Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 339 de 24 de noviembre de 2021

Tiempo de lectura: 38 min

Tiempo de lectura: 38 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 24/11/2021

Num. Resolución: 339


Cuestión

Revisión de oficio

Resumen

Solicitude de nulidade de pleno dereito formulada por L. en nome propio e en representación de J. e L. en relación ao expediente X

Organismo: Consellería de Facenda (Xunta de Galicia)

Letrado: Blanco Serrano

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 16.6.2015 L. presentou autoliquidación do Imposto de sucesións en nome propio e en representación dos seus irmáns J. e

L. en relación coa sucesión de L..

2.- O 27.9.2018 notifícase o trámite de audiencia no procedemento de comprobación limitada e de comprobación de valores a L.

O trámite de audiencia de J.e L. foi notificado á súa irmán L., xa que consta no expediente a autorización para recibir notificacións.

O 11.10.2018 os tres suxeitos pasivos presentan alegacións.

3.- O 8.3.2019 notifícase a resolución do procedemento de comprobación limitada e de comprobación de valores a L..

4.- Con data 9.4.2019, L. presenta recurso de reposición en nome propio en representación de J. e L. O 3.6.2019 notifícanse as

resolucións de inadmisión dos recursos de reposición por ser extemporáneos. Contra ditas resolucións non consta que se interpuxeran

reclamacións económico administrativas.

5.- Con data 23.10.2019 L. presenta, en nome propio e en representación de J. e L., solicitude de declaración de nulidade do acto

administrativo de inadmisión dos recursos de reposición.

6.- O 24.9.2021 notifícase o trámite de audiencia á parte interesada, sen que conste que presentase alegacións.

7.- O 28.10.2021 pola instrutora do procedemento formúlase proposta de resolución en sentido desestimatorio da solicitude de nulidade

de pleno dereito presentada.

8.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Facenda e Administración Pública tendo entrada neste organismo o día 3.11.2021.

9.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

Este Consello Consultivo resulta competente para emitir o ditame solicitado ao abeiro do disposto no artigo 12.i) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia; e, 17.a) do Decreto 91/2015,

do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento deste órgano consultivo.

No eido tributario, a intervención preceptiva do Consejo de Estado, ou do órgano equivalente da comunidade autónoma respectiva, nos procedementos de nulidade dos actos nulos de pleno dereito está

recollido, igualmente, no artigo 217.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (en diante, LXT), e no artigo 6

do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da LXT en materia de revisión

en vía administrativa.

O ditame ten o carácter de preceptivo, xa que o artigo 217.4 da LXT (e, en idéntico sentido o artigo 6.2 do Real decreto 520/2005, do 13 de maio) require ?ditame favorable? ao referirse á declaración de nulidade dos actos ditados en materia tributaria.

Segunda.

A declaración da nulidade de pleno dereito dos actos administrativos constitúe unha fórmula excepcional, en canto actividade que ten por fin

privar de toda eficacia, mediante a súa anulación por unilateral pronunciamento do órgano administrativo competente, a algunha

das súas decisións anteriores.

A nulidade de pleno dereito, no eido tributario, regulada nos artigos 217 e seguintes da LXT aséntase, como tivo ocasión de reiterar a xurisprudencia do Tribunal Supremo, sobre os mesmos piares dogmáticos

que a xeral do dereito administrativo; isto é, a autotutela da Administración, a defensa da legalidade -que impide o mantemento

de actos con vicios especialmente invalidantes- e a aplicación dos principios configuradores desa potestade na orde administrativa

xeral.

Conflúen, así, na declaración de nulidade valores contrapostos provenientes, dunha banda, do principio de seguridade xurídica; e, doutra, do principio de legalidade; pois mediante a devandita revisión

a Administración expulsa do mundo do dereito algunha das súas decisións anteriores as cales, en canto que actos administrativos,

e por expresa previsión legal, gozan do reforzo da presunción de axuste á legalidade.

Cando a tramitación do expediente de nulidade de pleno dereito dos actos administrativos é instada polo propio interesado no acto administrativo cuestionado en

canto acto desfavorable ou de gravame, a figura sustancia unha auténtica acción de nulidade, coa garantía da súa prolongación

ao control por parte dos tribunais da xurisdición contencioso administrativa.

Porén, non todas as infraccións susceptibles de provocar a anulación dun acto administrativo, mediante o exercicio das canles ordinarias de impugnación, poden ser esgrimidas con éxito nesta vía excepcional.

Antes ben, esta só procederá nos supostos nos que o acto se atope viciado por algunha das causas de nulidade de pleno dereito

previstas, no caso ao que se contrae este ditame, no artigo 217.1 da LXT, que reproduce con fidelidade a numeración contida

no citado artigo 47.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en

diante, LPAC).

Ademais, aquelas causas deben ser apreciadas con cautela e prudencia, sen que poidan ser obxecto de interpretación extensiva, tendo en conta o carácter extraordinariamente restritivo que no noso Dereito

Administrativo ten a nulidade de pleno Dereito (por todos, CCG 247/2015). Como ven reiterando o Tribunal Supremo, a declaración

de nulidade de pleno dereito reviste un carácter excepcional, de modo que ?únicamente debe ser utilizada cuando realmente se detecten vicios que hagan precisa la retirada del acto del mundo jurídico?

(STS do 2.2.2017, rec. 91/2016, e as sentenzas que nela se citan).

Doutra banda, o exercicio da potestade revisora require dunha axeitada e inescusable formalización, así como do escrupuloso acomodo ao procedemento normativamente establecido que se manifesta así

como instrumento de garantía da legalidade e dos dereitos da cidadanía.

Neste sentido, a instrución do expediente que nos ocupa axustouse, no esencial, ao prescrito nos artigos 217 da LXT e aos que van do 4 a 6 do seu Regulamento xeral de desenvolvemento en materia de revisión

en vía administrativa, aprobado polo Real decreto 520/2005, do 13 de maio, con observancia do trámite de audiencia e formulación

dunha proposta de resolución que se somete a ditame.

Terceira.

Entrando no exame das cuestión de fondo suscitadas no asunto agora sometido a consulta, como xa se indicou nos antecedentes, a parte interesada solicitou a nulidade de pleno dereito en relación ao expediente

de X, concretamente da resolución do 30.5.2019 pola que se confirma a liquidación do importe e se declara a inadmisibilidade

do recurso de reposición presentado por extemporáneo. A parte reclamante non discute que o último día do prazo para a interposición

do devandito recurso era o 8.4.2019, mais considera que o feito de que a oficina comarcal da Xunta de Galicia en Lalín estivese

pechada ás 19.00 horas impediu a presentación do recurso ese mesmo día e motivou de xeito inexorable a súa presentación ó

día seguinte.

Por iso entende que o acto ditouse prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido e que ?se ha provocado indefensión a esta parte?, invocando os artigos 47.1.e) e 2 da LPAC e 217 da LXT.

Cómpre ter en conta, a este respecto, que segundo o artigo 217 da LXT:

?1. Poderase declarar a nulidade de pleno dereito dos actos dictados en materia tributaria, así como das resolucións dos órganos económico-administrativos, que puxesen fin á vía administrativa ou contra

os que non se recorrese en prazo, nos seguintes supostos:

a) Que lesionen os dereitos e liberdades susceptibles de amparo constitucional.

(?)

e) Que fosen dictados prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido para iso ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade nos órganos colexiados?.

Como ten sinalado este Consello Consultivo (por todos, CCG 243/2018, CCG 482/2018 e CCG 282/2021), as causas de nulidade de pleno dereito recollidas no artigo 217, letras a) e e) da LXT adoitan invocarse

conxuntamente, e respecto delas tense dito, tanto pola xurisprudencia como pola doutrina do Consejo de Estado e deste Consello

Consultivo, que para aprecialas é necesario que a conculcación do procedemento teña sido de tal magnitude que supoña a concorrencia

de anomalías na tramitación que se caractericen pola súa especial gravidade.

Así, polo que respecta á causa de nulidade prevista no artigo 217, letra a) da LXT, a sentenza do Tribunal Supremo do 9.6.2011, rec. 5481/2008, sinalou que o defecto de forma unicamente determinará a nulidade

de pleno dereito do acto cando aquel defecto ocasione unha indefensión con relevancia constitucional:

?(?) el apartado a) del artículo 217.1 de la Ley General Tributaria, que califica como nulos de pleno derecho "los actos que lesionen los derechos y libertades susceptibles de amparo constitucional",

plantea el problema de su aplicación en los casos de vicios de forma, pues el artículo 63.2 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre,

de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, establece que "el defecto de

forma sólo determinará la anulabilidad cuando el acto carezca de los requisitos formales indispensables para alcanzar su fin

o de lugar a la indefensión de los interesados", lo que significa que sólo existirá nulidad de pleno derecho cuando el acto

incurra en un defecto formal que produzca indefensión con relevancia constitucional?.

A estes efectos a sentenza do Tribunal Constitucional 210/1999, do 29 de novembro, considerou como indefensión constitucionalmente relevante aquela na que, trala infracción dunha norma procedemental,

se impedía aos interesados o seu dereito de defensa:

?? la indefensión constitucionalmente relevante es la situación en la que, en general, tras la infracción de una norma procesal, se impide a alguna de las partes el derecho a la defensa, eliminando o

limitando su potestad, bien de alegar derechos e intereses para que le sean reconocidos, o bien de replicar dialécticamente

las posiciones contrarias en el ejercicio del principio de contradicción (por todas SSTC 89/1986, fundamento jurídico 2º o

145/1990, fundamento jurídico 3º), y que esta indefensión ha de tener un carácter material y no meramente formal, lo que implica

que no es suficiente con la existencia de un defecto o infracción procesal, sino que debe haberse producido un efectivo y

real menoscabo del derecho de defensa (?)?.

No caso agora sometido a ditame, do análise do expediente resulta que o procedemento do recurso de reposición tramitouse correctamente. Este procedemento iniciouse coa presentación do recurso e

rematou coa resolución, neste caso de inadmisión, sen que poida advertirse cal é a omisión, xa de todo o procedemento ou xa

dun trámite esencial deste, que a parte interesada entende que existiu, pois certamente no seu escrito non se identifica o

trámite supostamente omitido nin se efectúa calquera análise argumental a este respecto.

Non existindo omisión ou incumprimento dunha obriga legal por la Administración na tramitación do procedemento, dificilmente pode apreciarse a indefensión invocada pola parte reclamante. Máxime cando esta

entende que a devandita indefensión foi producida polo peche da oficina comarcal da Xunta en Lalín en horario de tarde, o

que, segundo expón, impediulle presentar o recurso o último día do prazo.

A este respecto, cómpre recordar que o procedemento administrativo comporta a submisión da actividade administrativa a unha ordenación formal preestablecida coa finalidade de garantir tanto os intereses

públicos de oportunidade e legalidade dos actos, como o exercicio dos dereitos e intereses dos particulares. Polo tanto, nas

relacións entre a administración e os administrados non só é aquela a que está obrigada a someterse ao procedemento legalmente

establecido, senón que a devandita obriga se estende igualmente aos administrados. Así o expresa, en relación cos prazos procedementais,

o artigo 29 da LPAC: ?Os termos e prazos establecidos nesta ou noutras leis obrigan as autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas

competentes para a tramitación dos asuntos, así como os interesados neles?.

Neste sentido, a proposta de resolución trae a colación con acerto a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14.4.2021, rec. 15083/2020, na que se indica que:

?(?) los plazos para interponer los recursos y reclamaciones son preclusivos y no susceptibles de ampliación; la obligatoriedad

de estos plazos constituye un principio rector del procedimiento administrativo al servicio del de seguridad jurídica e impone

al ciudadano la carga de actuar tempestivamente debiendo observar el establecido, en este caso, para la interposición del

recurso de reposición. El incumplimiento de dicha obligación acarrea la inadmisibilidad del recurso e imposibilidad de obtener

una resolución de fondo lo que no vulnera el derecho de defensa?.

A maior abastanza, debe aceptarse a indicación da proposta de resolución de que o horario da oficina comarcal está fixado na normativa de rexistros administrativos, e polo tanto podía ser coñecido polos

interesados aplicando a dilixencia esixible. Asemade, existían modos alternativos para a presentación dos documentos dentro

do prazo, ben acudindo a unha oficina de correos, ou ben mediante a súa presentación electrónica na oficina virtual na páxina

web da ATRIGA ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En consecuencia, non pode apreciarse indefensión algunha, senón o incumprimento pola parte interesada da carga de actuar en tempo e forma na interposición do recurso de reposición.

Cuarta.

Considerando o que precede, o xuízo deste órgano consultivo debe ser desfavorable á solicitude de nulidade de pleno dereito formulada pola parte reclamante ao non concorrer as causas de nulidade

invocadas.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Comunicación e impugnación judicial del despido
Disponible

Comunicación e impugnación judicial del despido

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Reclamación económico-administrativa. Paso a paso
Disponible

Reclamación económico-administrativa. Paso a paso

V.V.A.A

14.50€

13.78€

+ Información

El derecho de defensa y a utilizar los medios de prueba pertinentes en el proceso penal
Disponible

El derecho de defensa y a utilizar los medios de prueba pertinentes en el proceso penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Revisión de actos tributarios
Disponible

Revisión de actos tributarios

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Recurso de amparo. Paso a paso
Disponible

Recurso de amparo. Paso a paso

V.V.A.A

13.60€

12.92€

+ Información