soportar consonte á Lei (art. 32.1 da LRXSP).

No eido da responsabilidade patrimonial sanitaria o parámetro que identifica a antixuridicidade das lesións é, como xa se

sinalou na consideración terceira, a lex artis ad hoc. A tutela constitucional do dereito á protección da saúde se cingue á posta a disposición dos cidadáns das medidas preventivas

e das prestacións e servizos necesarios, tal e como recolle o artigo 43 da Constitución. Non sendo cientificamente posible

asegurar a curación do paciente, malia o emprego dos medios e técnicas adecuados, resultaría desorbitado atribuír á Administración

Pública o deber de responder patrimonialmente só en atención aos resultados. Por iso a xurisprudencia insiste en que a actividade

médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica coa aplicación

das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de plena garantía

da curación do enfermo (entre outras, STS do 15.3.2018, rec. 1016/2016).

Como afirma o Tribunal Supremo de forma reiterada (por todas, STS de 23.2.2022, rec. 2560/2021):

?la Administración no es exigible nada más que la aplicación de las técnicas sanitarias en función del conocimiento de la

práctica médica, sin que pueda sostenerse una responsabilidad basada en la simple producción del daño, puesto que en definitiva

lo que se sanciona en materia de responsabilidad sanitaria es una indebida aplicación de medios para la obtención del resultado,

que en ningún caso puede exigirse que sea absolutamente beneficioso para el paciente, o lo que es lo mismo, la Administración

sanitaria no puede constituirse en aseguradora universal y por tanto no cabe apreciar una responsabilidad basada en la exclusiva

producción de un resultado dañoso?.

Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia sanitaria se prestou conforme co estado do saber e

con adopción dos medios ao alcance do servizo, o resultado lesivo producido non se considera antixurídico. Pola contra, cando

se teña incorrido en infracción da lex artis, o dano producido é antixurídico e os prexuízos deben ser indemnizados. E isto é o que procede examinar no caso sobre o que

agora se está a ditaminar.

Así, partindo do carácter indiscutido das lesións da señora G., o informe do Servizo de Traumatoloxía do Hospital Quironsalud

do 2.11.2020 sostén a adecuación da súa actuación á lex artis, así como a posta a disposición da paciente dos medios adecuados e dispoñibles, malia que o resultado final non fose o esperado.

Ademais, atribúe as secuelas padecidas pola paciente a riscos típicos da intervención, así como aos seus antecedentes persoais.

Así, o informe sinala:

?(?), es necesario remarcar que desde el primer momento el equipo médico responsable de la paciente detectó dicha complicación

y tomó las medidas adecuadas para minimizar su impacto. Inicialmente se plantean medidas conservadoras que se mantienen un

tiempo prudencial, tratando de evitar una cirugía que se sabía ya de resultados pobres o cuando menos inciertos. Ante el fracaso

de este tratamiento conservador la única medida posible para mejorar el estado de la paciente será una reintervención en la

que se realiza una plastia del glúteo medio con los tendones vecinos tal y como se describe en la bibliografía médica.

(...)

La aparición de complicaciones es inherente a toda actividad médica y en mayor medida en toda actividad quirúrgica estando

la administración sanitaria y los profesionales obligados a utilizar todos los medios para evitar su aparición y para minimizar

sus consecuencias. En este caso está perfectamente documentado que la paciente presentaba unos antecedentes médicos que

condicionan dolor y cojera presentes ya en el momento de la cirugía y no relacionados con su artrosis de cadera derecha, que

la intervención se realizó siguiendo los estándares de calidad aceptados por la comunidad médica, que la complicación fue

diagnosticada de manera precoz y que se establecieron las medidas oportunas y se utilizaron los medios adecuados para minimizar

su impacto, siguiendo en todo momento las normas de la lex artis ad hoc?.

E, verbo da dismetría que reprocha a parte reclamante, cita o capítulo 94.16 do Manual de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

titulado ?Cirugía protésica de la cadera. Indicaciones y complicaciones? e editado pola Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, que indica:

?A pesar de la importancia que los pacientes suelen dar a este hecho, una artroplastia correctamente realizada, con una dismetría

final menor de 2 cm, no suele llevar aparejada ninguna alteración clínica de importancia y las posibles molestias desaparecerán

con el tiempo?.

Aínda que nin a parte reclamante reprochou falta de información dos riscos que comportaba a intervención, nin o informe do

servizo se pronuncia ao respecto, a proposta de resolución constata que ?el consentimiento informado en fecha 8 de febrero de 2028 recoge expresamente la posibilidad de alargamiento o acortamiento

de la pierna intervenida así como la posibilidad de cojera persistente condicionada por pérdida de fuerza, limitación de la

movilidad, arrancamientos tendinosos, etc.? (sic), o que queda probado pola documentación achegada ao expediente.

En consecuencia, do recollido no informe do Servizo de Traumatoloxía do Hospital Quironsalud e no resto da documentación clínica

remitida, non se desprende creba algunha da lex artis nas actuacións realizadas, sen que este extremo fose rebatido por outro criterio técnico achegado pola parte reclamante.

Así pois, en ausencia de antixuridicidade do dano invocado, este Consello Consultivo manifesta o seu criterio favorable á

desestimación da reclamación formulada, no mesmo senso que a proposta remitida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

Perez Gonzalez, David Enrique

12.75€

12.11€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información