Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 413 de 15 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 58 min

Tiempo de lectura: 58 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 15/11/2017

Num. Resolución: 413


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C. en nome e representación de don G., polos danos e perdas derivados da intervención de vasectomía para esterilización voluntaria

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data do 19.10.2015, don C. en nome e representación de don G. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial pola

que considera defectuosa atención prestada na intervención de vasectomía á que foi sometido no Hospital do Salnés.

2.- Instruído o procedemento conforme co Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, consta nel:

- Historia clínica, informes do Servizo de Uroloxía e de Medicina Preventiva do Hospital Comarcal do Salnés.

- Historia clínica e informe do Servizo de Uroloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

- Informe do Servizo de Cirurxía Plástica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

3.- No trámite de audiencia, a parte presenta escritos nos que reitera a súa petición inicial.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución nos seguintes termos:

?Por consiguiente, se realiza propuesta ESTIMATORIA PARCIAL a la presente reclamación de exigencia de responsabilidad patrimonial

de la Administración por daños derivados de la asistencia sanitaria presentada, al amparo de los dispuesto en el Título X

de la Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, modificada por la

Ley 4/1999 y demás normas de desarrollo, debiendo indemnizar al reclamante con la cantidad de 9.000 euros?.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 23.10.2017.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas, ao que se fai referencia nos antecedentes, ao teor

do previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17, a) do seu regulamento,

aprobado por Decreto 91/2015, do 18 de xuño.

O citado expediente está suxeito, en canto ao procedemento a seguir na súa resolución, aos trámites previstos nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (normativa

aplicable ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015,

do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Segunda.-

A teoría da responsabilidade patrimonial das administracións públicas, como suxeitos pasivos das indemnizacións de danos e perdas, vénse artellando, en canto á responsabilidade obxectiva destas polo

funcionamento, que se lles poida imputar, dos servizos públicos, sobre a existencia, ou non, dunha relación de causalidade

directa e inmediata entre o funcionamento do servizo público e a lesión antixurídica producida.

O abandono do criterio subxectivista de responsabilidade non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha

vinculación máis ou menos ampla entre o funcionamento do servizo e o dano padecido; e así, como máis significados lindes daquel

principio xeral poden destacarse tres acoutacións de formulación legal: a forza maior (artigo 139.1 da LRXPAC), a obriga xurídica

de soportar o dano (artigo 141.1 inciso 1º da LRXPAC), e a non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias

que non se puideran evitar ou prever segundo o estado da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 141.1

inciso 2º LRXPAC), esta última introducida pola Lei 4/1999, como positivización dun criterio xurisprudencial nacido no seo

das reclamacións de natureza sanitaria; así como aqueloutras de creación xurisprudencial: culpa da vítima e feito de terceiro

(recollidas en incontables pronunciamentos do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.07.2002).

No caso das reclamacións no eido sanitario, hai que ter en conta, engadidamente, as particularidades derivadas da singularidade da prestación asumida polo servizo público e concretadas en

postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado, o que predica

a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme coa denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra, que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Terceira.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que de acordo coas previsións do artigo 12.2 do Real decreto 429/1993,

do 26 de marzo, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá de facerse a oportuna valoración do prexuízo,

e a contía da indemnización e o modo de facela efectiva. Noutras palabras, trátase de dilucidar se concorren os presupostos

para a imputación, en réxime obxectivo, desa responsabilidade por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

Da análise das cuestións que o interesado expón nos escritos, obsérvase que este, logo de facer o relato secuencial dos feitos nos que funda a súa reclamación, imputa unha deficiente asistencia sanitaria

na intervención de vasectomía á que foi sometido no Hospital do Salnés que obrigou á dúas reintervencións no Hospital de Pontevedra.

Pois ben, corresponde arestora analizar a historia clínica remitida e os informes médicos que figuran nela; confrontando,

así, as afirmacións vertidas pola parte actora na súa solicitude de imputación de responsabilidade.

Así resulta que don G. nado en 1976, asinou -en data do 22.12.2014- o documento de consentimento informado para a realización de vasectomía,

e foi incluído nesa data en lista de agarda. En canto á intervención que lle foi practicada o día 04.03.2015 no Hospital do

Salnés, o informe sinala: ?intervención realizada: se realiza vasectomía bilateral sin complicaciones?.

O día 6 de marzo, o paciente acudiu ao Servizo de Urxencias por presentar complicación, un hematoma escrotal. O informe remitido polo Servizo de Uroloxía do Hospital do Salnés desbota a queixa que

fai a parte sobre unha presunta falta de atención nese centro hospitalario. No referido informe faise unha descrición exhaustiva

do tratamento instaurado e do seguimento clínico do doente, e describe nos seguintes termos a atención prestada:

?[...] el paciente, en el momento en que es valorado por el Dr. D., FEA del servicio de urología del Hospital do Salnés, presentaba

inflamación escrotal y hematoma en la misma zona, tras la realización de una vasectomía 48 horas antes, lo que le generaba

dolor. A la exploración el paciente se encontraba afebril desde el ingreso en el hospital, tanto en el servicio de urgencias

como en la planta de hospitalización -véanse los cursos clínicos de la historia clínica-. En las pruebas complementarias se

objetiva una leucocitosis de 23.900 leuc. Por lo que se decide ingresar al paciente prescribiéndose una cobertura antibiótica

de amplio espectro con dos fármacos- amoxicilina-clavulámico 1 gramo/8h y gentamicina 80 mg/12 h ambos por vía parenteral

adecuados a la situación clínica del paciente en ese momento. No existía ningún signo ni síntoma o hallazgo en las pruebas

complementarias, en ese momento, que hiciese sospechar la posibilidad de que el paciente presentase una celulitis como consecuencia

de una vasculitis leucocitoclástica, como ocurrió días más tarde.

La duda planteada en la reclamación sobre la optimización de la cobertura antibiótica, está realizada a la luz de unos hechos que tienen lugar, 3 días después del ingreso el día 6/03/2015, momento en el

que se realizó la prescripción antibiótica cuestionada?.

Debido ao empeoramento da zoa intervida, o doente foi trasladado ao Hospital de Montecelo o día 8 de marzo; o informe do Servizo de Uroloxía dese centro sanitario expón a seguinte evolución do cadro presentado

polo Sr. G.:

?[?] Dada la inadecuada respuesta y el empeoramiento de la zona operada el día 8/3/2015 se decide su traslado al Hospital de Montecelo

para su ingreso en el Servicio de Urología de dicho Centro. El paciente al ingreso presenta buen estado general indicativo

de no afectación sistémica del proceso infeccioso; localizándose solo a nivel genital, por lo que el diagnóstico corresponde

a una celulitis escrotal sin que en ese momento existan datos de Gangrena de Fournier.

Se realiza el tratamiento adecuado con antibióticos de amplio espectro, hemocultivos para la identificación del germen y vigilancia.

Dada la mala evolución a las 24 horas (El 9/3/2015) se interviene de modo urgente realizándose drenaje y cura de absceso escrotal. Se continúa con cobertura antibiótica empírica de amplio espectro

y vigilancia. El día 11/3/2015 dado el empeoramiento de la lesión local se realiza nueva intervención quirúrgica urgente,

con desbridamiento amplio y limpieza de la región afectada. El paciente posteriormente evolucionó satisfactoriamente siendo

dado de alta el 27/3/2015?.

O informe realiza a seguinte valoración do proceso asistencial:

?[?]

- La atención prestada fue proporcional y suficiente en cada caso, ajustada a la evolución clínica del paciente. El paciente recibió cobertura antibiótica de amplio espectro, vigilancia de su evolución

clínica con especial atención a los cambios de las lesiones de todo el área genital e intervención quirúrgica en el momento

adecuado.

- Los procesos infecciosos como el presente, requieren un tratamiento escalonado como el que se ha realizado. Este se basa en inicialmente cobertura antibiótica y vigilancia. En función de la

evolución que presente las actuaciones posteriores se adaptarán a la misma. En este caso dada la mala evolución, el paciente

fue intervenido las veces necesarias, realizándose la intervención quirúrgica adecuada tanto para lograr el mejor resultado

con el menor daño posible. En este caso fueron necesarias 2 intervenciones para lograr el control de la infección del paciente.

- Si se tomaron muestras de sangre y tejido para cultivos para identificar los gérmenes causantes del cuadro. En ambos casos los resultados fueron negativos para el crecimiento de gérmenes, hasta cierto

punto explicable por estar el paciente a tratamiento con antibióticos desde su ingreso en el Hospital del Salnés.

[?]?.

Non existindo ningún criterio técnico que contradiga esta tese sostida polos servizos médicos actuantes, procede concluír que a intervención e o seguimento do paciente se practicou -dende o punto de

vista da súa execución material- con axuste ás regras impostas pola lex artis, de xeito que non se realiza ningunha obxección sobre este particular, sen prexuízo de discrepar no referente á información

facilitada ao paciente.

Cuarta.-

Corresponde agora analizar a cuestión referida á información proporcionada ao paciente e as queixas formuladas pola parte sobre este particular. Así, a cuestión capital é a referida á falta de información

sobre os riscos da intervención de vasectomía á que foi sometido, tal como afirma no escrito de reclamación.

Cómpre ter en conta a este respecto as previsións contidas na Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación

clínica, e na Lei de Galicia 3/2001, do 28 de maio, do consentimento informado e a historia clínica dos pacientes.

Este órgano consultivo, xa ten sinalado que con carácter xeral pode afirmarse que o facultativo debe de informar, en todo caso, dos riscos típicos e xenéricos da intervención, así como daqueles que poidan

concorrer no suposto concreto ante as particularidades que este poida presentar, segundo ten establecido a doutrina do Tribunal

Supremo a partir da sentenza do 25.04.1994, consolidada por pronunciamentos posteriores como o do 28.07.1997 ou o do 11.05.2001.

Así, o artigo 10 da Lei 41/2002, do 14 de novembro, sobre as condicións da información e consentimento por escrito, establece:

?1. El facultativo proporcionará al paciente, antes de recabar su consentimiento escrito, la información básica siguiente:

a) Las consecuencias relevantes o de importancia que la intervención origina con seguridad.

b) Los riesgos relacionados con las circunstancias personales o profesionales del paciente.

c) Los riesgos probables en condiciones normales, conforme a la experiencia y al estado de la ciencia o directamente relacionados

con el tipo de intervención.

d) Las contraindicaciones.

2. El médico responsable deberá ponderar en cada caso que cuanto más dudoso sea el resultado de una intervención más necesario

resulta el previo consentimiento por escrito del paciente?.

Agora ben, neste punto cómpre traer a colación a diferenza entre a medicina curativa e a satisfactiva, onde a obriga de información ten unhas exixencias propias. Así, a sentenza do Tribunal Supremo,

do 02.10.2007, declara:

?[?] la distinción entre medicina curativa y medicina satisfactiva, que como señala la sentencia de 3 de octubre de 2000 (Rc 3905/96),

consiste, ?a grandes rasgos, en que la primera es una medicina de medios que persigue la curación y la segunda una medicina

de resultados a la que se acude voluntariamente para lograr una transformación satisfactoria del propio cuerpo. En la primera

la diligencia del médico consiste en emplear todos los medios a su alcance para conseguir la curación del paciente, que es

su objetivo; en la segunda no es la necesidad la que lleva a someterse a ella, sino la voluntad de conseguir un beneficio

estético o funcional y ello acentúa la obligación del facultativo de obtener un resultado e informar sobre los riesgos y pormenores

de la intervención.

Esta distinción, aplicada al campo de la cirugía, ha permitido diferenciar entre una ?cirugía asistencial? que identificaría la prestación del profesional con lo que, en el ámbito del Derecho privado,

se asocia con la ?locatio operarum? y una ?cirugía satisfactiva? (operaciones de cirugía estética u operaciones de vasectomía

como la presente) que la identificaría, en el mismo terreno de las relaciones entre particulares, con la ?locatio operis?

esto es, con el reconocimiento del plus de responsabilidad que, en último caso, comporta la obtención del buen resultado o,

dicho con otras palabras, el cumplimiento exacto del contrato en vez del cumplimiento defectuoso (sentencia de la Sala Primera

de este Tribunal de 11 de febrero de 1997).

[?]?.

Así, nos casos de medicina satisfactiva, a obriga de informar e o consentimento do pacientes adquiren perfís propios. A sentenza do Tribunal Supremo, do 09.05.2005, con cita da STS do 03.10.2000, sinala

que:

?[?] Por una parte, la jurisprudencia de la Sala Primera de este Tribunal declara, como una de las consecuencias del carácter satisfactivo

del acto médico-quirúrgico, en consonancia con la elevación del resultado a criterio normativo de la obtención de un resultado,

con las salvedades apuntadas, una intensificación de la obligación de informar al paciente tanto del posible riesgo inherente

a la intervención, como de las posibilidades de que la misma no comporte la obtención del resultado que se busca, y de los

cuidados, actividades y análisis que resulten precisos para el mayor aseguramiento del éxito de la intervención (sentencia,

ya citada, de 25 de abril de 1994).

[?]

Por otra parte, esta Sala observa que en la medicina satisfactiva los perfiles con que se presenta la prueba del consentimiento adquieren peculiar relieve en la medida en que esta medicina es por definición

voluntaria, de tal suerte que será menester tener en cuenta las características del acto de petición de la actividad médica,

el cual por sí mismo, y atendidas sus circunstancias, puede aportar elementos que contribuyan a la justificación de la existencia

de consentimiento en sí mismo, cosa que no ocurre en la medicina asistencial, especialmente en los supuestos de existencia

de grave riesgo para la salud, en los que cabe presumir que la iniciativa de la prestación médica y del carácter de la misma

corresponde de modo exclusivo o preponderante a los servicios médicos, pues responde a una situación de necesidad no dependiente

de la voluntad del paciente.

[?]?.

Neste caso figura o documento de consentimento informado asinado polo doente (en decembro de 2014) que sinala textualmente:

?[?] Las complicaciones son infrecuentes, pero destacan la hemorragia con hematoma intraescrotal y la inflamación del epidídimo

que produce dolor y molestias moderadas. El dolor que ocasiona la intervención los primeros días suele ser fácilmente controlado

con analgésicos orales. [?]?.

Deste xeito, neste documento que se denota excesivamente lacónico, non figura a infección como risco típico; sendo que o informe remitido polo Servizo de Uroloxía do Hospital de Montecelo destaca: ?La infección o hematoma son complicaciones posibles en la vasectomía?.

Como ten sinalado este órgano consultivo, a información ofrecida aos doentes ten que ser completa, minuciosa, precisa e exacta respecto a todas as consecuencias previsibles das intervencións, para que

un doente poida, con coñecemento da situación, decidir asumila ou non, e consultar outras opinións. Así, no ditame CCG 151/2005,

sinalábase sobre este deber de información:

?[?] Non se trata, pois, dun deber secundario ou dunha modesta, e por acaso incómoda, práctica burocrática e rutineira; lonxe disto,

a información previa ó consentimento do paciente constitúe unha manifestación da lex artis da prestación sanitaria, amplamente

considerada esta e en canto que concepto máis extenso que a estrita intervención cirúrxica, parámetro de normalidade da asistencia

sanitaria e criterio de imputación e distribución dos diversos riscos inherentes a calquera proba médica. Finalmente, esa

información, coas calidades que a lei prescribe, constitúe un presuposto indispensable do válido consentimento da paciente?.

Aplicada esta doutrina ao caso que nos ocupa, considérase que a información dada ao paciente sobre os riscos e complicacións non se ofreceu coa debida complitude.

Neste punto, cómpre subliñar o carácter de medicina satisfactiva que ten a intervención á que se someteu o interesado que esixe unha información de carácter máis amplo, como sinala a xurisprudencia.

Asemade, é preciso destacar que ao tratarse dunha actuación cirúrxica de carácter ambulatorio, no que o control da evolución

do estado de saúde no tocante á aparición dalgunha alteración sensible queda encomendada ao propio control do doente, require

unha extremada información no senso de que unha referida omisión de información pode supoñer unha diminución das posibilidades

de reacción fronte ás complicacións que poden non ser debidamente interpretadas polo enfermo. Así, nestes casos, debe preverse

e insistirse expresamente na posibilidade de sufrir infeccións ou sangrado, xa que se o paciente é advertido destes riscos

terá unha máis fácil posibilidade de reacción ante a aparición das anteditas continxencias.

É así que a respecto desta falta de información sobre a posibilidade de infección do teste pode apreciarse unha quebra da lex artis, no sentido de que era obriga dos facultativos advertir ao paciente da posibilidade de aparición desta patoloxía, facéndolle

as indicacións necesarias para actuar rapidamente fronte a esta eventualidade.

Quinta.-

Así as cousas, é apreciable a existencia dunha lesión inferida ao interesado, efectivamente xeradora de responsabilidade, en razón á concorrencia dun suposto de dano moral que adquire, nestas circunstancias,

entidade propia diferenciada do dano corporal ou físico, dano inferido ao paciente e que se materializou, con transcendencia

evidente, sobre dereitos de estrita personalidade e facultades de autodeterminación.

Este Consello Consultivo xa ten considerado en anteriores ditames que a configuración do dano moral como autónomo, presenta, como singularidade, certas connotacións particulares no tocante á fixación

da contía indemnizatoria.

Este é tamén o parecer que resulta da doutrina xurisprudencial recollida na STS do 04.04.2000 (Sala terceira, Sección IV, consolidada, con cita expresa, pola sentenza do mesmo tribunal, do 18.01.2005),

na que a sala non indemniza polos danos corporais directamente xerados pola intervención, en razón a que a falta de información

e consentimento informado non é causa directamente determinante do dano físico, senón polo dano moral irrogado coa violación

do dereito de autodeterminación do paciente, o que o leva a aceptar unha indemnización sensiblemente menor.

En canto á contía da indemnización procedente por este dano, enténdese oportuna a recollida na proposta de resolución, a cantidade de 9.000 euros como reparación satisfactoria por ese dano que se lle puido

ocasionar ao reclamante pola deficiente información recibida, cantidade que debe entenderse actualizada por todos os conceptos

á data de emisión deste ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire, debendo ser indemnizado o reclamante do xeito sinalado na consideración quinta deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información