Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 353 de 02 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 29 min

Tiempo de lectura: 29 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 02/11/2017

Num. Resolución: 353


Cuestión

Recurso administrativo de revisión

Resumen

Recurso extraordinario de revisión interposto por dona O., contra a resolución de data 10.10.2016, de desestimación do recurso de reposición contra a imposición dunha multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística núm. X

Organismo: Concello de Vigo (Pontevedra)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 23.01.2017 dona O. interpuxo recurso extraordinario de revisión contra a resolución municipal de data do 10.10.2016,

mediante a que se desestimara o recurso de reposición interposto contra a imposición, no seo do expediente de execución forzosa

núm. X, dunha multa coercitiva de 1.000 euros, por incumprimento do acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

(XMU) de data do 10.01.2014, no expediente de reposición da legalidade urbanística núm. X.

Este recurso foi desestimado por resolución da vicepresidencia da XMU do 09.03.2017.

2.- Interposto recurso contencioso-administrativo contra a devandita resolución, este resultou estimado por sentenza do Xulgado

do Contencioso­Administrativo núm. 2 de Vigo, núm. 190/2017, do 27.07.2017, recaída en procedemento abreviado 143/2017, cuxo

fallo ordena ?la retroacción de las actuaciones del recurso extraordinario de revisión para que se solicite el dictamen preceptivo del

Consello Consultivo de Galicia?.

3.- Por resolución da Vicepresidencia da XMU do 08.09.2017 acordouse o cumprimento, nos seus propios termos, da sentenza referida.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

de Vigo, tendo entrada neste organismo o día 4.10.2017.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia resulta competente para a emisión do ditame solicitado, de acordo co artigo 12, f) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, ao tratarse dun expediente

relativo a un recurso extraordinario de revisión. O ditame ten carácter preceptivo, de acordo co estipulado na citada norma.

Segunda.-

A lexitimación activa da señora O. resulta do seu carácter de afectada nos seus dereitos e intereses pola resolución recorrida.

Pola súa parte, a vicepresidenta da XMU, en canto órgano que resolveu, por delegación da alcaldía, o recurso de reposición, resulta competente para coñecer do citado recurso extraordinario de revisión

a teor do previsto no artigo 125.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións

Públicas (LPAC)

Finalmente, resulta apreciable que, como tamén esixe o referido precepto, o acto contra o que se recorre, é firme en vía administrativa.

Terceira.-

Entrando a coñecer da cuestión que se somete a ditame, hai que comezar dicindo que o recurso extraordinario de revisión, como é coñecido, constitúe un remedio excepcional fronte a certos actos que adquiriron

firmeza, ao que só cabe acudir cando concorra algunha das circunstancias taxadas previstas legalmente, recollidas hoxe no

artigo 125.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas (LPAC), que

reproduce con fidelidade o contido do artigo 118.1 da derrogada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este recurso administrativo constitúe unha vía extraordinaria que procede exclusivamente polos motivos taxados pola lei, e que manifestan a evidencia do erro, para evitar a súa desnaturalización converténdoo

nunha vía ordinaria de impugnación dos actos administrativos, introducindo un debate que corresponde propiamente realizar

na antedita vía.

Conseguintemente, o recurso de revisión non é un instrumento apto para corrixir eventuais apreciacións máis ou menos rigorosas nas que, potencialmente, puidera ter incorrido unha resolución, xa que tales

supostos teñen que ser canalizados por outras vías revisoras.

Como razoa a sentenza do Tribunal Supremo do 16.03.2004:

?El recurso de Revisión supone una excepción a los efectos típicos de la firmeza de los actos administrativos y con ello del

principio de seguridad jurídica, por razones de justicia. Dado el carácter excepcional del recurso, únicamente puede fundarse

en alguna de las causas tasadas en la norma, que deben ser interpretadas en forma restrictiva -STS de 17 de julio de 1981,

9 de octubre de 1984, 26 de septiembre de 1988 y 6 de julio de 1998-. Así, por todas, la STS de 26 de septiembre de 1988,

razona que ?dada la naturaleza extraordinaria del recurso de revisión, han de examinarse con estricto rigor los elementos

determinantes del mismo, limitando su alcance a los casos taxativamente señalados por la ley y al contenido de los mismos,

sin que sea lícito ampliarlos, ni en su número, ni en su significado, por interpretación o consideraciones de tipo subjetivo??.

Tamén é consolidada a doutrina do Consejo de Estado que incide en subliñar o carácter excepcional deste recurso:

?Este Consejo de Estado viene sosteniendo que el recurso extraordinario de revisión es una vía excepcional que procede exclusivamente

en una serie de supuestos tasados, objeto de interpretación estricta, sin que pueda convertirse en una vía ordinaria de impugnación

de los actos administrativos. Ello explica, además, los muy rigurosos requisitos procedimentales que impone esta vía extraordinaria,

entre ellos el dictamen preceptivo de este Consejo de Estado? (ditame 953/2008, do 10 de xullo).

Así mesmo, como medio de impugnación extraordinario que é, resulta imprescindible establecer como condición legal (conditio iuris) da súa admisibilidade a invocación polo recorrente dunha das sinaladas causas taxadas establecidas pola LPAC, na medida

en que sendo extraordinario, e precisamente baixo esa cualificación singular, é de todo punto necesaria a concreción e explicitación

dun fundamento específico lexitimador, para non provocar, como xa se dicía, que resten na vía administrativa expedientes ordinarios

que xa esgotaron esa vía e deberían, en boa técnica, acceder, en condicións normais, á vía xurisdicional contencioso-administrativa.

En consecuencia, corresponde á recorrente asumir a carga procedemental de invocar, no escrito de interposición, a causa ou causas concretas das sinaladas no artigo 125.1 citado, que concorren no caso

e que xustifican a utilización deste medio impugnatorio extraordinario.

A devandita mención á fundamentación legal, resulta de tal modo esencial que a súa ausencia determinará a non admisibilidade do recurso.

Cuarta.-

Procede analizar agora a posible concorrencia no suposto controvertido da causa invocada pola recorrente, que é a recollida no artigo 125.1, letra a) da LPAC. Consonte con este precepto: ?Contra los actos firmes en vía administrativa podrá interponerse el recurso extraordinario de revisión ante el órgano administrativo

que los dictó, que también será el competente para su resolución, cuando concurra alguna de las circunstancias siguientes:

1.ª Que al dictarlos se hubiera incurrido en error de hecho, que resulte de los propios documentos incorporados al expediente?.

Por erro de feito só se pode entender ?aquel que verse sobre un hecho, cosa o suceso, es decir, algo que se refiere a una realidad independiente de toda opinión,

criterio particular o calificación?; quedando excluído do seu ámbito ?todo aquello que se refiere a cuestiones jurídicas, apreciación de la trascendencia o alcance de los hechos indubitados, valoración

de las pruebas e interpretación de disposiciones legales y calificaciones que puedan establecerse? (STS 6 febreiro 1975, 28 setembro 1984 e 4 outubro 1993). En sentido contrario, non constitúen erro de feito todas aquelas

cuestións que comporten cualificacións xurídicas, interpretación, determinación ou aplicación indebida de normas, así como

a apreciación mesma das probas; cuestións cuxa análise é mais ben propia dos recursos ordinarios.

Por outra banda, a esixencia de que o erro de feito resulte dos documentos incorporados ao expediente, segundo sinala o Consejo de Estado entre outros no seu ditame 39/1993, do 11 de febreiro, ?debe interpretarse en el sentido de que se entiende por tales, tanto los que materialmente se encuentran incorporados a dicho

expediente como aquellos que, en un actuar diligente, deberían estarlo, así como el contenido de los propios archivos administrativos

de la entidad pública actuante?.

Estas precisión resultan relevantes toda vez que, como resulta dos antecedentes do expediente analizado, e recolle a proposta de resolución, o invocado erro de feito tería consistido, en realidade, nun

erro material consistente en levar ao corpo da resolución sancionadora do 05.07.2016, un informe técnico que no se correspondía

coa edificación obxecto deste expediente, emitido polo arquitecto municipal o 01.06.2016.

O referido informe analiza as actuais condicións urbanísticas das obras con motivo da nova vixencia do PXOU de Vigo aprobado o 29.04.1993 (como consecuencia da Sentenza do Tribunal Supremo, Sala do

contencioso-administrativo, Sección quinta, do 10 de novembro de 2015 -recurso de casación núm. 1658/2014- pola que se declara

nulidade das Ordes aprobatorias do PXOM de Vigo do 16.05.2008 e 13.07.2009).

Esa circunstancia foi invocada pola interesada no recurso de reposición interposto o 18.08.2016 fronte á referida resolución sancionadora e, constatado pola administración municipal o erro que se

tiña padecido, na resolución municipal de data do 10.10.2016 que resolveu o referido recurso, procedeuse á emenda do citado

erro mediante a transcrición do informe técnico realmente emitido no expediente considerado. Tratouse, en suma, dun erro material

emendable en calquera momento consonte co previsto no artigo 109.2 da LPAC.

Como razoa a proposta de resolución, o obxecto deste informe era comprobar se as obras obxecto da orde de demolición mantiñan a cualificación de non legalizables logo da anulación xudicial do PXOM, ou

se, polo contrario, esa cualificación tería mudado por aplicación da normativa urbanística actualmente en vigor, pois nese

caso cabería deixar sen efecto a orde de derrubamento.

No recurso de revisión interposto a interesada non discute a condición de ilegalizable que na data de hoxe mantén a edificación, nin impugna en ningún aspecto a exactitude do contido do informe técnico

correspondente ao predio da súa titularidade, correctamente transcrito na resolución do recurso de reposición. Non se identifica,

en suma, o erro de feito, resultante dos propios documentos incorporados ao expediente, no que a resolución referida tería

incorrido.

En tales condicións, resulta evidente a ausencia de fundamento con que se interpuxo este recurso extraordinario, e a carencia nel dos requisitos esixidos pola xurisprudencia e a doutrina consultiva,

segundo xa se sinalou, o que debe conducir á súa desestimación, no sentido que propugna a proposta de resolución examinada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Los medios de impugnación ante la jurisdicción penal
Disponible

Los medios de impugnación ante la jurisdicción penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Los recursos en el proceso penal. Paso a paso
Disponible

Los recursos en el proceso penal. Paso a paso

V.V.A.A

14.50€

13.78€

+ Información

Los recursos en el proceso civil. Paso a paso
Disponible

Los recursos en el proceso civil. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

15.30€

14.54€

+ Información

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar
Disponible

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar

Luis Alfredo de Diego Díez

10.92€

10.37€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información