Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 360 de 15 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 32 min

Tiempo de lectura: 32 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 15/11/2017

Num. Resolución: 360


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona B. en representación de don R. polos danos sufridos como consecuencia do accidente de moto contra un xabaril

Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 25.08.2014, dona B., avogada, actuando en representación de don R., interpuxo reclamación de responsabilidade

patrimonial polos danos sufridos como consecuencia do accidente de moto padecido polo seu referido mandante o 31.08.2013.

Segundo o relato de feitos que se contén na reclamación o sinistro tivo lugar cando o señor R. circulaba pola estrada AC-110, no termo municipal de Moeche, pilotando a motocicleta KTM-690 matrícula

X e, ao chegar á altura do p.q. 6+800 saíulle pola esquerda un xabaril que colisionou coa moto e o tirou contra o asfalto

ou a bionda.

Indica que como consecuencia do accidente atópase incapacitado para calquera tipo de traballo, necesita axuda dunha persoa para realizar as súas actividade diarias e aínda segue en rehabilitación, estando

pendente dunha nova operación.

2.- No escrito de interposición solicítase unha indemnización de 200.000,00 euros, se ben con posterioridade, concretouse a pretensión na cifra de 172.441,98 euros,

polos conceptos de días de baixa, secuelas e posterior declaración de incapacidade permanente total, mais os intereses legais

correspondentes.

3.- Instruído o procedemento conforme o Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, constan nel, entre outros antecedentes, os informes

do Servizo da Delegación da Axencia Galega de Infraestruturas e o do Subsector da Garda Civil de Trafico, coas dilixencias

instruídas por este accidente, ampliado por un novo informe, solicitado pola instrución, do Destacamento da Garda Civil de

Tráfico de Ferrol. Figura, igualmente, copia da historia clínica de traumatoloxía no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol,

derivada do sinistro que nos ocupa.

4.- Logo da práctica do trámite de audiencia, no que a representación do reclamante formulou alegacións ratificando a súa pretensión

indemnizatoria, elaborouse pola instrución proposta de resolución en sentido desestimatorio daquela.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora conselleira de

Infraestruturas e Vivenda tendo entrada neste organismo o día dezaseis de outubro de dous mil dezasete.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000 ?

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Agora ben, cómpre censurar a excesiva dilación na tramitación do procedemento xa que, non se respectou o prazo legalmente establecido. Así, desde o inicio do mesmo coa presentación do escrito do interesado

(25.08.2014), ata a súa remisión para ditame deste organismo (06.10.2017), teñen transcorrido máis de tres anos, e en consecuencia

non se respectou o prazo de seis meses que establece o artigo 13 do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, que se aproba o

Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial.

Tal actuar administrativo, contrario aos principios de eficacia e celeridade que deben rexer no procedemento administrativo, deberá ser corrixido para futuras ocasións.

Terceira.-

Entrando no exame do fondo do asunto, cómpre, por mandato legal -artigo 12 do Real decreto 429/1993- e polo que o presente ditame se refire, a verificación da existencia, ou non, de relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión producida, para o que é preciso partir da previa constatación dun dano, como ocorre

no presente caso, no que se xuntan ao expediente informes da asistencia sanitaria prestada ao interesado, nos que se recollen

as lesións padecidas por este tras sufrir a caída da motocicleta.

Con todo, a constatación deste dato non é suficiente para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo necesario xustificar a presenza dun vínculo causal que enlace o dano padecido co

funcionamento do servizo público, o que esixe, por principio, a proba de que a caída se produciu, efectivamente, nas circunstancias

indicadas polo interesado, así como que estas determinan a existencia dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento do

servizo asumido pola Administración á que aquel se imputa.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles

o CCG 697/04, segundo o que a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión

causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión

(forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración (antigo 1214 do Código Civil e actual 217 da LEC, e artigos 5.3

y 6.1 do RPAPRP). No mesmo sentido postúlase a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral, acolle o principio

de que a carga da proba da existencia dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte actora

(entre outras, sentenzas do 04.11.1997 e 30.10.1999).

Así as cousas, téndose por certo o lugar, día e hora de produción do accidente, e que este consistiu nunha caída do piloto por perda do control da motocicleta, e sendo igualmente indubitada a produción

das lesións e secuelas polas que se reclama, a cuestión a dilucidar radica, ante todo, en determinar se, como sostén o reclamante,

a caída veu determinada pola colisión cun xabaril que tería irrompido subitamente na calzada, ou se, como afirma a proposta

de resolución, de xeito coincidente co informado pola Garda Civil de Tráfico, ese extremo non resulta acreditado.

Ao respecto é de ter en conta, en primeiro lugar, que o atestado elaborado pola Garda Civil de Tráfico recolle como causa eficiente ou principal do accidente a ?condución neglixente ao circular a unha velocidade excesiva para o trazado e circunstancia da vía (tramo curso e plano ascendente)?, resultando igualmente do propio atestado que o sinistro tivo lugar en pleno día dun mes de agosto, con calzada seca e limpa

de substancias esvaradías, nun tramo suxeito a limitación xenérica da vía de 90 qm/h, con sinalización vertical de curvas

perigosas.

Por outra banda, no informe solicitado dende a instrución con posterioridade, o axente autor do Atestado, ademais de ratificarse na súa exactitude, sinala:

?(...)

3º.- En la inspección ocular practicada tanto en el lugar de los hechos y contorno y a la propia motocicleta, informa que no había ningún animal (jabalí) u otra especie, en el reconocimiento de la

motocicleta tampoco existía ningún resto de pelo de ningún animal.

4º.- A la motocicleta reseñada, se le hace una inspección ocular en la cual no se encuentran restos de haber colisionado con ningún animal, el estado de la misma es el que se reseña en las diligencias

y posiciones finales del informe fotográfico y croquis, fotografías nº 4, 5, 6 (neumáticos delantero y trasero del vehículo),

los cuales se encuentran en mal estado, no aptos para la circulación, no presentado banda de rodadura.

(...)?.

Por outra banda, a afirmación polo reclamante da concorrencia dun xabaril na causación do sinistro, que pretende probarse mediante a achega de dúas actas de presenza notarial, a primeira do 05.09.2013,

solicitada por don R., pai do lesionado, que tiña por obxecto facer constar a existencia dunha arame de espiños no lugar onde

caeu o accidentado, e na que xa o señor R. indica ao notario que o accidente se debeu ao impacto cun xabaril; e a segunda,

do 14.03.2014, na que o propio reclamante solicita do notario que comprobe que existen pelos no eixe da roda traseira da motocicleta,

os cales se extraen e resultan analizados posteriormente, con resultado afirmativo, dificilmente pode terse por acreditada,

na vista das contradicións que resultan dos escritos de interposición da reclamación, así como de alegacións en trámite de

audiencia, postos en relación cos antecedentes que obran na historia clínica do Hospital Arquitecto Marcide.

En efecto, segundo a tese do escrito de reclamación, o lesionado non lembraba mais nada dende que se produciu a colisión ata que ?al cabo de ocho días, aproximadamente, recupera la consciencia, después de haber de estar en coma inducido, pasando a planta?. Este lapso temporal carece de correspondencia co feito de que a primeira acta notarial, na que o requirinte, pai do accidentado,

xa alude a presenza dun xabaril, se elaborase no quinto día posterior ao sinistro e cando, por tanto, o piloto do vehículo

aínda non podía ter dado noticia da existencia do animal na calzada.

Por outra banda, esa invocada perda da consciencia durante os primeiros días que seguiron ao sinistro tampouco resulta da historia clínica e, en particular, do informe de alta de urxencias (folio 208

do expediente), datado o mesmo día 31.08.2013 en que se produce o accidente, e do que resulta que o accidentado ?presenta heridas y deformidad en miembros inferiores, no presenta traumatismo craneal....? e, na exploración física faise constar que se atopa ?consciente y orientado?.

As referidas constatacións, engadidas aos motivos que detalla a proposta de resolución, abondan, por tanto, para privar da necesaria credibilidade a tese esgrimida polo reclamante verbo das circunstancias

en que se produciu o sinistro, e a posible vinculación causal deste cun anormal funcionamento do servizo público.

Cuarta.-

A maior abastanza, e fronte ao sinalado tamén no escrito de reclamación, aínda para a negada hipótese de que, en efecto, a irrupción inopinada dun xabaril, e a súa colisión co vehículo, se tivera producido,

sería de ter en conta que, como resulta do informe do Servizo da Delegación da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña,

o lugar onde se produce o accidente trátase dunha estrada con firme en bo estado, e que a sinalización existente en sentido

ascendente, que era o que levaba o motorista accidente, era a seguinte: no p.q. 4+607 marxe dereita, sinal P-24 ?animais soltos? con cartel complementario de 6,7 quilómetros de afección e data de colocación o 20.08.2010, polo que o punto quilométrico

do accidente (p.q. 6+800) atopábase nesa data, no mesmo sentido de circulación que o do reclamante, baixo a influenza do citado

sinal P-24.

Todas as anteriores circunstancias conducen, xa que logo, a concluír no sentido ao que se orienta a proposta de resolución examinada, a desestimar a pretensión indemnizatoria que nos ocupa, ao non resultar

probada a concorrencia do necesario vínculo causal entre as lesións padecidas polo reclamante e o funcionamento do servizo

público de estradas.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Accidentes de trabajo. Paso a paso
Disponible

Accidentes de trabajo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Las 100 preguntas más habituales en las comunidades de propietarios
Disponible

Las 100 preguntas más habituales en las comunidades de propietarios

Pablo García Mosquera

8.50€

8.07€

+ Información