Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 362 de 01 de diciembre de 2021

Tiempo de lectura: 58 min

Tiempo de lectura: 58 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 01/12/2021

Num. Resolución: 362


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R., polos danos sufridos como consecuencia do tratamento dunha apendicite aguda no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Blanco Serrano

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 5.6.2020 R. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde polos danos

e perdas derivados da asistencia recibida no Servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A reclamación relata:

?El domingo día 16 de junio de 2019 acudí acompañada (sic) de mi madre, Doña M. al Servicio de Urgencias del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo aquejado de un fuerte dolor abdominal, diarreas, vómitos, mareo

y náuseas constantes, que venía padeciendo desde hacía unos 3 días.

A mi llegada al servicio de Urgencias, fui atendido inicialmente por un médico MIR, Dr. A., quien me realizó una exploración manual, que evidencia dolor en fosa iliaca derecha a la palpación profunda.

Ante la duda, avisó a la médico adjunto, Dra. P., para supervisar su exploración.

[...]

Se solicitó analítica de sangre, la cual informaba de leucocitis. No obstante ello, tras el diagnóstico emitido de gastroenteritis, se limitaron a pautarme hidratación y analgésicos.

Cuatro horas más tarde de mi llegada al Servicio de Urgencias, el primer médico (MIR) me dio el alta sin mayor explicación . En el Informe de Alta, firmado por la Dra. C., se indica seguir dieta blanda

y control por mi médico de cabecera.

[?]

El cuadro que presentaba, lejos de mejorar, empeoró. Y así, el día 18 de junio de 2019, acompañado de mi padre, fui a la consulta de mi médico de cabecera, Dr. G., en el Centro de Saude Matamá.

Al verme, y tras explicarle mis síntomas desde hacía días, me remitió al Servicio de Urgencias del Hospital para una exploración completa.

[?]

Siguiendo la indicación de mi médico de cabecera, me dirigí al Servicio de Urgencias del Hospital, donde se realizó ecografía y análisis, e interconsulta a Cirugía por sospechar una posible apendicitis

aguda.

La analítica arrojó unos resultados que indicaban la presencia de infección. Y en la ecografía, se visualizó imagen compatible con apendicitis aguda evolucionada (perforada), con líquido libre periapendicular

y proceso inflamatorio.

Fui diagnosticado de un cuadro de apendicitis aguda, siendo intervenido quirúrgicamente de urgencias.

[...]?.

Engade que tras a intervención sufriu distintas complicacións que motivaron un longo período de incapacidade temporal e distintas secuelas.

Sobre esta base fáctica entende que se no primeiro día lle realizasen un estudo diagnóstico con probas de imaxe, evitaríanse as complicacións que logo presentou. Tamén entende que existiu unha demora inxustificada

na práctica da reintervención para drenaxe das coleccións.

En escrito posterior avalía a indemnización reclamada en 46.197,15 euros, de acordo co informe de avaliación do dano persoal que achega.

2.- Na instrución do procedemento, incorporouse a historia clínica da paciente ademais dos informes remitidos polos Servizos

de Urxencias (23.11.2020) e Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva (26.12.2020).

3.- No tramite de audiencia a parte reclamante presenta alegacións nas que reitera a súa petición (26.3.2021).

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio dea reclamación presentada (8.11.2021).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 15.11.2021.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia este criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Tendo en conta o que se vén de expor e pasando a examinar o fondo da reclamación, de acordo coas previsións da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo público e a lesión aducida, e eventualmente, haberá de facerse a oportuna valoración do prexuízo, e a contía da

indemnización e o modo de facela efectiva. Noutras palabras, trátase de dilucidar se concorren os presupostos para a imputación,

en réxime obxectivo, desa responsabilidade polo normal ou anormal funcionamento do servizo público.

Así, no que concirne á posición da parte reclamante no seu escrito inicial logo de facer un relato secuencial da atención sanitaria que recibiu o señor R. no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo centra os

seus reproches na atención recibida o 16.6.2019, xa que durante esta atención non se lle realizou nin unha soa proba de imaxe

que puidera desbotar a presenza da apendicite.

Pois ben, corresponde arestora analizar a historia clínica e os informes remitidos, por canto, como ten insistido este órgano consultivo, son estes informes os que deben conter as valoracións técnicas,

debendo este órgano consultivo limitarse a súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido, entre outros, o CCG 71/2016

e 159/2020).

Resulta así que o señor R., de 18 anos naquel momento, foi atendido no Servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro o 16.6.2019 con cadro de malestar xeral, dor abdominal, diarrea, náuseas e vómitos

de tres días de duración. Realizáronlle exploración física e análise de sangue, que presenta datos de leucocitose, neutrofilia

e monocitose.

Sinala o informe do Servizo de Urxencias do 23.11.2020:

?[?] se trata de un paciente joven, que acude a urgencias por dolor abdominal acompañado por otra sintomatología, con un dolor

abdominal sin signos de irritación peritoneal (?SIGNO DEL REBOTE NEGATIVO?).

El paciente presenta una analítica con signos de leucocitosis, alteración analítica que se puede explicar con el diagnóstico de alta en ese momento.

Por lo que al tratarse de un paciente joven, con dolor abdominal acompañado de náuseas, vómitos y diarrea, y con una exploración abdominal sin signos de irritación peritoneal, el diagnóstico más probable

es el que se refleja en al informe de alta de la asistencia en urgencias: GASTROENTERITIS AGUDA.

Aún así, se informa y se deja por escrito en informe de alta: ?Se explican síntomas por los que debería volver a urgencias?.

Con lo consiguiente, considero que esta primera valoración clínica ha sido adecuada, pendiente de evolución clínica. No estaba indicada ninguna prueba complementaria de imagen en ese momento, al no

objetivarse signos de irritación peritoneal. El paciente se encontraba estable desde el punto de vista hemodinámico, no existían

signos de sepsis, ni alteraciones analíticas graves en ese momento y mejoría de la sintomatología por la que acudió a urgencias.

Por estos motivos se decidió alta a domicilio con control por atención primaria?.

Tamén reprocha a parte reclamante un ?retraso terapéutico de la peritonitis post-apendicectomía?. A este respecto o informe do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do 26.12.2020 indica:

?[...]

El tratamiento recomendado en la actualidad para la infección intraabdominal tras apendicectomía no es la cirugía en primera estancia. El tratamiento inicial recomendado es la antibioterapia, el reposo

digestivo y en los casos de colecciones intraabdominales bien establecidas mayores de 4cm se recomienda el drenaje percutáneo

como gold standard. Un 62% de los pacientes que presentan infección intraabdominal postoperatoria evolucionan favorablemente

con tratamiento no quirúrgico por lo que, en la actualidad, está recomendado evitar medidas agresivas de inicio dado que presentan

mayor riesgo. En los casos en los que la evolución no es favorable tras 5-7 días de antibioterapia dirigida con antibiograma

se plantean medidas más agresivas; en primer lugar el drenaje percutáneo si fuera posible; y en los casos en los que no es

accesible de forma percutánea, se opta por la cirugía como última alternativa. La cirugía de los abscesos postapendicectomía

no está exenta de riesgos y es muy frecuente que requiera una laparotomía.

En este caso no existió ningún tipo de retraso terapéutico de la infección intraabdominal ya que desde el momento en que se realizó el diagnóstico de la infección intraabdominal se procedió al tratamiento

recomendado de primera instancia; con el antibiótico dirigido por antibiograma (una vez que se dispuso del resultado del mismo,

el día 21), reposo digestivo, sueroterapia y vigilancia estrecha; tal y como recomiendan las guías de práctica clínica en

el momento actual.

[...]

La intervención se realizó el día 27/06, una vez descartada la opcióon percutánea. Se intentó abordaje laparoscópico pero finalmente fue necesario hacer una laparotomía media para tener una correcta

exposición de la zona a drenar y de las asas intestinales. Se realizó el drenaje de la colección y lavados con suero abundante.

[...]

En resumen, se trata de un paciente al que el servicio de CGD atiende el día 18/06/2019 con una clínica compatible con apendicitis aguda y masa palpable abdominal, en el que se confirma el diagnóstico

mediante pruebas complementarias y se realiza la operación quirúrgica urgente encontrando una apendicitis con un absceso en

la punta y un apendicolito ya exteriorizado. En el postoperatorio presenta una infección intraabdominal que se trata inicialmente

con antiobioterapia dirigida con antibiograma, reposo digestivo, sueroterapia y vigilancia estrecha. Tras unos días con este

tratamiento se realiza nuevo TAC de control que evidencia persistencia de una colección delimitada que no responde al antibiótico

por lo que se decide drenaje quirúrgico al no ser posible el drenaje percutáneo. En este caso, a la vista de la actuación

de los especialistas del Servicio de Cirugía General del Complejo Hospitalario de Vigo que intervinieron en la asistencia

del paciente R. y según se constata en los registros y en el relato de la historia clínica, se considera que el proceso asistencial

se desarrolló con arreglo a la lex artis ad hoc, ajustándose a los conocimientos del ámbito, observando la forma de actuar

habitual, sin escatimar tanto en el uso de medios personales como materiales y utilizando las técnicas diagnósticas, quirúrgicas

y médicas ajustadas al proceso patológico y la situación clínica del paciente?.

Quinta.

Centrada nestes termos a asistencia sanitaria prestada ao señor R. corresponde xa pasar a analizar as queixas formuladas no seu escrito de reclamación. Así a parte reclamante denuncia que cando acudiu

ao Servizo de Urxencias o 16.6.2019 era fundamental realizar un diagnóstico precoz e sen demoras, sen administrar analxésicos

ata ter un diagnóstico concreto, e neste caso entende que na atención en Urxencias non se realizou ningún esforzo diagnóstico

para determinar a causa do cadro clínico de varios días de evolución que presentaba.

Subliña que os síntomas que presentaba e os resultados da análise de sangue eran compatibles con apendicite aguda, doenza que se tería diagnosticado de realizarse probas diagnósticas complementarias.

Este atraso determinou que cando se diagnostica a doenza o 18.6.2019 esta estaba moi evolucionada, o que se tería evitado cunha proba de imaxe o día 16; así entende que tal como informa Servizo de

Cirurxía a evolución da doenza era cando menos de 48 horas o día 18, polo que o día 16 era perfectamente diagnosticable coa

práctica das probas oportunas.

A inexistencia deste diagnóstico precoz propiciou, ao seu xuízo, a aparición de complicación post-apendicectomía.

Pola súa banda, a proposta de resolución sometida a ditame entende que na atención do día 16 non estaba indicada ningunha proba complementaria de imaxe, e segundo as guías de actuación en Urxencias, tan

só está indicada unha segunda valoración polo Servizo de cirurxía, valoración que se practicou no mesmo día.

Subliña que o paciente acudiu con dor abdominal sen signo de irritación peritoneal, ?signo de rebote negativo?, polo que o diagnóstico máis probable era o de gastroenterite aguda.

Así as cousas, debe estarse de acordo neste punto co indicado na proposta de resolución, xa que as probas practicadas ao paciente se corresponden coas normas habituais de atención dos servizos médicos

nestes casos, sen que resulte acreditada a necesidade de realización de probas complementarias, nomeadamente de imaxe, para

desbotar a apendicite, pois, sen prexuízo de que esta puidese estar presente no momento da primeira asistencia no Servizo

de Urxencias, nese intre formulouse un diagnóstico provisional, pendente da evolución do doente, e coherente coa sintomatoloxía

que presentaba, informando ao paciente dos signos de alarma que esixirían nova atención.

Sendo a prestación dos servizos sanitarios unha obriga de medios e non de resultado, como xa quedou dito, o feito de non acadar nese primeiro momento un diagnóstico certeiro da doenza do paciente

non supón, por si só, unha creba da lex artis.

En canto á suposta demora na práctica da reintervención para a drenaxe das coleccións que presentou o paciente tras a apendicectomía, atraso que se fixa en cinco días, debe tamén estarse de acordo

co indicado na proposta de resolución sobre a claridade do contido do informe do Servizo de Cirurxía Xeral que quedou xa recollido

na anterior consideración.

Non pode apreciarse o atraso terapéutico invocado pola parte reclamante xa que, desde o momento no que se realizou o diagnóstico de infección intraabdominal, se aplicaron os tratamentos recomendados, primeiro,

antibioterapia, e diante da persistencia da infección, drenaxe, primeiro percutánea e despois cirúrxica.

Así as cousas, no presente caso non existe evidencia ningunha que autorice a concluír, con base en razoamentos técnicos, a existencia dunha vulneración da lex artis na asistencia sanitaria á que foi sometido o señor R. e no seu seguimento posterior que foi axeitado aos parámetros esixibles

segundo se desprende dos informes anteriores e co que resulta da historia clínica que obra no expediente remitido.

Neste punto do ditame cómpre destacar de novo a regra xeral, reiterada por este órgano consultivo, segundo a cal, con carácter xeral, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde

á parte reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código Civil,

obtense na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (en diante, LAC),

que grava á parte reclamante coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas

xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada. Como xa se sostivo en anteriores

ditames, con esta regra xeral interactúa outro criterio básico aplicable no eido das reclamacións de responsabilidade patrimonial

no ámbito sanitario, que, polo marcado carácter técnico da materia sobre a que versan, introduce importantes restricións na

marxe de apreciación dos feitos e o material probatorio que a eles atinxe.

Así, fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.7 da LAC, a parte reclamante

ten a carga de probar aqueles feitos nos que basea a súa reclamación, que dado o ámbito que se analiza, insístese, en boa

parte das ocasións terán carácter técnico e precisarán, por iso, dunha xustificación de tal natureza, que dote a aquelas alegacións

de verosimilitude suficiente.

Sobre este aspecto hai que referir que a reclamación está orfa de soporte documental probatorio no sentido de que a parte reclamante formula a súa queixa sen presentar ningún informe técnico que apoie

a súa opinión xa que o informe pericial achegado pola parte limítase a avaliar o dano sufrido polo señor R. sen realizar un

exame da asistencia que lle foi prestada no Sergas, non a suposta relación entre o dano e esta atención. Deste xeito, podemos

concluír dicindo que, baixo esa perspectiva argumental -non concorrencia de probas suficientes sobre a alegada neglixencia

ou falta de dilixencia médica- non se percibe a concorrencia dun suposto de dano antixurídico e indemnizable na actuación

do servizo público sanitario como pretende a parte reclamante.

En conclusión, procede acordar a desestimación da reclamación que deu orixe ao expediente administrativo examinado, no mesmo sentido que apunta a proposta de resolución sometida a ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Trilogía. Justicia a escena: ¡acción!
Disponible

Trilogía. Justicia a escena: ¡acción!

V.V.A.A

30.90€

29.35€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información