Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 376 de 15 de diciembre de 2021

Tiempo de lectura: 65 min

Tiempo de lectura: 65 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 15/12/2021

Num. Resolución: 376


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por F., L., M. e M., polos danos sufridos como consecuencia do falecemento da súa nai, G., no Hospital Universitario Cristal de Ourense.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 14.5.2021, Á. no seu nome e no dos seus irmáns presentou reclamación de responsabilidade patrimonial pola atención

prestada a súa nai, G. quen faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (en diante, CHUO) o día 18.3.2018.

Xunto co escrito de reclamación achega auto da Audiencia Provincial de Ourense de data 14.5.2020 e informe do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Solicitan unha indemnización de 200.000,00 ?.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse a historia clínica da doente, amais a seguinte documentación:

- Informe do Servizo de Medicina Interna (7.7.2021).

- Informe do Servizo de Traumatoloxía (8.9.2021).

- Informe do Servizo de Cirurxía de respostas a cuestionarios previos (19.7.2021 e 26.8.2021).

3.- Logo do trámite de audiencia, no que os interesados reiteraron a súa pretensión inicial, a persoa instrutora emitiu unha proposta

de resolución (15.11.2021) en sentido desestimatorio da reclamación.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 23.11.2021.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) nos seus aspectos procedementais, e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite ás partes interesadas

exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables

pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do

19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración

de responsabilidade para a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada

ou a dunha terceira persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial

da Administración nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima

ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar

o quantum indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Cuarta.

Na análise do expediente, resulta preciso, en primeiro lugar, analizar os requisitos procesuais mínimos que condicionan a admisibilidade do escrito presentado.

Ao respecto cabe dicir, dunha banda, que os reclamantes ostentan lexitimación activa para instar a reparación indemnizatoria en atención a que os feitos motivadores da reclamación ?recollidos nos antecedentes?

afectaron de modo directo a súa esfera xurídica polo pasamento da súa nai, G.; e, doutra, a teor dos datos que constan no

expediente, e de acordo co previsto no artigo 67.1 LPAC, a reclamación está presentada en tempo e forma. A este respecto cómpre

ter en conta que o cómputo do prazo dun ano sinalado no precepto indicado deberá computarse dende o Auto da Audiencia Provincial

de Ourense do 14.5.2020 que desestimou o recurso de apelación fronte o Auto do Xulgado de Instrución núm. 2, do 30.7.2019,

que decretou o sobresemento libre e arquivo das actuacións seguidas polos mesmos feitos.

Quinta.

Tendo en conta os elementos técnicos que se veñen de describir, e pasando a examinar a cerna da reclamación presentada, hai que sinalar que de acordo coas previsións do artigo 81.2.LPAC, cómpre determinar

neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a

lesión aducida e, eventualmente, haberá de facerse a oportuna valoración do prexuízo, e a contía da indemnización e o modo

de facela efectiva. Noutras palabras, trátase de dilucidar se concorren os presupostos para a imputación, en réxime obxectivo,

desa responsabilidade por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

No caso obxecto de ditame, trátase dunha paciente, G., ?nada no ano 1925, e con antecedentes de fibrilación auricular a tratamento con anticoagulantes e hipertensión

arterial con tratamento farmacolóxico? quen faleceu no CHUO o día 18.3.2018. A cuestión da que os reclamantes fan referente

causal da petición de responsabilidade é sobre a atención prestada no precitado centro hospitalario. Así sinalan que a Sra.

G. ingresou o día 8.3.2018 por unha fractura de cóbado que consideran que foi ?indebida e tardíamente atendida?; e que, logo de permanecer varios días ingresada, precisou dunha intervención cirúrxica por presentar ?colecistitis aguda perforada e peritonitis purulenta? que foi ?segundo indican no escrito de reclamación? ?tardíamente detectada e non tratada malia estar ingresada,? e que causou, e determinou, o seu pasamento.

Como xa ten indicado este órgano consultivo, a apreciación dos feitos médicos ou acontecidos con ocasión da asistencia médica é unha actividade que, por formar parte dun sistema técnico-científico específico

e complexo, fuxe das atribucións do operador xurídico. O estudo, explicación e xustificación dos feitos neste tipo de expediente

é tarefa que corresponde principalmente ao persoal facultativo, quedando para o aplicador do Dereito a súa cualificación ou

inclusión nas respectivas categorías xurídicas. Velaquí que os informes técnicos teñan un peso específico e preponderante

á hora de valorar os feitos acontecidos.

Así resulta que a Sra. G. ingresou no Servizo de Urxencias do CHUO após unha caída causal o día 8.3.2018. Foi valorada nese servizo por unha fractura

de úmero esquerdo, e derivada ao Servizo de Traumatoloxía onde se informa que debe ingresar no hospital para intervención

cirúrxica. No informe do Instituto de Medicina Legal consta a seguinte historia médico legal:

?[...]

-DÍA 9: Valoración por S. (Traumatología) que escribe estar pendiente de radiografía de control y de intervención quirúrgica, que dice estar sin fiebre y que pauta analítica para el lunes día 12.

-DÍA 10: No consta valoración alguna.

-DÍA 11: Dr. P. (Traumatología): reitera estar pendiente de radiografía de control.

-DÍA 12: Dr. M. (Traumatología): Vuelve a indicar que sigue pendiente de radiografía de control y solicita interconsulta a Medicina Interna por alteración de la tensión arterial.

-DÍA 13: Dr. F. (Traumatología): Reitera estar pendiente de intervención quirúrgica.

-DÍA 14: Dr. E. (Traumatólogo). Anota que según la hija se encuentra sudorosa y algo dormida. Anota también que comentado en sesión clínica se decide no operarla y posponer el alta hasta el día siguiente

según estado general. Pide radiografía de control.

-DÍA 15: Dr. F. (Traumatología). A las 11.40 escribe: mejoría clínica aunque esta mañana vómito. Deriva historia clínica a Medicina Interna.

-DÍA 15: Dr. M. (Medicina Interna). A las 14.00 h. escribe:

Me avisan urgente por dolor abdominal y vómitos de repetición en paciente de 92 años, sin AMC y autonomía parcial, ingresada en TRAX desde el día 08/03/18 por fractura supracondílea de codo izdo. Tras caída.

Valoro a la paciente: En cama, refiere dolor abdominal difuso desde hace 2 días, y vómitos de contenido alimentario/bilioso

con la ingesta. Afébril y con ritmo deposicional diario registrado desde el ingreso. No disnea ni dolor torácico. En días

previos, tendencia a hipoTA, manteniendo tratamiento antiHTA. Hoy se colocó S. vesical en sospecha de RAO, sin obtener orina.

Se comprueba sonda vesical y es funcionante.

Juicio Diagnóstico:

-Dolor abdominal. Emesis de repetición.

-Insuficiencia renal aguda prob prerrenal (ARA-II, escasa ingesta?) y probable componente de uremia?

-DÍA 15: Dra. Á. (Oncología Médica): Colédocolitiasis no descarto colangitis.

-DÍA 16: Dr. F. (Traumatología): Pendiente de yeso cerrado y medicina interna para alta.

-DÍA 16: Dr. M. (Medicina Interna). Estable hemodinámicamente y afébril. Refiere dolor abdominal espontáneo y a la palpación. No vómitos, diuresis 24h: 650 cc por sonda vesical. Valorada ayer por

MG área médica e iniciado tratamiento ABS por sospecha de colangitis. El abdomen está distendido, timpánico y ruidos disminuidos,

defensa y blumberg+. Por la sintomatología, la EF y las P. complementarias habría que descartar una colecistitis. Solicito

ECO abdominal urgente. Debería solicitarse valoración por C. General. Informo a su hijo que la acompaña.

-DÍA 16 (12 h): Dr. F. (Traumatología): Solicito interconsulta urgente a Cirugía por indicación de Medicina Interna.

-DÍA 16 (14.30h): Dra. G. (Guardias Cirugía):

Exploración física: COC. Palidez cutánea. Eupneica. Abdomen: Globuloso, blanco y depresible con dolor a la palpación en FID, defensa a ese nivel. Juicio clínico: Apendicitis aguda. Plan: Cirugía urgente.

-DÍA 17: Dra. G. (Reanimación) Anota síntesis:

Episodio actual

Mujer de 92 años, con los AP descritos, que ingresa el 08/03/18 en el servicio de Traumatología con diagnóstico de fractura supraintercondílea de codo izquierdo. El 15/03/18, realizan IC a Medicina Interna

por cuadro de dolor abdominal y vómitos alimentarios/biliosos. Además empeoramiento de la función renal estos últimos días.

Se realiza ecografía, siendo diagnóstica de apendicitis aguda. Hoy es valorada por cirugía general, que ante empeoramiento clínico de la paciente y diagnóstico de apendicitis aguda por ecografía, indican

cirugía urgente. Marcadores de infección elevados previos a la cirugía. Elevación de enzimas hepáticas. Se diagnostica de

peritonitis purulenta difusa 2ª a colecistitis aguda gangrenosa. Se realiza colecistectomía abierta. La paciente se mantiene

HD y respiratoriamente estable durante la cirugía, por lo que se decide educción y extubación. Sube al Despertar con VMK 35%,

Sat O2 93%, con buena mecánica, respiración superficial. HD estable, con TA 102/61, FC 100 lpm, en FA. Se informa a la familia,

hijos y nieto, que dada la edad, la comorbilidad y la gravedad y pronóstico del cuadro actual (ya informados previamente por

cirujanos), la paciente no es subsidiario de medidas agresivas. Entienden y aceptan. Se saca analítica completa? anemización,

por lo que se solicita 1 CH para optimización. A las dos horas y media del ingreso, broncoespasmo severo desaturando al 70%,

por lo que se nebuliza con atrovent y pulmicort + actocortina 100 mg IV +Urbason 80 mg IV, recuperando saturaciones aunque

persistiendo ventilaciones superficiales. (No ventolín por FC 130 lpm en FA). Hablamos con la familia de la nueva situación

y de la oportunidad con VMNI. Se recalca la postura por ambas partes de no tomar medidas agresivas. Se pone BIPAP, desaturando

hasta 40%, necesitando reanimación con MF y ambú hasta 98%. Se pone nuevamente VMNI, desaturando a los pocos segundos, por

lo que decidimos hablar con la familia para explicar situación irreversible. La familia entiende, confirma nuevamente la decisión

de no medidas agresivas y aceptan la sedación parra confort. La paciente fallece a las 7:59 h del 17/03/18.

[...]?.

O informe da autopsia sinala como causa da morte: ?colecistitis aguda perforada y peritonitis purulenta?.

Sexta.

Neste punto do ditame, cómpre analizar o reproche da parte reclamante, que denuncia o atraso da detección da patoloxía que desenvolveu a paciente, e que provocou o seu falecemento. Na instrución do

procedemento, incorporouse un informe remitido polo Servizo de Traumatoloxía (8.9.2021) que refire que durante o ingreso nese

servizo foi atendida polo persoal médico e de enfermaría, salienta que a evolución foi favorable agás episodios puntuais de

hipotensión asintomática que resolveron con medidas habituais. Salienta que non existiu unha evolución negativa progresiva

da paciente até o día 15.3.2018, cando se obxectivou tal evolución, e se solicitou unha interconsulta co Servizo de Medicina

Interna; e, ulteriormente, co Servizo de Cirurxía Xeral.

Pola súa banda, o informe remitido polo Servizo de Medicina Interna (26.8.2021) refire que o día 15.3.2018 foi solicitada interconsulta con prioridade ?normal?, e a paciente foi avaliada nese mesmo día,

e após estudos complementarios (analítica e estudos radiolóxicos), interpretouse o proceso como unha ?coledocolitiasis sin poder descartar Colangitis?, polo que se axustou tratamento con base nesa sospeita diagnóstica.

Ao día seguinte (16.3.20218) o facultativo volveu a avaliar a situación; e, diante dos trocos clínicos desas últimas horas decidiu solicitar unha ecografía urxente que foi informada coma apendicite

aguda. O Servizo de Cirurxía indicou intervención urxente, sendo o diagnóstico de ?colecistitis aguda gangrenosa y peritonitis purulenta difusa?. A Sra. G. ingresou no Servizo de Reanimación, e faleceu ás 7:59 h do día 17.3.2018.

No expediente consta un informe do Servizo de Cirurxía (26.8.2021) que realiza unha serie de aclaracións sobre o particular proceso da paciente que deben ser postos de relevo para a súa debida valoración.

Así, indica que a Sra. G. ingresou por un problema traumatolóxico que requiría una analxesia importante; e, engade:

?[?] esta analgesia puede enmascarar cualquier sintomatología inflamatoria, como un proceso de colecistitis. En resumen, la inflamación

de la vesícula que se inicia durante el ingreso de la paciente puede pasar desapercibida debido a la analgesia administrada

para tratamiento del dolor traumatológico?.

Refire, tamén, que na historia clínica da paciente non constaban probas ou episodios de consulta onde se indicase que presentase litíase de vesícula biliar, polo que conclúe en apreciar que a doente

?muy probablemente presentaba litiasis biliar sin sintomatología?.

O facultativo asinante realiza a seguinte valoración sobre se a analxesia pautada para controlar a dor causada pola fractura poido trocar a dor de abdome e modificar as súas características, e, xa

que logo, a posibilidade de chegar antes a unha sospeita diagnóstica. Así, salienta:

?La analgesia administrada para evitar o disminuir el dolor provocado por su fractura también va a ser efectiva para otros

dolores como el abdominal. De esta forma, con el dolor abdominal aliviado, la inflamación puede progresar sin una sintomatología

clara que nos haga sospechar inflamación vesicular?.

Dunha banda, tal e coma se conclúe dos informes emitidos, no presente caso, desgraciadamente, a patoloxía que padecía a Sra. G. non se amosou até unha fase moi avanzada; e, doutra, hai que ter en conta

que non existían datos médicos que indicasen que unha detección máis temperá da doenza tivese sido unha garantía de recuperación,

ou de evitar o fatal desenlace producido. Hai que concluír que se obxectiva un tórpido proceso inherente á morbideza da natureza

humana en que tamén incidiu a avanzada idade da paciente.

Sétima.

Cómpre pór de relevo que polos feitos denunciados pola parte reclamante, incoáronse dilixencias xudiciais diante do Xulgado de Instrución núm. 2 de Ourense que remataron por Auto da Audiencia Provincial

do 14.5.2020 que desestimou o recurso de apelación interposto contra o Auto do 30.7.2019 do Xulgado de Instrución de sobresemento

libre e arquivo das actuacións.

Como se considerou xa por este órgano consultivo (Vide CCG 194/2007 e CCG 397/2011), o axuizamento penal duns feitos non prexulga a existencia ou non dunha responsabilidade patrimonial

da Administración, polo que, o dato de que na causa penal se acordase o arquivo do expediente, non determina per se a desestimación da reclamación interposta, como tampouco escusa á Administración actuante da obriga de levar a cabo os actos

de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos feitos que motiva a reclamación (artigo 75.1

da LPAC), practicando as probas precisas a estes efectos. Nese sentido vide a sentenza da Audiencia Nacional do 14.3.2012,

rec. 1656/2009.

Sinala a sentenza: ?[?] ha de reconocerse que la responsabilidad penal, conectada con la imprudencia de los profesionales, no es equiparable a la

responsabilidad patrimonial de la administración, que tiene diferentes fundamentos y requisitos, pero, habida cuenta de la

identidad del soporte fáctico de la denuncia y de la demanda, tampoco cabe ignorar los razonamientos expresados por los órganos

judiciales de la jurisdicción penal para acordar el sobreseimiento provisional de las diligencias previas, al igual que deben

tenerse presentes los informes, ratificaciones, declaraciones y demás elementos contenidos en dicha causa?.

A responsabilidade penal constitúe un réxime culpabilista, en contraste co da responsabilidade patrimonial que se proclama obxectivo, e para cuxo nacemento non se precisa dolo ou culpa no senso penal

dos mesmos, senón que abonda que se trate dun dano que o particular non debe soportar, deber que concorre no eido sanitario

cando a prestación médica se ten axustado á lex artis.

Este criterio ?o da lex artis? responde á idea xa tan reiterada de que a Administración e os seus axentes están obrigados a que a asistencia sanitaria

que se preste sexa a correcta e a axeitada en atención ás circunstancias de espazo e tempo concorrentes; mais non impón unha

determinada asistencia nin a obtención dun resultado favorable en todo caso.

En efecto, a actuación do servizo público sanitario, impón, ben é certo, unha obriga de medios que deben ser postos a disposición do fin último que é lograr a curación do enfermo. Así e todo, a devandita

obriga, sensatamente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos

e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida,

que pasa pola posta en práctica daqueles medios que razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan.

A lex artis require un xuízo de adecuación ou ponderación no que haberán de terse en conta os protocolos aplicables e as circunstancias

do paciente. Coma sinala a Sentenza da Audiencia Nacional, do 14.3.2012, rec. 1656/2009, ?[?] Mediante este criterio se ha de valorar la corrección de los actos médicos y la observancia por el profesional del deber

de actuar con arreglo a la diligencia debida?.

No presente caso para determinar se se produciron as infraccións á lex artis que refire a parte interesada debe terse en conta os informes que constan no expediente, amais da prolixa instrución na vía

penal, na que, tomando en consideración moitos deses informes, chegouse a unha conclusión negativa.

Deste xeito, o razoamento xurídico 3 do Auto da Audiencia Provincial de Ourense ten o seguinte teor literal:

?Al efecto, ha de atenderse fundamentalmente al informe emitido por el médico forense, en el que se pone de manifiesto, tras el examen de la historia clínica de la paciente, que no ha existido en la asistencia

hospitalaria prestada a G. inadecuación a la lex artis por parte de los sanitarios que individualmente la atendieron.

Si se advierte falta de coordinación y retraso en la asistencia prestada entre los equipos de traumatología y medicina interna, pero tal circunstancia no permite el encaje de los hechos en el ilícito penal.

No cabe, pues, imputar el resultado dañoso a una infracción del concreto deber que a los facultativos les incumbía, determinándose al respecto en el citado informe que el nexo causal entre la conducta

y el fallecimiento de la paciente es de tipo hipotético parcial?.

Este órgano consultivo, que se pronuncia só con base ao dereito aplicable, está no transo de resolver conforme ás regras da sa crítica, tal e coma establece o artigo 348, Valoración do ditame pericial, da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de axuizamento civil, polo que á vista do conxunto das probas incorporadas ao expediente,

considérase que non resulta acreditada unha conexión directa entre a asistencia sanitaria prestada no servizo público galego

e o dano sobre o que a parte reclamante alicerza a súa pretensión indemnizatoria, polo que non concorre a relación causal

necesaria para o recoñecemento da responsabilidade pretendida.

Oitava.

Logo de todo o actuado, e para dar cabo ao presente ditame, conclúese que non asiste aos reclamantes o dereito a ser indemnizados polas razóns expostas anteriormente, e, polo tanto, procede desestimar

a reclamación, en idéntico sentido que apunta a proposta de resolución sometida a ditame, por non concorrer o presuposto de

responsabilidade pretendido.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria da reclamación á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar
Disponible

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar

Luis Alfredo de Diego Díez

10.92€

10.37€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Derecho y arte III
Disponible

Derecho y arte III

V.V.A.A

17.00€

16.15€

+ Información