Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 355 de 08 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 28 min

Tiempo de lectura: 28 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 08/11/2017

Num. Resolución: 355


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona F., polos danos ocasionados ao caer un estante sobre a súa perna dereita con ocasión do desenvolvemento do seu traballo como auxiliar de arquivo e biblioteca nas instalacións da Biblioteca ?Casa do Patín? de Esteiro-Campus de Ferrol

Organismo: Universidade da Coruña

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Costa Pillado

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 03.10.2016 dona F. interpón ante a Universidade da Coruña unha reclamación por responsabilidade patrimonial.

No escrito reitor da súa reclamación a parte refire que ?El día 23.10.2014 la compareciente sufrió un accidente laboral en su centro de trabajo, cuando se disponía a coger un CD en

el depósito de la biblioteca que le había sido solicitado por un usuario, ocurriendo que al abrir uno de los cajones medios

de la estantería en la que se encontraba el CDE, ésta se desestabilizó, volcando sobre la compareciente, que trató de retroceder

para evitar el accidente sin conseguirlo, cayéndole la estantería sobre su pierna derecha, causándole importantes lesiones

en dicha extremidad...?.

Entende a parte actora que ?a causa inmediata e principal que produciu este accidente foi a falta de ancoraxe o arriestramento do moble á parede?.

2.- Con base a estes feitos a parte actora denuncia á Universidade da Coruña polos danos ocasionados ao caer un andel sobre a

súa perna dereita o 23.10.2014 con ocasión do desenvolvemento do seu traballo como auxiliar de arquivo e biblioteca nas instalacións

da Biblioteca "Casa do Patín", sita en Esteiro-Campus de Ferrol.

3.- Os danos reclamados cuantifícanse en 49.280,36 ?, sobre a base do informe médico pericial e documentación complementaria

que achega coa reclamación.

Con data 11.10.2016 é trasladada a referida documentación para a súa comunicación á correduría ARTAI, que intermedia a póliza do seguro de responsabilidade civil xeral asinado entre a UDC e a entidade

MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS, Cía. de Seguros e Reaseguros, S.A.

Con data 03.07.2017 comunícase á UDC a valoración de secuelas e baixa do accidente efectuada pr MAPFRE, por importe de 25.256,51, segundo a seguinte desagregación

- Hospital 1

- Ingreso Hospitalario (13 días) 933,92 ?

- Baja 1

- Días impeditios (163 días) 9.520,83 ?

- Días no impeditivos (198 días) 6.223,14 ?

- Secuelas1

- Gonalgia potraumática inespecífica (2 puntos) 1.489,3 ?

- Perjuicio Estático (6 puntos) 4. 793,28 ?

- Total: 22.9601.47 ?

- Factor de corrección 10%: 2.296,04

- Total: 25.2561,51 ?

4.- Con data do 21.07.2017 deuse trámite de audiencia á interesada que formula alegacións o 12.07.2017.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. Reitor da Coruña,

e tivo entrada neste organismo con data nove de outubro de dous mil dezasete.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta de resolución correspondente a un expediente administrativo instruído

pola Universidade de A Coruña, no que, a instancia de parte, se interesa o recoñecemento do dereito ao percibo dunha indemnización

por danos. Este órgano é competente para coñecer do expediente de que se trata, con base no previsto no artigo 12. j) da Lei

3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial presentada ante unha Universidade por

contía superior a 30.000,00 ? (neste sentido, o CCG 10/15).

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión

sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva

recollido no artigo 106 da Constitución Española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial,

contense na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (aspectos procedimentais)

e nos artigos 32 e seguintes da Lei 40/2015 de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

No suposto sometido a ditame, as esixencias formais recollidas na devandita normativa foron suficientemente cumprimentadas, en especial, o trámite de audiencia á reclamante.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo do réxime xurídico referido se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único, para que

a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e inmediato

entre a actuación da Administración e a lesión producida. O dito nexo debe ser exclusivo sen interferencias estrañas de terceiros

ou do lesionado. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano,

que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva,

para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre

a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Cuarta.-

Entrando xa no fondo do asunto, cómpre dar acreditado o cumprimento dos requisitos determinantes da responsabilidade patrimonial por parte da Universidade de A Coruña.

Admitido tal extremo pola Administración actuante, debe concordarse coa proposta de resolución, a vista do expediente administrativo e especialmente do informe do Servizo de Prevención de Riscos

laborais da USC, na procedencia da indemnización ao quedar probado os danos que sufriu a parte actora como consecuencia de

caer un andel con ocasión do desenvolvemento do seu traballo como auxiliar de arquivo e biblioteca nas instalación da Biblioteca

?Casa Patín?, situada en Esteiro-Campus de Ferrol.

Así mesmo debe tamén concordarse coa proposta de resolución na procedencia de desestimar os demais conceptos indemnizatorios que integran a pretensión da interesada, ben por tratarse de meras expectativas

que a reclamante non chegou a patrimonializar, ben por non achegar a precisa acreditación da súa realidade, sendo así que

a carga de proba de existencia dun dano individualizado corresponde á parte actora (neste sentido, a Sentenza do Tribunal

Supremo do 30 de outubro de 1999 ou o CCG 403/16).

Na valoración efectuada pola reclamante contempla tamén os danos derivados dunha caída sufrida pola parte actora o 2.11.2015. Non pode terse en conta os referidos danos xa que non garda relación de

causalidade co accidente laboral previamente padecido.

Neste sentido, compre facer referencia ao informe médico da Mutua FREMAP (Dr. F.) que indica "Esta patología actual no se relaciona con accidente laboral previo??.

No mesmo sentido pronúnciase o facultativo especialista en valoración do dano corporal dos servizos médicos da aseguradora MAPFRE, quen expresamente retire que "La lesión sufrida en la cadera derecha en fecha 2 de noviembre de 2015, secundaria a una caída accidental por las escaleras

en su casa, no guarda relación cronológica, ni topográfica ni de continuidad sintomática con el accidente laboral sufrido

el 23 de octubre de 2014 en base a lo cual no se puede establecer un nexo de causalidad ni cierto ni directo de la misma con

el accidente laboral?.

En relación á pretensión indemnizatoria pola secuela de "pérdida de la flexión de rodilla de 20 hai que ter en conta que na valoración efectuada polo especialista en valoración do

dano corporal de MAPFRE que examinou á interesada, apreciase como secuela con dous puntos a dor no xeonllo dereito ("gonalgia

postraumática inespecífica"), semella claro que á reclamante se lle ten recoñecida unha secuela no xeonllo por dor co alcance de dous puntos que constaba

na súa reclamación.

A maior abundamento no informe de evolución que a interesada acompaña como documento número 11, figura cunha mobilidade completa na revisión do 01.06.2015.

No que atinxe á valoración do dano estético derivado da cicatriz procede atender ao criterio do facultativo especialista en valoración do dano corporal do servizos médicos de MAPFRE.

Inclúe a parte actora no importe reclamado o importe dos gastos dos servizos de piscina, pilates e fisioterapia que a interesada presentou, cómpre indicar que nin consta a súa pauta médica, nin a súa eventual

relación coa lesión de xeonllo. De feito, as facturas de fisioterapia presentadas responden a tratamentos posteriores á curación

e alta da lesión de xeonllo e aluden ao tratamento doutras patoloxías, tales como a lumbalxia mecánica e a fascitis plantar.

Cómpre indicar que no informe de evolución da Mutua FREMAP consta que a fisioterapia do xeonllo deuse por rematada 20.05.2016,

reflectindo expresamente "... finalizamos rhb" (rehabilitación).

Finalmente cómpre indicar o feito -que a reclamante omite na súa reclamación- de que xa con anterioridade á dita data, a Dirección Provincial do INSS ditara resolución de data 13.04.2016 na que, logo

da correspondente valoración médica, resolveu que "procede emitir el alta médica con fecha 19-04-2016".

A maior abastanza, e como xa ten sinalado este Consello Consultivo (entre outros, o CCG 404/16), para os efectos dunha eventual indemnización, non basta a mera invocación duns presuntos danos morais

sobre a base da súa conexión con calquera evento adverso, senón que é precisa unha proba da súa relevancia ou sequera, afectación

á saúde do prexudicado, acreditación que non consta no expediente sometido a ditame.

Consecuentemente co exposto, procede, a xuízo deste Consello Consultivo, a estimación da reclamación presentada en 25.256,51 euros.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire, procedendo a estimación da reclamación presentada en 25.256,51 euros?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Accidentes de trabajo. Paso a paso
Disponible

Accidentes de trabajo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Indemnizaciones asociadas a las contingencias profesionales
Disponible

Indemnizaciones asociadas a las contingencias profesionales

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Investigación de accidentes de trabajo
Disponible

Investigación de accidentes de trabajo

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Prestaciones en el RETA: Jubilación y accidente laboral
Disponible

Prestaciones en el RETA: Jubilación y accidente laboral

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información