Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 351 de 17 de noviembre de 2021

Tiempo de lectura: 55 min

Tiempo de lectura: 55 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 17/11/2021

Num. Resolución: 351


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R., polos danos sufridos polo seu fillo G. como consecuencia do tratamento dunha apendicite aguda no Hospital Público da Mariña de Lugo.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 30.4.2021 R., en nome propio e en representación do seu fillo menor, G., interpón ante o Servizo Galego de Saúde unha reclamación

de responsabilidade patrimonial por mor da asistencia sanitaria prestada ao neno no Hospital da Costa.

En esencia, a reclamante refire que o 30.4.2020 o seu fillo G. ingresou no Servizo de Urxencias do Hospital da Costa referindo dor abdominal xeneralizada que se foi localizando

cara á fosa ilíaca dereita, febre, prostración e vómitos ata o rexeitamento da inxesta. Ante esta sintomatoloxía, ao neno

realizáronlle diversas probas, entre elas unha ecografía abdominal, que amosou unha apendicite aguda e a sospeita de ureterocele

dereito.

Nesta situación, engade a reclamante, o seu fillo foi intervido de urxencia ese mesmo día, presentando o 1.5.2020 dor difusa á palpación no abdome así como molestias no hidrocele dereito, para o que unicamente

se lle colocou unha compresa con auga fría no hidrocele. Non entanto, ese mesmo día 1.5.2020 pola noite, ante o aumento da

dor no testículo dereito e o aumento de volume do hemiescroto dereito, de horas de evolución, realizouse unha exploración

física e unha ecografía que amosaron o achado dun escroto agudo, pautándose a realización dunha intervención urxente na que

se procedeu á extirpación do testículo dereito do menor.

Na actualidade o menor, refire o escrito da reclamante, atópase pendente da colocación dunha prótese testicular.

Con base neste relatorio de feitos o escrito reitor da reclamación presentada denuncia unha demora no diagnóstico e tratamento da doenza testicular do menor nos seguintes termos:

?Las horas de evolución sin tratamiento y diagnóstico hicieron que la inflamación a nivel de escroto y testículo derecho empeorara

a una torsión testicular no recuperable de la que también tuvo que ser intervenido, mediante una orquiectomía derecha (es

decir, extirpación del testículo derecho). Ya que el resultado de las pruebas efectuadas evidenciaron tras las horas de evolución

un teste cianótico, sin vascularización, irrecuperable tras liberación de teste y paños calientes?.

A reclamante non chegou a concretar a súa pretensión indemnizatoria.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse a este:

- Copia da historia clínica de G.

- Informe do Servizo de Cirurxía do Hospital da Costa do 28.6.2021.

- Informe do Servizo de Urxencias do Hospital da Costa do 28.6.2021.

- Informe do Servizo de Pediatría do dito hospital do 30.6.2021.

- Informe do Servizo de Cirurxía Pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña do 12.7.2021.

3.- O 23.9.2021 deuse trámite de audiencia á reclamante.

Esta, o 14.10.2021, formulou alegacións nas que refire que na asistencia prestada ao seu fillo non se considerou o seu antecedente de hidrocele do que foi examinado no mes de setembro de 2015 no

Servizo de Cirurxía Infantil do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Ademais, reitera o seu reproche relativo á

demora na cirurxía que precisaba a torsión testicular sufrida polo menor nos seguintes termos:

?Según el urólogo de guardia el dolor comienza hacia las 16.00 horas y el edema escrotal se observa a las 19.00 horas. Trascurren más de dos horas desde el edema hasta la exploración urológica. El caso,

con probable inicio de torsión a las 16.00 horas, era urgente ya a las 19.00 horas, cuando la enfermera observa el edema y

dolor testicular. El teste necrótico indica que se ha superado el periodo de viabilidad del teste, tras la torsión. Se podía

haber acortado significativamente el tiempo entre la observación de edema escrotal y la exploración del urólogo.

En los informes de pediatría no consta la hora de realización de la ecografía. La sospecha de torsión testicular debió conducir de inmediato a una exploración quirúrgica de urgencia. Desde las 19.00 horas,

cuando se detecta edema escrotal (el inicio de la torsión sería varias horas antes), hasta las 21.24 horas, que es cuando

el urólogo explora al niño, pasan más de dos horas, injustificable en una torsión, en la que el pronóstico es tiempo - dependiente.

En cuanto al informe del Servicio de Cirugía, es inexcusable que la torsión testicular, iniciada durante el periodo de vigilancia postoperatorio, no se resolviera antes de que se produjera la necrosis

del testículo. Es un caso claro responsabilidad objetiva?.

Neste escrito a reclamante non chegou a cuantificar a indemnización solicitada pero estableceu as bases para o seu cálculo, tanto no que atinxe ás secuelas físicas e estéticas que lle restan ao neno, como

aos días de prexuízo particular e indemnización por intervencións cirúrxicas.

4.- O 15.10.2021 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 9.11.2021.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

A este respecto ha de notarse que, aínda que a reclamante non chegou a concretar a súa pretensión indemnizatoria, no seu escrito de alegacións do 14.10.2021 si estableceu as bases para o cálculo

daquela. Destas bases, cómpre sinalar, resulta unha indemnización moi superior a 30.000 ? xa que, por exemplo, os 38 puntos

nos que cifra a señora R. as secuelas físicas e estéticas que lle restan ao seu fillo, levan aparellada xa, segundo o baremo

establecido no texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor, aprobado

polo Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de outubro (tras a reforma operada pola Lei 35/2015, do 22 de setembro), unha

indemnización de 79.313,06 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre

outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan).

Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para a Administración, a pesar

do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira persoa a única determinante

do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración nos casos nos que na produción

do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes

supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o quantum indemnizatorio (por todas, as sentenzas do Tribunal Supremo do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na sentenza do Tribunal Supremo do 15.3.2018, rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme coa cal nas reclamacións

derivadas de prestacións sanitarias non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva

máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida do

enfermo, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica

coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de

garantir en todo caso a curación do enfermo.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación (CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente

CCG 247/2021). É dicir, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando se, conforme

cos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses síntomas, non

sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento eses síntomas

non se daban.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que

se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá

de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, dos escritos de reclamación e alegacións presentado pola señora R. despréndese como esta imputa aos servizos sanitarios unha demora no diagnóstico e atención da torsión testicular padecida

polo seu fillo durante o seu ingreso no Hospital da Costa con ocasión do padecemento dunha apendicite aguda, engadindo que

esta demora determinou a necesidade de realizar unha orquiectomía testicular dereita ao menor, coa conseguinte perda do órgano.

Así mesmo denuncia que na atención dispensada ao neno non se considerou o antecedente do menor de hidrocele dereito.

Pois ben, o exame destes reproches da reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas que

neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido, entre

outros, o CCG 155/2020 e CCG 253/2021).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos reunidos pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, a parte reclamante non despregou ningunha actividade probatoria en apoio dos seus reproches ao funcionamento do

servizo público de saúde, nin sequera logo da vista dos criterios técnicos contidos nos devanditos informes.

Pois ben, da historia clínica que consta no expediente remitido, despréndese que G., de 5 anos de idade no intre dos feitos, acudiu o 30.4.2020 ao Servizo de Urxencias do Hospital da Costa, referindo

a nai do neno "dolor abdominal localizado en abdomen inferior dereito de aproximadamente 24 horas de evolución con vómitos e fiebre de ata

38.2 C". Tras a exploración física e a realización dunha radiografía de tórax e dunha ecografía abdominal, esta última proba amosou

unha probable apendicite aguda, se ben incidentalmente tamén se observou ?imagen hipo ? ecogénica improntando la pared postero ? inferior derecha de la vejiga, de aprox. 7 mm, que podría estar en

relación con ureterocele?.

Ante a sospeita clínica dunha apendicite aguda, realizouse unha interconsulta cos Servizos de Pediatría e Cirurxía, decidíndose o ingreso hospitalario do menor e a realización dunha apendicectomía urxente,

que tivo lugar ese mesmo día, logo do consentimento informado asinado pola nai do neno. O padecemento dunha apendicite aguda

úlcero-flemonosa, foi confirmado no informe do Servizo de Anatomía Patolóxica do 4.5.2020.

Como consta na historia clínica e refire o informe do Servizo de Cirurxía do Hospital da Costa do 28.6.2021, no postoperatorio inmediato o paciente mantívose baixo a pauta de analxesia habitual, cunha

boa evolución desde o punto de vista abdominal, sen complicacións na ferida e con inicio da inxesta oral.

No entanto, nas anotacións das follas de curso clínico do Servizo de Pediatría recolleuse ás 10:30 horas do 1.5.2020 como o neno presentaba dor abdominal difuso á palpación, pero brando e depresible, e

?hidrocele dcho que le molesta (ya tuvo hidrocele en los primeros meses de vida que resolvió en ese lado), pautándose para o hidrocele a colocación de ?suspensorio en hidrocele? (compresa con agua fría)?.

Nas follas de enfermería do 1.5.2020 consignouse que ás 19:00 horas o menor ?se despierta con dolor en testículos, pongo frío local y aviso al pediatra de guardia?. Así mesmo nas follas de curso clínico daquela mesma data constan senllas anotacións do Servizo de Uroloxía e Pediatría

nas que se consignou o exame do neno por estes dous servizos, logo do aviso do persoal de enfermería. En concreto, ás 21:40

horas do 1.5.2020 un facultativo do Servizo de Pediatría anotou que, explorado o neno, presentaba unha ?gran hinchazón a nivel de escroto sobre todo de hemiescroto dcho con teste duro y doloroso al mínimo tacto. La parte superior

del teste se palpa un cordón duro y doloroso. Trasiluminaición positivo?, solicitándose a realización dunha eco-doppler escrotal que xa amosou o padecemento dunha posible torsión testicular. Ante

este achado comentouse o caso co urólogo de garda, quen ás 21:23 horas anotou que á exploración física o neno presentaba ?edema escrotal, teste aumentado de tamaño, duro, horizontalizado, cordón espermático indurado, doloroso?. Ante esta clínica e os achados da eco-doppler, decidiuse a realización dunha intervención cirúrxica urxente, contactándose

co Servizo de Anestesioloxía para a intervención e pautándose una dose de vitamina K e Augmentine profiláctico.

A cirurxía tivo lugar, logo do consentimento informado asinado pola nai do menor, ás 21:50 horas do 1.5.2020, confirmándose o padecemento dunha torsión testicular e a presenza dun teste cianótico irrecuperable

(?Se aplica calor húmedo, pero no recupera coloración ...?, sinala a folla de protocolo cirúrxico), polo que se procedeu á realización dunha orquiectomía dereita.

Verbo do escroto agudo presentado polo menor, o informe do Servizo de Cirurxía do 28.6.2020 desbota a posibilidade dunha relación causal coa apendicite aguda do neno, sinalando que se tratou de dous procesos

paralelos:

?El caso parece corresponder a la presentación sucesiva de dos patologías diferentes. Por un lado, una apendicitis aguda no

complicada que se resolvió sin incidentes tras practicarse una apendicectomía. Por otro, un posterior cuadro de escroto agudo

durante el periodo postoperatorio, en un paciente que recibía el tratamiento antibiótico (profiláctico) y analgésico necesario

por la intervención previamente realizada.

La coexistencia de ambos procesos, coincidentes en el tiempo, no está descrita en la literatura médica, ni se puede por tanto suponer que una esté relacionada con la otra [?]?.

Tras a alta hospitalaria do menor o 5.5.2020, o neno foi atendido no Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde o 29.5.2020 lle ofreceron á familia a colocación dunha prótese

testicular dereita xunto coa realización dunha orquidopexia esquerda. Ambas as dúas intervencións foron realizadas o 7.6.2021

sen incidencias, permanecendo na actualidade o menor a seguimento no servizo.

Quinta.

Partindo da secuencia asistencial que vén de describirse, cómpre xa entrar a analizar a corrección, ou non, da asistencia sanitaria prestada a G., á vista dos reproches formulados pola súa nai a aquela.

En concreto, a reclamante refire que na asistencia prestada ao seu fillo non seu considerou o seu antecedente de hidrocele

no ano 2015 e, por outra banda, denuncia que desde que o seu fillo presentou un edema escrotal ata o seu exame polo urólogo,

transcorreron máis de dúas horas, durante as cales se produciría a necrose do testículo, sendo finalmente precisa a realización

dunha orquiectomía dereita, que se puido evitar cunha rápida actuación dos servizos sanitarios.

Pois ben, polo que atinxe á falta de consideración do episodio de hidrocele do menor no ano 2015, debe sinalarse que, como afirma a reclamante, este antecedente non foi recollido no informe de ingreso

do neno do 30.4.2020, mais debe lembrarse que o motivo de tal ingreso foi o padecemento polo menor dunha dor abdominal, e

non escrotal. A ecografía abdominal realizada ao ingreso amosou, xunto co achado incidental dun posible hidrocele duns 7 mm,

a sospeita diagnóstica dunha apendicite aguda, o que obrigou a unha cirurxía urxente desta grave patoloxía que, ademais, xustificaba

a sintomatoloxía que presentaba o menor.

No postoperatorio inmediato, o 1.5.2020 pola mañá, o neno presentou xa ?hidrocele que le molesta?, intre no que xa se considerou, contra o sinalado pola nai, o seu antecedente pois, como se recolle nas anotacións do Servizo

de Pediatría daquel día ás 10:30 e ás 11:02 horas, ?ya tuvo hidrocele en primeros meses de vida que se resolvió espontáneamente?. De aí que, como indica o informe do Servizo de Pediatría do 30.6.2021, indícase frío local, suspensorio e vixilancia, pois

naquel intre nada apuntaba á posibilidade dun escroto agudo.

Por outra banda, tal e como antes se sinalou, ás 19:00 horas do mesmo día 1.5.2020, o menor espertou con dor no teste dereito, apreciando a enfermeira un edema, polo que avisou ao Servizo de Pediatría

para o exame do neno.

Certamente, da historia clínica resulta imposible unha reconstrución temporal exacta da secuencia asistencial do menor dende o aviso da enfermeira ás 19:00 horas ata a intervención cirúrxica, que comezou

ás 21:50 horas. Non entanto, das distintas anotacións do curso clínico despréndese como durante aquel lapso temporal o fillo

da reclamante foi examinado polo pediatra de garda quen, tras a exploración, solicitou a realización dunha eco-doppler escrotal.

A proba, cuxa hora exacta de realización tamén se descoñece, amosou unha posible torsión testicular e, ante este achado, consultouse

co urólogo de garda quen, tras explorar ao menor e analizar o resultado da eco-doppler, indicou a realización dunha intervención

urxente, contactándose co Servizo de Anestesioloxía para a cirurxía, e pautándose tratamento antibiótico con carácter profiláctico.

É así, logo, que durante aquel lapso temporal de algo máis de dúas horas e media, se levaron a cabo diversas actuacións asistenciais tales como o exame do menor polos Servizos de Pediatría e Uroloxía,

a realización dunha eco-doppler e a preparación da intervención, actuacións todas elas precisas para o correcto diagnóstico

e tratamento do menor e para cuxo desenvolvemento semella razoable, a falta de mellor criterio que resulte do expediente,

o período temporal transcorrido. De aí que o reproche da reclamante relativo a unha demora no diagnóstico e tratamento do

escroto agudo do seu fillo, tampouco poida prosperar.

Atendendo ao que vén de sinalarse, debe concluírse na corrección da asistencia sanitaria prestada ao menor, procedendo, en consecuencia, a desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Robótica y Responsabilidad
Disponible

Robótica y Responsabilidad

Manuel Iglesias Cabero

10.92€

10.37€

+ Información