Dictamen de Consello Cons...re de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 342 de 24 de octubre de 2018

Tiempo de lectura: 41 min

Tiempo de lectura: 41 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 24/10/2018

Num. Resolución: 342


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por F., polos danos ocasionados como consecuencia da perforación de intestino ocasionada no Hospital Universitario Cristal de Ourense.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 21.6.2017 F. interpuxo reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados da perforación de intestino padecidas no curso

dunha colonoscopia rutineira que lle foi practicada o 14.10.2014 no Hospital Universitario Cristal de Ourense.

Solicita ser indemnizado na suma de 56.684,90 ?.

2.- Na instrución do expediente incorporáronse a este, entre outros documentos:

- Historia clínica do paciente en relación co proceso asistencial a que se contrae a reclamación.

- Informe do Servizo de Cirurxía Xeral do CHOU.

- Copia da documentación incorporada ao procedemento ordinario 109/2018, do Xulgado do Contencioso Administrativo núm. 1 de

Ourense, seguido a instancia do reclamante, con informe das actuacións nel practicadas e estado actual do procedemento.

- Particulares das dilixencias previas procedemento abreviado 576/2015 do Xulgado de Instrución núm. 1 de Ourense, que concluíron

por auto da Audiencia Provincial do 14.3.2017, confirmatorio do ditado polo Xulgado o 24.1.2017 acordando o sobresemento libre

das referidas actuacións.

3.- Instruído o expediente, e logo do trámite de audiencia do interesado, quen achegou alegacións nas que se remite aos antecedentes

que figuran nos autos do procedemento contencioso-administrativo ao que vén de aludirse, con data do 10.6.2018 a instrutora

elaborou unha proposta de resolución desestimatoria da pretensión do reclamante.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 24.9.2018.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en adiante LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en adiante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

En canto á demora observada, consta no expediente un escrito dirixido o 7.6.2018 ao Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Ourense polo secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade,

con ocasión da solicitude do expediente administrativo, pondo de manifesto que por un erro involuntario non se dera tramitación

á reclamación presentada polo interesado en xuño de 2017, polo que neses momentos non existía expediente administrativo; e,

que con data 28.5.2018, se deu traslado da reclamación ao servizo de Inspección de Ourense para a súa tramitación.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Tendo en conta os criterios técnicos que veñen de referirse, e pasando a examinar o fondo da reclamación, resulta preciso determinar se existe, no caso que se nos presenta a ditame, relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida.

A tal efecto o reclamante refire que, logo da práctica da colonoscopia, o 14.10.2014, regresou ao seu domicilio sen pauta médica nin advertencia de que se producira algún tipo de complicación no transcurso

da proba. Sen embargo, dous días despois, o 16.10.2014, tivo que acudir ao servizo Urxencias por intensa dor abdominal, establecéndose

polo facultativo a hipótese diagnóstica de perforación intestinal, posteriormente confirmada mediante as pertinentes probas

de imaxe, que amosaron achados compatibles con perforación do colon sigmoidea, polo que foi ingresado e intervido de urxencia

na mesma data. O reclamante alude, igualmente, a un posterior episodio febril que determinou o seu ingreso no Servizo de Medicina

Interna entre o 2 e o 20.11.2014

Con base en tales antecedentes o reclamante achaca á administración sanitaria a falta de adopción das medidas adecuadas de control posteriores á práctica da colonoscopia, mais sen concretar en que consistiron

estas omisións, nin sustentar esa xenérica imputación en proba ningunha, particularmente de natureza pericial.

Quinta.

Polo que se refire á perforación intestinal padecida polo paciente, está fóra de toda dúbida a vinculación entre o dano padecido e a asistencia sanitaria prestada, polo que a controversia a resolver sitúase

na cuestión sobre a antixuridicidade do dano, por canto, como vai dito, os particulares unicamente teñen dereito a ser indemnizados

polos danos que non teñan a obriga xurídica de soportar

A este respecto xa ten establecido este Consello Consultivo que, aínda admitindo a eventual concorrencia da necesaria relación de causalidade entre a asistencia sanitaria e os danos producidos,

e partindo tamén da responsabilidade obxectiva da Administración, non con iso procederá, declarar a responsabilidade da Administración,

posto que o paciente ten o deber xurídico de soportar os efectos inherentes ou propios da terapia establecida para a súa curación

ou, incluso, razoablemente derivados da particular intervención que se practique. De aí que se considere que non é antixurídica

unha lesión que ten lugar con ocasión dunha intervención cirúrxica cando na realización desta se observaron as obrigas que

a lex artis impón ós profesionais da medicina; obrigas que non se esgotan na disposición material de medios para o diagnóstico,

prognóstico e tratamento das doenzas, senón que engloban tamén, como se verá, un particular deber de información sobre aquela

asistencia, como ten lembrado o Tribunal Supremo en incontables ocasións (Sentenza do 22.05.95, entre outras).

No presente caso, todos os criterios médicos que constan no expediente, coinciden en sinalar que a perforación intestinal é unha doenza que, nunha pequena porcentaxe, aparece como complicación posterior

á práctica dunha colonoscopia, o que supón que, a lesión producida á paciente, aínda que derivada da intervención, non cabe

vinculala necesariamente ao grao de dilixencia e pericia aplicada na súa práctica, por ser unha lesión non voluntaria pero

que se pode presentar aínda nos supostos de máis escrupuloso respecto das regras impostas pola lex artis.

Así, no informe do xefe do Servizo de Cirurxía Xeral e Aparato Dixestivo do CHUO, do 17.07.2018, sinálase:

?Don F. fue ingresado e intervenido de urgencia por el equipo de Guardia del Servicio de Cirugía el día 16 de octubre de 2014 por

presentar un cuadro de peritonitis fecaloidea en relación a perforación de colon sigmoide. La causa de esta perforación de

colon fue una exploración endoscópica (colonoscopia) con polipectomía realizada dos días antes.

Durante el postoperatorio presentó una evolución favorable. A pesar lo diere, necesitó reingreso por presentar un absceso subhepático y peripancreático que se trató de forma eficaz con antibióticos.

A la vista del curso clínico:

? La perforación en el tubo digestivo, en este caso colon sigmoide durante una exploración endoscópica es una complicación poco frecuente que puede requerir una intervención quirúrgica urgente.

? Previo a la firma del consentimiento informado, antes de realizar una colonoscopia, se informa de este riesgo entre otros:

?Riesgos: La colonoscopia y los tratamientos que se aplican con ella son técnicas seguras. Sin embargo, en ocasiones pueden aparecer complicaciones (menos de una de cada 1000 exploraciones) que usted

debe conocer:

-Reacción a los fármacos administrados. Sí se administran sedantes, puede producirse una sedación excesiva e incluso hipotensión

y parada cardiorespiratoria.

-Perforación del intestino y hemorragias.

-Flebitis en el lugar de la punción venosa.

-Hemorragia en el sitio de biopsia o de tratamiento

Estas complicaciones son raras, pero pueden ser lo suficientemente importantes como para requerir un tratamiento urgente,

incluso una operación. La muerte es una remota posibilidad?.

? En resumen la perforación como consecuencia de una colonoscopia es una complicación poco frecuente, pero, por desgracia, posible. Por ello, está especificada y explicada durante la firma del consentimiento

al informar sobre el procedimiento diagnóstico?.

No mesmo sentido pronúnciase o informe de Sanidade emitido o 26.12.2016 pola da Dra. M., médica forense do IMELGA, no seo das dilixencias penais a que se fixo referencia nos antecedentes. Nel advírtese

de que a maior frecuencia de perforacións son de tipo mecánico e durante procedementos terapéuticos, precisándose que nestes

casos é máis frecuente o diagnóstico tardío, xa que adoitan ser perforacións moi pequenas que pasan inadvertidas para o facultativo

que realiza a proba.

Aínda así, o informe sinala que, no suposto analizado, tanto o diagnóstico como o tratamento da perforación foi inmediata (o mesmo día do ingreso) e coa opción terapéutica máis indicada: cirurxía aberta,

limpeza da cavidade abdominal e resección intestinal con derivación intestinal; afirmando que se puxeron todos os medios para

o correcto diagnóstico e tratamento do reclamante sen que se cometeran erros inescusables na súa valoración médica.

O informe precisa, por outra banda, que a dilatación no tempo da curación (482 días), non derivou dunha actuación médica inadecuada senón da demora na cita para someter ao paciente á reconstrución do tránsito

intestinal (8 meses dende a indicación); aspecto este que, en calquera caso, non é obxecto de reproche na reclamación que

nos ocupa.

Xa que logo, non existindo, ningún criterio médico que contradiga a tese da plena corrección da asistencia prestada ao reclamante sostida polos informes referidos, procede concluír afirmando que a colonoscopia

se practicou -dende o punto de vista da súa execución material- con axuste ás regras impostas pola lex artis, e que as complicacións sobrevidas, riscos típicos do procedemento de cuxa posibilidade o paciente foi previamente informado,

se resolveron igualmente de xeito adecuado, polo que non é apreciable obxección ningunha que realizar ao funcionamento do

servizo público sanitario.

Procede por iso a desestimación da reclamación, tal e como propugna a proposta de resolución sometida a ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria a que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información