Dictamen de Consello Cons...re de 2022

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 346 de 19 de octubre de 2022

Tiempo de lectura: 33 min

Tiempo de lectura: 33 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 19/10/2022

Num. Resolución: 346


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M., por mor dos danos sufridos como consecuencia do tratamento dun traumatismo no xeonllo dereito por unha caída no Hospital do Salnés en Vilagarcía.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

López Paz

Propuesta:

Arquivo

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 28.5.2022, M. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos que entende sufridos como consecuencia da asistencia

sanitaria recibida no curso das doenzas padecidas no seu xeonllo dereito a partir dunha caída sufrida o 14.6.2014.

A reclamante relata polo miúdo o profuso proceso asistencial, no curso do cal concorreron novos traumatismos na articulación,

sendo sometida a paciente a unha intervención cirúrxica por rotura de menisco mais lesións asociadas (1.3.2017). Posteriormente,

o 6.8.2019 establécese a hipótese diagnóstica de linfedema, que se recolle como antecedente no informe de especialista do

Servizo de Saúde Mental do Hospital do Salnés (6.11.2019).

Relata a reclamante que os problemas e as dores non cesaron á data da reclamación, nin se fixaron as secuelas, por estar pendente

dun tratamento potencialmente curativo na medicina privada.

A reclamante non realiza avaliación do importe solicitado como indemnización.

2.- Logo de conceder audiencia á reclamante sobre a posible prescrición da reclamación (12.7.2022), e da presentación de alegacións por parte daquela (27.7.2022), formulouse unha proposta de arquivo do expediente, por entenderse que a reclamación é extemporánea (22.8.2022).

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 27.9.2022.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), no que atinxe aos aspectos

procedementais, e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante,

LRXSP).

Terceira.

Na análise do expediente, resulta preciso, en primeiro lugar, analizar os requisitos procesuais mínimos que condicionan a

admisibilidade do escrito presentado. De xeito específico, é preciso determinar se, de acordo co previsto no artigo 67.1 LPAC,

a reclamación está presentada dentro do lapso temporal dun ano desde que se producira ou manifestara o efecto lesivo do feito

ou acto que motiva a petición de indemnización obxecto da reclamación.

No escrito de alegacións presentado pola interesada no trámite de audiencia que lle foi outorgado, alega aquela que as lesións

padecidas teñen o carácter de dano continuado.

Na proposta de resolución sometida a ditame prevese a inadmisión da reclamación por extemporánea, ao entenderse que foi interposta

logo de transcorrido máis dun ano dende a determinación do alcance das secuelas.

No presente caso, tratándose dunha reclamación vinculada a danos de carácter físico e psíquico, e diante da ausencia de curación,

procede verificar a concorrencia ou non dos presupostos xurisprudenciais para a determinación do alcance das secuelas en algún

momento do proceso asistencial.

Así, seguindo o establecido en pronunciamentos anteriores deste Consello Consultivo (Vide CCG 374/2021), hai que salientar,

en primeiro lugar, que a xurisprudencia establece que para que poida entenderse determinado o alcance das secuelas é preciso

que poida establecerse o alcance do dano real polo que se reclama. Neste sentido, na Sentenza 1212/2016, do 27 de maio, da

Sección 6 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (recurso de casación 3483/2014) razoouse que o coñecemento

do alcance das secuelas ?dependerá de los datos existentes y de que éstos sirvan para determinar que la lesión o secuela se ha consolidado y sea posible

conocer el alcance real del daño que se reclama?. A determinación de cando se produce esta circunstancia e, polo tanto, cando é posible exercitar a acción, comezando o cómputo

do prazo de prescrición, segundo se indica na propia STS citada ?depende de las circunstancias de cada caso, y de las pruebas practicadas?.

Por outra parte, ao fío da distinción entre danos continuados e permanentes, a Sentenza 2135/2015, do 6 de maio, da Sección

4, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (recurso de casación 2099/2013) define estes coma os que se refiren

a lesións irreversibles e incurables ?aunque no intratables?.

Ademais debe ser considerado que para que se entenda producida a determinación do alcance das secuelas non é necesario que

estas sexan perfectamente uniformes e homoxéneas no tempo, pois o Tribunal Supremo ten apreciado o inicio do cómputo do prazo

de prescrición cando se coñecen as secuelas dunha doenza ?aunque en los aspectos no esenciales de la enfermedad, la evolución puede ser más o menos gravosa? (STS 4024/2014, do 3 de outubro, Sección 4, Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, recurso de casación

3957/2012).

Para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abondaría, pois, con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (STS 2135/2015, do 6 de maio, Sección 4, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, recurso de casación

2099/2013).

Por tal razón a existencia de procesos asistenciais en curso, como pode ser a realización de controis periódicos da doenza,

como é o caso, non supoñen necesariamente a suspensión do cómputo de prescrición, e, de feito, non o suspenden cando existe

un cabal coñecemento do dano e este é razoablemente previsible, de modo que aquela asistencia vai encamiñada, con alcance

limitado, a ?obtener una mejor calidad de vida, o a evitar eventuales complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la

enfermedad, no enervan la realidad de que el daño ya se manifestó con todo su alcance? (Sentenza 2135/2015, do 6 de maio, Sección 4, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, recurso de casación

2099/2013).

Considerados os presupostos xurídicos que van expostos, procede apreciar que no presente caso existiu unha cabal fixación

das secuelas, nos seus aspectos esenciais, cando se estableceu o diagnóstico do linfedema, momento no que se consolida un

proceso de tórpida evolución na extremidade inferior dereita da doente, e en paralelo se diagnosticaba un ?cadro ansioso-depresivo moi en relación coa súa problemática física e impotencia funcional?, como así se recolle no informe de especialista do Servizo da Unidade de Saúde Mental, de 6.11.2019.

E esa situación, en esencia, mantense no tempo ata a actualidade, por mais que a ausencia de curación xera problemas complementarios

ás secuelas esenciais -como poden ser os vinculados ao impacto psicolóxico da cronificación das lesións, ou a intensificación de procesos dolorosos

que demanden mesmo atención sanitaria- circunstancia esta que non impide a apreciación da existencia dun dano consolidado, pola sinalada condición da existencia

dunha fixación das secuelas nos seus aspectos esenciais, sendo así que a lei non esixe a curación das lesións para o inicio

do cómputo do prazo de prescrición e considerando ademais que non estamos ante danos continuados que se renoven día a día,

por ter a súa orixe nun proceso de evolución tórpida consolidado hai tempo nos seus aspectos estruturais.

Tampouco obsta a conclusión establecida a alegación da reclamante en relación coa existencia dun tratamento con potencialidade

curativa que lle terían indicado ?na medicina privada e clínicas especialistas en Madrid?, pois tal extremo non consta acreditado no expediente, e da documentación clínica achegada pola propia reclamante só se

obtén que os mais recentes procesos asistenciais documentados nas actuacións, teñen por obxecto a atención da sintomatoloxía,

pero non a curación dun proceso que se presenta cronificado.

E dándose, así, a fixación das secuelas, nos seus aspectos esenciais, o 6.11.2019, esta é a data de fixación do dies a quo para o cómputo do prazo de prescrición.

Iniciado o curso do referido prazo na data sinalada, hai que ter en conta a suspensión do cómputo derivada da previsión contida

na disposición adicional cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión

da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, que estableceu a suspensión dos prazos de prescrición e caducidade

de calquera reclamación e dereito, interrompendo o prazo de prescrición en marcha do suposto que nos ocupa ata a data do 4.6.2020,

na que se levanta aquela suspensión polo artigo 10 do Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado

de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Mais, aínda considerando tal suspensión, cando a reclamante interpón a súa reclamación o 28.5.2022 tiña transcorrido amplamente o prazo dun ano legalmente previsto, polo que se produciu un exercicio extemporáneo do dereito

a reclamar, procedendo, en consecuencia, o arquivo das actuacións.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de arquivo da reclamación á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Estudios constitucionales sobre la pandemia
Disponible

Estudios constitucionales sobre la pandemia

Alvarez Rodríguez, Ignacio

17.00€

16.15€

+ Información