Dictamen de Consello Cons...io de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 412 de 27 de julio de 2017

Tiempo de lectura: 39 min

Tiempo de lectura: 39 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 27/07/2017

Num. Resolución: 412


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C., polos danos e secuelas producidos logo de someterse a unha intervención cirúrxica lumbar

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 29.3.2016, don I,, actuando en nome e representación de don C., presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde polos danos que entende derivados da

práctica dunha intervención de cirurxía lumbar á que se someteu o señor C. no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, no que se incorporou informe do servizo e se deu audiencia

ao interesado, formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- Con data do 26.12.2016 tivo entrada neste Consello Consultivo de Galicia, solicitude de ditame preceptivo cursada polo señor conselleiro de Sanidade.

4.- A Sección de Ditames deste Consello Consultivo de Galicia, na data do 25.01.2017 acordou a devolución do expediente sen

a emisión do ditame preceptivo, por resultar necesaria a práctica de actuacións instrutoras complementarias, comezando pola

emisión dun novo informe do servizo.

5.- Practicadas as actuacións requiridas e concedida audiencia ao reclamante, formulouse addenda que se xustapón a inicial proposta de resolución, mantendo a tese

contraria á estimación da reclamación.

6.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 27.06.2017.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de responsabilidade patrimonial con base no previsto nos artigos 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo

de Galicia, e 17, a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento,

ao tratarse dunha reclamación interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

O citado expediente está suxeito, en canto ao procedemento a seguir na súa resolución, aos trámites previstos nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento común (de agora en diante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (normativa aplicable

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de

outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite á interesada exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Segunda.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial,

que non único, para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal

directo e inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte para que a lesión poida ser

resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado

en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba

dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

á denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Terceira.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir, e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que de acordo coas previsións do artigo 12.2 do RPAPRP, resulta

preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame, existe relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión aducida, por ser este presuposto esencial para a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade

por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

A parte actora censura aos servizos sanitarios a existencia dun vínculo causal que conecta o dano que motiva a reclamación coa asistencia sanitaria recibida, formulando un dobre reproche ao respecto. Así,

por unha parte, o interesado entende que foi obxecto dunha defectuosa atención por mala praxe na realización da intervención

cirúrxica á que se someteu e, paralelamente, alega ter sido lesionado polas deficiencias no consentimento informado previo

á intervención cirúrxica.

Polo que toca aos danos directamente vinculados coa práctica material da intervención cirúrxica, o Servizo de Neurocirurxía do CHUAC emite informe, o 07.11.2016, que se centra fundamentalmente nas

consecuencias que a práctica da primeira intervención cirúrxica tivo para a saúde do paciente (para negar a existencia de

secuelas neurolóxicas vinculadas a esa primeira intervención). Por tal circunstancia este Consello Consultivo devolveu no

seu día o expediente de consulta, en prol de obter información sobre as circunstancias da mala localización do parafuso, con

aclaración das razóns polas que a peza de ancoraxe non se situou no lugar desexado, e se tal circunstancia constitúe un risco

típico da intervención cirúrxica.

En resposta a ese requirimento do Consello Consultivo incorporouse ao expediente un informe de data do 05.05.2017, asinado polo propio especialista responsable da intervención, no que, coa consideración

de apreciacións de carácter técnico, se establecen unha serie de conclusións de transcendencia para o caso que se analiza.

Así, en primeiro lugar o especialista afirma que a mala situación do parafuso en cirurxías como a analizada, é unha incidencia infrecuente pero descrita, e de feito foi informada verbalmente ao paciente,

segundo se afirma polo informante:

?? cuando se decide realizar este tipo de cirugía se le explica al paciente los riesgos generales de la intervención y los específicos

de esta técnica quirúrgica que son el daño radicular, el desgarro dural y la incorrecta colocación de un tornillo. También

se le explica que de ocurrir esta última circunstancia, si no provoca afectación radicular ni invasión del canal, suele

no ser necesaria la recolocación?.

En segundo lugar, o informante recalca que a segunda intervención á que se someteu o paciente tiña a súa orixe na insuficiencia da practicada inicialmente para corrixir as dores lumbares, e en ningún

caso a de corrixir unha suposta afectación do parafuso á raíz nerviosa. Igualmente se comparte o criterio xa obrante no expediente

na súa remisión inicial, que con procedencia do servizo competente (o de neurocirurxía), desconectaba as doenzas lumbares

postcirúrxicas coa praxe da primeira intervención, que resultou insuficiente para atallalas porque a evolución da doenza esixiu

unha segunda intervención máis expansiva, que ampliou a área de inmobilización vertebral, pero sen conexión ningunha coa circunstancia

da deslocalización do parafuso.

?? En este caso, al presentar una patología congénita bastante evolucionada (espondilolistesis grado II + espondilolisis bilateral)

las referencias anatómicas están alteradas y no es una circunstancia excepcional que un tornillo no se coloque en la posición

idónea. A este paciente se lo reoperó porque la cirugía no consiguió mejorar el dolor lumbar, no porque el tornillo mal posicionado

estuviese afectando a la raíz nerviosa, de hecho el EMG post-quirúrgico era normal sin radiculopatía?.

Cuarta.-

Estas conclusións de carácter técnico non poden ser descoñecidas por este Consello Consultivo, que emite o seu parecer en termos estritamente xurídicos, á vista do material probatorio obrante no expediente.

A este respecto hai que considerar que a principal consecuencia da calidade de prestación de medios da asistencia sanitaria radica en que o exame de solvencia e suficiencia da dita prestación se realiza

dende a óptica da lex artis ad hoc, de modo que a simple constatación dun resultado lesivo -no presente caso, a insuficiencia no resultado curativo dunha intervención cirúrxica- non abonda para

establecer a existencia dunha obriga de resarcimento a cargo da Administración, sendo preciso acreditar que ese resultado

adverso é consecuencia dunha creba da lex artis que produce un dano antixurídico ao particular.

Hai que ponderar, igualmente, que, como é principio xeral en todo tipo de reclamacións de responsabilidade patrimonial, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde ao reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente

no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código Civil, obtense na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei

1/2000, de axuizamento civil, que grava ao actor coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda,

segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

E, no eido propio das reclamacións en materia sanitaria, hai que salientar que a valoración dos feitos cuestionados na reclamación (a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha determinada consecuencia

xurídica, cal é, dende a óptica do reclamante, a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá de ordinario estar

en posesión duns coñecementos científicos propios da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades, estando vedado

o establecemento de conclusións de carácter técnico a quen non resulte habilitado por tal titulación, circunstancia esta que,

interactuando coa carga probatoria que grava ao reclamante, orixina que frecuentemente sexa esixible do accionante a achega

dun informe pericial que avale as súas argumentacións sobre os feitos controvertidos, cando a lectura ofrecida na reclamación

é negada pola Administración e fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través

dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 da Lei de axuizamento civil.

No presente caso, como vai dito, a Administración nega que a mala situación do parafuso afectase ás estruturas neurolóxicas, e igualmente se afirma que a recolocación da peza non foi a razón principal

da segunda cirurxía, e en tales circunstancias, non é apreciable, polo dito, a existencia dun dano antixurídico indemnizable.

En ausencia de todo respaldo probatorio, e ante a insuficiencia do resultado insatisfactorio para construír sobre el a causalidade legalmente esixida, a argumentación do reclamante redúcese a unha tese

exclusivamente argumental que non pode ser acollida por este Consello Consultivo, e que tamén aparece contradita no informe

do xefe do Servizo de Neurocirurxía, no que se dan explicacións razoables do curso evolutivo do paciente sinalándose que ?En estos casos en que el tornillo tiene una orientación diferente a la esperada se valora fundamentalmente la clínica del

paciente, más que las imágenes, buscando la correlación clínico-patológica en la toma de decisiones. Aunque el tornillo pueda

estar mal posicionado, la fijación puede ser efectiva y, como lo que se busca en la artrodesis (eliminación de la articulación

creando un bloque de tejido óseo formado por dos vértebras), es correcto dar un tiempo de evolución y vigilancia

del paciente antes rehacer quirúrgicamente la artrodesis?.

O mesmo informe dá conta do seguimento efectuado ao paciente logo da intervención cuestionada, no que se optou por unha actitude expectante e tratamento rehabilitador ata que, o 23.04.2015, transcorridos

nove meses dende a intervención, con persistencia de dor lumbar, o caso é valorado en sesión clínica, da que resulta:

?- Con la cirugía de fusión lumbar no se consigue suprimir del todo el dolor. Las estadísticas internacionales de reincorporación

laboral tras una artrodesis cifran en un 30% las tasas de reincorporación al puesto de trabajo.

- Existe degeneración a otros niveles de la columna y hay una artrosis de cadera. En estos casos para mantener la movilidad

corporal, una vez fijado un espacio intervertebral, se sobrecargan los niveles no fijados, por lo que se acelera su degeneración

y por lo tanto la aparición de dolor con origen en otros niveles de la columna.

- Ante la persistencia de los síntomas y la posición del tornillo, que sospechamos no esté consiguiendo el propósito de fijar

la columna, y dado que en el tiempo de evolución postoperatorio no se ha resuelto dicha sintomatología, se decide proponer

recolocación y ampliación de artrodesis en L4, en función de dichos síntomas. Cuando fracasa el tratamiento con la fijación

de L5-Sl, se propone la ampliación de la artrodesis al espacio superior, que fue lo que se indicó en este caso.

El paciente entiende y consiente en la realización de dicha cirugía, que tiene lugar el 7.10.2015 con recolocación de tornillos y ampliación de artrodesis a L4, siendo el control intraoperatorio

electromiográfico y TAC de control postquirúrgico adecuados?.

Quinta.-

Polo demais, a ausencia dunha lesión vinculada directamente coa mala localización do parafuso enerva toda consecuencia eventualmente derivable da información verbal e non escrita do risco analizado, pois

a doutrina do Tribunal Supremo esixe a existencia dun dano físico ou psíquico no que asentar a privación antixurídica da autodeterminación

do paciente eventualmente derivable dunha creba do procedemento.

Neste sentido, o propio informe do servizo a que se vén de facer referencia conclúe sinalando que ?La evolución postoperatoria posterior es satisfactoria y en consulta de revisión el Sr. C. refiere mejoría sintomática. Se

hace hincapié en el control del peso y en mantener un nivel de actividad física con ejercicios de fortalecimiento de la columna

lumbar. No constan secuelas neurológicas directamente atribuibles a la malposición del tornillo y fallo de la artrodesis,

ya que la laminectomía realizada en 2014 evitó compresiones nerviosas?.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información