Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 390 de 15 de diciembre de 2021

Tiempo de lectura: 58 min

Tiempo de lectura: 58 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 15/12/2021

Num. Resolución: 390


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por G. e G., polos danos sufridos como consecuencia do falecemento de G., pai e cónxuxe respectivamente, polo atraso na actuación dos servizos da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de Lugo.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Blanco Serrano

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 10.7.2019 iniciouse o procedemento de esixencia de responsabilidade patrimonial da administración pública con base

na reclamación presentada por G. (fillo) e G. (cónxuxe), polos danos derivados da asistencia sanitaria prestada a G. pola

Fundación Publica Urxencias Sanitarias de Galicia-061 en Lugo, e que concretan nun atraso na súa actuación, o que causou,

segundo eles, o seu pasamento.

Sinala o escrito reitor da reclamación presentada:

?[...]

El pasado 14 de marzo D. G. se encontraba en su domicilio sito en Avenida das Américas nº X, de Lugo, en compañía de su esposa Dña. G. Alrededor de las 5 de la mañana empezó a sentirse indispuesto motivo

por el cual su esposa Dña. Ermitas llamó por teléfono a sus sobrinos Dña. L. y D. P., que viven en las inmediaciones, para

que se acercasen al domicilio.

Al llegar al domicilio comprobaron que D. G. había sufrido un desvanecimiento motivo por el cual llamaron de forma urgente al 061 solicitando la correspondiente asistencia sanitaria. La médico del servicio

061 que les atendió telefónicamente quedó de enviarles asistencia médica de inmediato.

Dicha asistencia se demoró más de 35 minutos y no fue realizada por medio de ambulancia asistencial con Soporte Vital Avanzado (AA-SVA), sino que al domicilio del causante llegaron en taxi y sin ninguna

prisa el médico del Sergas D. A. y un enfermera. Al llegar al domicilio el citado médico comprobó que D. G. ya había fallecido.

Al ser preguntado por los sobrinos del fallecido por el motivo de la tardanza y de que no se hubiese enviado una ambulancia

asistencial con Soporte Vital Avanzado (AA-SVA), el citado doctor les indicó que desde la sala de operaciones del 061 no les

habían advertido de la gravedad de la situación y que, por lo tanto, habían venido en taxi porque cuando los llamaron se encontraban

en otro domicilio atendiendo a otro paciente. [?].

[...]?.

Solicítase unha indemnización por importe 85.270,67 ? para a súa esposa, e de 26.284,87 ? para o seu fillo, e que desagregan no escrito da reclamación.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a este:

- Copia da historia clínica do Sr. G.

- Informe do Servizo de Calidade e Relación co Usuario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do 26.11.2019,

ao que se xunta a transcrición da conversa mantida entre a persoa que alertou e o teleoperador.

- Informe do facultativo do PAC de Lugo que acudiu ao domicilio do paciente, do 30.12.2019.

- Informe complementario do Servizo de Calidade e Relación co Usuario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,

do 4.3.2020.

Así mesmo, na tramitación do expediente concedeuse audiencia á parte reclamante, quen en data 21.6.2021 presentou un escrito de alegacións ao que xunta o Auto do Xulgado de Instrución núm. 3

de Lugo, do 1.3.2021, en dilixencias previas no procedemento abreviado 597/2019, no que se decreta o sobresemento provisional

da causa, amais documentación do precitado procedemento.

3.- Con data 26.11.2021 ditouse unha proposta de resolución co seguinte teor literal:

?[...] se realiza propuesta desestimatoria a la presente reclamación de exigencia de responsabilidad patrimonial de la Administración

por daños derivados de la asistencia sanitaria presentada, al amparo de lo dispuesto en el Capítulo IV de la Ley 40/2015,

de 1 de octubre, de Régimen Jurídico de Sector Público?.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 30.11.2021.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite á parte interesada exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables

pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do

19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración

de responsabilidade para a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada

ou a dunha terceira persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial

da Administración nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima

ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar

o quantum indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Para rematar con estas consideracións xerais, cómpre lembrar que o exame da prestación de medios debe realizarse desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria, por ser a que se corresponde coa que teñen a disposición os profesionais da medicina cando realizan

tal prestación. Como se indicou, entre outros, nos ditames CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 30/2021,

en sede de responsabilidade patrimonial da administración por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse

o diagnóstico inicial, a inadecuación dun tratamento dun paciente ou a prestación de medios se o reproche se realiza exclusivamente

fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia dos medios de asistencia sanitaria prestados,

así como o erro ou atraso diagnóstico, só mediante unha regresión a partir do desgraciado curso posterior seguido polo doente,

xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias no intre no que tiveron lugar.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que

se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá

de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

En esencia a parte reclamante reprocha aos servizos sanitarios non ter enviado unha ambulancia medicalizada no intre en que os familiares alertaron ao 061 da situación do paciente, avisouse unicamente

a un médico do PAC; e, o atraso na chegada do médico após 35 minutos dende a chamada.

Así, no trámite de alegacións indican:

?En consecuencia es evidente que la coordinadora de la CCUSG-061 incumplió las previsiones de la Guía de coordinación e movilización

de recursos en urxencias extrahospitalarias, y el resultado de dicho incumplimiento fue el fallecimiento de D. G. que perdió

la oportunidad de ser tratado de forma urgente, lo cual habría impedido su fallecimiento?.

Pois ben, o exame destes reproches da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas

que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (Neste sentido,

entre outros, vide CCG 71/2016).

Así o informe do Servizo do 061 do 26.11.2019, indica:

?Cando se recibe a chamada na Central de Coordinación do 061 (CC061), a persoa que alerta identificase como sobriña do paciente. A información que da sobre este, tanto á teleoperadora como posteriormente

ao médico da CC061, é que o paciente está falecido, porque non respira e non ten pulso. Así o manifesta tanto a alertante

como o seu marido, que está onde se encontra o paciente. Dende o cadro que presentou pasou un tempo ata que chamaron, xa que

a esposa do paciente os chamou antes a eles e despois eles desprazáronse ata o domicilio, senda nese momento cando chamaron.

Con todos estes datos, persoa que non respira e sen pulso, dun tempo de evolución, a decisión da médico coordinadora da CC061

é avisar ao persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) como prioridade 1 (deben saír antes de 15 minutos cara

ao domicilio), para confirmar o falecemento, xa que non considera que haxa posibilidades viables de reanimar ao paciente?.

E, o informe do médico do PAC de Lugo dá conta:

?La información facilitada desde el Punto de Atención Continuada de Lugo (en adelante PAC) se realiza mientras estamos prestando atención y desplazando al hospital a otro paciente que requirió una atención

previamente (solicitud de atención en el PAC a las 4:48). La comunicación desde el PAC transmite la información que se le

dio desde la Central de coordinación de urgencias sanitarias de Galicia-061, que contacta con el PAC a las 05:11, se indica

que hay otra atención domiciliaria para la confirmación de un posible éxitus y que finalicemos la que estamos realizando y

acudamos al siguiente domicilio.

La información que recibimos no clasifica este requerimiento de atención como de emergencia (para estas situaciones se hubiese movilizado, de haberlo considerado así la Central de coordinación de urgencias

sanitarias de Galicia-061, la ambulancia medicalizada o al segundo equipo de guardia que permanecía en ese momento el PAC,

este equipo no fue movilizado)?.

Con base neste informe a proposta de resolución sometida a ditame considera que ?En el momento de la llamada, por la descripción que hace la familia de la situación del paciente se trataba de una parada

cardiorrespiratoria (PCR) no presenciada, donde la familia no comenzó las maniobras de reanimación cardio-pulmonar básica

y la propia familia decía que fallecida?.

Efectivamente, existe neste caso unha clara discrepancia entre a posición da reclamación, que indica que no momento da chamada o paciente estaba inconsciente, e a valoración do Servizo de Urxencias 061,

que á vista das manifestacións da familia e a contestación das preguntas que lles foron formuladas considerou que o doente

tiña xa falecido nese intre.

Así se recolle na transcrición da conversa entre os alertantes e o teleoperador na que a persoa alertante indica que o paciente non respiraba nin tiña pulso, e, con base neste información, o médico do 061

considerou que o paciente xa estaba falecido polo que non activou unha ambulancia medicalizada, limitándose a avisar ao persoal

sanitario do PAC, con prioridade 1, (deben saír antes de 15 minutos cara o domicilio) para confirmar o falecemento.

Pois ben, no expediente tramitado non existen datos que permitan cuestionar a decisión do médico do 061, xa que, aínda que non poida asegurarse con certeza, a hipótese que se presenta coma máis probable

e a que nese intre o paciente xa tiña falecido, dados os síntomas apreciados e transmitidos polas persoas que estaban a carón

do doente, debendo considerarse axeitada a decisión de envío de persoal sanitario do PAC.

Aínda que puidera apreciarse un atraso na chegada neste persoal ao domicilio do paciente verbo do establecido nos protocolos de actuación, xa que o médico ao que se lles efectuou o aviso estaba neste momento

atendendo a outro doente, á vista das circunstancias concorrentes non pode considerarse que esta delonga tivese relación ningunha

coa morte do Sr. G. nin tampouco que as decisións de medios asignados e postos a disposición polos servizos sanitarios non

foran conformes cos síntomas que presentaba dito paciente consonte a información trasladada ao 061.

Quinta.

Continuando coa análise da proba, outro punto de discrepancia está nas consecuencias da eventual delonga na atención médica; e, se, de terse acadado no prazo de 20 minutos, tería permitido salvar

a vida do Sr. G.

No presente, caso un eventual resarcimento tería como causa a perda de oportunidade invocada pola parte reclamante, en canto á incerteza en torno á evolución dos feitos de seguir os servizos médicos

outra pauta de actuación.

Ao respecto o Tribunal Supremo ten considerado, entre outras, en Sentenza do 25.5.2016, recurso de casación núm. 2396/2014, que ?en la pérdida de oportunidad no se indemniza la totalidad del perjuicio sufrido, sino que precisamente ha de valorarse la

incertidumbre acerca de que la actuación médica omitida pudiera haber evitado o minorado? o resultado acontecido. Igualmente, con inspiración no principio de efectividade do dano, o Tribunal Supremo esixe (entre

outras, na propia sentenza do 25.5.2016) ?que la posibilidad frustrada no sea simplemente una expectativa general, vaga, meramente especulativa o excepcional?.

Pois ben, neste caso o informe do Servizo de Urxencias 061 é claro ao indicar que non existía, nin sequera nun primeiro momento, a posibilidade de reanimación do paciente, así indica o informe do 4.3.2020

que:

?[...]

Entendo que estamos ante unha situación de parada cardiorrespiratoria non presenciada e as recomendacións segundo bibliografía consultada (Med. Intensiva vol.34 no.8 nov. 201O) sobre cando non e aconsellable

iniciar unha RCP recóllense entre outras: cando houbera un retraso de mais de 1O minutos entre o inicio da parada cardíaca

e as manobras de RCP.

Non parece, polo tanto, indicada a súa reanimación cardiopulmonar, xa no momento da chamada: pala descrición que fai a familia da situación do paciente, por tratarse dunha PCR non presenciada onde

a familia non comenzara manobras de RCP básica e na que ademais a propia familia dicía que estaba falecido. Por todo isto

perde sentido a importancia dos tempos de desprazamento do persoal sanitario ao domicilio?.

Como se vén de expor, a perda de oportunidade esixe a existencia dunha alternativa de tratamento, no sentido de que unha atención máis temperá puidese producir un resultado máis beneficioso para

o doente (Vide CCG 218/2021), o que, certamente, neste caso non quedou acreditado, pois aínda que se enviase no momento da chamada unha

ambulancia medicalizada, e esta chegase no prazo de 20 minutos establecido nas normas de actuación do servizo, non se podería

evitar o falecemento do paciente.

Neste sentido pode citase a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Castela-León do 3.12.2019 (recurso apelación 303/2018) que, sinala ?no cabe apreciar una pérdida de oportunidad del recurrente, pues en la pérdida de oportunidad hay una pérdida de alternativa

de tratamiento, lo que no se ha acreditado en este caso?.

Sexta.

En definitiva, logo da análise da proba que constan no expediente, considérase que a atención foi consonte coa lex artis. As queixas que a parte reclamante suscita en torno ao proceso asistencial son apreciacións de carácter argumental, que están

orfas da necesaria xustificación.

Neste punto do ditame cómpre salientar de novo a regra xeral, reiterada por este órgano consultivo, segundo a cal, con carácter xeral, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público

corresponde á parte reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do

Código Civil, obtense na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (en

diante, LAC), que grava á parte reclamante coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo

as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada. E máis especificamente

para o réxime de responsabilidade obxectiva da Administración, no artigo 67.1 da LPAC.

Como xa se sostivo en anteriores ditames, con esta regra xeral interactúa outro criterio básico aplicable no eido das reclamacións de responsabilidade patrimonial no ámbito sanitario, que, polo marcado

carácter técnico da materia sobre a que versan, introduce importantes restricións na marxe de apreciación dos feitos e o material

probatorio que a eles atinxe.

Así, fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.7 da LAC, a parte reclamante

ten a carga de probar aqueles feitos nos que basea a súa reclamación, que dado o ámbito que se analiza, insístese, en boa

parte das ocasións terán carácter técnico e precisarán, por iso, dunha xustificación de tal natureza, que dote a aquelas alegacións

de verosimilitude suficiente.

Ponderando estas circunstancias despois dun exame de todo o actuado, considerase que a decisión do médico do 061 de non activar unha ambulancia medicalizada e remitir ao persoal do PAC para comprobar

o falecemento do doente foi axeitada aos protocolos establecido con base na información facilitada pola persoa alertante.

En todo caso, aínda que fose outra a decisión do médico indicado, activando a ambulancia medicalizada nese intre, non existen datos que permitan considerar que o fatal resultado producido se podería ter

evitado.

En definitiva, a reclamación presentada debe ser desestimada coincidindo así coa proposta de resolución sometida a ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Fundaciones en el Derecho Admistrativo español
Disponible

Fundaciones en el Derecho Admistrativo español

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Régimen jurídico de las fundaciones y las sociedades mercantiles especiales
Disponible

Régimen jurídico de las fundaciones y las sociedades mercantiles especiales

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información